Documentos de Académico
Documentos de Profesional
Documentos de Cultura
Aspectos Básicos Do Verso - Víctor Díaz
Aspectos Básicos Do Verso - Víctor Díaz
O primeiro de todo sería facer unha lectura lixeira, para enterarnos de que vai o texto. Feito
isto, procedemos a contar as sílabas de cada verso, así como determinar o seu tipo de rima e
organización. Cando analizamos a métrica temos que ter en conta tanto as sinalefas (ligazóns
entre dúas palabras coa vogal ou vogais finais dunha coa inicial doutra, que forman unha
única sílaba) así como a palabra final de cada verso, xa que se remata en aguda engadimos
unha sílaba á suma final e se é esdrúxula a restamos.
Despois, faremos outra lectura detectando os acentos en cada verso. E neste punto fica
escoller o acento (ou acentos) da palabra que máis sentido nos teña en cada verso, para
remarcala á hora de declamar.
Cando se recita, é importante non facer pausas entre versos, así como buscar organicidade, na
medida do que se poida.