Está en la página 1de 3

Investigación FILOSOFÍA 1º BAC, 1ª avaliación

IES Menéndez Pidal, 2022-23

POSIBLES PROPOSTAS PARA OS TRABALLOS:


(Tema: Natureza e Cultura no Ser Humano)

Temas de investigación ou monográficos:


- Proxecto Xenoma Humano
- Mulleres primatólogas: Jane Goodall, Dian Fossey, Biruté
Galdikas... a galega Rebeca Atencia
- Achádegos prehistóricos Atapuerca (Burgos). Cova de Eirós (Lugo)
- Diversidade cultural: Da segregación ao multiculturalismo. Proxecto Antirumores.

Lecturas:
- ARSUAGA, J.L. Al otro lado de la niebla, ed. Suma, Madrid, 2005
- MIGUEL ÁNGEL DELGADO, Las calculadoras de estrellas, 2016. Ed. Destino
- CHEVALIER, T., Las huellas de la vida, ed. Lumen, 2010.
- GIBBONS, A., Charles Darwin, ed. Baía, 2009
- KELLY, J., La evolución de Calpurnia Tate, 2009
- DARWIN, C., El origen de las especies, ed. Herder [manga de Dokuha]
- MEG-JOHN BARKER y JULIA sCHEELE: QEER, una historia gráfica (Construcción da
identidade)
- MARVIN HARRIS,Vacas, cerdos y brujas (Cap “Vacas”). Alianza Editorial

Audiovisual:
- El pequeño salvaje, François Truffaut
- Blade Runner, 2049, Denis Villeneuve, 2019
- Figuras ocultas, Theodore Melfi, 2016.
- La duda de Darwin (creation), 2009
- En busca del fuego, Jean-Jacques Annaud, 1981.
- Gorilas en la niebla, Michael Apted, 1988.
- Los dientes del diablo, Nicolas Ray. 1960 (A vida en soedade dun home esquimó)

DOCUMENTAIS:
- La odisea de la especie, 1989. Documental con ficción, en 3 partes
- Cosmos episodio II: Una voz en la fuga cósmica, Carl Sagan, 1980.
- Richard Dawkins, Por qué estamos aqui? (3 Partes)

FOTOGRAFÍA X OLIMPIADA FILOSÓFICA DE GALICIA. “Fronteiras e Xustiza global”


BASES NO ENLACE EN WEB DA X OFG

DATA LÍMITE ENTREGA:


1º BAC B e C (SÁBADO, 26 novembro 2022)
1º BAC A (DOMINGO, 27 de novembro 2022)
Traballo individual. No caso de repetir tema, haberá que acordalo coa profesora
e entre o alumnado implicado.
Pode suxerirse algún outro tema, lectura ou filme, pero en calquera caso terá que
ser consultado.
PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO É OBRIGATORIO SEGUIR O
FORMATO PROPOSTO.
En cada unha das tres avaliacións realizarase un traballo de cada un dos tipos
(monográfico, lecturas ou audiovisual/fotografía).

RECOMENDACIÓNS PARA TRABALLOS DE FILOSOFÍA (1º bac):

GUIÓN TRABALLOS sobre os temas monográficos:

Portada
Guión ou índice
1. Introdución.
2. Corpo central… (o máis extenso; podes dividilo en varias partes; libre, coas variantes que se queira).
3. Algunhas reflexións filosóficas suscitadas polo tema (comparar con teses de varios autores, valorar a
importancia na actualidade ou nalgún momento da Historia...).
4. Conclusión (valoración persoal do tema elixido e da investigación realizada).
5. Bibliografía ou listado de recursos utilizados para a elaboración do traballo.

GUIÓN TRABALLOS sobre libros:


Portada
Guión ou índice
1. Breve información sobre o autor ou autora.
2. Resumo do libro, con palabras propias.
3. Propoñer un título distinto para o libro.
4. Selección de 7 citas (=textos de entre 3-10 liñas, cada un) de todo o libro (debe indicarse de que capítulo e
páxina se extrae cada unha) e comentario sobre tres das citas seleccionadas.
5. Algunhas reflexións filosóficas suscitadas polo libro (comparar con teses de varios autores, valorar a
importancia na actualidade ou nalgún momento da Historia...).
6. Descrición do personaxe que che pareza máis interesante.
7. Comentario persoal libre sobre o libro.
8. Bibliografía e recursos empregados.

GUIÓN TRABALLOS sobre películas ou documentais:


Portada
Guión ou índice
1. Ficha técnica da película (datos básicos: director/a, duración, actores principais, etc.).
2. Resumo persoal do argumento da película.
3. Propoñer un título distinto para a película.
4. Selección e comentario de dúas ou tres escenas que che gustaran ou impresionaran.
5. Análise do personaxe que máis che gustou.
6. Algunhas reflexións filosóficas suscitadas pola película ou documental (comparar con teses de
varios autores, valorar a importancia na actualidade ou nalgún momento da Historia...).
7. Información adicional.
8.Valoración persoal.
9. Bibliografía e recursos empregados.

GUIÓN TRABALLOS sobre fotos

- FOTO con pregunta filosófica rotulada


- FORMATO JPEG / DIMENSIÓNS A3 / FRASE INSERIDA NA FOTOGRAFÍA/NON
DEBE SUPERAR O TAMAÑO 1MB.
- Presentación soporte explicativo de exposición oral
1. Ficha técnica (datos básicos: localización, contexto, necesidades de producción,
persoaxes se houbera, equipo técnico, hora, etc.).
2. Resumo persoal da idea que se quere transmitir.
3. Explicación da pregunta que acompaña. Intencionalidade
4. Algunhas reflexións filosóficas respecto á temática, na acepción que se quixo
incidir. Marco xeral do tema proposto (comparar con teses de varios autores, valorar a
importancia na actualidade ou nalgún momento da Historia...).
5. Información adicional.

FORMATO DOS TRABALLOS, A ELEXIR:

○ Tipo presentación (power point)


- Extensión: en torno 15 diapositivas
- Recomendacións:
- poñer ilustracións
- non demasiada letra nin moi pequena en cada diapositiva. O tamaño mínimo da
letra soe ser de 20.
- É moi importante o uso correcto das citas. Se se citan textos deben ir “entre aspas” ou cursiva
e mencionar de onde se sacaron.
- Debe procurarse diferenciar sempre a opinión ou contribucións propias da información
externa recollida.

○ En procesador de texto:
- Extensión: entre 5/ 8 folios.
- Recomendacións:
- Tamaño da letra 12 Times New Roman.
- Non esquezas numerar as follas (excepto a portada).
- É moi importante o uso correcto das citas. Se se citan textos deben ir “entre aspas” ou cursiva e
mencionar de onde se sacaron.
- Debe procurarse diferenciar sempre a opinión ou contribucións propias da información externa
recollida.

También podría gustarte