Está en la página 1de 338

A ARTE ROMANA

CONTEXTO HISTÓRICO-ARTISTICO

Contexto histórico
A civilización romana desenvolveuse en torno aos territorios
que baña o Mar Mediterráneo, o mare nostrum como o coñecían
os romanos, en Europa, África e Asia.
A súa orixe está na península Itálica, lugar estratéxico do
Mediterráneo, e na cidade de Roma, cunha posición privilexiada
pola navegabilidade do río Tíber que a atravesaba.
Considérase como data de inicio da
civilización romana o ano 753 a.C., data da
fundación da cidade de Roma (lenda de
Rómulo e Remo).
753 a.C., fundación de Roma.
Los gemelos Rómulo y Remo era hijos de Rea Silvia, virgen vestal,
descendiente de Eneas y de Marte (Ares), dios de la guerra. En el momento
de su nacimiento, el malvado tío de su madre, Amulio (que había depuesto a
su padre) la mata y arroja a los pequeños al río Tiber. Afortunadamente, al ser
arrastrados hasta la orilla, una loba los protege, hasta que Fástulo, un pastor
del viejo rey los encuentra. Al crecer los niños, Fástulo les cuenta la historia,
entonces, matan a Amulio y restauran a su abuelo en el trono. Luego deciden
construir una ciudad junto al Tiber. Ambos suben por una colina y busca
augurios de los dioses para decidir quien los habrá de gobernar. Rómulo
vence ya que ha visto doce buitres y Remo solo seis, entonces comienza a
trazar un surco para delimitar la ciudad. Entonces Remo comienza a burlarse y
salta sobre el surco, por lo cual, Rómulo le mata.
Con todo ata o 510 a. C., data de instauración
da República, Roma, pequena aldea do Lacio, vive
sometida aos seus poderosos veciños, os
etruscos, dos que toma seus trazos culturais.
Os etruscos veranse moi influídos pola
arte grega, mostrando tamén influencias do
oriente Próximo e Exipto. E a súa vez
influíran directamente na arte romana
As súas principais achegas á arquitectura
romana son o emprego do arco e a bóveda
e a estrutura dos seus templos, que
descansaban sobre alto podio e posuían un
pórtico con columnas que conducían a tres
cellas
Bóvedas e arcos etruscos
O templo etrusco
Especial mención merecen as súas
tumbas. Doutra banda, a escultura
etrusca influirá na romana no realismo
dos seus retratos.
Cementerios etruscos
Sepulcros etruscos
Podemos dividir a historia de Roma en
tres grandes períodos:
•Monarquía (753-509 a.C)
•República (509-27 a.C)
•Imperio (27 a. C.-476 d.C.).
•Monarquía (753-509 a.C): Etapa na que
Roma era gobernada por reis, os últimos de
orixe etrusco, de aí a súa gran influencia
artística. Tras o seu último rei, Tarquinio, o
soberbio, proclamouse a República.
•República (509-27 a.C): Nesta fase Roma inicia
a súa expansión conquistando o resto de Italia,
todo o Mediterráneo occidental e oriental
acabando coas Monarquías Helenísticas,
herdeiras do imperio de Alexandre Magno.
A derrota dos cartaxineses nas guerras púnicas,
marca o inicio da conquista de Hispania.
•Imperio (31 a. C.-476 d.C.). Durante o Imperio o
territorio romano será liderado polo Emperador, e
divídese o territorio en provincias. Nos dous
séculos que seguiron á morte de Augusto o
imperio realizou un intenso labor civilizador,
especialmente sobre as provincias occidentais
(Galia, Hispania, Britania).
A cultura romana se extendeu ata as
mais afastadas provincias fronterizas. A
fundación de cidades e campamentos
militares foron a base da romanización.
Roma impuxo o seu idioma, o latín, e as
súas leis aos pobos conquistados.
Durante o século III Roma sufriu unha
longa crise. No político o trono imperial
desestabilízase, pois a maioría dos
emperadores foron asasinados ou morreron
en revolucións e guerras externas.
No 313 prodúcese o Edicto de Milán.
O emperador Constantino proclama o
cristianismo como a relixión oficial do
Estado e traslada a capital a
Constantinopolis (Bizancio). Entón
comeza a arte Paleocristiana.
No ano 395 d.C. ao morrer o emperador
Teodosio, o Imperio dividiuse en dúas partes, o
Imperio de Oriente e o de Occidente. No ano 476,
o último emperador, Rómulo Augusto, é
desposuído do seu reino. Marcando este ano a
caída do Imperio romano de Occidente e o
principio da Idade Media.
A fundación de cidades e campamentos
militares foron a base da romanización. Roma
impuxo o seu idioma, o latín e as súas leis
aos pobos conquistados. Unha rede de
camiños e estradas unían ás provincias con
Roma
As provincias enchéronse de templos, acuedutos,
termas, basílicas e outras notables obras de
enxeñería e arquitectura que se caracterizan pola
súa utilidade, a súa solidez e a súa grandiosidade.
Contexto político

Durante a época imperial a figura do emperador deixa de


ser a dun primus inter pares, un primeiro entre iguais, senón
a dun Deus por encima do resto dos mortais. Por iso sempre
hai un carácter publicitario impulsado por necesidades
políticas e persoais. Non por nada o cliente máis importante
da arte era o Estado. Seguíalle o patriciado das cidades, que
custeaban obras públicas tamén cun fin propagandístico. De
aí o carácter monumental de moitas das obras deste
período.
Contexto artístico

Os romanos asimilaron moitos dos elementos e das


características dos pobos que foron conquistando, sobre todo
dos etruscos e dos gregos, admirando especialmente a estes
últimos. De tódolos xeitos, Roma transformaba eses elementos,
polo que chegou a ser unha cultura orixinal, propia e
inconfundible. A este eclecticismo engádenlle a súa
personalidade dominada polo sentido práctico e funcional
adecuándose as súas necesidades cotiás e históricas.
A súa arquitectura é eminentemente práctica,
como práctico é o temperamento dos romanos, ten
un marcado carácter urbanístico e enxeñeiro que
tende a resolver os problemas que expoñen as
necesidades da nova sociedade organizada sobre
unha base urbana e do Imperio ao que hai que
servir.
Na arquitectura romana adoptáronse
elementos esenciais da arte grega, como as
ordes clásicas, a forma do templo ou moitos
dos elementos decorativos. Non obstante, en
moitos outros aspectos, a arquitectura
romana non é só diferente, senón
radicalmente oposta.
Por exemplo, para os gregos era máis importante
o exterior que o interior do edificio. Para os
romanos, en cambio, o interior está tan coidado
como o aspecto exterior. Neste sentido, os romanos
conseguen unha determinada concepción do
espazo interior, sempre moi rica, pero que varía
segundo os edificios e a súa funcionalidade.
Outra diferenza é que na arquitectura
grega, as cubertas eran fundamentalmente
alinteladas, mentres que nos edificios
romanos aparecen os espazos abovedados e
cupulados, empregando profusamente o arco
de medio punto.
Ademais, Roma introduce novos materiais,
novas técnicas construtivas, novos tipos de
edificios, e un pragmatismo e unha
monumentalidade descoñecidas na
arquitectura grega.
A arquitectura romana era práctica,
utilitaria e funcional. Os edificios
romanos buscaban ser útiles, eternos e
fermosos, nesta orde (Utilidade,
eternidade, beleza).
No campo da escultura destaca o relevo histórico,
onde predomina a plasmación do acontecer e a
realidade. Existen relevos oficiais, con carácter
conmemorativo e relevos funerarios, moi do gusto da
pequena burguesía.
O Retrato é outra gran
achega romana. O retrato
romano deriva do retrato
realista de época Helenística
pero tamén ten un
antecedente moi claro nas
tradicións latinas.
Recolle ao home na súa
individualidade pero tamén
co seu rango social e a súa
posición política. O retrato
oficial tiña unha función
máis política que artística.
No terreo funerario
desenvólvese a retratística
de gran realismo
CARACTERÍSTICAS DA ARTE ROMANA

•Práctica: Crean diferentes tipos de


edificios que se adaptan as necesidades
cotiás da sociedade (acuedutos, anfiteatros,
templos...). Teñen unha preocupación polos
aspectos prácticos e técnicos.
•Realista: na escultura non representan
modelos ideais senón que pretenden
representar o mais fielmente posible a
realidade inmediata, con todas as
particularidades, e por iso o retrato éo tema
favorito da estatuaria romana.
Grupo Barberini
•Histórico e concreto: Nos relevos
representan a súa historia de forma particular e
concreta, aportando todos os datos que permitan
identificar un acontecemento nun lugar e momento
concreto (columna Traxana, relevos dos arcos de
triunfo). A narración indirecta e mitolóxica
convértese en exaltación das súas xestase
historia concretas.
ARQUITECTURA E URBANISMO
a)CARACTERÍSTICAS XERAIS

A sensibilidade artística dos romanos


difería da dos gregos: fronte á procura da
beleza idealizada dos gregos, os romanos
son pragmáticos.
De aquí deriva o carácter utilitario e
funcional da súa arquitectura.
Por outra banda, o poder político e militar
do estado romano, o seu expansionismo
militar e a súa extraordinaria dimensión
territorial, fixo necesario o desenvolvemento
dunha enxeñería civil ao servizo das
necesidades da sociedade e do Estado.
Os romanos serán pois, antes enxeñeiros
que arquitectos. Ademais a arquitectura
para Roma é un elemento propagandístico,
pois é claro símbolo do seu poder fronte aos
demais pobos e, por tanto, símbolo do
poder do emperador.
Técnica arquitectónica

Utilización do arco de medio


punto e a bóveda para cubrir
recintos de gran amplitude.
Técnica arquitectónica:
Arco de medio punto
Técnica arquitectónica
Bóvedas
Especial mención merece a cúpula, na que os
arquitectos romanos demostraron unha extraordinaria
pericia
Para levantar as bóvedas había que
solucionar dous problemas, a súa elevación
e os apoios da mesma. O primeiro
solucionárono montando unha cimbra de
madeira coa forma que se desexaba dar á
bóveda e, unha vez construída esta,
desmóntase a cimbra.
O problema do soporte soluciónano empregando
piastras e muros de grande espesor, reforzados
exteriormente con contrafortes que
contrarrestaban os empuxes da cuberta. As
columnas reducen a súa función a mera
ornamentación. As cubertas abovedadas
xeneralízanse na época imperial.
Asimilación das formas gregas

Utilizan as ordes arquitectónicas, aínda


que de forma mais ornamental que
funcional. Superpoñen diferentes ordes
nunha mesma fachada, buscando un
efecto decorativo.
Superposición de
ordes arquitectónicos
Tamén crean dúas ordes novas: a orde toscana, similar
ao dórico grego, pero co fuste liso; e a chamada orde
composta, que utiliza elementos do xónico e do corintio no
seu capitel.
Ordes
Das ordes gregas o preferido polos
romanos é a corintia, pola súa maior riqueza
ornamental. Todo isto é conforme coa
tendencia a utilizar cada vez máis os
elementos construtivos como elementos
decorativos.
Os materiais

son moi variados: pedra en perpiaños


regulares, ladrillo, formigón ou morteiro:
unha mestura de cantos rodados ou pedras
pequenas, e area, unidas por cal vivo disolta
en auga; unha vez seco, este material era
practicamente indestrutible, duro como a
mesma pedra.
Formigón ou morteiro Os romanos chamaban a este
material opus caementicium;

ás veces mesturan ladrillo e formigón en bandas horizontais.


Estas técnicas lles permiten grandes
posibilidades construtivas ao poder facer muros
grosos e piares que sosteñen grandes cubertas
abovedadas, aínda que lle da un aire moi pesado
á arquitectura.
Ao non poder abrir grandes vans normalmente
os muros levaban revestimento de mármore,
mosaico, estuco pintado, etc.
Os materiais
b) EXEMPLOS MÁIS SIGNIFICATIVOS E AS
SÚAS FUNCIÓNS.

A cidade na civilización romana adquire un


valor predominante.
As primeiras cidades do mundo romano son
agrarias e adáptanse á orografía sen un plan
determinado, orixinando un armazón de rúas
caótico, que se incendiaba con facilidade e que
resistía mal as necesidades dunha cidade grande.
Nas cidades novas, con todo, os romanos aplican
un sistema predeterminado de ordenación do espazo,
que cubría mellor as súas necesidades. Nestes casos
a cidade constaba dun perímetro rectangular rodeado
por unha muralla aberta, dividido por dous eixos
principais: o cardum (eixo lonxitudinal norte-sur) e o
decumanum (eixe transversal este-oeste), que
simbolizaban o universo e dividían a cidade en catro
sectores.
Timgad (Thamuga)
No cruzamento do cardum e o decumanum
adoitaba situarse o foro: centro neurálxico da cidade
por iso construíase como unha gran praza de reunión
pública onde se levanta o templo e comercios ao
redor.
Cando a cidade evolucionou engadíronse
monumentos conmemorativos, edificios
institucionais, etc. No caso concreto da
cidade de Roma multiplicáronse os foros,
chegando a haber ata 17, dos cales os máis
importantes foron os de época de César (s. I
a. C) e Traxano (s. II dC.)
Foro
En canto aos distintos tipos de edificios
podemos clasificalos en:
Obras de enxeñería.
Edificios administrativos.
Edificios para o lecer das masas.
Monumentos conmemorativos.
Edificios relixiosos.
Arquitectura funeraria.
Obras de enxeñería

Para poder controlar todos os territorios


que foron conquistando, os romanos
requirían excelentes vías de comunicación
co fin de trasladar da forma máis rápida
posible noticias, ordes, exércitos e as
mercadorías do seu comercio
Calzadas
Xogarán un papel moi importante as calzadas,
os acuedutos e as pontes. Como a Vía Appia
unha das máis importantes calzadas da antiga
Roma, que unía a Roma con Brindisi, o máis
importante comercial co Mediterráneo Oriental.
As pontes romanas utilizarán como punto
de partida construtivo o arco de medio
punto, que se apoiaba en grosos piares
reforzados para poder resistir os golpes da
auga.
Pont du Gard,Nimes
Ponte de Alcántara
Pero non só necesitaron comunicar as
distintas partes do Imperio, senón que
tamén realizaron importantes obras
destinadas a almacenar a auga (pantanos)
e transportalas ata os núcleos urbanos
(acuedutos).
Aqua Claudia
Os acuedutos salvaban
distancias, ás veces
quilométricas, para transportar
auga dende os pantanos.
Están formados por unha
sucesión e superposición de
arcos que permiten elevalo a
gran altura e salvar así os
desniveis de terreo.
Edificios administrativos
Un dos edificios máis destacados para a
administración será a Basílica, dedicado a administrar
xustiza
Atopamos modelos similares na Grecia helenística:
edificio de planta rectangular que consta de tres naves,
sendo a central de maior altura, o que permite abrir
vans na parte superior para iluminar o conxunto. Ás
veces cóbrese a nave central de bóveda de medio
canón. O fondo da nave central adoita terminarse en
forma semicilíndrica, cubríndose este espazo cunha
media cúpula
Basilíca de Maxencio
Basilíca de Maxencio
Basilíca de Maxencio
*A basílica é moi importante, xa que
despois será tomada polos cristiáns como
modelo para levantar os seus primeiros
templos (basílica paleocristiá)
Edificios para o lecer de masas

Roma preocupouse por manter ao seu pobo


entretido (“pan e circo”), co que se construirán
numerosos edificios destinados á diversión das
masas: teatros, anfiteatros, circos e termas.
Os teatros toman como referencia o teatro
grego, pero establecen diferenzas respecto
del:
-Os teatros romanos serán exentos, e dicir, non están
apoiados nas ladeiras dos outeiros, o que permite que
dispoñan de galerías e vomitorios para un desaloxo rápido
do público pola parte posterior. As galerías, ao ser
circulares e ir abovedadas dan lugar a espazos cubertos
por unha bóveda anular.
-Presentan unha bancada (cavea) e unha orchestra
semicirculares. Isto explícase pola menor importancia que
ten o Coro no teatro romano, polo que non precisa dunha
orchestra tan grande.
-A escena estaba presidida polo “Frons Scenae”, gran
fondo arquitectónico marco da representación teatral. Se
os teatros eran de pequeno tamaño (odeóns) é posible que
tivesen unha cuberta de madeira. Se pola contra eran máis
ben grandes, podíanse cubrir con toldos. Podemos
destacar o Teatro Marcello de Roma ou o Teatro de Mérida.
Teatro de Mérida
Teatro Marcelo
Teatro Marcelo
Os anfiteatros xorden como resultado da
unión de dous teatros, ante a necesidade de
pechar todo o espazo para celebrar
espectáculos sanguentos: loitas de
gladiadores, de feras e mesmo batallas navais.
Baixo a area existían varios corredores.
Desaloxábanse polo sistema de vomitorios
que xa vimos nos teatros.
Coliseo ou Anfiteatro Flavio
Coliseo ou Anfiteatro Flavio.
Inaugurado no ano 80 d.C. toma o nome
dunha estatua colosal de Nerón (20 metros)
que había nas súas proximidades, o que
induciu ao pobo a chamar ao lugar
Coloseum. Mide 187 metros de longo por
155,6 de ancho, con 50.000 localidades de
aforamento.
O Coliseum albergaba as loitas entre
feras ou entre homes e feras e tamén
grandes espectáculos como as
“naumaquias” ou batallas navais, loitas
de gladiadores, etc.
En canto a bancada, no se apoiaba nun
outeiro como os teatros gregos, senón que
se eleva grazas a un sistema de bóvedas
superpostas, sustentadas por piares, que
permitían o seu rápido desaloxo en só tres
minutos
No que respecta ao subsolo, está
deseñado para garantir o espectáculo xa
que contaba con corredores, escaleiras,
cámaras, ascensores con poleas, e mesmo
un sistema impermeabilizado de
condución da auga para converter a area
nun lago.
A fachada organízase en pisos, nos
que se superpoñen as ordes toscana,
xónica e corintia (Tito engadiu un piso
máis para aumentar o aforamento, con
pilastras adosadas ao muro); combina
arcos e linteis.
Sobre o cuarto piso colocábanse mastros para
poder instalar toldos (velarium) e así dar sombra
aos espectadores
Tiña dúas portas principais, abertas nos
seus extremos: a Triunphalis e a Libitinaria
(pola que se evacuaban as vítimas).
Quedou moi afectado por incendios,
terremotos e pola rapiña para reutilizar
materiais (arrincaban as placas de mármore
que recubrían o exterior, por exemplo)
O Coliseo salvouse da súa destrución total
ao ser consagrado no século XVIII polo papa
Benedito XV en honra dos mártires cristiáns,
ante a crenza de que foran martirizados alí
(aínda que parece que ocorreu realmente no
Teatro Marcelo).
Influencias: a disposición das ordes da
fachada serviu de influencia nos
palacios renacentistas. O coliseo é
modelo para a construción de recintos
deportivos (estadios de fútbol...).
O circo era o lugar no que se celebraban as carreiras
(de cabalos, cuádrigas, exercicios atléticos, etc) e
realizábanse apostas. Tiña forma elíptica e o centro había un
espazo decorado con vexetación, botíns de guerra, etc,
denominado spina. Nas bancadas existía un lugar
destacado, tribuna, que era ocupado polo emperador ou por
algún personaxe de certa relevancia.
Como exemplos temos o circo máximo de Roma,
escasamente conservado.
Circo maximo
Circo maximo
As termas son baños públicos con tres salas:
frigidarium (piscinas de auga fría) tepidarium (de
auga tépeda) e caldarium (de auga quente). Nas
termas existían bibliotecas, ximnasios, etc. Aínda
que hoxe se atopan nun estado ruinoso, as máis
importantes son as termas de Caracalla, nos
arredores da cidade de Roma.
Termas
Termas de Caracalla
Termas de caracalla
Monumentos conmemorativos

Os monumentos conmemorativos teñen a


función de conmemorar ou homenaxear a
unha personaxe por algunha acción de
carácter bélico que honra a Roma.

Os tipos que van a ter máis importancia


serán os arcos e as columnas
Os arcos de triunfo podían ter unha, tres ou mesmo
cinco aperturas ou arcos de medio punto flanqueados por
columnas.
Sobre os arcos colocábase un entaboamento, onde se
podía ler unha inscrición alusiva ao personaxe en honra do
cal se erixiu a obra. Arco de septimio severo

É posible que estivese coroado por unha


escultura do personaxe en cuestión.
Arco de Tito: é o mais antigo de todos os que se
conservan en Roma. Sitúase na entrada ao foro.
Foi edificado para conmemorar as campañas de
Tito contra os xudeus
Arco de Tito
Ten un só van flanqueado por dous
grandes piares, con bóveda de canón no
interior, Cada piar conta con dúas columnas
adosadas que se apoian sobre un podio e
que teñen capiteis de orde composta.
Sobre o arco disponse un entaboamento que conta
con arquitrabe, friso decorado con relevos e cornixa
ornamentada. Remata o arco un ático cunha
monumental inscrición co nome do emperador e dos
seus predecesores.
Reflicte o gusto
romano por mesturar
liñas rectas e curvas
É moi profundo e está decorado con relevos históricos
no intradós (parte interior do arco) que mostra a entrada
triunfal de Vespasiano e Tito en Roma tras arrasar
Xerusalén e o desfile das tropas romanas cos trofeos
arrincados aos xudeus.
Arco de Constantino
Edificios relixiosos
Ten como antecedentes os templos etruscos e os gregos. As características
principais do templo romano serán:
É mais pequeno que o grego.
Dan maior importancia a unha das fachadas.
Xeralmente próstilo (columnas só na fachada).
Con columnas adosadas aos muros laterais (pseudoperíptero)
Elevado sobre un pedestal ou podium.
Escalinata principal que da acceso ao pórtico da fachada principal.
Carecen de esculturas no frontón.
Xeralmente son templos de planta
rectangular, aos que tampouco ten acceso a
maior parte do pobo romano. Deste tipo
destacamos a Maison Carrée en Nimes,
Francia. (Maison Carrée = en francés “casa
cadrada”).
Templos de planta central: Templo de Vesta, construído
con mármore sobre un podio de pedra, O muro é de forma
circular e está rodeado por unha columnata.
O mais importante exemplo de planta

central é o Panteón
Foi edificado por Agripa e dedicado a todos os
deuses, foi consagrado, segundo a inscrición, no
ano 27 a.C. Destruíse e posteriormente foi
reconstruído por Adriano cara o ano 120 dC.
A planta circular simboliza o acollemento
ofrecido a todos os deuses. É un conxunto
formado por un grande cilindro de mais de
corenta metros de diámetros, cuberto cunha
cúpula (43,20 metros de altura) con
decoración radial de casetóns que se apoia
no muro circular e cuxa altura é igual que o
diámetro do conxunto.
É a maior cúpula construída ata entón, aséntase
sobre un anel mural realizado con formigón. A
construción foi posible polo emprego de oito
enormes machóns de 6 metros de (que son os que
realmente reciben os empuxes da cúpula e os
trasladan aos cimentos), e dun sistema de arcos de
descarga
No centro da cúpula hai un
óculo redondo, de case
nove metros de diámetro,
única entrada de luz que
ilumina o recinto
suavemente (óculo
cenital).
É o primeiro edificio no que o importante é
o espazo interior, no que a luz cenital é o
reflexo que esta tería na decoración de
bronce contribuiría a crear un ambiente
sacro.
O edificio tiña un revestimento de mármore e tellas
de bronce que se perderon ao comezo da Idade
Media. Ao exterior presenta unha enorme fachada
de corte clásico: ao recinto accédese a través dun
pórtico de tres naves e fachada octástila, coroada
por un frontón.
Arquitectura funeraria.

En Roma, as tumbas dispoñíanse ao longo das


vías principais (a Via Appia no seu arranque era
coñecida como o “camiño da morte”). Os
enterramentos son de dous tipos:
•Mausoleos
•Columbarios
• Mausoleos: enterramentos individuais de
persoas importantes. Eran ao mesmo tempo
tumba e templo, con planta cadrada, rectangular
ou circular. Algúns derivan das tumbas de
cámara etruscas, coroadas cun cono de pouca
altura
Pirámide de CaIo Cestio
Mausoleo de Adriano
•Columbarios: enterramentos colectivos. Non ocupaban
moito espazo debido a que se practicaba a incineración
ARQUITECTURA
ROMANA EN
HISPANIA
Os romanos ocuparon o sur e o levante
peninsular durante a segunda guerra púnica
(218-201 a. C.)
A partir de entón, Roma consolidou os territorios
xa ocupados e conquistou o centro e o oeste.
Finalmente dirixidas por Augusto tiveron lugar as
loitas contra cántabros e astures, a vitoria de
Roma intensificou o proceso de romanización:
apareceron gran número de cidades que foron
dotadas de templos, edificios civís,
conmemorativos, obras de enseñaría, etc.
•Nas grandes cidades é onde se conservan
mais restos: Emérita Augusta (Mérida),
Tarraco Nova (Tarragona), Caesar Augusta
(Zaragoza), Corduba (Cordoba)... pero por
toda a Península se atopan restos da a
arquitectura romana en diferente estado de
conservación.
Segundo as tipoloxías arquitectónicas,
atopamos:
•Obras de enxeñería
•Edificios para o lecer de masas.
•Edificios relixiosos.
Obras de enxeñería
O Acueduto de Segovia estaba destinado a levar
auga de Fontefría (Serra de Guadarrama) á cidade de
Segovia.
Esta construído en perpiaños unidos sen
ningún tipo de argamasa (a óso), na parte
mais elevada o aparello é de cachotería e no
interior ten formigón.

Sería de finais do século I o principios do


II d. C.
A estrutura ven definida por unha
sucesións de arcos de medio punto
con luz variable. Consta de dúas
arquerías superpostas. Chega a
acadar os 28 metros de altura
Chega a acadar os 28 metros de altura.
A anchura dos piares é maior na parte
inferior é diminúe á medida que avanza en
altura, o que axuda a alixeirar o peso
Na parte superior do acueduto existe un canal en
forma de “U” por onde discorría a auga seguindo
unha pendente continua. Para cubrir a auga de
impureza e suciedade a canalización ía cuberta de
tellas.
O acueduto de Tarragona
•Outro acueduto é o de Tarragona, que xunto
ao de Segovia se atopa entre os mellor
conservados do mundo, e tamén o Acueduto
dos Miragres de Mérida (I d.C.), que era o mais
coñecido das tres conducións que fornecían de
auga a Emérita Augusta. A condución discorría
desde o Pantano de Proserpina ata a cidade.
Los Milagros de Mérida
Ponte de Alcantara: Foi construído en tempos
do emperador Traxano como parte dunha calzada
secundaria que partía da Vía da Prata en Cáceres
cara o oeste.
•Está formado por seis arcos de medio punto, os
dous do medio iguais entre síe maiores que os
outros que decrecen en tamaño cara os extremos
da ponte.
O material utilizado son perpiaños de
granito almofabados.
No centro da ponte erixiuse un Arco de
Triunfo ou de Traxano para conmemorar as
vitorias do emperador. Mide dez metros de
altura, sendo a única ponte romana que
dispón de este elemento. Carlos V ordenou
coroalo con almenas
Na cabeceira da ponte atopamos o Templo de
Lacer, onde está enterrado o arquitecto. Foi
cristianizado na Idade Media converténdose
encapela de San Xulián
Outros exemplo de obras de enxeñería en
Hispania serían as murallas de Lugo e calzadas
como a Vía Augusta e a Vía da Prata
Edificios para o lecer de masas.

Anfiteatros: Os de Mérida, Tarragona


ou Itálica están moi ben conservados.
Anfiteatro de Mérida
Teatros: O Teatro de Mérida é un dos
mellor conservados que existen. Construído
no ano 16 a. C., aínda que foi modificado
posteriormente, polo que podemos datalo
como de época imperial.
Emérita Augusta foi fundada polo emperador Augusto no ano 25 a. C., de esta
época consérvanse un gran conxunto de edificios para espectáculos: teatro,
anfiteatro e circo. O teatro segue o esquema do Teatro de Pompeio en Roma,
conta cunha cavea con capacidade para 5000 persoas, unha orchestra
semicircular e unha scena en moi bo estado tralas restauracións.
Nela aparecen dúas
ordes compostas con
columnas lisas e unha
estrutura de
entaboamentos curvos e
frontóns curvos partidos
típicos da arquitectura
helenística.
Nos intercolumnios situábanse estatuas de
deuses e retratos de emperadores divinizados (os
orixinais están no Museo Nacional de Arte
Romana).
No espazo central sitúabase unha estatua
sedente de Ceres e outros deuses
representados son Plutón e Proserpina,
sendo un programa iconográfico baseado no
mito da primavera e moi relacionado coa
produción agrícola.
Diosa Ceres,
estatua sedente
realizada en mármol
hacia el siglo I d.C.
Se encuentra en el
Museo Nacional de
Arte Romano de
Mérida
Detrás da escena, seguindo as indicacións do
libro de arquitectura de Vitrubio, había un gran
patio con soportais (hoxe só quedan restos das
columnas) provisto de urinarios públicos,
biblioteca, xardíns etc. que servía para que o
público puidera refuxiarse en caso de chuvia
O modelo de referencia é o teatro grego
(por exemplo Epidauro) Aínda que este
aproveita a ladeira para establecer as cáveas
e polo tanto non son exentas como no caso
romano.
Influirá na disposicións dos teatros dende
o Renacemento ata os nosos días.
Edificios relixiosos
•Templo de Diana en Mérida (Século I d.C.),
•O Templo de Vic (Século II d.C.), en
excelente estado de conservación xa que
permaneceu oculto baixo unha fortaleza
até 1882 en que foi descuberto e
desenterrado.
Templo de Vic
ARTES FIGURATIVAS
ESCULTURA
CARACTERÍSTICAS XERAIS.
O tema escultórico en Roma seguirá sendo o
Home, pero non baixo a idealización grega,
senón máis ben cun carácter realista
Isto concorda co interese romano por deixar
memoria dos seus feitos, do interese pola
Historia.
En xeral a escultura está subordinada á
arquitectura, pois moitas das obras foron
pensadas para ornamentar obras
arquitectónicas, como é o caso dos relevos
conmemorativos.
Subordinada a la arquitectura
A escultura romana recolleu a dobre
influencia da arte etrusca e da grega de
época helenística, que os romanos
adecuaron para crear unha arte orixinal e
ecléctica.
Características:

A austeridade e o sentido práctico


fíxolles preocuparse polos aspectos
utilitarios e funcionais da escultura
máis que pola beleza.
Os materiais máis utilizados foron
o mármore e o bronce.
Materiais: Mármore e bronce
Os romanos cultivaron
preferentemente o retrato. Podían ser
estatuas de corpo enteiro (de pé,
sedentes, ecuestres) ou só bustos. O
retrato estaba policromado
Retrato
Policromía
Trépano
Outra achega artística de Roma foi o
relevo histórico e narrativo, nacido da
fusión da tradición latina coa helenística.
Os relevos decoraban edificios (arcos de triunfo,
columnas conmemorativas, sarcófagos) narrando
os feitos importantes da Historia de Roma cunha

finalidade docente e propagandística. O


relevo romano destaca principalmente polo nivel
técnico alcanzado. Sorprende o seu detallismo.
Moitas veces busca os efectos de
perspectiva (profundidade), e concede
moita importancia á paisaxe e ao
pintoresco. Para lograr os efectos de
perspectiva gradúan o grosor das figuras en
función do plano que ocupen: as máis
próximas en altorrelevo e as afastadas e
mediorrelevo ou baixorelevo.
Tamén utiliza formas vexetais no
relevo para decoración de
monumentos: guirnaldas, bucráneos,
roleos, con algúns elementos como
animais ou pequenos amorcillos.
Bucráneos
A escultura, ademais de adornar
casas e lugares públicos, era un
instrumento ao servizo da política, de
propaganda, para mostrar o poder de
Roma e o prestixio dos emperadores e
a clase nobiliaria.
Propaganda
Moitos artistas eran gregos, emigrados a
Italia tras a conquista de Grecia por Roma, xa
que a práctica das artes era considerada
indigna para un cidadán romano. Aínda que
os artistas teñen carácter anónimo.
O artista en Roma é un simple funcionario
ao servizo da grandeza do Estado.
Tamén entón chegaron moitas obras de arte
gregas, produto do saqueo ou da compra, para
adornar as casas romanas.
Espertouse a paixón polo coleccionismo
privado e encargáronse copias das esculturas
máis famosas, especialmente de tema
mitolóxico. Moitos destes orixinais perdéronse
e hoxe coñecemos a escultura grega clásica a
través das copias romanas.
Artista: anónimo
O retrato.
Os romanos cultivaron o retrato polo seu afán
de pasar a posteridade.
Neste contexto o retrato romano entroncaría
coa tradición etrusca das “imagines maiorum”,
as máscaras de defuntos o que explica o
profundo realismo e verismo físico e xestual
presente nos retratos romanos
O xénero do retrato foi moi cultivado tanto na
época republicana como na imperial, tomando
como modelos tanto homes como mulleres. As
tipoloxías foron variadas, bustos, de medio corpo,
de corpo enteiro, de pé, sedentes, ecuestres...
A pesar da evolución que experimenta o
retrato ao longo do tempo hai unha serie de
trazos que tenden a perpetuarse:
O naturalismo leva ao escultor a imitar a
realidade o máximo posible, reflexando, fronte á
abstracción ideal da escultura grega, os trazos
individuais dos retratados.
Ademais do verismo físico o
artista romano tratará de
reflexar a psicoloxía e a
personalidade do personaxe,
ademais de certos aspectos
anecdóticos como o peiteado
ou o vestido de moda en cada
época.
Unha fermosa obra
conservada do período
republicano é o Busto de
Xunio Lucio Bruto, unha
cabeza de bronce colocada
sobre un busto renacentista e
datado na primeira metade do
s. III a C.
Nas obras de este período xa aparecen os
fortes caracteres romanos e que nunca
veremos nas obras helenísticas tales como a
dureza dos xestos e a expresión. Esta obra
representa a un patricio romano, identificado
como Xunio Bruto, quen no ano 509 a. C.
expulsou ao derradeiro rei de Roma, Tarquino
o Soberbio, para inaugurar así a república.
O realismo do rostro salta á vista. Non é un prototipo senón unha persoa en
particular con faccións identificables. Emprégase pasta vítrea no iris e marfil na
córnea. Tecnicamente estes retratos obtíñanse a partir dunha mascarilla de
xeso feita sobre o rostro. De aquí deriva o magnífico realismo do retrato, ao que
se engade a penetración psicolóxica. A influenza grega está no tratamento do
cabelo.
Durante o imperio o personaxe máis
retratado foi o Emperador e a familia
imperial: tódalas provincias querían ter unha
imaxe do seu gobernante para honralo.
O retrato imperial vai a funcionar, entón,
como un elemento de cohesión e
propaganda política ao servicio do Estado.
As imaxes do emperador serán retratos
oficiais, algo idealizados, ocultando, a
diferencia do verismo da época republicana,
posibles defectos físicos.
O emperador será representado de múltiples
formas: como sumo sacerdote, xeneral do
exércitos, cónsul e incluso como deus. Por outra
banda a imaxe dos membros da familia real
influirá, en cada momento, nas modas
dominantes (peiteado, vestimenta).
Augusto Pontífex Maximus
Coa chegada de Augusto ao poder e o consecuente
inicio da etapa imperial, imponse un novo criterio á
hora de plasmar a imaxe oficial gobernante.
Considérase necesario cambiar o tratamento
tradicional do retrato propio da época republicana:
imponse unha plástica máis clasicista e de tradición
grega, onde Augusto aparece sometido ao canon e
as proporcións clásicas, en composicións en
contraposto, co rostro idealizado.
Augusto de
Prima Porta
O Augusto de Prima Porta. Copia en
mármore dun orixinal en bronce, copia que
debeu ser realizada despois da morte e da
divinización de Augusto, seguramente por
encargo de Livia, a súa dona. Na man
dereita podería lucir unha coroa da vitoria
que lle amosaba as súas tropas.
Augusto de Prima
Porta
Esta estatua inaugura a tipoloxía de retrato
imperial de pé, converténdose nun prototipo
que proliferará en todo o imperio. Inspírase
claramente no Doríforo de Policleto, as súas
expresións son semellantes e ámbolos dous
apóianse na perna dereita e dobran a
esquerda (o contraposto).
Pero presenta algúns cambios para adaptarse a
función que viña a desempeñar: o emperador
aparece vestido xa que non se podía amosar espido
como un atleta, ademais a perna esquerda está algo
máis dobrada que na obra de Policleto, para axilizar
a composición, coa cabeza máis erguida e
lixeiramente xirada para mirar cara adiante ao lonxe,
dominando coa mirada o espazo fronte a el, tal e
como lle corresponde a súa maxestade.
Augusto aparece
representado como xeneral
vitorioso arengando ás tropas,
polo que estende o seu brazo
cara ó fronte. Viste túnica
corta e unha rica coiraza
decorada con relevos de
figuras mitolóxicas e alegorías
das provincias conquistadas.
A obra estaba pensada para ser
colocada contra a parede, polo que
todo o énfase se concentra no plano
frontal. Os lados están pouco
traballados e o dorso nin sequera está
rematado.
A estatua ecuestre do
emperador Marco Aurelio
A estatua ecuestre de Marco Aurelio (século II
d.C.) é un dos exemplares máis valiosos da
escultura romana por dous motivos: por ser unha
das escasas obras en bronce procedentes da
época imperial (os artistas inclináronse máis polo
traballo en mármore) e, principalmente por se-la
única mostra conservada de estatua ecuestre
romana.
A súa influencia no
Renacemento italiano foi
especialmente relevante.
Marco Aurelio aparece sobre
un cabalo en actitude de
revista militar, vestido cunha
túnica e un manto, estendendo
o brazo nun saúdo ao exército.
Curiosamente e a pesar de que o retrato
ecuestre é o que mellor serve á propaganda
militar, o emperador foi un auténtico filósofo
pacifista e antimilitarista, cría máis na razón que
na forza bruta, a pesar de que tivo que intervir en
múltiples guerras.
Aparece case como un filósofo, sen os atributos
militares, sen coiraza, coa toga característica
daqueles.
Por outra banda a obra é un
magnifico exemplo de penetración
psicolóxica. Presenta un rostro
sereno, en parte idealizado, todo
mesura e sabedoría, dirixindo ao
cabalo cunha actitude firme pero
non violenta.
A composición
equilibrada reforza esa
impresión. A posición de
Marco Aurelio é tamén
estable, aumentando a
sensación de equilibrio.
A partir do século III coa crise
económica e política, a escultura vaise
simplificando, perdendo o seu
naturalismo, anticipando o mundo máis
abstracto e irreal da plástica bizantina.
O Coloso de Constantino
eran unha enorme
estatua sedente que
presidía a absida da
basílica de Maxencio en
Roma.
Conservamos a cabeza, unha man, un pé e
algunha outra parte do corpo. En calquera caso
podemos observar con estes fragmentos a
evolución final da estatuaria romana. Agora o que
interesa é representar a imaxe simbólica do poder,
máis que ofrecer un retrato realista e
individualizado do emperador.
O cristianismo, trala promulgación do Edicto de
Milán por Constantino e que significou o
recoñecemento definitivo desta relixión, engade
unha certa sacralización da figura do gobernante.
Constantino aparece serio, inaccesible, hierático e
deshumanizado.
O relevo histórico

A diferencia do relevo grego, o


romano vai representar,
fundamentalmente, episodios de
carácter histórico, basicamente
relacionado con feitos heroicos.
Neste contexto aparecerán asociados aos
monumentos conmemorativos e terán un
marcado sentido narrativo xa que contan as
fazañas protagonizadas polos seus
promotores. Por outra banda destaca na
súa execución o elevado nivel técnico que
acadaron
Algunhas das características que
podemos destacar no relevo son:
­Detallismo e precisión do modelado.
­Perfecto realismo.
­Capacidade perspectiva, aproveitando o diferente
vulto das figuras (segundo se coloquen el alto,
medio ou baixo relevo) para crear profundidade.
­Ritmo compositivo moi dinámico, variando ata o
infinito as posturas, xestos e actitudes dos
personaxes.
Ara Pacis

O Ara pacis, o altar da paz, construíse a


proposta do Senado para conmemora-la
victoriosa volta de Augusto despois de
pacificar Hispania e a Galia. Nas dúas
procesións laterais represéntase,
precisamente, a inauguración do altar.
Ara Pacis
Era habitual, sobre todo en época de Augusto que
os romanos expresasen as súas crenzas e ideas
baseándose nos modelos estéticos gregos; aínda
que as reiteradas alusións políticas do Ara Pacis
son algo enteiramente xenuíno. Tampouco
coincide coa estética grega a articulación dos
temas entre motivos figurativos e ornamentais.
Pola grave solemnidade e a severa dignidade dos
participantes na procesión, os corpos que se
albiscan baixo os vestidos e o logrado sentido do
avance rítmico dos personaxes, este friso
constitúe a réplica romana do friso das
Panateneas.
Pero diferenciándose co que ocorre no Partenón,
en que os individuos non se poden identificar nin
se pode precisa-lo seu tempo histórico, no Ara
Pacis labráronse retratos recoñecibles e a mesma
procesión se pode datar con total exactitude. Será
este unha mostra da singularidade da arte
romana, distinta da grega, esa vontade histórica
ao servicio do glorificación dos seu presente e do
seu pasado.
É un relevo plano, sinxelo, con dous ou tres planos
superpostos para crear a ilusión de profundidade. Con
este mesmo obxectivo, o escultor xoga coa distinta
profundidade do vulto, as figuras do primeiro plano
tállanse en altorrelevo, mentres que as do segundo e
terceiro plano realízanse en baixorrelevo; as escenas
aparecen nítidas nos primeiros planos e difuminadas e
borrosas á medida que nos alonxamos.
As personaxes desfilan cunha grande
solemnidade, pero isto non impide que
aparezan detalles anecdóticos. As actitudes
están individualizadas, con distintos xestos
e posicións o que crea un ritmo moi
dinámico a pesar do abigarrado número de
personaxes.
O altar esta erguido sobre un podio,
a el accédese por unha rampla
graduada. O altar propiamente dito
está rodeado dun muro decorado, na
parte exterior e interior por relevos
. Nos frisos externos vemos dous rexistros.
O inferior con roleos vexetais e o superior
co desfile procesional. Ámbolos dous están
separados cunha greca intermedia. Hai
catro relevos alegóricos flanqueando as
portas de acceso. No interior hai un friso de
bucránios e guirnaldas.
Arco de Tito
Arco de Triunfo de Tito

No interior, baixo á bóveda de canón


dispóñense dúas escenas. Nunha escena
represéntase o desfile triunfal do
emperador, no seu carro coroado pola
Vitoria
En fronte aparece o desfile dos soldados
que levan os trofeos obtidos trala toma de
Xerusalén, como o candelabro de sete
brazos.
Son relevos moi realistas, cun gran sentido do
movemento e un perfecto dominio da perspectiva,
con planos escalonados e de diferentes
centímetros de grosor, que aumentan a sensación
de profundidade. Serven, como o propio arco ao
que lle proporcionan información narrativa, para
conmemorar o aplastamento da sublevación dos
xudeus contra Roma do ano 70 a.C.
Columna Traxana
A columna Traxana é unha
construción conmemorativa. Foi
construída a principios do século II d.C.
Está feita en mármore e levántase
sobre un pedestal cuadrangular.
Ten unha estrutura cilíndrica, cun fuste de
29 metros de altura e un capitel dórico.
Apoiase nun pedestal cuadrangular.
Actualmente está coroada por unha columna
de San Pedro, pero orixinariamente estivo
coroada por unha estatua de bronce de
Traxano.
Conmemora a vitoria do emperador
Traxano sobre os dacios. No fuste hai 200
metros de relevos esculpidos, dispostos
helicoidalmente. Represéntase de forma
cronolóxica, en sentido ascendente
momentos importantes das principais
batallas e momentos de importancia
política.
A altura das franxas vai
aumentando a medida que
ascenden pola columna, buscando
que desde abaixo parezan
homoxéneas.
Ao longo de 155 escenas Traxano aparece
59 veces. Represéntase de forma realista,
non divinizado. En cambio, a representación
do espazo non é naturalista, prestando
pouca atención á perspectiva.
Na parte inferior da columna hai unha
pequena cela onde se gardaron nunha urna
as cinzas de Traxano.
A PINTURA E O MOSAICO

A pintura romana foi froito da


combinación da tradición grega co sentido
práctico do pobo latino. Á admiración polas
obras de pintores helenos sumouse a
intención de decora-los interiores das
vivendas.
Na actualidade consérvanse algúns
exemplos de pintura romana de
cabalete (realizada sobre madeira e ao
temple ou á cera encáustica) e unha
maior cantidade de pintura mural.
A técnica da pintura mural era o fresco,
adoitaba consistir na aplicación de tres
capas sucesivas de cal e area na parede,
seguidas doutras tres mans de cal
mesturado con mármore pulverizado. Unha
vez seca a preparación pulíase a superficie
e humedecíase lixeiramente o muro para
aplicar as cores.
Habitualmente se pintaba de arriba cara
abaixo, dividindo o muro entres partes (friso
superior, corpo central e zócalo baixo),
separados por bandas.
A temática era moi variada, abundaban os
asuntos mitolóxicos, históricos, bodegóns,
paisaxes, retratos...
A meirande parte da pintura mural
estudiada e coñecida, procede de
Pompeia e Herculano, as dúas cidades
sepultadas pola erupción do Vesubio o
ano 79 d. C.
O antecedente do mosaico atópase
en Grecia, onde no século III a. C. xa
se adornaban chans e paredes con
mosaicos. A técnica introduciuse en
Roma gracias aos gregos, pero ata a
época imperial os artistas romanos non
se dedicaron a ela.
O mosaico está composto por infinidade de
pequenas pezas de barro cocido, vidro ou
pezas chamadas teselas, como se fose un
inmenso puzzle.
As teselas colocábanse sobre un leito de
morteiro fino líquido. Cando a capa secaba,
enchíanse os instersticios cun morteiro
líquido. Facíanse en branco e negro e tamén
en diferentes cores.
Polo xeral estaban enmarcadas por
cenefas xeométricas. Os temas eran
moi variados, mitoloxía, Historia... O
mosaico romano influirá notablemente
no desenvolvemento do paleocristiá e
no bizantino

También podría gustarte