Está en la página 1de 6

Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

BLOQUE III: servizos educativos e culturais na calidade de vida das comunidades.


Identificación, concepto e tipoloxías.

OS CONCELLOS COMO PRESTADORES DE SERVIZOS

“Os municipios son identidades básicas da organización territorial do


estado e canles inmediatas de participación cidadá nos asuntos públicos
que institucionalizan e xestionan con autonomía os intereses propios das
correspondentes colectividades” (art. 1.1, LRBRL 7/1985).

“Os municipios, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas
competencias, pode promover actividades e prestar os servizos públicos
que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade
veciñal nos termos previstos neste artigo (Lei 27/2003, de 27 de decembro,
de racionalización e sostenibilidade da Administración Local, art. 25)”

ADMINISTRACIÓN
Xestiona TERRITORIO
LOCAL MUNICIPAL

PARTICIPACIÓN

CIDADÁNS

Aida Ramos 1
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

Administración local municipal:

- DIMENSIÓN POLÍTICA: burocracia administrativa, prazos electorais,


organigrama, intereses políticos...

- DIMENSIÓN SOCIAL: necesidades, demandas, participación...

O técnico está no medio, intentando conciliar a dimensión política coa social;


axustar os intereses políticos coas demandas e necesidades da sociedade. Que a sociedade
demande algo non significa que sexa realmente unha necesidade. P. Ej. Un barrio que
pide un centro sociocultural, cando teñen un no barrio do lado (a 5 min andando).

O técnico de educación/cultura por un lado depende da Administración e da


perspectiva política que proporciona os recursos e pautas a seguir; e por outro está a
presión da realidade social, da cidadanía. O ciclo electoral é un elemento condicionante,
ademais do orzamento, o cal non é imprescindible totalmente xa que hai programas que
prescinden de recursos humanos e apenas presuposto (recursos económicos). A estrutura
xerárquica dificulta a colaboración entre os profesionais.

Escenarios para a modernización da Administración Local: ¿en que poden (e deben)


mellorar os municipios? A administración local xa mellorau bastante, pero aínda seguen
habendo ámbitos nos que deben seguir mellorando e adaptándose ás novas necesidades.
Ideas clave:

- Estabilidade dos programas (independentemente de quen goberne).


- Orzamento estable.
- Rentabilizar equipamentos.
- Participación activa.
- Traballo en rede.

Aida Ramos 2
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

Relacións externas Canles de participación

PLANIFICACIÓN
ESTRATÉXICA: baseada no
modelo de territorio; mirada a
medio-longo prazo. Ter un horizonte,
saber cara onde camiñamos
POLÍTICAS POLÍTICAS DE
ORGANIZATIVAS: RELACIÓN CO CIDADÁN:
funcionamento interno do concello. corpo social
Máis coordinación.
POLÍTICAS DE PERSOAL:
contar cos recursos humanos
necesarios; formados profesional-
mente para desempeñar o posto.

Equipos interdisciplinares Estabilidade laboral


e de servizos

A rede de CSC de Santiago está moi sobredimensionada. Hai moitos centros que
se poderían pechar e reforzar outros que teñan una actividade e un programa máis potente.

Servizos educativos e culturais: lexislación e competencias municipais

1. ADMINISTRACIÓN LOCAL:
- Lei 7/1985, de 2 de abril, REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL: o
libro branco non se aprobou ata o ano 2004, porque non había acordo, e ata o ano
2013 non se aprobou a Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e
sostenibilidade da Administración local.
É unha lei economicista, na que, aproveitándose dun contexto de crise
económica, prima a rentabilidade económica antes que a cultural ou social.

o Foi unha actualización imprescindible, que quedou pronto desfasada.


o A filosofía do Preámbulo non ten tanta amplitude no articulado do texto
legal (municipio como eixe do sistema): o preámbulo é moi ambicioso,
pero non se ve realmente reflectido na lei.

Aida Ramos 3
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

o Non hai unha determinación taxativa das competencias municipais: non


queda claro cales son realmente as competencias.
o As competencias propias que cita o art. 25.2 recórtanse no art. 26.
o No campo socioeducativo a distribución de competencias faise por
distribución vertical (por materias) e non horizontal (por potestades).
o Necesidade de coordinación e planificación para evitar duplicidades e
deixación de funcións: non se formulan na lei os mecanismo de
coordinación.
o Os servizos mínimos exclúen todo o que ten que ven co campo
socioeducativo: servizos sociais, cultura, deportes, tempo libre, turismo e
educación (art. 28).

Foi moi necesaria polo contexto no que se formulaba, pero enseguida quedou
desfasada.

- LIBRO BRANCO PARA A REFORMA DO GOBERNO LOCAL EN ESPAÑA.


Orde APU/2648/2004, de 27 e xullo (BOE 4 de agosto de 2004).

- Lei 27/2013, de 27 de decembro, de RACIONALIZACIÓN E


SOSTENIBILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL:

POSITIVO NEGATIVO
- Refórzase a función de tutela das
- Intenta clarificar competencias.
Deputacións sobre os Concellos.
- Intenta evitar solapamentos
- Recentraliza competencias.
(elimina “actividades
- Prioriza os criterios económicos
complementarias”).
sobre os sociais.
- Intenta racionalizar o gasto
- Desmantélanse os servizos sociais
- Busca incrementar a eficacia
comunitarios.
económica na prestación de
servizos

Aida Ramos 4
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

Diferenzas entre as dúas leis:

Ata o 2013 pasou moito tempo para a creación dunha nova lei. Hai moitas
realidades e transformacións sociais que coa nova lei hai que regular.

Art. 25. 1: a lei do 213 tenta concretar máis as competencias que a lei do 85.

Art. 25.2: segue concretándose na lei do 2013 a execución da competencias propias.


Especifícanse moito máis as materias a tratar. Intentar acoutar e explicar as competencias.

En relación á educación, no ano 85 o concello participaba na programación


escolar; na lei de 2013 promociónase a educación e vixiar escolaridade obrigatoria, pero
se elimina a competencia de programar. Tamén se dividen os termos cultural e deportivo
e tamén introduce competencias novas como as TIC, sostibilidade, etc. Cambio brutal de
SS entre as dúas leis: na do 85 chamábase SS, e xa non era para todos, e para quen teñan
necesidades específicas, foi un atraso. Redúcese moito o campo de traballo.

Art. 25.3 e 25.4: os servizos públicos deben ser sostibles e dar unha productividade efectiva á
comunidade. A lei ten sesgo economicista total, esquecéndose un pouco da cohesión e xustiza
social en favor da rendibilidade económica.

Art. 26.1: na lei do 2013 incorpórase a idea de necesidade social e atención inmediata a persoas
en situación ou risco de exclusión.

Art. 26.2: hai competencias que se o municipio quere facer, ten que demostrar que será máis
rendible que o que fai a deputación.

Art. 27.3: competencias que a Administración pode delegar.

Na lei do 2013 desaparece o punto 28, que si aparece na lei do 85. A lei do 2013 está
presentada nunha perspectiva moi urbana, deixando o rural abandonado.

Aida Ramos 5
Servizos educativos e culturais na Educación Social Curso 2015/2016

Posibilidades de traballo educativo nos municipios: (competencias dos concellos)

- Creación, construción, conservación e mantemento dos centros públicos: os

Competencias técnicos do concello falan co arquitecto, diminuíndo as disfuncionalidades


sobre o (“catálogo dos horrores”).
mantemento,
- Necesidades de ampliación ou modificación da rede escolar:
construción,
cesión de solares - Creación de centros educativos de titularidade local: principalmente de infantil,
pero na década dos 90 tamén houbo de primarias.
- Harmonización da oferta de prazas da rede de centros.
- Comisións de escolarización.
- Control de axudas financiadas con fondos públicos.
Competencias
sobre o - Vixianza do cumprimento da escolaridade obrigatoria.
mantemento, - Participar na programación do ensino.
construción,
cesión de - Participación no consello escolar de centro.
- Consellos escolares municipais.
- Consulta/colaboración con federacións ou agrupacións representativas.
- Informe anual sobre o estado da educación no municipio.
- Servizos complementarios.
- Uso dos centros fóra do horario lectivo.
- Dobre uso instalacións deportivas.
- Convenios para educación infantil: os concellos teñen competencia para facer
centros educativos de titularidade municipal (especial na etapa 0-3 anos).
- Convenios para ensinanzas de réxime especial: ensinanzas artísticas (Escolas
Convenios de Municipais de Música, de Danza, de Teatro, de Música Tradicional...)
colaboración
en distintas - Colaborar en programas de garantía social: liñas de programas de apoio a rapaces
etapas do sta. que non rematan a ensinanza obrigatoria.
educativo
- Oferta de formación profesional.
- Educación permanente/adultos.
- Alumnos con NEE e de apoio.
- Colaborar na formación do profesorado.
- Delegación de competencias de xestión de servizos educativos nos municipios ou
agrupacións

Aida Ramos 6

También podría gustarte