Está en la página 1de 2

PLATÓN, texto 4

Fedro

Platón nace no 427 a. C., xusto nun momento no que Esparta e Atenas (dúas polis moi
importantes) atopábanse en plena guerra do Peloponeso. De este crecemento entre a
guerra, foille ofrecido a Platón os mais variados sucesos políticos.
Das atrocidades que máis marcaron a Platón da decadencia na que se viu Atenas pola
guerra, foi o asasinato inxusto do seu idolatrado mestre: Sócrates, aquén Platón
consideraba “o máis xusto entre os homes”
Os seus escritos están case todos redactados en forma de diálogo no que atopamos sempre
a un personaxe recorrente e central deles: Sócrates.
Platón emprega a figura do su defunto mestre facendo que as ideas que defenda sexan
exclusivamente platónicas e mediante exemplos e mitos.
Nas obras de Platón atopamos 4 períodos atendendo á súa propia evolución do pensamento
e a relación con Sócrates:
• período de xuventude ou socrático
• período de transición
• período de madurez
• período de vellez ou crítico

En relación a este texto titulado “Fedro”, sabemos que fai parte do período de madurez.
Neste período escribe as obras máis representativas do seu pensamento
Neste texto vemos que fai parte da teoría platónica na que se propón a concepción de que o
ser humano é un corpo animado dunha alma. Debido a que o corpo é material, tórnase
unha cárcere para a alma, pois esta pertence ao mundo intanxible e o corpo ao tanxible.
Este proceso accidental de unificación é incómodo para a alma e temporal ata que
finalmente consegue volver ao mundo das Ideas. E isto soamente acontece cando esta
libérase do corpo cando este morre e ela vai ser xulgada: se agora é pura volta ao mundo
das Ideas, pero se aínda segue impura ten que comezar de novo noutro corpo ata conseguir
a súa purificación.
A alma está dividida en tres partes as cales cada unha cumpre unha función e é o que se
trata de amosar neste texto pero mediante unha metáfora, concretamente a do cabalo
alado (xinete e cabalgadura).
No texto amósanos dous cabalos; un é bo, fermoso e que se deixa guiar sen problemas (que
sería a alma pura), e o outro é xustamente todo o contrario: malo, feo e difícil de guiar (que
sería o corpo). O primeiro cabalo é a parte irascible, fonte de paixóns nobres e que é a parte
mortal, e o segundo é a concupiscible, fonte de paixóns innobres tamén mortal. Unha
terceira parte e que aínda non mencionei é a racional. Esta parte é inmortal e de natureza
“divina” e que é representada polo cocheiro/auriga que dirixe ambos cabalos.
Entón, temos tres elementos que representa tres partes: cocheiro/auriga que dirixe aos
cabalos polo que ten a función máis nobre e é a función racional; despois un primeiro cabalo
que simboliza a vontade e o valor e é a parte irascible, e por último o segundo cabalo, que
simboliza a paixón sensible e o desexo e que ten a función concupiscible.
Isto no mito relátase en que o cocheiro/auriga pese a que ten o control de ambos cabalos,
manter a paz entre ambos animais non é fácil e iso fai que acaben caen caendo no mundo
sensible, nun corpo.

A mestura de todos estes factores fai unha mestura de alma e corpo e desta, da lugar a un
ser vivo, composto por un corpo como cárcere para unha alma segmentada en 3 partes que
loitan entre elas e que esta propia alma desexa de volver ao seu lugar; o mundo das Ideas.

También podría gustarte