Documentos de Académico
Documentos de Profesional
Documentos de Cultura
El presente justificante tiene validez a efectos de presentación de la documentación en este Registro Electrónico y no prejuzga la admisión del escrito
para su tramitación. La fecha y hora de este Registro Electrónico es la de la Sede electrónica del Punto de Acceso General
(https://sede.administracion.gob.es/). El inicio del cómputo de los plazos que hayan de cumplir las Administraciones Públicas vendrá determinado por
la fecha y hora de presentación en el registro electrónico de cada Administración u organismo.
PRIMEIRO. Que temos coñecemento e queixas do persoal pola escaseza no reparto de EPIs necesarios na situación actual de
pandemia da Covid-19, en concreto, de máscaras FPP2.
SEGUNDO. Que na actualidade o uso de máscaras por parte do persoal municipal é obrigatorio segundo a lexislación existente e tal
e como lembrou o concelleiro de Persoal, Diego Fernández, na circular do 4 de febreiro de 2021 na que comunica expresamente que
todos os empregados e empregadas municipais teñen a obrigatoriedade de utilizar a máscara en todo momento, tanto na vía pública
como nos espazos ao aire libre e en espazos pechados para uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a
distancia de seguridade.
TERCEIRO. Que o plan de continxencia do Concello de Betanzos, do 20 de abril de 2020, que segue vixente aínda que precisa unha
urxente actualización indica expresamente que se lle deberá facilitar ao persoal máscaras FPP2 como EPI laboral.
CUARTO. Que na actualidade o Concello non dispón de ningún sistema de reparto periódico de máscaras entre os distintos
departamentos e o reparto destes EPIs é moi desigual en función dos distintos departamentos municipais e redunda en
discriminacións entre os traballadores e traballadoras.
QUINTO. O Concello debe faciliarlle as máscaras ao persoal coa periodicidade necesaria para que poidan facer uso desta durante o
tempo estipulado para este tipo de máscaras e isto supón que debe ter prevista a súa reposición, posto que é algo previsible e unha
necesidade que se pode e se debe anticipar.
SEXTO. O Concello, así mesmo, e no caso de que decida non realizar un reparto periódico deste material imprescindible para o
traballo na actualidade debe informar á totalidade do persoal mediante unha circular ou calquera medio alternativo de información do
lugar onde o persoal municipal pode recoller periodicamente as máscaras para a súa protección.
Página 1 de 2
Solicita:
PRIMEIRO. Que o Concello de Betanzos cumpra a lexislación en materia de prevención de riscos laborais e o seu propio Plan
de continxencia da Covid-19 co reparto do material de prevención necesario na totalidade dos departamentos municipais.
SEGUNDO. Que o Concello informe claramente á totalidade do persoal sobre cal é o sistema para acceder ás máscaras
precisas como EPIS na situación de pandemia, ben mediante o reparto periódico ou ben mediante a recollida no lugar que
decida e que posibilite que a totalidade do persoal teña acceso e coñecemento sobre o acceso a este material que na
actualidade non se está a facilitar nin coa cantidade nin coa periodicidade necesaria, tendo en conta a vida útil das máscaras, á
totalidade do persoal municipal.
Documentos anexados:
En la pestaña Búsqueda de registros de rec.redsara.es, podrá consultar el estado de la presentación de este registro
Página 2 de 2