Está en la página 1de 5

VALORACIÓN INICIAL NUNHA URXENCIA.

1. ANATOMÍA E FISIOLOXÍA.
A CONSCIENCIA.

A consciencia é o estado de coñecemento dun mesmo e do entorno pola que o individuo


realiza as súas funcións perceptivas, intelectuais, afectivas e motoras. Dende o punto de
vista neurolóxico a consciencia maniféstase na súa actuación mediante a actividade
cerebral e se considera coma un complexo de unidades de información que ten a súa base
material no cerebro.

No sistema nervioso central existen neuronas implicadas e mecanismos neurobiolóxicos


que se relacionan coa consciencia.

A ESCALA AVDN.

É unha ferramenta simple que pode usar tanto persoal sanitario como non sanitario para
facer unha estimación do nivel de consciencia dunha vítima, observando a resposta do
comportamento da persoa a diferentes estímulos.

- A: alerta.
- V: reacciona a estímulo verbal.
- D: reacciona a estímulo doloroso.
- N: non reacciona a estímulos.

Se a persoa está esperta e falando, categorízase como A, aínda que estea desorientada.

Se a persoa non está completamente esperta comprobar se responde á voz, por exemplo:
abrindo os ollos, falando ou movéndose. se o fai, é V (responde á voz).

Se a persoa non responde á voz, aplicar un estímulo doloroso como unha compresión de
trapecio ou pellizco e verificar unha resposta (apertura de ollos, xemido ou movemento), e
se hai unha resposta, clasifícase como D (responde a dor).

Os que non responden son N (non responde).

O APARATO CIRCULATORIO E A CIRCULACIÓN.

- O aparato circulatorio humano. É o encargado de distribuír o osíxeno e os


alimentos por todo o corpo, e de recoller o dióxido de carbono e os produtos de
excreción procedentes das células. Está formado por:
o Un líquido circulatorio denominado sangue.
o Unha bomba que impulsa o sangue denominada corazón.
o Uns condutos chamados vasos sanguíneos (arterias, venas e capilares) e
vasos linfáticos.

- O sangue. Está formado por un líquido denominado plasma sanguíneo e por varios
tipos de elementos celulares: glóbulos vermellos, brancos e plaquetas.
o Plasma. Formado basicamente por auga e por determinadas sustancias
disoltas (sales minerais, glucosa, lípidos e proteínas). O plasma sen
proteínas denomínase soro sanguíneo.
o Glóbulos vermellos ou eritrocitos. Son células sen núcleo e cheas de
hemoglobina, que é unha proteína capaz de captar e liberar o osíxeno.
o Glóbulos brancos ou leucocitos. Poden ter función fagocítica, de producir
anticorpos ou produtora de vaso dilatadores.
o Plaquetas. Son fragmentos de citoplasma que conteñen unha sustancia que
inicia a coagulación do sangue.

- Vasos sanguíneos.
o Arterias. Son os vasos que levan sangue dende o corazón a outras partes do
corpo. Son elásticas grazas a ter unha grosa capa muscular intermedia.
Todas elas, menos a arteria pulmonar, levan sangue rica en osíxeno.
o Venas. Son os vasos que levan sangue cara o corazón. Son moi pouco
elásticas. Por iso precisan ter unhas válvulas internas para evitar o regreso
do sangue. Todas elas, menos a vena pulmonar, conducen sangue pobre en
osíxeno.
o Capilares sanguíneos. Son uns vasos extremadamente delgados, orixinados
polas sucesivas ramificacións de arterias e venas, que unen o final das
arterias co principio das venas. As paredes son tan delgadas que permiten
o intercambio de gases nos pulmóns, a entrada de nutrientes no intestino e
a saída dos produtos de excreción nos riles.

- O aparato circulatorio. Conxunto de todos os vasos sanguíneos constitúen un


aparato circulatorio dobre.

O APARATO RESPIRATORIO.

Proporciona o osíxeno necesario que o corpo necesita e elimina o dióxido de carbono que
se produce en todas as células.

A respiración é un proceso involuntario e automático, no que se extrae o osíxeno do aire


inspirado e se expulsan os gases co aire expirado.

O aire inhálase polo nariz, onde quence e humedece. Despois o aire pasa á farinxe, sigue
pola larinxe e penetra na tráquea. Á metade da altura do peito, a tráquea divídese en dous
bronquios que se dividen de novo, unha e outra vez, en bronquios secundarios, terciarios
e, finalmente nuns 250000 bronquiolos.

Ao final dos bronquiolos agrúpanse en racimos de alvéolos, pequenos sacos de aire, onde
se realiza o intercambio de gases co sangue.

Os pulmóns son dúas masas esponxosas, situadas no tórax a ambos lados do corazón, o
dereito ten tres partes ou lóbulos; o esquerdo ten dúas partes.

A respiración consiste en tomar osíxeno do aire e desprender o dióxido de carbono que se


produce nas células.

Ten tres fases:

- Intercambio nos pulmóns.


- Transporte de gases.
- Respiración nas células e tecidos.

O aire entra nos pulmóns e sae deles mediante os movementos respiratorios que son dous:

- Inspiración: o aire penetra nos pulmóns porque estes hinchan e aumentan o


volume da caixa torácica.
- Expiración: o aire é botado ao exterior xa que os pulmóns se comprimen ao
diminuír de tamaño a caixa torácica, pois o diafragma e costelas volven a súa
posición normal.

Cando o aire chega aos alvéolos, parte do osíxeno que leva atravesa as finísimas paredes e
pasa aos glóbulos vermellos do sangue. E o dióxido de carbono que traía o sangue pasa ao
aire. Así o sangue enriquécese en osíxeno e empobrece en dióxido de carbono.

2. SIGNOS VITAIS.
Son medicións das funcións máis básicas do corpo. Son indicadores fiables do estado de
saúde e modifícanse rápido cando unha persoa mellora ou empeora. Os 3 principais son:

- A temperatura corporal.
- A frecuencia respiratoria.
- O pulso.

Son útiles para detectar ou monitorizar problemas de saúde. Pódense medir nun hospital,
na casa, durante unha emerxencia médica ou en calquera outro lugar.

TEMPERATURA CORPORAL.

A temperatura normal do corpo varía segundo o sexo, a actividade recente, o consumo de


alimentos e líquidos, a hora do día, e nas mulleres, a etapa do ciclo menstrual.

A temperatura corporal normal pode variar entre 36ºC e 37.5ºC nun adulto san. Cando é
anormal pode producirse pola febre ou pola hipotermia. Enténdese como febre cando a
temperatura corporal se eleva sobre 38ºC.

Tanto nas persoas maiores coma nos nenos/as, é sinxelo que suba ou baixe a temperatura
fóra dos límites normais.

A temperatura corporal dunha persoa mídese co termómetro, pero en PPAA non sempre o
temos a man. Podemos medila de xeito menos preciso co dorso da nosa man na fronte da
persoa, e observando se está quente ou fría en relación a nosa.

FRECUENCIA RESPIRATORIA.

É a cantidade de respiracións que unha persoa fai por minuto. Normalmente medímola coa
persoa en repouso e consiste en contar a cantidade de respiracións durante un minuto
cada vez que se eleva o peito.

Pode aumentar coa febre, enfermidades e outras afeccións médicas. Cando medimos as
respiracións, é importante ter en conta tamén se a persoa ten dificultades para respirar.

O normal nun adulto en repouso oscila entre 12 e 16 respiracións por minuto. Nos bebés é
moito máis elevada, unhas 40 por minuto; a frecuencia vaise reducindo ao crecer, e sobre
os doce anos é moi similar aos adultos.

PULSO.

É unha medición da frecuencia cardíaca, é dicir, a cantidade de veces que o corazón late
por minuto. Ao tomar o pulso non só medimos a frecuencia, senón que tamén:

- O ritmo cardíaco.
- A forza do pulso.
O normal nos adultos sans oscila entre os 60 e 100 latidos por minuto. O pulso pode
flutuar e aumentar co exercicio, as enfermidades, as emocións… son normais frecuencias
superiores a 100 nos primeiros meses de vida, que van baixando ata regularse como os
adultos sobre os doce anos.

Se unha persoa ten valores superiores aos normais dicimos que ten taquicardia; se polo
contrario son inferiores, falamos de bradicardia.

Cando o corazón impulsa o sangue a través das arterias, notará os seus latidos
presionando con firmeza nas arterias, que se atopan cerca da superficie da pel en certos
lugares do corpo. Podemos sentilo na parte lateral do pescozo, na parte interior do cóbado
ou da boneca…

OUTROS SIGNOS VITAIS.

A presión arterial: medida cun tensiómetro é a forza que exerce o sangue contra as
paredes das arterias. Cada vez que o corazón late, bombea sangue cara as arterias, o que
produce unha presión sanguínea máis alta cando o corazón se contrae.

Cando se mide rexistramos dous números. O número máis elevado, a presión sistólica ou
máxima, é a presión dentro da arteria cando o corazón se contrae e bombea sangue para o
corpo; mentres que o número máis baixo, presión diastólica ou mínima, é a presión dentro
da arteria cando o corazón está en repouso e enchéndose con sangue.

A presión arterial elevada ou hipertensión, aumenta directamente o risco de enfermidades


coronarias (ataques cardíacos) e derrames cerebrais (ataques cerebrovasculares).
Falamos de tensión elevada cando mantén cifras superiores a 140/90.

A dor é moi importante en PPAA porque inflúe notablemente no benestar da vítima


mentres agarda pola asistencia sanitaria. Tamén porque a dor intensa pode dar lugar a
reaccións no organismo que poden levar ata a inconsciencia.

Unha fractura, queimadura, infarto… son experiencias moi dolorosas e a reacción


emocional ante as mesmas pode ser proporcional ao seu sufrimento.

3. AVALIACIÓN DO ESTADO DA VÍTIMA.


Esta pode establecer tres niveis de urxencia médica, segundo o risco que sufra a vítima:

- Risco vital: as lesións poñen en perigo a vida.


- Risco funcional: as lesións non alteran as funcións vitais pero poden deixar
secuelas se non se tratan correctamente.
- Sen risco: as lesións evolucionarán espontaneamente cara a súa resolución.

O primeiro será facer sempre unha avaliación de emerxencia, para saber se hai algunha
persoa ou persoas que sufran risco vital. Despois, unha vez prestados os primeiros auxilios
se son precisos, poderase facer unha avaliación de urxencia.

Nas situacións de emerxencia a supervivencia da vítima será o resultado da acción


inmediata da persoa que lle atenda.

AVALIACIÓN DE EMERXENCIA.

Ten como obxectivo saber se a vida da persoa está en risco inminente. Así avaliaremos os
seus signos vitais, a súa presenza ou ausencia, e as súas características.
Nesta fase atenderemos tamén a presenza de grandes hemorraxias e a posible obstrución
da vía aérea, xa que son estados que tamén constitúen un perigo de morte para a vítima
nun moi curto espazo de tempo.

Esta avaliación realizarase no primeiro momento de socorro, pero tamén ao longo de todo
o proceso de auxilio, xa que unha persoa que nun principio conserva os seus signos vitais
pode perdelos se a evolución non é favorable.

AVALIACIÓN DE URXENCIA OU SECUNDARIA.

Ten como obxectivo coñecer con máis detalle as lesións que sofren as vítimas e o seu
estado, para decidir a axuda que necesitan. Precisa dunha avaliacións sistemática de:

- Cabeza:
o Buscar feridas e contusións.
o Saída de sangue por nariz, boca, orellas.
o Lesións nos ollos.
o Aspecto da cara (pel fría, pálida, suorosa).
- Tronco:
o Buscar feridas.
o Dor e dificultade ao respirar.
o Lesións na columna.
- Extremidades:
o Buscar feridas e deformidades.
o Valorar sensibilidade para descartar lesións na médula.

Na avaliación secundaria preguntaremos por enfermidades previas, tratamentos médicos,


alerxias, comidas, bebidas ou tóxicos inxeridos.

É necesario que a avaliación sexa ordenada, para non esquecer ningún aspecto importante.
Comezaremos pola cabeza, seguiremos polo tronco e acabaremos coas extremidades.
Preguntaremos despois polos antecedentes a persoa directamente ou á xente que a
acompaña.

También podría gustarte