Está en la página 1de 11

composiciones Historia de España

2019

Doc. 1. Manifiesto de los Persas (12 de abril de 1814):


“Señor,era costumbre de los antiguos persas pasar cinco días de anarquía después del fallecimiento de su rey, a fin de
que la experiencia de los asesinatos, robos y otras desgracias les obligase a ser más fieles a su sucesor. Para serlo
España a VM no necesitaba igual ensayo en seis años de su cautividad [...]; mas, como en ausencia de VM se ha
mudado el sistema [...]y nos hallamos al frente de la nación en un Congreso que decreta lo contrario de lo que sentimos
[...], creemos un deber manifestar que [...] la monarquía absoluta [...]es una obra de la razón y de la inteligencia: está
subordinada a la ley divina, a la justicia y a las reglas fundamentales del Estado.No pudiendo dejar de cerrar este
respetuoso Manifiesto [...]con la protesta de que se estime siempre sin valor esa Constitución de Cádiz y por no
aprobada por VM.”

Doc. 2. Manifiesto del Rey a la nación española (Madrid, 10 de marzo de 1820):


“ESPAÑOLES:Cuando vuestros heroicos esfuerzos lograron poner término al cautiverio en que me retuvo la más
inaudita perfidia, todo cuanto vi y escuché, apenas pisé el suelo patrio, se reunió para persuadirme que la Nación
deseaba ver resucitada su anterior forma de gobierno [...].Pero,mientras Yo meditaba maduramente,con la solicitud
propia de mi paternal corazón,las variaciones de nuestro régimen fundamental que parecían más adaptables al carácter
nacional [...],me hicisteis comprender vuestro anhelo de que se restableciese aquella Constitución que entre el estruendo
de las armas hostiles fue promulgada en Cádiz en el año de 1812 [...]. He jurado esa Constitución por la cual
suspirabais, y siempre seré su más firme apoyo [...]. Marchemos francamente, y yo el primero,por la senda
constitucional”.

Doc. 3. Proclama dirigida por el duque de Angulema a los españoles (Bayona, 2de abril de 1823):
“¡Españoles! La Francia no está en guerra con vuestra Patria. Nacido de la misma sangre que vuestros Reyes, no puedo
desear más que vuestra independencia, vuestra felicidad y vuestra gloria. Voy a pasar los Pirineos a la cabeza de cien
mil Franceses, pero es para unirme a los españoles amigos del orden y de las Leyes, para ayudarles a rescatar a su Rey
cautivo; a restablecer el Altar y el Trono; a librar del destierro a los sacerdotes; del despojo a los propietarios; al pueblo
todo del dominio de algunos ambiciosos que, proclamando libertad, no preparan sino la esclavitud y destrucción de
España[...]”.

Los siguientes textos deben permitirte hacer una redacción sobre la restauración de Fernando II y el absolutismo.
Teniendo en cuenta los documentos y su contexto, debes atender cuando menos a explicar la política seguida por
Fernando VII tras su retorno a España, la delimitación temporal y las características principales del Trienio Liberal y la
Década Omiosa.

En 1879, Carlos IV é declarado rei de España tras a morte do seu pai. Ese mesmo ano estala a revolución francesa, que
fai que se decrete un cordón sanitario para evitar que as ideas revolucionarias se extendesen, poñendo en perigo o
réxime absolutista. Máis tarde, no ano 1805, prodúcese a batalla de trafalgar, onde Inglaterra derrota á flota de España e
de Francia. Desta maneira, España ve en perigo a súa permanencia como potencia mundial pois xa non tiñan barcos
para conservar as rutas comerciais coas colonias. En 1806, Francia vai a volver a intentar derrotar aos ingleses mediante
o decreto de bloqueo universal, onde busca o aislamento económico de Inglaterra (non vender nin comprarlle, non
buques ingleses en portos europeos). Pero Portugal, aliado de Inglaterra, vaise a negar polo que Godoy (valido de
Carlos IV) e Napoleón van a firmar en 1807 o tratado de Fontainebleau, onde determinan a intervención de Napoleón
en Portugal, a cambio dunha zona de Portugal para godoy, que quere asegurar poder en caso de que o rei morra, pois o
pobo non o quere. As tropas comezan a entrar en España e comezan a incumprir os acordos firmando, con violencia e
dirixíndose a localidades non pactadas. Godoy decide escapar hacia o sur coa familia real e prodúcese o 17-19 de maio
de 1808 o Motín de Aranjuez, onde Godoy é atacado e golpeado no seu palacio por simpatizantes de Fernando (fillo do
rei) e que desemboca na destitución do valido e a renuncia do rei en favor de Fernando VII. Carlos IV, tras isto, vai a
escribir unha carta a Napoleón pedíndolle axuda, quen os convoca no sur de Francia, onde ocorren as Abdicacións de
Baiona, onde Carlos IV e F. VII van a cederlle a coroa a Napoleón e este nomea a Xosé Bonaparte e se crea a
Constitución de Baiona que vai a ser máis ben unha carta outorgada coa que vai a gobernar. O traslado da familia a
Francia, xunto con unha trifulca ocorrida durante a marcha do último membro vai a desembocar no levantamento do 2
de maio, onde o pobo madrileño se subleva ante o abuso dos franceses e que vai a iniciar a guerra da independencia,
unha guerra de guerrillas, pequenas partidas locais que van a loitar contra os franceses, coa vitoria de Bailen, a primeira
e a única, ata que finalmente entran os ingleses que van a permitir o triunfo español. Durante a guerra tamén aparecen as
xuntas e a xunta suprema central, que ao disolverse, vai a convocar as cortes de Cádiz, cuxa obra máis importante é a
Constitución de 1812.
No ano 1813, fírmase o tratado de Valençay onde se decreta a marcha do rei, polo que Fernando VII volve a España, un
país no que acabara fai pouco unha guerra e cun sistema político novo, polo que se vai a negar a xurar a constitución e
apoiado por unha parte dos altos mandos, tal e como o reflicte o manifesto dos persas, vai a facer un golpe de estado e
mediante o decreto do 4 de maio, comeza o sexenio absolutista, abolindo as Cortes e a Constitución de 1812.

O manifesto dos persas é o primeiro texto co que nos atopamos. É obra dunha serie de deputados absolutistas que lle
piden ao rei que actúe. Como comentan, fan referencia a unha suposta costume persa, de pasar cinco días de anarquía
entre rei e rei, pero que en España este vacío foran 6 anos. Declaran que están no congreso a pesar dos seus ideais e que
a monarquía absoluta é “una obra de la razón y de la intelixencia (…) subordinada a la ley divina”. De esta forma,
déixanlle claro ao rei o seu apoio. No seguinte parágrafo, pídenlle “que se estime sempre sin valor esa Constitución de
Cádiz”, antepoñendo o feito de que o rei non a aprobara como suficiente valor como para derrocala.

A partir deste momento, comeza en 1814 o sexenio absolutista, caracterizado polo derrocamento do Réxime Liberal e a
imposición do Absolutismo. É unha etapa bastante violenta pola gran cantidade de pronunciamentos, levantamentos de
liberais, que toman una localidade co obxectivo de que se estenda para presionar ao rei a aceptar a Constitución.
Durante esta época, tamén diminúen os ingresos da monarquía, pola independencia de numerosas colonias
transoceánicas, facendo que Fernando VII impoña a igualdade fiscal, en contra da súa ideoloxía, facendo que os
privilexiados tamén paguen impostos. Todos os pronunciamentos van a fracasar ata 1820, co éxito de Rafael Riego en
Sevilla que vai a facer que empece unha nova etapa dentro do reinado de Fernando VII, o trienio liberal (1820-1823).

Este levantamento ao principio non foi frutífero, pois Riego atopábase cada vez con menos homes, pero a Portugal
chégalle a noticia de que o rei finalmente aceptara a Constitución, despois de que o que fixera se estendera por toda
España, facendo que outras localidades se sublevaran. A aceptación desta Constitución por parte de Fernando VII,
vémola reflectida no documento 2, o manifesto do rey á nación española do 10 de marzo de 1820. Como podemos
apreciar, comeza o texto dirixindo a todo o país. Para empezar, xustifica o restablecemento do absolutismo que fixera
dicindo que a nación lle suplicara a súa volta tras a volta do “seu cativerio”. No seguinte farrapo, disponse a aceptar a
Constitución de 1812 “entre el estruendo de las armas hostiles fue promulgada”, intentando quitarlle prestixio a este
documento. Por iso, acepta a senda constitucional tras supostamente comprender o que o pobo lle estaba pedindo neste
levantamento. Podemos ver como o rei non o acepta por vontade propia, senón que ve a única saída a esta situación,
polo que en España volve o sistema liberal. Desta forma, España supuxo unha estimulación para a vaga revolucionaria
dos Anos 20, que vai a desembocar en que outras potencias europeas acaben mandando tropas máis adiante.

Este período está caracterizado pola división entre liberais en doceañistas, moderados, con anterior experiencia e que
apoian a bicameralidade e os exaltados, radicais, que apoian a unicameralidade, e non aceptan ceder nin modificar a
constitución. Apoian a creación dunha milicia militar, formada por civís armados ocasionalmente, que vai a ser
finalmente disolta pois os moderados creen que armar ao pobo pon en perigo a súa supremacía. Tamén van a apoian un
sufraxio máis amplo, que vai a ser obxecto de disputa entre ambas correntes liberais. Tamén aparece unha guerrilla
absolutista, que vai a actuar pola forza en contra do liberalismo, pero fracasan e, as actividades involucionistas do rei,
que van a ser legais como o veto suspensivo ou ilegais, pois lle fai a pedir axuda á Cuádrupla Alianza, conspirando
contra o seu propio país, que van a decretar no Congreso de Verona (1822), a intervención francesa en España.

Neste contexto atopamos o documento 2, a proclama dirixida polo duque de Angulema aos españois. O Duque de
Angulema é o líder do exército francés que a Cuádrupla Alianza vai mandar, cruzando os Pireneos, un exército de
60000 que van a invadir Francia aproveitando as diferencias entre os absolutistas, o coidado co que avanzan e a pouca
oposición do pobo, que non está contento co liberalismo, que non os favoreceu. Neste caso, o Duque de Angulema se
dirixe aos españois para comunicar que “La Francia no está en guerra con vuestra Patria”, xustificando a intervención
francesa con que él ten sangue española polo que busca o mellor para o país “vuestra independencia, vuestra felicidad y
vuestra gloria”. Comunica que o seu exército vai a entrar no país a través dos Pireneos e que queren rescatar ao rei
cautivo e restablecer o seu reinado. Desta forma, déixanos ver as súas claras ideas absolutistas, pois cree que o rei está
preso e que todos os seus actos son por obrigación, polo que a súa función é liberalo para que retome o seu poder
absoluto. Para rematar, tamén comunica como non só quere liberar ao rei, senón que está entre os seus obxectivos
devolver o quitado aos propietarios e aos sacerdotes e o dominio sobre o pobo dos que escravizaron e destruíron
España. O Duque de Angulema inicia coa súa vitoria unha nova etapa no reinado de Fernando VII, a década omiosa,
caracterizada pola violenta represión contra os liberais, mediante a creación de comisións militares, xuntas de fe e
xuntas de purificación, que van a buscar persoas con ideoloxía liberal para fusilalos ou metelos en prisión, víndose
moitos obrigados a exiliarse. Está época caracterízase pola división dos absolutistas, causada pola creación do bando
Carlista, creado no enfrontamento pola cuestión sucesoria. Está causada pola lei sálica que establece que as mulleres
non poden acceder ao trono, polo que Fernando VII, tras a morte da súa muller, casa con outra e vese sen fillos.
Finalmente a nova muller queda embarazada e antes de que nacera, firma a Pragmática Sanción de 1830, onde anula a
Lei Sálica, tal e como o intentara facer Carlos IV cando estalou a Revolución Francesa. Os carlista, que apoian a entrada
de Carlos Maria Isidro ao trono, van a intentar declarar isto por ilegal. Finalmente, o rei vai a ter dúas fillas, polo que
sen este decreto, quedaría sen herdeiro. EN 1832, o rei enferma , polo que os carlistas van a aproveitar para facer que
firme un decreto eliminando a pragmática sanción pero cando se recupera, suprímeo. En 1833, Fernando morre
finalmente e Carlos reclama o trono, cun levantamento carlista que vai a desembocar na primeira guerra carlista. Coa
morte do rei, comeza unha nova etapa histórica, a época sabelina.

2020

Doc.1. Decreto de Valencia, 4 de maio de 1814


“As Cortes [...]no mesmo día da súa instalación [...]despoxáronme da soberanía, pouco antes recoñecida polos mesmos
deputados, atribuíndoa nominalmente á nación para apropiala para si eles mesmos e dar a esta, despois, sobre tal
usurpación as leis que quixeron, impoñéndolle o xugo de que forzosamente as recibise nunha nova Constitución [...].
Declaro que o meu real ánimo é non só non xurar nin acceder á dita Constitución nin a decreto ningún das Cortes xerais
e extraordinarias e das ordinarias actualmente abertas [...], senón o declarar aquela Constitución e tales decretos nulos e
de ningún valor nin efecto, agora nin en tempo ningún, coma se non tivesen pasado xamais tales actos”.

Doc. 2. Manifesto de Rafael del Riego, 1 de xaneiro de 1820


“Soldados, o meu amor cara a vós é grande. Polo mesmo eu non podía consentir, como xefe voso, que se vos afastase da
vosa patria [...]. España está a vivir a mercé dun poder arbitrario é absoluto, exercido sen o menor respecto ás leis
fundamentais da nación. [...] A Constitución española, xusta e liberal, foi elaborada en Cádiz entre sangue e sufrimento.
Máis o rei non a xurou e é necesario, para que España se salve, que o rei xure e respecte esa Constitución de 1812”.

Doc. 3.Fernando VII declara nulos os actos do goberno constitucional, Gaceta de Madrid, 7 de outubro de 1823
“Europa enteira, coñecendo profundamente o meu cativerio e o de toda a miña Real Familia, a mísera situación dos
meus vasalos fieis e leais [...] determinou poñer fin a un estado de cousas que era o escándalo universal.[...] Sentado xa
outra vez no trono de S. Fernando pola man sabia e xusta do Omnipotente, polas xenerosas resolucións dos meus
poderosos Aliados [...] declaro o seguinte:Primeiro: Son nulos e de ningún valor todos os actos do goberno chamado
constitucional (de calquera clase e condición que sexan) que dominou os meus pobos desde o día 7 de marzo de 1820
ata hoxe, día 1° de outubro de 1823, declarando, como declaro, que en toda esta época carecín de liberdade, obrigado a
sancionar as leis e a expedir as ordes, decretos e regulamentos que contra a miña vontade se meditaban e expedían polo
mesmo goberno”.

En 1789, Carlos IV entra ao poder tras a morte do seu pai. Nese ano tamén esta a Revolución Francesa polo que se
paralizan as reformas ilustradas por temor á expansión das ideas revolucionarias que poñan en perigo o Réxime
Absolutista, establecendo un cordón sanitario, con controis das fronteiras, censura de libros e carteis, control dos
franceses residentes en España ou a volta dos estudantes que sea atopaban en Francia. Tamén se crea unha policía
política, un tribunal da inquisición que deixa de perseguir aos heterodoxos. En 1805, prodúcese a batalla de trafalgar,
onde se enfrontan Inglaterra e Francia, aliada cos españois, que supón a derrota dos últimos e da perda de gran parte da
flota que necesitaba para manter as rutas comercias coas colonias americanas. No ano 1806, vaise a firmar o decreto do
bloque universal, onde Francia busca outra forma de derrotar aos ingleses, intentando aislalos economicamente.
Portugal vaise a negar a cumprir este acordo, provocando que Napoleón busque invadir Portugal e acabar coa
monarquía portuguesa. Desta forma, en 1807, fírmase o tratado de Fontainebleau entre godoy (valido de Carlos IV) e
napoleón, onde se determina as condicións da invasión francesa en Portugal, como o número de tropas, a ruta que ian a
seguir ou que a zona sur de Portugal iba a quedar para godoy (quere asegurar poder por se o rei morre, non ten o apoio
do pobo). Comezan a entrar as tropas en Francia, incumprindo os acordos, dirixíndose con violencia a localidades fora
do tratado. Ante isto, Godoy marcha coa familia real cara o sur e o 17-19 de maio de 1808, prodúcese un golpe de
estado, onde Godoy é asaltado no seu palacio e golpeado, por simpatizantes de Fernando, o fillo de Carlos IV. O Motín
de Aranjuez, o nome que recibe este golpe de estado, vai a causar a destitución do valido e que Carlos IV ceda a coroa a
Fernando VII, comezando o seu primeiro reinado. Tras isto, Carlos IV escribe unha carta a Napoleón pedíndolle axuda e
Napoleón manda un delegado para comunicarlle á familia real para que se reúna no sur de Francia, onde van a ocorrer
as Abdicacións de Baiona, onde Carlos IV e Fernando VII van a ceder a coroa a Napoleón, quen vai a nomear ao seu
irmán Xosé Bonaparte. Paralelamente, o pobo madrileño se subleva co Levantamento do 2 maio, unha explosión de ira
popular ante a dominación francesa. Vai a ter violentas represións, como os levantamentos de mans de Murat. Neste
momento comeza a guerra da independencia, unha guerra de guerrillas, organizada en pequenas cuadrillas de civís
armados, que buscan actuar por sorpresa e camuflados entre o pobo, buscando o cansanzo dos franceses. Van a ter unha
vitoria inicial, a vitoria de Bailen, a primeira e a única ata a chegada dos ingleses. Durante esta guerra, van a aparecer
unha serie de xuntas, repartidas polo territorio español encargadas de organizar a guerra, asumindo que o poder é
soberano, polo que ao estar apoiadas polo pobo, teñen o poder. Tamén xurde a Xunta Suprema Central que se vai a
encargar de organizar a loita contra os franceses e cando van perdendo prestixio, convocar as cortes mediante sufraxio
censatario, pois pensan que é a única solución. En 1810 convócanse as Cortes de Cádiz, por representación nacional,
onde tan só unha parte do pobo escolle aos seus representantes cun certo nivel de cultura ou de riqueza. As Cortes de
Cádiz van a ter unha obra dobre, a destrución do réxime absolutista e a constitución de 1812. En 1813, vaise a firmar o
tratado de Valençay onde se determina a marcha de Xosé Bonaparte, o final da guerra e a devolución da coroa a
Fernando VII, quen comeza co seu segundo reinado, que volve a un país cun réxime distinto que limitaba o seu poder e
négase a aceptar a constitución de 1812, despois do manifesto dos persas, onde unha serie de deputados absolutistas
pídenlle ao rei que acabe coas cortes e a constitución e volva ao absolutismo, recuperando o su poder total. Esta carta,
fai que o rei faga un golpe de estado, coa axuda das tropas dun capital en valencia, e publicando o decreto do 4 de maio,
onde elimina a constitución e as cortes, acabando co Réxime Liberal.

O primeiro documento que atopamos é un fragmento desde decreto do 4 de maio, onde o rei se dirixe ao pobo. Comeza
dicindo que os deputados lle quitaran o seu poder, aproveitándose do pobo para favorecerse e facer o que querían coa
nación e que agora o querían obrigar a xurar unha constitución “impoñéndolle o xugo de que forzosamente as recibise
nunha nova Constitución”. Por tanto, o rei declara que non vai a xurar nin a Constitución nin aceptar calquera lei que
fagan as Cortes, polo que o rei, co seu poder, declara ambas cousas “nulas e de ningún valor nin efecto”. Desta forma,
imponse como rei absoluto, co apoio dunha parte do pobo e dunha parte das elites do exército, comezando a primeira
etapa do seu reinado, o sexenio absolutista, que se vai a caracterizar polo restablecemento do absolutismo nun contexto
favorable tras a derrota de Napoleón. Vaise a caracterizar polos pronunciamentos, sublevacións de oficiais de orixe
nobre que apoian o liberalismo, que con un discurso a favor da Constitución, que toman unha localidade co obxectivo
de que se estenda hacia outras zonas, buscando premer ao rei. Van a fracasar ata o levantamento de riego en 1820. Nesta
época tamén é importante o decreso dos ingresos da monarquía, que vai a facer que o rei estableza a igualdade fiscal,
rachando coa ideoloxía do absolutismo, despois da independencia das colonias ultramarinas, casando unha crise da
facenda pública.

O segundo documento entra deste contexto, pois se trata do manifesto que firma Rafael Riego xustificando as causas do
seu levantamento e onde determina os obxectivos da súa sublevación. Diríxese aos seus soldados, aos que comunica que
como o seu xefe, busca o mellor para eles, polo que quere loitar contra o poder absoluto do rei, que se adxudicara sen
respectar as leis da nación, que a propia nación escollera entre sangue e sufrimento pola propia nación. Remata
defendendo a Constitución de 1812, é que quere que o rei a xure e a respecte. Nun principio, Rafael riego sublevouse co
apoio dunha tropa non moi numerosa en Sevilla, onde estivo varios meses liberando localidades, cada vez con menos
apoios. Refúxiase en Portugal a onde lle chega a noticia de que o rei aceptara as súas peticións, despois de que o que
fixera se estendese por outras zonas de España, comezando unha nova etapa do reinado de Fernando VII, caracterizado
polo triunfo do réxime liberal, caracterizada pola división dentro do bando liberal, entro os doceañistas ou moderados,
homes con previa experiencia que defenden o poder do rei e a existencia de dúas cámaras e os exaltados ou radicais,
homes con menos experiencia e que non queren ceder nin modificar a constitución de 1812. Tamén van a apoiar a
creación dunha milicia militar formada por civís armados nun momento concreto, que os moderados van a considerar
perigoso, por poñen en perigo a súa supremacía. Os radicais tamén van a apoiar a ampliación do sufraxio, causando
diferencias entre liberais. Por outro lado, vai a aparecer unha guerrilla de ideoloxía absolutista que van a buscar acabar
co liberalismo mediante a forza aínda que van a fracasar e actividade involucionista do rei, mediante o uso do veto ou a
conspiración en contra do réxime, contactando a outras potencias europeas pedíndolle axuda. No contexto internacional
atopamos á cuádrupla alianza que ven con temor á España pois estimulara a vaga revolucionaria dos anos 20, polo que
vai a determinar no congreso de verona (1822) a actuación do exército dos cen mil fillos de san luís en España co
obxectivo de recuperar a un rei supostamente cautivo, que teñen éxito pola división dos liberais, a intervención
coidadosa dos franceses e a pouca oposición do pobo ás tropas, que non se viran favorecidos polo liberalismo.

Neste contexto atopamos o documento final, onde o rei declara nulos os decretos do goberno institucional, acabando co
réxime liberal. Nel, comunica a intervención de varias potencias europeas para liberar a el e ao resto da familia real, que
consideran o liberalismo un escándalo polo que xa coa coroa e o seu poder devolto, agradece a actuación dos aliados, a
cuádrupla alianza declarando a nulidade dos actos do goberno constitucional, que dominara o pobo dende o
levantamento de Rafael riego. Tamén xustifica que tivera que aceptar a constitución e as leis que se aprobaran durante
os 3 anos dicindo que foran contra a súa vontade. Desta forma, xustifícase ante o pobo e retoma de novo o poder
absoluto, comezando unha nova etapa, a década ominosa, a última etapa do reinado de Fernando VII.

Este perid¡odo está caracterizado pola represión ante os liberais, que van a ter que exiliarse para evitar ser fusilados ou
metidos en prisión. Tamén van a crearse institucións dirixidas a perseguira aos liberais como as xuntas de fe, as
comisións militares e as xuntas de purificación. Tamén vai a existir unha división no bando absolutista, causada pola
cuestión sucesoria, que vai a facer que xurda o Carlismo, unha corrente absolutista que defende o acceso ao poder de
Carlos María Isidro, irmán de Fernando VII. Nace no 1830 coa publicación da pragmática sanción onde o rei abole a lei
sálica que non permitía o ascenso ao poder a mulleres. Fernando VII non tivo fillos varóns, polo que era a única forma
de asegurar a herdanza do trono á súa descendencia. Os Carlistas van a intentar ilegalizar esta lei, aproveitando que o rei
enferma en 1832 para que firme un documento anulando a pragmática sanción, pero que cando se recupera, abole.
Finalmente Fernando VII morre en 1833, cando Carlos volve a España a reclamar o trono e fai un golpe de estado que
fai que comece a primeira guerra carlista, que vai a enfrontar aos carlistas contras os isabelinos (os que apoian a Isabel,
que nese momento é menor de idade polo que aínda non pode reinar), iniciando unha nova etapa na historia de España,
a É poca Isabelina.
La probabilidad de existencia de radiaci ́on en cierto lugar es0,2 y se dispone de
un sistema de alarma que suena el 95% de las ocasiones enlas que hay radiaci
́on. Cierto d ı́ a suena la alarma. ¿Cu ́al es la probabilidadde que haya radiaci
́on?

conceptos
Bárbaros, castro, megalitismo, economía predadora, afrancesados, adicacións de baiona, manifesto dos persas, tratado
de Valençay

– afrancesados – termo pexorativo que se utilizaba para referirse ao colaboracionistas, españois que
simpatizaban co inimigo, Francia durante a Guerra da Independencia. Apoian a Xosé Bonaparte, xa que
consideraban que as súas políticas eran o cambio que España necesitaba, para acabar con Antigo Réxime coa
Constitución de Baiona (era máis ben unha carta outorgada). Van a ter que exiliarse porque van a ser
considerados traidores á patria.
– tratado de Valençay – tratado firmado en 1813, onde Napoleón vai a determinar o peche da fronte en España, a
marcha do seu irmán, Xosé Bonaparte, a cambio de que os afrancesados non sexan perseguidos. Esto permite
que Fernando VII recupere o trono de España, comezando o seu reinado en 1814, que se vai a estender ata
1833, coa súa morte.
– economía predadora – actividade humana na que se obteñen e consumen os recursos da natureza sen xerar
produción. É característica das sociedades paleolíticas, nómades ou seminómades, baseadas na recolección de
froitos, caza, pesca e marisqueo. Mantense ata o Neolítico como único sistema económico.
– castro – poboado prerromano característico da zona do noroeste da Península, baseado en asentamentos
fortificados de planta circular situados en lugares estratéxicos, fáciles de defender. Alcanzan o máximo
desenvolvemento durante a Idade de Ferro, continúan baixo o dominio romano e comezan a desaparecer no
século II a.C, cando empezan a ser abandonados.

temas

o neolítico, os pobos prerromanos da Península Ibérica, a monarquía visigoda.

os pobos prerromanos da Península Ibérica

Durante o primeiro milenio a.C a chegada de pobos prerromanos e indoeuropeos influiu na evolución de diversas
culturas. Os pobos colonizadores do Mediterráneo oriental chegaron en busca de materias primas como o estaño, ouro
ou bronce e actuaron como transmisores culturais e tecnolóxicos, difundindo o emprego do arado, de diversos cultivos,
a ourivaría, o uso do alfabeto e da moeda, etc. Tamén teñen lugar transformacións nos poboados que se converten en
pequenos núcleos urbanos. As inmigracións dos pobos indoeuropeos celtas producíronse en varias vagas e
establecéronse en diversas zonas como os vales do Douro e do Ebro, onde formaron unha casta militar dominante sobre
os indíxenas.

En relación con estes pobos, distínguense tres áreas culturais: o sur e o levante, os pobos da meseta e os pobos do norte
peninsular.

- os pobos do sur e do levante: distínguense dous pobos, os tartessos e os iberos.

– os tartessos: entre os séculos VII e VI a.C, no sueste peninsular destaca a cultura tartésica. A súa economía
baséase na agricultura e na gandaría, a minería, as actividades metalúrxicas e a actividade comercial que os
poñen en contacto cos fenicios e cos gregos. Socialmente teñen unha certa estratificación, apreciable polo gran
nivel de riqueza a sofisticación dos enterramentos. Politicamente non teñen unidade, senón que moitos centros
de poder, aínda que algúns textos gregos fan referencia a unha monarquía. Desaparecen a partir do século VII
a.C debido a unha serie de factores internos e externos.
– os iberos: entre os séculos VII e II a.C, no sueste da península e na costa mediterránea localizamos aos iberos,
formada pola influencia dos pobos colonizadores. Nunca tiveron unha unidade política e a súa economía
susténtase na gandaría, agricultura, artesanías e a actividade comercial. A organización política baséase nas
cidades-estado e teñen unha sociedade xerarquizada e a influencia oriental vese plasmada nas manifestacións
artísticas.

- os pobos da meseta

No interior da Península atopamos unha serie de tribos que son influenciados pola presenza de pobos indoeuropeos. En
zonas como o val do douro ou o do Guadalquivir, mestúranse trazos culturais iberos con indoeuropeos. A influencia
indoeuropea maniféstase no uso da moeda, adopción do alfabeto e a celta na sociedade, que fai que se sitúen en lugares
estratéxicos que faciliten a defensa, practicando unha economía agrogandeira e un elevado nivel de fabricación de
armas e na ourivaría. Ten unha sociedade xerarquizada.

- os pobos do norte da península

están pouco indoeuropeízados pois a inmigración celta non foi tan abundante como nun principio se supoñía. No
noroeste atopamos a cultura castrexa, que habitaba os castros, edificacións con planta circular situadas en lugares
estratéxicos que faciliten a súa defensa. Aparecen no s. VII a.C e continúan durante o dominio romano, para acabar
desaparecendo durante o século II a.C, cando comezan a ser abandonados.

Suposto exame

castro: poboado prerromano , asentamento fortificado caracterizado pola planta circular e o urbanismo irregular.
Localízanse no norte peninsular e danlle nome ao pobos celtas. Localízanse en lugares estratréxicos para facilitar a súa
defensa e control visual. Alcanzan o seu máximo desenvolvemento durante a Idade de Ferro e comezan a ser
abandonados durante o século II.

Abdicación de baiona: suceso histórico ocorrido en Baiona, ao sur de Francia en 1808, onde a familia real foi
convocada despois do Motín de Aranjuez e onde Carlos IV e Fernando VII ceden o trono a Napoleón, quen nomea a
Xosé Bonaparte como novo rei de España.

Economía predadora: actividade humana na que se obteñen produtos procedentes da natureza sen xerar produciron. É
característica das sociedades paleolíticas e preagónicos, nómades ou seminómades, baseadas na recolección de froitos
silvestres, caza, pesca e marisqueo que permiten obter alimentos e os recursos que necesti¡an. É o sistema económico
vixente ata o Neolítico.

Tratado de valençay: documento firmado por Napoleón onde establece a marcha de xose Bonaparte e España, o fin da
guerra da independencia co peche do fronte español e a volta de Fernando vii ao trono despois de que cedese a coroa
nas abdicacións de baiona. Supón o inicio dunha nova etapa histórica en España a partir de 1814.

conquista e romanización

A conquista romana é o proceso histórico de dominio e control militar da Península Ibérica por parte do Imperio
Romana. É un proceso bastante dilatado no tempo, que dura dende o 218a.c ata o 19a.c, e remata coa total integración
da península. A conquista consta de 4 etapas

primeira etapa (128-206a.c)- o interese de Roma sobre a península comeza durante o século III a. C no contexto da
primeira guerra púnica contra Cartago polo dominio sobre o mediterráneo occidental., que remata cun tratado que
establece a liña de influencia do pobo cartaxinés sobre o rio Ebro. Ao sur desa liña, atopase Sagunto conquista por
Anibal, que vai a ser motivo da segunda guerra púnica. A presenza militar comeza no 128 a.c co desembarco en
emporion, onde vana derrotar os cartaxineses e conquistan toda a costa mediterránea, o val do Ebro e do Guadalquivir

segunda etapa (197-177 a. C) – os romanos intérnanse cara o interior da peninsular

terceira etapa (154-133a.C) – continua a conquista hacia o interior peninsular o literal atlántico, onde se atopan cunha
forte oposición, dos iberos e os lusitanos, un exemplo é numancia, onde os lusitanos foron derrotados, quedando a
maior parte da península baixo dominio romano.

Cuarta etapa (29-19 a. C) – as guerras cántabras permiten o dominio romano sobre o norte peninsular coa derrota dos
ástures, cántabros e galaicos, quedando toda a península integrada no imperio romano

a romanización é o proceso de integración dos pobos prerromanos aos modelos políticos culturas, económicos, culturais
e relixiosos de roma. No sur, no val do ebro e do Guadalquivir, é máis intensa que na zona do norte, que quedou
practicamente sen romanizar, mantendo fortemente as costumes dos pobos prerromanos. Os instrumentos para a
romanización céntranse na organización politizo administrativa e cultural

Roma estableceu unha serie de unidades político administrativas, asegurando o control sobre o territorio, mantendo a
paz, o cobro de impostos, etc. Distínguense tres categorías

As provincias é a unidade más grande e engloba aos conventos e ás civitas. As provincias est án dirixidas por un
gobernador designado por roma e o seu numero varia segundo o avance das tropas romanas na peninsular
Nun principio, había dúas provincias (hispania ulterior, hispania citerior)
Na época de Augusto, pasaron a ser tres provincias: baetica, lusitana e tarracoense
Durante os séculos III e VI, a estas tresprovincias sumáronselle outras tres provincias, gallaecia, cartaginense e balearia

As provincias estaban subdivididas en conventis para a administración da xustiza, recadación de impostos, que a ´sua
vez, se dividían en civitas.

As civitas eran os núcleos urbanos onde se organizaba e dividía o territorio do arredor, constituíndo a unidade básica.
Hay dúas diferenciacións segundo o grao de oposición aos romanos, a s cidades libre a as estipendiarias, pero que co
tempo, esta diferencia se diluíu, adquirindo todas calidade de municipio

As civitas foron medrando, constituíndo unha rede urbana que xunto coa rede viaria, xogaron un gran papel no preceso
de romanización

A cultura foi a outra ferramenta fundamental neste proceso. O latín foi declarado lingua de prestixio, o prestixio romano
estendeuse deixando unha gran pegada na actualidade, nun principio mantivéronse as crenzas relixiosas dos pobos
prerromanos ata que se estableceu o cristianismo como única relixión do imperio e a arte deixou unha importante
pegada en civilizacións posteriores.
Composición

constitución de 1812 – documentos 9,10, 11

En 1789, Carlos IV entra no trono tras a morte do seu pai. Nese mesmo ano comeza a revoluciona francesa, polo que se
paralizan as reformas liberais do reinado de Carlos III e se establece un cordón sanitario (floridablanca), baseadas en
controis nas fronteiras para evitar que as ideas liberais se estenderan por España, poñendo en peligro o poder absoluto
do rei. Baseouse en controis de libros e carteis, obrigar a volver a España a estudantes en Francia ou controlar aos
franceses residentes en España. EN 1805 prodúcese a batalla de trafalgar onde se enfrontan a flota inglesa coa francesa
aliada coa española. Remata coa vitoria inglesa e a perda de gran parte da flota española, facendo que se inicie a
decadencia do imperio español, pois xa non tiñan barcos cos que manter o control das rutas coas colonias ultramarinas.
Francia vai a intentar gañarlle a Inglaterra o decreto de bloqueo universal (1806), onde buscar aislar economizo e
comercialmente aos ingleses. Portugal négase a cumprir este acordo, polo queNapoleon idea invadir o seu territorio e
destruír a monarquía absoluta. Desta forma, Godoy (o valido de Carlos IV) firma o tratado de Fontainebleau con
Napoleón onde se decretan os términos da actuación de Francia, o numero de efectivos, as zonas por onde pasan ou que
a zona sur quedará para Godoy, que quere asegurar poder para cando o rei morra, pois non conta co apoio do pobo.
Comezan a entrar tropas en España e os franceses comezan a saltarse o acordo. Ante isto, Godoy vaise coa familia real
hacia o sur por se teñen qu escapar. O 17-19 de marzo prodúcese o Motín de Aranjuez, onde o palacio de godoy é
asaltado por uns soldados simpatizantes de Fernando, irmán do rei, que o asaltan e o golpean. Este levantamento remata
coa destitución de godoy e que carlos IV ceda o trono ao seu fillo, Fernando VII. Carlos IV decide enviar unha carta a
Napoleón pedíndolle axuda, xustificando que cedera o trono obrigado. Napoleón envía un representante que recibe a
Fernando en Madrid e que lle comunica que a familia real ten que dirixirse hacia Baiona. Alí, no sur de Francia, ocorren
as Abdicacións de Baiona en 1808, onde Carlos IV e Fernando VII delegan a coroa en Napoleón, quen nomee como rei
ao seu irmán xose bonaparte, que chega a España nun ambiente de escuridade. Ao mesmo tempo, prodúcese o
levantamento do 2 de maio, reflectido en diversas obras de goya, onde o pobo madrileño se subleva ante o dominio
francés, comezando así a guerra da independencia. Este levantamento vai a ter duras consecuencias como os
fusilamentos a man do xeneral murat. A guerra da independencia é unha guerra con varias etapas, unha guerra de
guerrillas, organizada en pequenos grupos de civís armados, polo que tiña un carácter popular que buscan coller por
sorpresa ao inimigo, evitando os enfrontamentos en campo aberto, e camuflándose entre un pobo que os apoiaba. Neste
contexto bélico, aparecen as xuntas, que se estenden por todo o territorio peninsular e que van a ter o obxectivo de
controlar a guerra, polas elites do antigo réxime e que forman unha nova concepción do poder, un poder nacional, pois
estaban lexitimadas olo pobo e que van a pedir axuda aos ingleses. Os españois teñen a primeira e única vitoria en
Córdoba, a batalla de bailen, pois o resto van a ser gracias á presencia dos ingleses. Tamén se creou a Xunta suprema
central, para unha maior coordinación, unha xunta moi conservadora que vai a ter dúas funcións, organizar a guerra e en
1810, tras que o seu prestixio fora desaparecendo, convocar cortes. Pensaban que era a mellor solución para esta
situación e tamén realizan unha serie de enquisas co obxectivo de saber que quere o pobo para acabar co absolutismo.
Desta maneira, en 1810 créanse as Cortes de Cádiz mediante sufraxio censatario, onde parte da poboación cun certo
nivel de riqueza e de cultura pode votar, pois darlle o voto aos pobos considéranmo perigoso para a súa supremacía. As
cortes de cadiz vai a ter unha obra dobre, a destrución do antigo réxime mediante unha publicación dunha serie de
decretos inspirados nos principios ideolóxicos do liberalismo e a Constitución de 1812.

O primeiro documento, o documento numero 9, consta do decreto I. As Cortes de Cádiz, fixeron unha serie de decretos,
a parte da constitución, que serviron para eliminar as estruturas e os fundamentos do Antigo Réxime, establecendo un
novo réxime liberal. Un exemplo destes decretos é o que atopamos aquí. O decreto I, establece a soberanía nacional e a
separación de oderes. Está firmado polos deputados do Congreso, que se dirixen á nación e que se declaran constituídos
lexitimamente tras un sufraxio censatario onde a propia nación os escolleu. Xa na primeira liña vemos como os
deputados de Cádiz establecen como o poder político é proporcionado polos cidadáns (que non polos habitantes),
contrapoñendo ao antigo réxime, onde o poder real era proporcionado por deus, polo que criticar ou facer algo en contra
do monarca era considerado pecado. Desta forma eliminan o poder absoluto e omnipotente do rei, limitándoo. Nas
seguintes liñas, os deputados recoñecen o poder de Fernando VII de Borbón, que tivera que renunciar á Coroa nas
abdicacións de baiona, rexeitando ao actual gobernador, Xosé Bonaparte que estaba reinando coa constitución de
Baiona(carta outorgada), declarando o que sucedera en Baiona como ilegal pola violencias a inxustiza do acontecido,
aínda que na realidade, non fora exactamente así. Tamén creen que o principal motivo polo que debe considerarse ilegal
é “por faltarlle o consentimento da nación”. Esta expresión retoma a idea da soberanía nacional, pois establece que se o
poder está na nación, o rei non é quen de entregarlle a monarquía a outra persoa sen una previa aprobación nas cortes.
No terceiro parágrafo, os deputados das Cortes de Cádiz, establecen que “non convindo queden reunidos o poder
lexislativo, o executivo e o xudicial, declaran (…) que se reservan o exercicio do poder lexislativo (...)”. Desta forma
exprésase outro principio liberal, que limita o poder do rei. O monarca xa non ten o poder absoluto, senón que vaise a
producir a separación de poderes, onde o poder lexislativo está nas cortes, o xudicial en tribunais independentes e o
executivo, no rei. Contraponse co Antigo Réxime, pois o rei xa non ten todo o poder nas ´súas mans. O poder co que
queda o rei, ven especificado no último parágrafo onde lle outorgan ao ir e ao consello de rexencia, mentres que exista
ese vacío de poder no trono, pois Fernando está en Francia, poidan gobernar. Outras cuestións que os liberais establecen
en decretos similarios son a abolición dos señorías xurisdicionais e dos privilexios de orixe feudal, onde a xustiza pasa a
mans do estado, que antes esta na nobreza e na Igrexa. A abolición dos señoríos xurisdicionais non vai a supoñer
ningunha perda para a nobreza, que incluso se ve beneficiada pois ven como a súa propiedade privada se ve ampliada
pola confusidade, pois non existían documentos que comprobaran se eran ou non súas esas terras.

Esta cuestión vémola reflectida no documento 10, o decreto LXXXII sobre a incorporacións dos señoríos xurisdicionais
á nación. No artigo 1, decrétase a incorporación a nación destes señoríos e no art 4 abole os privilexios feudais cos que
contaba a nobreza con orixe en título xurisdicional. Destes privilexios, exclúe os procedentes da propiedade privada,
mantendo a idea liberal qud busca a defensa en todo momento do dereito á propiedade privada. No artigo 5, determina
cales son os señoríos que non deben ser entregados, os señoríos territoriais e no artigo 7 enumera varios dos dereitos de
orixe feudal que as cortes de cadiz abolen como “os de pesca,caza, forno, muíños, aproveitamento de augas montes”
liberando ao uso público os muíños, fontes os bosques de caza, etc. Para rematar, no último artigo determina que xa
ninguén poderá ser señor de vasales, nomear xuíces, impartir xustiza ou empregar calquera dos privilexios que o
documento abolía. O pobo vai a permanecer indiferente ante estes decretos, pois non se vían favorecidos e a Igrexa vai
a ver como atentatorias e que iban en contra dos costumes tradicionais e a relixión, pois tamén se establece a supresión
do Tribunal da Inquisición yo a liberdade de imprenta sen censura previa.

A pesar da importancia que teñen estes decretos na construción do Réxime Liberal, a súa obra más relevante e a
Constitución de 1812, aprobada un 19 de maio, un documento moi extenso e moi específico para dificultar
modificacións en ella. É una constitución revolucionaria e que recolle moitas ideas liberis.

Estas ideas liberais vémolas reflictidas no documento 11, onde atopamos un fragmento desta constitución. Na
introducción atopamos a primeira idea liberal na que se basea “as cortes xerais e extraordinarioas da nación española
(...)”, a soberanía nacioonal. Tamén aparece nos posteriores artifos 1 e 3. A constitución de 1812, establece que o pobo é
o posuidor do poder, e que polo tanto, os representantes do pobo deben ser escollidos por sufraxio censatario indirecto,
para escoller os representantes nas cortes e os alcaldes dos municipios. O artigo 3 establece que tan só a naación pode
establecer as súas leis. Esto limita o poder do rei, que xa non pode facer o que quere, senón que necesita unha previa
aprobación e que este non recibe un poder dende deus, un poder divino que o faga omnipotente e que atentar contra él
sexa como un pecado. No seguinte artigo, podemos atopar un dos numerosos dereitos e liberdades que podemos atopar
espallados polo texotto. Este artigo, establece en concreto a obriga dos españois a contribuír “en proporción dos seus
haberes para os gastos do Estado”, establecencen a igualdade fiscal, que decretq que os privilexiados xa non van a estar
exentos do pago de impostos. Tamén atopamos otro artigo cun dereito no artigo 361, onde estable que “ningún español
poderá escusarse do servizo militar”, establecendo a igualdade tamén militar. Esto na práctica non se fixo efectivo pois
as necesidades fiscais do estado fixeron que se aceptase que os ricos pagaran unha certa cantidade de diñeiro para non ir
ao exército. Tamén se recoñece o dereito á propiedade privada , a liberdade de opinión de de imprenta e a cracion das
milicias nacionais, para asegurar a orde pública. No artigo 12, os liberais opóñense as ideas do rexime liberar decretan o
catolicismo como relixión do estado e a prohibición de outros cultos. Desta forma, buscan evitar o confrontamento coa
Igrexa, que ten gran poder sobre a poboación. No 14, establécese a monarquía moderada hederitaria omo forma de
goberno da nación española, un rei que perde parte dos sues poderes. Nos seguintes tres artigos, está ben especificada a
división de poderes que se realiza, quedando o executivo para os tribunais, o lexislativo para as cortes e o executivo no
rei. Tamén establece a existencia dunha ferramente que fai que o rei teña un poder infimo sobre as cortes co veto
suspensivo, que facía que si o rei non quería firmar unha lei, a súa aplicación se puidese retrasar ata un máximo de 2
anos. No artigo 131, a constitución establece enumeradamente as funcións das cortes e no 172, fai o mesmo pero coa
autoridade do rei. Desta forma, a constitución deixa moi detallado o que poden e non poden facer para evitar discusións
e que despois o rei non poida ou lle sexa moi dificil faccer cambios para favorecerse, acabando co rexime liberal.
Desta forma, as Cortes de Cádiz e a Cosntitución de 1812 van a supoñer un gran cmabio para España, permitindo a total
destrucción do Antigo Réxime e as ´suas características ideolóxicas, algo revolucionario que non vai a contentan a parte
da poboación, que ven como atenta contra os seus ideais absolutistas.

También podría gustarte