Está en la página 1de 1

HORA DE LER

Establécese unha sesión semanal dedicada á lectura silenciosa en todas as


materias, segundo o cadro horario que figura exposto nas aulas.

Os textos empregados polo alumnado na Hora de ler serán elixidos libremente


entre os fondos existentes na biblioteca ou achegados polos alumnos/as. O
profesorado tamén poderá dedicar este tempo á lectura.

Durante este tempo non poderán facerse deberes nin outra cousa distinta á
actividade de lectura libre e silenciosa.

Se por calquera circunstancia fora imposible facer unha sesión do tempo de


lectura, deberase cambiar por outro día dentro do horario da mesma área.

Haberá unha biblioteca da aula na que se depositarán os libros elixidos polo


alumnado para a Hora de ler.

Os libros pediranse en préstamo durante os recreos na biblioteca do centro, ou


entre os que conforman a biblioteca da aula.

Os libros da biblioteca da aula poden ser levados para casa durante a fin de
semana ou nas vacacións, se así o desexa o alumnado; pero todos terán que ter
sempre un libro na biblioteca de aula.

O profesorado coidará de que os libros queden colocados no lugar asignado para


tal fin.

Cando a lectura corresponda a unha materia con aula específica, os alumnos/as


terán que encargarse de levar o seu libro e devolvelo á aula de referencia.

En cada aula hai un rexistro de libros lidos, que os alumnos/as deben


cumprimentar cada vez que cambian ou rematan unha lectura. Será recollido
polo profesorado para entregar ao equipo de biblioteca.

Os alumnos e alumnas farán un comentario da lectura na Aula Virtual


(departamento de biblioteca), de entre estes comentarios escolleranse os que se
amosarán no blog da biblioteca.

Esta actividade está suxeita ás normas de disciplina do centro; polo tanto,


calquera falta durante o seu desenvolvemento poderá ser sancionada.

También podría gustarte