Está en la página 1de 18

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

1851-1908
Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova, no 1851
• A súa casa natal é hoxe unha casa
museu. Nesta mesma rúa naceu
Celso Emilio Ferreiro.

•Pertencía a unha familia numerosa


cuxo pai, un notario de avanzada
idade, era autoritario e
intransixente.
A nai do poeta era de Vilanova dos Infantes
Nesta vila medieval sitúase o santuario da Virxe do Cristal
•Segundo conta a lenda, a Virxe do Cristal tería caído cun raio
do ceu para demostrar a pureza dunha rapaza. Esta lenda
serve de base á coñecida obra de Curros: A Virxe do Cristal.
•Aos 15 anos escapou da casa para fuxir da tiranía do pai.
•Tras vagabundear por Ourense, onde un amigo que estudaba
no seminario lle fornecía alimentos, foise para Madrid.
•En Madrid foi protexido por un ourensán, grazas ao que puido
estudar o bacharelato e iniciar a carreira de dereito, que deixaría
sen concluír para se dedicar ao xornalismo.
•Cando era estudante estaba preparando un exame e ao escoitar
ao compañeiro de cuarto tocar unha melodía na guitarra, escribiu
na marxe dun libro o seu primeiro poema en galego, titulado
“Cántiga”.
En pouco tempo converteuse no poema máis popular do folclore
galego.

http://www.youtube.com/watch?v=h5Nevd_hq-g
•En 1877 presentouse a un concurso literario en Ourense, para o
que escribiu tres poemas en galego:
“Unha voda en Einibó”, “O gaiteiro de Penalta” e “A Virxe do
Cristal”
•Gañou o certame e con el un posto na delegación de facenda,
polo que se trasladou para Ourense coa familia.
•En Ourense escribiu a súa obra en galego máis importante
Aires da miña terra

•Trala publicación en 1880 de Aires da Miña Terra, comeza


na vida de Curros unha intensa loita coa xustiza. O bispo
Cesáreo Rodríguez denúnciao por ataques á relixión
católica, solicitando o secuestro do libro. Foi condenado a 2
anos de cárcere e a unha multa de 250 pesetas.

• En 1881, Curros sae absolto da Audiencia Territorial da


Coruña, pero perde o posto de traballo en Ourense e volve
para
Madrid.
Praza dedicada ao bispo que
denunciou a Curros
•A raíz do proceso civil que sucedeu á publicación de Aires…
Radicalízase o seu anticlericalismo, que será clave na seguinte
Obra en galego O divino sainete, pola que foi excomungado.
•As contrariedades vividas fixeron que se acedase o seu carácter,
O que lle acarrexou disputas e enfrontamentos cos que o rodeaban.
•En 1894 decide mudar de aires e embarca só para a Habana.
•Na Habana arrecadou fondos entre os emigrantes galegos para
Crear a Real Academia Galega, que foi fundada na casa de Emilia
Pardo Bazán, na Coruña, en 1906, tendo como primeiro presidente
A Murguía.

•Casa de Emilia Pardo Bazán,


Coa que Curros estivo
Enfrontado, tras as críticas da
Autora a outras escritoras
Galegas como Rosalía e
Concepción Arenal.
•En 1908 morre en Cuba, no hospital do Centro Asturiano, tras
Negarse a ingresar no hospital do Centro Galego, porque
Estaba rifado cos emigrantes galegos, aos que consideraba
Uns interesados e egoístas que chegaban a explotar aos seus propios
Compatriotas.

•O seu cadáver chega tres semanas máis tarde ao porto


da Coruña, onde recibirá unha gran homenaxe. O seu
corpo é exposto no concello, mentres ten lugar unha
velada fúnebre no teatro. Ao día seguinte o cortexo,
acompañado por uns corenta mil cidadáns, conduce os
seus restos ata o cemiterio de San Amaro, onde
repousan.
A Real Academia Galega
reclamou o seu cadáver e
celebrou o funeral na
Igrexa de San Xurxo da
Coruña (Praza de María
Pita)
Tras as xornadas de recepción e
velada do cadáver, o xoves 2 de
abril de 1908 celébrase no cemiterio
coruñés de San Amaro o
multitudinario enterro de Curros. O
cadaleito chega á necrópole ás seis
e media da tarde, coas forzas da
cabalaría da Garda Civil coidando de
deixar libre o paso. En medio da
gran manifestación, o celanovés
recibe sepultura no nicho 92 do
terceiro departamento. O
camposanto no que descansa o vate
construírase a principios do século
XIX no camiño cara a Torre de
Hércules.
•En 1934 inaugurouse na Coruña un monumento na honra de Curros
Enríquez. A obra, concibida como un barco, foi realizada por Asorey tras
gañar o concurso de proxectos convocado pola RAG en 1927. O escultor
introduciu no conxunto unha marca de identidade galega, convertendo ao
poeta nun gran heroe, cunha capa e cunha lira, rodeado por traballadores
e con Galicia triunfante. Na parte posterior, unhas plantas ocupan o oco no
que se ía situar o sepulcro do vate.

También podría gustarte