Está en la página 1de 3

CELGA 1

Unidade 1

Entender e producir textos breves de identificación persoal.

Escoitar unha entrevista realizada a un estudante e completar a súa ficha. Facerlle un test a un
compañeiro ou compañeira. Presentarlle o compañeiro ou a compañeira ao resto da clase.

Asociar unha serie de imaxes de diferentes lugares de Galicia co seu nome.

Buscar aspectos en común con tres estranxeiros ou estranxeiras que viven en Galicia.
Reflexionar sobre o presente. Falar de problemas co galego. Dar consellos.

Clasificar unha serie de palabras segundo os sons que conteñen.

Expresar interese por aspectos da vida en Galicia.

Extraer datos persoais dunha serie de conversas informais.

Negociar que actividades queren facer durante o curso.

Pescudar que elementos da cultura galega son máis coñecidos. Falar sobre aspectos culturais
dos seus países.

Unidade 2

Adiviñar que personaxe escolleu o compañeiro ou compañeira.

Relacionar fotos con textos. Falar da impresión que lles provocan tres persoas.

Identificar as persoas dunha foto segundo a descrición subministrada nun correo electrónico.

Reflexionar sobre o funcionamento dos verbos gustar, interesar e encantar.

Completar unha árbore xenealóxica co vocabulario das relacións de parentesco.

Redactar o anuncio da persoa ideal para alguén que busca parella nunha páxina web.

Xogar a adiviñar relacións de parentesco.

Describir unha personaxe famosa.

Presentar e describir unha persoa (familiar, amigo/a...).

Opinar sobre alguns modelos de familias galegas. Relacionar titulares de prensa con estes
modelos.

Unidade 3

Identificar diferentes servizos ou establecementos nun barrio. Falar do propio barrio.


Ler uns anuncios de alugamento de pisos e casas para atopar o que corresponde ao plano
subministrado. Elixir as vivendas máis adecuadas aos perfís de catro clientes dunha axencia.
Explicar como é a vivenda na que vive cada un.

Completar unhas frases segundo a localización duns mobles.

Decidir se vivirían mellor en Vigo ou na Coruña, en función dunha información dada. Observar
estruturas comparativas.

Comprender rutas e relacionalas con planos.

Completar un cadro coa información de catro persoas. Falar do lugar favorito da casa e das
estancias nas que fan unha serie de actividades.

Elixir os cinco mobles indispensables. Xustificar a elección.

Relacionar unhas persoas cos barrios onde viven. Comprender unha gravación na que esas
persoas falan do seu barrio.

En grupos, crear un proxecto inmobiliario e presentalo.

Asociar unhas imaxes cuns textos. Coñecer catro casas de interese cultural e turístico en
Galicia.

Unidade 4

Escoitar o que fan unhas persoas durante o día. Falar do que fan eles mesmos.

Deducir o nome duns personaxes a partir duns debuxos e duns textos. Tirar conclusións sobre a
súa forma de ser. Falar sobre as características propias.

Aprender a dicir a hora en galego. Formular hipóteses sobre as horas ás que unha persoa
realiza unha serie de accións. Observar o funcionamento dos verbos reflexivos.

Identificar a perífrase estar + xerundio e reflexionar sobre a súa formación e uso.

Ler un artigo e buscar coincidencias coas persoas dos textos.

Ordenar as cousas que fan cada mañá.

Reaccionar ante o que din outros estudantes para mellorar o seu galego.

Formular preguntas para determinar a que compañeiros e compañeiras lles outorgan unha
serie de premios.

Ler unha estatística sobre as actividades que fan os galegos e as galegas no seu tempo libre.
Dicir se coincide co que fan os galegos que coñecen ou co que fai a xente do seu país. Falar da
frecuencia coa que realizan unha serie de actividades de ocio.

Ler o que fan tres galegos que viven no estranxeiro. Contrastar hábitos dos galegos e das
galegas cos da xente doutros países.

Unidade 5
Escoitar unhas conversas nun bar e recoñecer que tipo de situación se está dando.

Decidir que pezas de vestir e obxectos persoais hai que levar en situacións determinadas.

Observar o funcionamento dos demostrativos en galego.

Recoñecer deferentes recursos para comprar nunha tenda: preguntar por produtos, pedir
prezos…

Recoñecer algúns usos do imperativo con ti e vostede.

Os números a partir de 100.

Expresar preferencias.

Representar unha situación na que unhas persoas venden e outras compran unha serie de
obxectos.

Decidir as cousas que teñen que levar para pasar unha fin se semana en Portonovo e como
conseguilas.

Ler un artigo sobre unha empresa galega.

Distinguir entre calidades e defectos. Referirse ás calidades e aos defectos dun mesmo. Decidir
as tres calidades máis importantes nun amigo ou amiga.

Escoitar dúas entrevistas e dicir como son uns persoeiros a partir do que din.

Responder un test. Recoñecer o pretérito e reflexionar sobre o seu uso e formación.

Diferenciar entre saber e poder.

Buscar compañeiros e compañeiras que fixeron algunha vez unha serie de cousas.

Entender os exemplos que dá unha persoa sobre a súa curiosidade. Pescudar se o compañeiro
e compañeira é curioso.

Falar das cousas máis interesantes que fixeron nos últimos meses.

Mostrar acordo ou desacordo co contido dun artigo. Facerse preguntas antes de tomar unha
decisión.

Elixir entre os compañeiros e compañeiros o chofer, o guía e o cociñeiro para ir de acampada.

Ler un artigo sobre bancos de tempo.

Unidade 7

Falar de gustos e de hábitos alimentarios.

Familiarizarse co vocabulario empregado en restaurantes.

También podría gustarte