Está en la página 1de 6

ABAU-1.

pdf

Luciagc21

Historia de España ABAU

1º Bachillerato de Ciencias y Tecnología

ABAU Galicia

Reservados todos los derechos.


No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
REPASO ABAU 2019-2020 Composición de texto Nº 1

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
HISTORIA DE ESPAÑA. Guerra da Independencia e Abdicacións de Bayona

Doc. 1.- Carlos IV pide ayuda a Napoleón.-Señor mi hermano: VM. sabrá sin duda con pena los sucesos de Aranjuez
y sus resultas y no verá con indiferencia a un rey que, forzado a renunciar a la corona, acude a ponerse en los brazos de
un grande monarca, aliado suyo, subordinándose totalmente a la disposición del único que puede darle su felicidad, la
de toda su familia y la de sus fieles vasallos.

Yo no he renunciado a favor de mi hijo sino por la fuerza de las circunstancias, cuando el estruendo de las armas y los
clamores de una guardia sublevada me hacían conocer bastante la necesidad de escoger la vida o la muerte...
Yo fui forzado a renunciar; pero he tomado la resolución de conformarme con todo lo que quiera disponer de nosotros y
de mi suerte, la de la Reina y la del Príncipe de la Paz.

Reservados todos los derechos.


Carta de Carlos IV a Napoleón. 1808

Doc.2.- Mapa da Guerra da Independencia (1808 y 1814)

Doc. 3.-O militar e político liberal Evaristo San Miguel expón neste escrito (1836) os diversos proxectos dos
combatentes contra os franceses:

“De todos os xeitos non é menos certo que a invasión dos franceses foi o principio das nosas diferenzas internas e a
guerra da independencia unha especie de guerra civil ao mesmo tempo.
Aos nobres, a dinastía estranxeira éralles odiosa menos polo nova que polos indicios que daba de reformadora. Do
lexislador dun pobo onde todo estaba nivelado pola lei da igualdade debía desconfiar moito o privilexio das clases
exclusivas. O berro de guerra na súa boca foi a oposición ao espírito innovador que os ameazaba (...).
Os ilustrados eran un número considerable e non podían ter, no seu pronunciamento contra o emperador, só a mira de
volver ao Estado anterior. Non era posible (...) que gustasen de volver ao antigo despotismo os que o consideraban
como unha das causas dos males que os aflixían. O berro de guerra dirixido contra os franceses tiña tamén por branco os
excesos, as desordes que afearan as administracións anteriores”.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082474
ABAU 1

A crise da monarquía empeza co reinado de Carlos IV, desde 1788 que comeza a gobernar, nun
contexto de revolución francesa, así como de crise do Antigo Réxime europeo. Ante o impacto
desta revolución en España prodúcese una situación de crise política, ideolóxica e de división

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
social, que desemboca máis tarde nunha grande crise económica, marcando o principio deste
siglo XIX e por consiguiente, dunha nova etapa histórica, o Liberalismo.

Con respecto á guerra liberal que se desenvolve en Francia, vense dous grupos diferenciados
dentro de España uns ven a revolución como un novo modelo de Estado (afrancesados) e
outros ven un peligro, como as clases tradicionais: nobreza e clero. Esta división social produce
tamén una división política. Nesta época están no poder os ilustrados reformistas, entre os
cales atopamos a Floridablanca. Este xefe de Goberno, por medo ante a revolución, pecha as
fronteiras e declaramos hostilidade a Francia. Soamente vai haber un cambio na década dos
90, cando o novo xefe de Estado, Godoy, accede ao poder. Esta época leva un cambio político
internacional. Debido aos continuos ataques franceses e por conseguinte as numerosas

Reservados todos los derechos.


derrotas españolas, establécese unha paz en 1795, e ademais Godoy o ano seguinte firma o
Tratado de San Ildefonso, cuxo obxectivo era a unión hispanofrancesa para contrarrestar os
ataques e os avances de un enemigo común, Inglaterra, tanto no referente a colonias e cara á
economía. Ademais desta política exterior, na interior pódese notar unha monarquía vixiante.
Tiñan vontade de reforma, mais non pretendían facer grandes cambios na estructura do
réxime, como é a reforma agraria proposta por Jovellanos (informe sobre a lei agraria).
Podemos resumir esta situación previa como unha situación de medo e incomprensión cara as
revoltas liberais, mais tamén con vontade renovadora e actualizadora, caracterizada por
tímidas reformas, paralizándolas se son demasiado grandes.

Desde o punto de vista económico, a crise da nosa monarquía vese nun contexto de crise
económica, debido aos gastos que supoñen as numerosas guerras e polo inxusto reparto
tributario entre clases. Para sufragar os gastos, levase a cabo, en 1798, a 1 desamortización,
organizada polo Goberno de Urquijo, denominada Desamortización de Godoy. Esta
desamortización afecta principalmente á rede asistencial da igrexa (hospitais, casas de
misericordia...), as cales ven os seus bens sometidos a venta. Esta medida tiña como obxectivo
sufragar os gastos da guerra e para equilibrar os bens da sociedade.

Por último, prodúcese a crise política do goberno de Godoy, o cal se converte no máximo
referente da época. Unha vez Napoleón chega a Cónsul, Godoy se supedita ao seu goberno. Os
acordos hispanofranceses, a pesar de seren triunfadores no pasado, agora sufren moitas
derrotas, destacando á da batalla de Trafalgar en 1805. Este é o principal motivo da protesta
de España, e en concreto, do partido Fernandino. Ante esa derrota, Napoleón quere
resarcirse, e impón bloqueo nacional, o cal Portugal non se compromete a cumplir. Esta
negativa portuguesa incita a que Godoy firme o Tratado de Fontainebleau, o cal permitía o
paso das tropas francesas por España para conquistar Portugal, a cambio do reparto do
territorio conquistado e o titulo de rei dos Algarves para Godoy.

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082474
Todos estes aspectos provoca a gran crise da monarquía. A entrada de tropas francesas causa
un forte malestar popular, que vai crecendo como unha oposición cara o Goberno e o rei,
xúntase co enfado pola deficiente xestión e as anteriores derrotas. O partido fernandino, que
conspira para facer que Fernando VII se convertise en rei, substituíndo ao seu pai, protagoniza
un dos feitos máis destacables desta crise. A Conxura do Escorial (outubro 1807)é un suceso
que enfronta a fillo e pai, ao final do que os membros do partido fernandino son descubertos
e abordados. Con este movemento pretendíase acabar coa monarquía absoluta e protestar
sumisión e pola entrada de tropas napoleónicas por España. O Motín de Aranxuez (marzo

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
1808) é o movemento culminante da crise española, que remata co reinado de Carlos VI.
Durante esta revolta gardas e fernandinos asaltan o pazo real, obrigando a Carlos IV a abdicar
no seu fillo. A partir deste momento van a comezar as peticións de axuda a Napoleón.

Ante a falta de apoios, Carlos IV busca apoio na figura de Napoleón, pedíndolle axuda, como se
pode ver no documento 1. Carlos IV, vendo en Napoleón un aliado (l.3), explícalle os sucesos
ocurridos no Motín de Aranxuez, e como se ve obrigado a renunciar a Coroa, en contra da súa
vontade (l.1 e 2). Elixe, ante o ataque dos seus propios gardas, abdicar no seu fillo (Parágrafo
2). E por iso que pide axuda a Napoleón, deixando a decisión do seu futuro, a Reina e Godoy
“O Príncipe da Paz ”. Ante esta petición de axuda, Napoleón invítaos a reunirse en Baiona,
Francia, en maio de 1808, para falar con eles e arreglar a situación. Así, convence a Fernando a

Reservados todos los derechos.


devolver a coroa ao seu pai Carlos, o cal, á súa vez, cede os dereitos de España a Napoleón. A
cambio desta cesión de bens, a familia real recibe numerosas posesións en Francia, onde
deciden quedarse. Ante a falta entón dun rei en España, Napoleón vai chamar ao trono a Xosé
de Bonaparte, o seu irmán, o cal sufrirá un reinado costoso e de poucos apoios.

Coa súa chegada a España, Xosé I de Bonaparte vai iniciar un conxunto de reformas de carácter
lexislativo e legal, incluídos na denominada Carta Outorgada. Este documento era unha
constitución promulgada polo xefe de Estado (o rei) sen contar coa participación popular, e
que autolimitaba o poder do rei. Dentro dos cambios que máis importancia adquiren
atópanse: a separación e limitación do poder do rei coa creación de entidades como o Senado,
o Consello de Estado e unhas Cortes divididas nos tres estamentos, co obxetivo de modernizar
o réxime de España, sobre todo nos asuntos fiscais e orzamentarios; así mesmo, outro dos
puntos máis importantes é a oficialidade do catolicismo, a unidade lexislativa e a igualdade,
aínda que se impón a supresión de dereitos e liberdades individuais. Con esta Carta
Outorgada, veñen algunhas das reformas máis importantes deste principio de século, como
son a supresión dos dereitos señoriais, a redución das ordes relixiosas masculinas ou a
limitación de aduanas interiores, xunto coa impulsión do liberalismo en diferentes ámbitos
(escolas, reformas urbanísticas...)e polo tanto a ruptura total do Antigo Réxime Estes cambios
provocan unha división social: uns ven nelas unha oportunidade de introducir reformas e
renovar o réxime español (afrancesados), mais tamén xurde unha oposición (nobreza e clero)
as cales queren voltar ao réxime pasado, vendo os seus dereitos reducidos. Os reformistas
moderados tamén se opón, xa que queren un programa reformas mais dentro do Antigo
Réxime, e tamén os ultrareformistas liberais burgueses, que queren volver ao réxime
constitucional, con separación de poderes e soberanía nacional. É por esta oposición que este
rei sufriu un gran desprezo e numerosos alcumes e burlas.

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082474
Tan pronto se firma o decreto de cesión de maio o pobo levantase en armas contra os

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
franceses o Dous de Maio de 1808. Prodúcese a guerra da independencia durante a abdicacion
(1808 ao 14). Como se pode ver no documento 2, moitas zonas foron afectadas pola guerra,
destacando País Vasco, Cataluña ou Andalucía. Como se pode ver, España aliada con
Inglaterra, teñen unha clara vantaxe con respecto a Francia nos primeiros meses, aínda que
máis tarde vaise ver, ata as Cortes de Cádiz, un claro dominio francés.

Podemos distinguir tamén os diferentes puntos de vista que teñen nesta guerra os diferentes
grupos sociais con respecto aos franceses, como reflexa moi ben Evaristo San Miguel, político
liberal do século XIX, no documento 3. Por unha parte, os nobres desconfían da dinastía
francesa polos estándares de liberal e reformadora que afirmaba (l.3-5). Tamén os ilustrados
desconfiaba dos franceses, e intentaba loitar contra os abusos e os excesos que se apreciaban
(l.6-9). (Convén referenciar o coste socioeconómico da guerra: moita mortalidade, sectores
económicos destruídos e aumento do deficit das finanzas públicas, dado que os ingresos de

Reservados todos los derechos.


América descenderan polo proceso de independencia colonial).Cabe destacar tamén nesta
guerra as técnicas de ataque do pobo español, sobre todo a técnica de guerrillas, que se
baseaba en grupos pequenos de homes que coñecían ben o terreo, que asaltaban ao exército
de súpeto en pequenas batallas non programadas. Dentro dos guerrilleiros máis importantes
atopamos a figuras como Espoz Mina ou Juan Martín Díaz. En Galicia tivo moita actividade esta
técnica guerrilleira, converténdose no primeiro escenario onde se expulsa aos franceses.

Ao mesmo tempo, durante esta guerra, entre maio e xuño de 1808, vánse formar as Xuntas,
cuxo obxectivo é asumir o poder e a soberanía polo rei ausente (que se atopaba en Francia
dende maio de 1808). Así, constitúese un goberno profrancés, é dicir, preparan e declaran a
guerra cara aos franceses. Cabe destacar o liberalismo en Galicia (sobre todo en Vigo e
Coruña), sublevados pertencentes á Xunta Suprema do Reino de Galicia. En España as Xuntas
delegan o poder na Xunta Central Gobernativa de España, que colle o poder no ano 1808 e
organiza a resistencia contra Francia. Como diciamos antes, en referencia ao documento 2, a
esta organización tócalle vivir unha etapa de claro dominio francés. Despois da primeira etapa
da guerra, onde o exército anglo-español vence con victorias como a de Bailén, as Xuntas
vánse desenvolver nun segundo periodo de dominio francés. A partir de 1812 vaise
desenvolver unha etapa final onde se produce a vitoria anglo-española, gañando as batallas de
Victoria e San Marcial.

Polo tanto, esta etapa comeza o século XIX, coa ruptura do Antigo Réxime e o paso pouco a
pouco ao liberalismo. A Xunta Central Gobernativa España, como se ve imposibilitada para
parar a guerra, dimite, e vaise ver sustituida polo Supremo Consello Rexencia dirixido polo
bispo de Ourense, Pedro Quevedo Quintano, que vai ser o que convoque as Cortes de Cádiz,
que van redactar a Contitución de 1812.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082474

También podría gustarte