Está en la página 1de 9

Seminario Tema 6.

Laura Brage Yáñez


Actividades

1. Determinar as texturas que faltan. Representar nos triángulos a textura


de todos os horizontes.

Solo 1 pHw pH KCl %C %N % % % Textura


Arxila Limo Area
Ah 4,9 4,2 7,1 0,38 17 21 62 Franco-areosa
Bw 4,6 4,2 0,9 0 21 19 60 Franco-arxilo-areosa
C1 5,3 4,2 0,2 0 17 29 54 Franco-areosa
C2 5,4 4,1 0,1 0 13 25 62 Franco-areosa

Solo 2 pHw pH KCl %C %N % % % Textura


Arxila Limo Area
Ah 4,1 3,4 6,7 0,31 7 8 85 Areosa-franca
E 4,3 3,6 0,8 0 3 6 91 Areosa
Bh 4,4 4,1 5,6 0,28 25 6 69 Franco-arxilo-areosa
Bs 4,5 4,3 0,7 0 15 12 73 Franco-areosa
2Bt 4,4 4,2 0,2 0 15 15 70 Franco-areosa
2C 4,3 4,1 0,2 0 16 12 72 Franco-areosa

Solo 3 pHw pH KCl %C %N % % %Are Textura


Arxila Limo a
Ah 5,1 4,3 4,7 0,38 22 19 59 Franco-arxilo-areosa
Bw 4,8 4,3 1,2 0,05 21 28 51 Franco
2Bw 4,9 4,2 0,4 0,04 20 27 53 Franco-arxilo-areosa
2CB 5,1 4,1 0,2 0,03 8 41 51 Franco
2C 5 4,1 0,1 0,03 9 32 59 Franco-areosa

-1-
Solo 1 Solo 3

Solo 2

Solo 1: Solo 2: Solo 3:


- Ah - Ah - Ah
- Bw -E - Bw
- C1 - Bh - 2Bw
- C2 - Bs - 2CB
- 2Bt - 2C
- 2C
2. Calcular a reserva de auga útil (mm) para cada solo, considerando como
profundidade explorable polas raíces os dous primeiros horizontes nos
tres casos.

Solo 1

Da g/cm3 CC g/g PMP g/g


Ah 0,81 0,40 0,12
Bw 1,05 0,36 0,11

RU = 220 x 0,81 x (0,4-0,21) = 49,89 mm


Ah

RU = (680-220) x 1,05 x (0,36-0,11) = 120,75 mm


Bw

Ru = 170,65 mm
Solo

Solo 2

Da g/cm3 CCg/g PMPg/g


Ah 1,3 0,18 0,08
E 1,4 0,15 0,07

RU = 210 x 1,3 x (0,18-0,08) = 27,3 mm


Ah

RU = (320-210) x 1,4 x (0,15-0,07) = 12,32 mm


E

Ru = 39,62 mm
Solo

Solo 3

Da g/cm3 CC g/g PMP g/g


Ah 0,81 0,52 0,21
Bw 1,35 0,41 0,26

-3-
RU = 260 x 0,81 x ( 0,52 - 0,21) = 65,29 mm
Ah

RU = (700-260) x 1,35 x (0,41-0,26) = 89,1 mm


Bw

Ru = 154,39 mm
Solo

3. Facer os cálculos sobre o complexo de cambio que faltan para


completar a táboa

CECe = (Ca + Mg + K + Na + Al)

V = (S x 100)/CEC

Sat Al = (Al x 100)/CECe

Solo 1 Ca Mg K Na Al CECe V Sat Al


Ah 0,18 0,08 0,12 0,21 2,98 3,57 16,53 83,47
Bw 0,13 0,10 0,16 0,19 2,27 2,85 20,35 79,65
C1 0,23 0,11 0,29 0,23 1,33 2,19 39,27 60,73
C2 0,2 0,14 0,23 0,33 1,52 2,42 37,4 62,6

Solo 2 Ca Mg K Na Al CECe V Sat Al


Ah 0,13 0,38 0,2 0,21 3,72 4,64 19,83 80,17
E 0,06 0,07 0,03 0,09 0,2 0,45 55,56 44,44
Bh 0,11 0,11 0,11 0,2 0,56 1,09 48,62 51,38
Bs 0,04 0,03 0,05 0,07 0,26 0,45 42 58

Solo 3 Ca Mg K Na Al CECe V Sat Al


Ah 0,15 0,17 0,23 0,29 2,68 3,52 23,86 76,14
Bw 0,11 0,06 0,45 0,17 2,37 3,16 25 75
2Bw 0,13 0,19 0,34 0,23 2,62 3,51 25,36 74,64
2CB 0,12 0,19 0,08 0,38 3,84 4,61 16,7 83,3
2C 0,16 0,17 0,06 0,27 5,78 6,44 10,2 89,8
4. Representar a cor en húmido (h) dos horizontes de cada solo nas
correspondentes follas Munsell.

Solo 1 Solo 2 Solo 3

C2

C1 2C 2Bt C2
2Bw
Bw 2CB

E Bs Bw

Ah Ah Bh Ah

-5-
CUESTIÓNS

1. O solo 1 está formado sobre granitos, o solo 2 sobre areíscas e o solo 3 sobre
anfibolitas. Pódese dicir que existe relación entre o material de partida e a textura dos
solos? En que sentido?

Os solos poden formarse a partir de diferentes materiais. En canto aos areosos, o seu
compoñente característico é o cuarzo e o seu tamaño de poro é maior que o dos solos
limosos ou arxilosos.

O contido en cuarzo vai ser moito menor en solos con tamaños de partículas menores,
como é o caso dos solos arxilosos. Nestos, destacan outros minerais neoformados
como os óxidos de ferro/aluminio e os minerais de arxila. É dicir, a composición e
características dos arxilosos van ser moi diferentes ás dos areosos, o que da lugar a
texturas distintas.

Polo tanto, a composición e as propiedades físicas características dos materiais de


partida inflúen notablemente na textura do solo.

2. Obsérvase que uns solos teñen maiores valores de retención de auga e de reserva
útil que outros. A que compoñentes dos mesmos se poden deben estar diferencias?

As diferenzas nos valores de RU e retención de agua débense á porcentaxe de area,


arxila e limo que teña cada solo.

Os solos areosos (como é o caso do solo 2) presentan un gran tamaño de poro, polo
que a maioría da auga perderase por drenaxe. A medida que diminúe a areosidade do
solo, diminúe o tamaño de poro, aumenta a capacidade de retención de auga e, por
tanto, aumenta a RU do solo.

A retención de agua, ademais da porosidade, depende da textura e a estrutura. Canto


mellor estruturado esté o solo, maior será a distribución de tamaño dos poros e maior a
disponibilidade/retención de auga.

Por último, cabe destacar a materia orgánica. A materia orgánica caracterízase pola súa
capacidade de absorción, polo que favorece a retención de auga.
3. Os tres solos son ácidos e presentan cantidades significativas de Al de cambio, como
é habitual nos solos naturais de Galicia. Sen embargo, os valores da CIC (a cantidade
total de carga) varían entre eles, no sentido solo 3 > solo 1 > solo 2. A que se deben
estas diferencias entre os solos?

As diferencias débense ao contido de aluminio que ten cada un deles. A maior cantidade
de aluminio, maior é a cantidade total de carga do solo.

Como podemos apreciar nas táboas, a saturación en aluminio do solo 3 supera a do


solo 1 e, por suposto, a do solo 2. A presencia deste catión depende do pH e ten que
ver co proceso de meteorización.

No proceso de meteorización, vanse perdendo progresivamente Na e K á vez que


aumenta o contido en aluminio. Polo tanto, canto maior sexa o contido en aluminio,
menor será o pH do solo.

O aumento da cantidade de aluminio no solo provoca un incremento da suma de tódolos


catións que un mineral pode adsorber a un determinado pH, é dicir, un incremento do
CIC. Por este motivo, o solo 3 é o que presenta un maior valor de CIC.

4. O solo 2 presenta unha CIC moi baixa, excepto no horizonte Ah, que é comparable
á dos outros solos. Como se pode explicar esta diferencia na CIC entre horizontes dun
mesmo solo?

Esta diferencia débese a que os solos son verticalmente heteroxéneos. Os solos están
constituidos por capas paralelas á superficie, aproximadamente horizontais,
denominadas horizontes

Coa profundidade, varían determinadas porpiedades dos solo tales como a cor, a
materia orgánica ou ben o contido en arxila. Por este motivo, os horizontes dun mesmo
solo poden presentar valores de CIC moi diferentes.

En relación ao horizonte Ah, o seu elevado valor de CIC atribuímolo ao seu elevado
contido en aluminio. O aluminio, tal é como concluín na anterior cuestión, incrementa o
CIC do solo.

5. Vistos os datos, podería influír o material de partida tamén na CIC e na capacidade de


retención de auga dos solos? En que sentido?

A capacidade de intercambio iónico é a capacidade do solo para reter e liberar ións de


carga positiva. As arxilas están cargadas negativamente, polo que os solos con maiores
concentración de arxilas terán CIC maiores. Ademais, os solos de textura fina (arxilosa)
presentan poros de pequeno tamaño, o que potencia a súa capacidade de retención de
auga.

-7-
Os solos areosos teñen características opostas aos arxilosos. A súa CIC é menor xa
que non posúen unha carga tan negativa como a dos solos arxilosos. En canto ao
tamaño do poro, os solos de textura grosa (areosa) presentan poros de elevado tamaño
e, por tanto, unha baixa capacidade de retención de auga.

Os de textura limosa teñen unhas propiedades intermedias.

En base a isto, podemos concluír que o material de partida inflúe na capacidade de


retención e na CIC do solo.

6. As táboas presentan tamén resultados de análises de compostos de Fe: Fe inclúe


DCB

todos os óxidos de Fe, cristalinos e non cristalinos, mentres que o Fe inclúe só os


ox

óxidos non cristalinos. Globalmente, que solo é máis rico en compostos de Fe?
Sabendo a relación que existe entre o Fe e a cor dos solos, podes identificar
correctamente as fotografías dos tres solos?

De maneira global, o solo que ten unha maior porcentaxe de Fe é o solo 3.

En relación á cor, existen determinados compostos que inflúen en dita característica


como, por exemplo, os óxidos de ferro. Os solos ricos en óxido de ferro presenta un tono
vermello e, canto maior sexa a intensidade da cor, maior será o contido en óxidos. En
base a isto, podemos determinar que imaxe se corresponde con cada solo.
1 2 3

-9-

También podría gustarte