Está en la página 1de 8

LINGUA GALEGA

Analiza as seguintes formas verbais:

 marcharei
 temo
 marchasen
 cantabas
 cantariamos
 produzan
 comerdes
 conduciu
 falaren
 comestes
 rexeitara
 falades
 bebésedes
 distribúes
 pediría
 amei
 mida
 temes
 partía
 pido
 pararades
Poñer estas frases en presente
 As túas declaracións non contribuíron a aclarar o crime.

 Permanecín todo o ano atento ás evolucións da bolsa.

 Este ano distribuín eu os regalos entre os cativos.

 Non coñecín os teus amigos alemáns.

 Reproducín algúns cadros dese pintor tan nomeado.

 Moito temestes a miña reacción.

 Esta semana concluíron as obras do garaxe.

 Conducín con moito tino por mor da neve.

 Todas as noites metestes as ovellas na corte.

 Os paxaros coméronme case todo o millo da veiga.

 Ese lobo non trabou a ninguén.

 Segundo as premisas, deduciu a conclusión.

 Cando o collín coa man, escaldoume.

 Colliches o coitelo e cortaches o touciño.

 Posuíron as mellores motos do barrio.


 Amontoei os libros sen os colocar.

 Cambiaron o armario de cuarto.

 Afiaron as fouces antes de comezaren a seitura.

 Obedecín todas as túas ordes.

 Non os destituíron polos nosos asuntos.

Poñer en pasado as seguintes frases


 Iso produce uns efectos nefastos.

 Seica comes demasiado caldo.

 Andas un pouco acatarrado estes días.

 Estes coches non reducen ben nas baixadas.

 Andades algo desviados, fóra do asunto.

 Introducimos unha nova variante?

 Canto me río cos teus contos!

 Xamais leo os libros que escribes.

 Perdoa, mais non che creo esas historias.

 Sempre pedides cousas imposíbeis.


Poñer as frases seguintes en presente
 A avoa sentiu moito as túas desgrazas.

 A literatura galega rexurdiu no século XIX.

 Eses pillabáns mentíronche descaradamente.

 Buliches moito facendo os exercicios.

 Feriron as perdices, mais non as colleron.

 Axiña subiches as escadas ata o 3º andar.

 Os cans fuxiron co rabo entre as pernas.

 Agora servíchesme con moito agarimo.

 Acudiron alí como as moscas ao mel.

 Advertíronme das dificultades do proxecto

 Durmín moi a gusto escoitando caer a choiva.

 Xa sei que tusiches para demostrar o teu desgusto.

 Seguiches a cantar as mesmas cantigas.

 Encubriron moi ben os feitos.

 Mediu mal as distancias.


 Os veciños non consentiron tales cousas.

 A Amantia luciu un precioso pano bordado.

 Nada conseguiron con eses argumentos.

 Moito lle fundiu no traballo.

 Perseguiches os mesmos obxectivos ca min.

Cambiar as frases para a persoa indicada


 Non damos rematado a tarefa a tempo. (el...)

 Facemos demasiadas cousas a un tempo. (ti...)

 Non cabemos dentro dos seus esquemas organizativos. (eu...)

 Sempre facedes as mesmas falcatruadas. (el...)

 Estamos cansos de te aturar, meu vello! (eu...)

 Dicimos sempre o que pensamos. (el...)

 Non somos quen de resistirmos os seus ataques. (ti...)

 Non sabes qué facer con tantos cartos. (eu...)

 Sodes do máis esperto. (eu...)


 Non valen para afrontaren estas responsabilidades. (eu...)

 Valedes máis do que pensades. (el...)

 Traemos os repostos para a máquina. (eu...)

 Con estes anteollos vemos de marabilla. (eu...)

 Traedes todo o pedido? (ti...)

 Imos ver como anda o tempo. (el...)

 Viñemos con este novo grupo pop. (eu...)

 Vimos un espectáculo de maxia singular. (eu...)

 Destes moito que falar aquel verán. (eu...)

 Demos en chorar como nunca se vira. (el...)

 Viñeron con moita présa. (el...)

Cambiar os copretéritos para pretéritos


 Eu non podía con aquel saco de cemento.

 Cando ela quería, puña unha cara de defunto estarrecedora.

 Daquela nunca diciades unha verdade.


 Segundo ti, eu era o que mellores notas levaba.

 Como non lle cabía todo na botella, bebeu o sobrante.

 Como non podiades conseguilo, non vos interesaba.

 Como iamos de vagar, non nos molestaba a xeada.

 Cando a situación se recompuña, houbo unha nova crise mundial.

 Cando me contradicían, saltábanme os nervios.

 Non sabía eu o que pasaría de alí en diante.

 Ías ao traballo cando te avisei da folga.

 Mentres traïamos os tixolos, eles ían facendo a masa.

 Viña eu tan despistado, que batín de fociños cun semáforo.

 En 1963 Alba tiña unha casiña na Lanzada.

 Como non conviñamos nada, disolveuse a xuntanza.

Cambiar os futuros para presente de indicativo


 Logo virei polos resultados.

 Non caberá todo dentro da caixa.

 Xa dará o Paio o sinal acordado.


 Dirano todo, sen ocultaren nada.

 Farás unha ponte para acurtar o camiño.

 Estes farán sempre as cousas ao revés.

 Non terei máis remedio que esquecelo.

 Saberán moito, mais non o demostran.

 Irei en avión que é moito máis rápido.

 Proporemos que renuncie a directiva actual.

También podría gustarte