Está en la página 1de 24

TEATRO CLÁSICO

GUÍA DE LECTURAS
E PELÍCULAS
3º ESO

Cásina, Producciones SV

DEPARTAMENTO DE GREGO
IES DE MELIDE. CURSO 2017-18

Alumn@:
Teatro de Dioniso, Atenas

Vista aérea do teatro de Epidauro

Santuario de Asclepio, en Epidauro

Capsa con volumes de papiro


1. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN GRECIA

O teatro grego ten o seu máximo esplendor na Atenas


democrática do s. V a. C, no chamado século de Pericles.A
representación teatral é un acto:
- Relixioso: forma parte do culto a Dioniso e nel tena a súa
orixe. As súas festas anuais eran no mes de xaneiro as
Leneas , e no mes de marzo as Grandes Dionisias .
- Social: é un espectáculo popular, de goce do ocio de forma
colectiva. Implica a participación do espectador, a súa
reflexión sobre problemas humanos e temas políticos.
A representación teatral está organizada pola polis ou
Estado en forma de concurso, cun premio para o mellor poeta tráxico e outro para o mellor poeta cómico.
Os cidadáns ricos costeaban as representacións co pago de impostos e recibían honores se a obra era
premiada. Estes "patrocinadores" denominábanse coregos.

2. ELEMENTOS ESCENOGRÁFICOS

Tódolos compoñentes da obra teatral levaban máscara e


disfrace.
- Na traxedia: vestiduras solemnes e luxosas, máscaras de expresión
tráxica e o coturno, un calzado de madeira con sola bastante grosa. Este
calzado especial aumentaba a altura dos actores conferíndolles unha
"elevación moral".
- Na comedia: disfraces de animais, mulleres e grotescos en xeral e
máscaras cómicas.
En cada representación teatral interviñan:
- Actores: ata un máximo de tres, polo que cada un debía representar
varios papeis:
Protagonista: actor principal
Antagonista: segundo actor
Terceiro actor: facía todos os demais papeis
Os actores eran sempre homes e desempeñaban papeis femininos cando era necesario. Ás veces podían
intervir nenos e personaxes mudos, que non eran actores profesionais. Os actores recitaban e cantaban na
escena.
- O coro: era fundamental na traxedia. Facía a función dun personaxe máis que dialogaba cos actores sobre o
que estaba acontecendo. Os seu compoñentes denominábanse coreutas; e estaban dirixidos polo corifeo, que é
quen toma a palabra cando había que recitar. O coro cantaba e danzaba na orquestra.
En toda peza teatral, especialmente na traxedia, soe haber un momento de máxima tensión ou clímax
que se sucede dun anticlímax. No clímax soe producirse a morte tráxica do protagonista ou algún outro
personaxe. A representación da morte era tabú no drama grego, polo que este momento non podía ser posto
en escena e debía ser referido por outro personaxe, normalmente un mensaxeiro.
Un dos recursos para aumentar a tensión dramática é a chamada ironía tráxica, utilizada
principalmente por Sófocles. Prodúcese cando un personaxe é víctima dun discurso de dobre sentido, que
coñecen os espectadores, pero el non.
Nas pezas teatrais había unidade espacial e temporal: a acción desenvolvíase nun escenario único
(un so lugar) e nunha xornada (un so día)

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 1


3. OS XÉNEROS TEATRAIS

Traxedia Comedia
Temas heroicos ou lendarios (mitolóxicos) ficción
Tratamento tono solemne e grandioso tono desenfadado
Personaxes heroes ou heroínas personaxes populares, animais, deuses ou heroes
ridiculizados...

Na traxedia grega exprésase claramente o sentimento


CRONOLOXÍA
tráxico da vida: céntrase no dolor humano.
Todo xira en torno ó heroe tráxico. Nas traxedias de
490-479 a. C. Guerras Médicas: Os gregos
Sófocles, o heroe é un personaxe que, a pesares de ser vencen ós persas (Batallas de
moralmente superior ós demais, non pode evitar cometer unha Maratón, Termópilas, Salamina,
falta (hybris, en grego) que altera a orde moral establecida ou Platea...)
aceptada pola sociedade. O destino, que está por riba de deuses e 477 Confederación Délica: alianza militar
humanos, equilibrará de novo a balanza. O heroe pasa por unha para controlar o perigo persa
situación de angustia que é compartida polo público, espertando liderada polos atenienses, con base
nel paixón e compaixón. Ó final o heroe acepta o destino e a na illa de Delos  Talasocracia
ateniense
xustiza divina que o liberan da súa angustia.
462 a. C. Reformas democráticas de
A función da traxedia, e do drama en xeral, era a de
Pericles y Efialtes que aumentan
formar o pobo, darlle unha lección de temperanza e moderación competencias da asemblea
e ensinarlle a ser un bo cidadán. O público nas representacións 431- 404 a. C. Guerra do Peloponeso:
liberaba as súas paixóns, producíndose nel unha liberación Esparta enfróntase a Atenas para
(catarse, en grego). tentar frear a súa política
imperialista.
A comedia perseguía fins semellantes ós da traxedia: 429 Peste de Atenas: morre Pericles.
liberar ó home das súas angustias e opresións. O heroe cómico 421 Paz de Nicias: tratado por 50 anos.
415 Expedición a Sicilia: o belicista
por medios fantásticos consegue liberar a Atenas dos seus males:
Alcibíades consegue permiso da
a guerra, os malos gobernantes, as incomodidades, os malos
Asemblea para axudar a colonias
poetas... chegando a un estado de felicidade. Na comedia hai atenienses. contra Siracusa.
unha ensinanza máis directa, amósanos unha situación menos Alcibíades, desterrado por
distante que na traxedia. É dicir, o espectador atópase máis cerca acusación de sacrilexio, abandona
do heroe cómico, que vive unha situación cotiá, que do heroe a expedición e refuxiase en
tráxico que vive unha situación extraordinaria. Esparta. Esparta acude en axuda
de Siracusa. Fracasa a expedición.
413 reanúdase a guerra. Esparta pide axuda
4. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS GREGOS
a Persia e equipa a súa flota. Na
batalla de Decelia Esparta cerca a
Tráxicos:
Atenas por terra.
- Esquilo (525-428 a. C.) do que se conservan 7 traxedias.
411 Triunfo da oligarquía, réxime non
- Sófocles (496-406 a. C.) 7 traxedias
democrático, en Atenas.
- Eurípides (480-406 a. C.) 18 traxedias
Sublevación do exército e
proclamación de Alcibíades como
Cómicos:
xefe supremo.
- Aristófanes (445-385 a. C.) 11 comedias (Comedia Vella ou política)
- 405 Batalla de Egospótamos: derrota
- Menandro (342-294 a. C.) 1 comedia e fragmentos (Comedia Nova) definitiva de Atenas.
- 404 Atenas derriba os muros longos e
entrega a súa flota. Tiranía dos
Trinta: réxime de terror cun
goberno oligárquico proespartano.
- 403 restablecemento da democracia en
Atenas. Crises económicas e
sociais.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 2


5. SÓFOCLES
É representante da época de Pericles. De familia nobre,
desempeñou importantes cargos públicos e militares, séndolle algúns
concedidos polo seu prestixio. Gozaba dunha grande popularidade e
admiración do pobo ateniense.
O seu interese en asuntos políticos reflíctese nas súas traxedias,
principalmente en Antígona e Edipo Rei. Era demócrata conservador e
colaborou coa política democrática de Pericles, mantén a tradición
relixiosa e cre que, aínda que se favoreza ás clases populares, débense
respectar as clases altas ou nobres.

- Obras: Antígona, Aiax, Edipo Rei, Traquinias, Electra, Filoctetes e Edipo en


Colono.
O tema central das súas obras son os sufrimentos, miserias e grandezas do heroe.
O heroe tráxico de Sófocles é un ser superior, dotado de virtudes extraordinarias, que está por
riba dos demais homes. Arríscase a todo, ten un exceso de confianza en si mesmo e peca de orgullo,
cometendo así unha falta (hybris, en grego) contra os deuses por crerse case como eles e por isto é
castigado.
Os heroes das traxedias, aínda que sexan superiores ao resto dos homes, non poden escapar ao
seu destino, que está incluso por riba dos deuses. A esencia da traxedia baséase no inevitable do
sufrimento humano, o heroe non pode evitar o dolor pola súa condición de home.

Unha das características do estilo de Sófocles é a chamada ironía tráxica, que consiste en que un
personaxe é vítima consciente ou inconsciente dun discurso con dobre sentido. A este dobre sentido
tamén contribúen os xogos de palabras e ambigüidade semántica e gramatical. Con isto pretende
aumentar a tensión do espectador que coñece por anticipado uns feitos que descoñece o propio
personaxe.

Edipo Rei
A acción comeza presentándonos a cidade de Tebas
asolada por unha peste que, segundo o oráculo de Delfos, só
desaparecerá cando se atope e sexa expulsado da cidade o
asasino de Laio, anterior rei da cidade. Edipo, actual rei, que
conseguiu o trono como premio por descifrar o enigma da
esfinxe e casou con Iocasta, viúva de Laio, pon todo o seu
empeño en buscar ó culpable. Ao longo da traxedia Edipo vai
descubrindo que el é culpable e que, sen sabelo, matou ó seu
pai, Laio, e casou coa súa propia nai, Iocasta.
Edipo, un dos máis grandes heroes da traxedia grega,
aparece coma un personaxe nobre e bo, que por amor á cidade fai todo
o posible por liberala da peste e purificala expulsando ao asasino. A pesares
disto, Edipo é culpable e convértese na súa propia vítima. Aínda que teña erros e defectos, o heroe sofre
un castigo desmesurado, porque os crimes dos que se lle acusa foron cometidos sen intencionalidade e
isto eximíao da responsabilidade legal.
O verdadeiro conflito radica na loita desigual e condenada ao fracaso que o heroe emprende
contra o seu destino. Sen pedirllo ninguén Edipo autocastígase provocando a súa cegueira para expiar o
crime. So así, mediante o sufrimento e dolor o heroe descobre o máis íntimo de si mesmo, sendo o
Edipo cego do final o que de verdade ve.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 3


6. CUESTIONARIO SOBRE EDIPO REI

(Cuestións posibles para desenvolver no comentario de texto)

1. Fai un cadro xenealóxico da familia de Edipo


2. Función do prólogo. Indica cal é a situación da cidade
de Tebas.
3. Que imaxe teñen de Edipo os seus concidadáns?
4. Cal é a actitude de Edipo ante os problemas da cidade?
¿Que medidas adopta para salvala?
5. Cal é a proclama de Edipo?. Sinala un exemplo de
ironía tráxica.
6. Comenta se a actitude de Edipo co adiviño Tiresias e
con Creonte é correcta.
7. Argumentos que usa Creonte contra as acusacións que
lle fai Edipo.
8. Que significaba en grego o nome de Edipo?
9. Que noticias trae o mensaxeiro e que dobre efecto
producen no rei?
10. Porque Iocasta lle impide a Edipo continuar coas súas
indagacións?
11. Que datos aporta o servo pastor para a resolución
definitiva do conflito?
12. Comenta a opinión do coro sobre a felicidade
humana.
13. Cal é a función do relato do segundo mensaxeiro?
14. Que simboliza a visión e a cegueira na obra?
15. Investiga cal foi a sorte dos fillos de Edipo.
16. ¿Que significa o complexo de Edipo?. ¿Paréceche
apropiada esta expresión de Freud?
17. ¿Que importancia teñen os oráculos e o destino neste
drama? ¿Pódese evitar a traxedia?
18. Resume o argumento da obra en poucas liñas.
19. Sinala nun mapa de Grecia as cidades de Corinto,
Tebas, Delfos e Olimpia, o monte Citerón e a
rexión da Fócide
20. Lectura voluntaria: Sócrates el semiperro III. Edipo en
Corinto, versión en cómic de J. Sfar e Ch. Blain (na
biblioteca

BIBLIOGRAFÍA

- http://aspasiamelide.blogspot.com (entrar en heroes: Edipo)


- http://es.wikipedia.org/wiki/Edipo_rey
- Diccionario de mitología griega y romana. P. Grimal. Ed. Paidós
- Diccionarios de mitoloxía (signatura 292 na biblioteca)
- Diccionario de la Literatura Clásica. Hotwatson, Alianza Editorial. (En “Diccionarios” 03, na biblioteca)

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 4


7. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN ROMA

ORIXES
Pouco sabemos das orixes do teatro romano, xa que as primeiras representacións eran
improvisacións de carácter popular que seguramente non se puñan por escrito. Podemos fixar o nacemento
oficial do teatro a principios do s. III a. C., data na que Roma entra en contacto coa cultura grega ao
conquistar o sur de Italia e Sicilia, importantes colonias gregas denominadas "Magna Grecia". Os autores
romanos comezan a adaptar comedias gregas, converténdose en continuadores dunha cultura superior á
deles.

A REPRESENTACIÓN TEATRAL

Mentres que os gregos adoitaban aproveitar unha ladeira ou declive do terreo para construír os
teatros e dispor as gradas, os romanos por medio de arcos e estruturas abovedadas puideron levantar
edificios independentes. A práctica eliminación do papel do coro nas representacións romanas, fixo que a
zona semicircular (orquestra) que lle estaba reservada quedase notablemente reducida.
O escenario romano dispuña de un decorado
fixo (escena), que simulaba unha estrutura
arquitectónica: unha especie de edificio con tres portas,
adornado con tres pisos de galerías con columnas, na
que se representaba a acción, que normalmente tiña
lugar na rúa, diante de tres casas.
Os actores eran sempre homes, que podían
representar varios papeis, incluso femininos,
cambiando de indumentaria e de perruca (na comedia
non era tan frecuente o uso das máscaras como os
actores gregos). Tamén usaban coturnos, uns zapatos
de sola grosa que lle daban unha maior elevación.

8. A COMEDIA ROMANA

Roma herdou os xéneros literarios gregos, e dentro do drama cultivou con máis éxito a comedia que
a traxedia.
En Grecia, coa Comedia Vella de Aristófanes (s.V a. C.) podíase criticar a personaxes concretos; pero
cando Menandro escribe a Comedia Nova, xa non hai esa liberdade, polo que centra os seus temas na vida
cotiá. Os personaxes son sempre os mesmos e inconcretos: o escravo enredante confidente das aventuras do
seu amo, o pai de familia consentidor, o parásito lambón e adulador, o soldado fanfurriñeiro, as mulleres
case sempre de "vida alegre".... Se a comedia de Aristófanes era unha forma de loita política, a de Menandro
só pretendía facer rir.
A comedia romana basease na Comedia Nova grega., e por iso recibe o nome de "palliata" (< Pallium,
manto grego co que cubrían os actores). Son representacións de ambientación grega: os personaxes, o
escenario xeográfico, os costumes...
A comedia romana evolucionou elementos da comedia e traxedia gregas como os coros, que eran
partes recitadas e/ou cantadas por un grupo de persoas (os coreutas). Estas partes desenvolvíanse na
orquestra, onde o coro tiña tamén especie para danzar. Na comedia nova había partes musicais nos
entreactos, xa que estas partes musicais ou cantica eran moi do gusto do público.
Os comediógrafos traducían ou adaptaban obras gregas, ás veces usaban un procedemento chamado
contaminatio, que consistía en mesturar dous argumentos de comedias gregas.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 5


9. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS ROMANOS

Cómicos:

- Plauto (251-184 A. C.) do que se conservan 20 comedias


- Terencio (190-159 a. c.) 6 comedias

Tráxicos:
- Séneca (4 a. C.- 65 d. C.) 8 traxedias (para ser lidas)

10. PLAUTO (251-184 A. C.)

Introduce en Roma a Comedia Nova. Plauto é un home do pobo que vive


nunha situación económica e política difícil e escribe para sobrevivir: ten que
contentar o público para conseguir que os maxistrados costeasen a
representación. Aínda que os personaxes son gregos e a escena soe ser Atenas,
Plauto axeita a Comedia Nova a Roma:
- Suprime chistes refinados e explica costumes descoñecidos para os
romanos. Os seus chistes baséanse na dobre interpretación, na
esaxeración, no equívoco, na burla aos forasteiros, provincianos,
campesiños..
- Utiliza os prólogos como explicación da peza, pero tamén para acadar a atención do público.
- Escolle argumentos choqueiros e ridículos, xa de por si cómicos, inspirados na vida cotiá
- Busca a complicidade do público, que coñece o engano mentres que o personaxe afectado ignórao.
- Conserva os personaxes fixos da Comedia Nova, que son tipos populares do agrado do público: o
senex (vello de boa familia cutre e rosmón e ás veces consentidor do fillo), o servus (escravo
intelixente e enredante, normalmente o protagonista), o adulescens (mozo de boa familia mullereiro e
consentido), o leno/a (alcaiote/a avarento), a matrona ou uxor (a esposa, nai de boa familia que tenta
controlar os excesos do vello) a meretrix (prostituta ou amante) o parasitus (chupón) que so pensa en
comer e beber a conta dos demais, o miles gloriosus (soldado fanfurriñeiro) que se gaba de todo pero
que no fondo é un covarde, o vello avaro que é capaz de perder a súa familia antes que gastar o seu
diñeiro
- Inspírase nas comedias gregas e ás veces funde dúas nunha: contaminatio

Hoxe conservamos unhas vinte comedias de Plauto entre as que destacan Anphitrión, Asinaria,
Aulularia, Casina, Os Xemelos, O Miles gloriosus (O soldado Fanfurriñeiro), Mostellaria (a Pantasma), Cistellaria (O
cestiño)....
Plauto, que sempre viviu entre as clases baixas, leva esas clases á escena: o escravo é o protagonista
do seu teatro e a súa diversión son os conflitos amorosos e familiares dos seus amos. O seu teatro reflicte
extraordinariamente a linguaxe falada pola xente, o latín vivo e vulgar.

Cásina (ou O sorteo de Cásina)

É unha das últimas comedias que escribiu Plauto e nela apréciase a súa madurez como poeta cómico. Está
baseada nunha comedia grega titulada Clerumenoi (Os que botan a sortes)
Un vello namórase da amante do seu fillo, unha criada da casa
chamada Cásina, e intenta casala co seu escravo Olimpión para poder
gozar dela. A muller do vello e o escravo do fillo, Calino, descobren as
súas intencións e propoñen que Cásina case con Calino, para que siga
pertencendo ao fillo. A noiva deberá ser sorteada e aínda que a sorte
non favoreza de entrada Calino, este apañarase para para que o seu
amo ausente non perda a súa amada e descubrirá a verdadeira orixe de
Cásina, de xeito que a comedia teña un final feliz.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 6


11. CUESTIONARIO SOBRE CÁSINA.

1. Resume en poucas liñas o argumento e o tema da obra.

2. Di cal é a función do prólogo, nas páx. 25 e 26

3. Identifica ós personaxes fixos da comedia romana. Dous deles


están ausentes na comedia, indica cales son

Personaxe Nome na comedia Descrición do personaxe


servus (callidus) o escravo intelixente
servus
senex 1
senex 2
adulescens
meretrix
matrona 1
matrona 2

4. É frecuente que Plauto nas súas comedias utilice "nomes parlantes" para denominar ós seus personaxes,
con elo pretende que o espectador supoña as función deles nada máis escoitar o seus nomes. Di que
personaxes derivan dos seguintes termos gregos e cal é a súa función.

Termo latino ou grego Nome do personaxe/s Función do personaxe/s


lisi- (λυσι-) “disolver, separar” +
damos (δᾶμος) pobo, xente
calino- (χαλινός) “freo”
euti- (εὐθύς) “directo, inmediato”
+ nico (νική) vitoria
cleo- (κλέος) fama, gloria, + strato-
(στρατός) exército

5. Na páx. 35 faise unha alusión ás propiedades das mulleres.


Consulta se na antiga Roma as mulleres podían ter
propiedades.

6. Na páx. 37 Lisídamo chámase a sí mesmo Xúpiter e a súa


muller Xuno, por que? cales eran as características
destes deuses no terreo amoroso? con que desuses da
mitoloxía grega se corresponden?

7. Os personaxes fan numerosos xuramentos ao longo da obra:


- Por Hércules!
- Por Cástor!
- Por Pólux!
Investiga quen son estes personaxes e pescuda por que nome se
lle coñecía aos dous últimos

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 7


8. Despois de prepararnos tanto no tema da morte, explica o que
lle di Calino a Cleóstrata na páx. 47, con respecto ao seu
marido”Quere verte, por Pólux, fóra da cidade, ardendo
nunha pira”. Como se facían os ritos fúnebres romanos?

9. Seguindo co tema da morte, explica que significa a frase da


páx. 57 que di Calino polo baixo referíndose a
Olimpión: “Está decidido, a este enviareino por diante
ao Aqueronte”.

10. Plauto utiliza recursos cómicos como xogos de palabras,


dobres sentidos, equívocos… Os xogos de palabras son
difíciles de traducir, pero os equívocos son facilmente
recoñecibles. Repasa as páxinas 48, 75 e 77 e indica e
explica os equívocos cos pronomes persoais.

11. Na páx. 99 menciónanse as Bacanais. En honor a que deus se


celebraban estas festas? Pescuda cando as prohibiu o
Senado Romano e por que.

12. Explica como se produce o final feliz nesta comedia.

MAPA DA GRECIA CLÁSICA

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 8


LECTURAS 3º DE ESO. CURSO 2017-18

Tal como aparece na programación didáctica, é obrigatorio facer dúas lecturas para a materia de cultura
clásica.

Unha das lecturas ten que ser unha das obras de Teatro Clásico que se representan o luns 5 de marzo en
Lugo, que será obxecto de exame o xoves 8 de marzo, que suporá 5 puntos da nota da 2ª avaliación :

- Edipo Rei, de Sófocles, ed. Prosopon


- Cásina, de Plauto, ed. Prosopon

Para preparar estas obras entrégase unidade didáctica con cuestións posibles para o exame.

A outra lectura pódese escoller entre as obras que figuran abaixo. Desta lectura presentarase un resumo coas
seguintes características, que suporá 3 puntos da nota da 3ª avaliación:
- Deberá entregarse antes das 00.00 do 15 de abril
- Farase envío por correo electrónico ou en papel, só se non hai outra posibilidade.
- A extensión non deberá ser superior a dúas caras de A4, letra arial (ou similar) 11, a dobre espazo.
- Consultar pautas para facer resumo e mirar exemplos na seguinte ligazón:
http://aspasiamelide.blogspot.com.es/2013/01/como-exponer-un-libro.html

O resumo debe seguir o seguinte esquema:

1. Datos do libro
Título
Autor/es
Editorial
Xénero (cómic, novela, teatro…)
2. Resumo: non debe superar nunca as vinte liñas
- Contexto: onde? cando?. O lugar e a época na que transcorre a acción.
- Descrición (breve) do personaxe/s principal: Quen?
- Desenvolvemento da acción: como? O argumento da obra
3. Opinión persoal:
- Fíxome en aspectos do libro e coméntoos:
. estilo do autor/a
. temas que trata e como os trata
. sé é un cómic: debuxos, texto e a súa relación
. se é unha obra non ambientada nas antigas Grecia e Roma, comento o seu referente clásico
. analizo a súa mensaxe
- Gustoume porque.../ Non me gustou porque...
- Se coñezo outras versións da obra ou outros formatos dela (película, novela, cómic, vídeo, peza
teatral...) coméntoo brevemente e compároo.
4. Imaxes: da portada ou de páxinas que me gustaron, ou aquelas que consideramos que resumen o espírito
da obra.
5. Fontes: se consultei algún libro ou páxina na rede, cítoo ao final do esquema

IMPORTANTE: se se detecta calquera tipo de copia da rede ou de outras fontes, a puntuación será 0.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 9


TEATRO

A outra obra de teatro que non se escolleu para o exame:


- Edipo Rei, de Sófocles, ed. Prosopon
- Cásina, de Plauto, ed. Prosopon

NOVELAS

Alexandre, Marilar, A cabeza da Medusa, , ed. Xerais. Dúas rapazas dun instituto de Vigo sofren
unha violación cando volven dunha festa. Moi interesante tratamento do mito da
Medusa, que ao igual que as protagonistas pasa ser culpable en lugar de vítima. Fácil de
ler, engancha.

Davis, Lindsey La plata de Britania, ed. Edhasa. Estupenda novela policíaca que dá conta das
aventuras do detective Marco Didio Falco na Roma do emperador Vespasiano. É a
primeira novela da serie e nela Falco terá que desprazarse á lonxana Britania para
descubrir unha conspiración contra o césar Para bos lestores/as.

Évano, Brigitte, Cuentos y leyendas de los Juegos de Olimpia, ed. Anaya. Relatos ambientados
nos xogos de Olimpia do a. 432 a. C., ás que asisten como espectadores importantes
personaxes como Pericles ou Sócrates. Fácil de ler.

Feijoo, Pedro, Os fillos do mar, ed. Xerais. Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en
Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel
Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de
Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado.
Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de
aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar
envolta a familia da muller morta. Novela trepidante de aventuras, novela de intriga,
escrita con ton humorístico, que nos remonta a tempos pasados da historia de Vigo e contén un
potente referente clásico. Fácil de ler, pero con 432 páx.

Gándara, Lola Guárdate de los Idus de Marzo, ed. SM, Novela de intriga ambientada ao final da
República, cando César é asasinado. Esta morte cambiará as vidas de Druso e a súa
irmá Porcia, xa que o seu tío, Mario Domitio, está involucrado no asasinato e deberá
suicidarse para salvar o seu honor. Fácil de ler.

Graves, R. Mitos da antiga Grecia, ed. Xerais. Libro moi sinxelo de ler que nos conta os
principais mitos gregos.

Graves, R., La hija de Homero, ed. Edhasa. Magnífica versión da Odisea, na que a autora do
poema homérico sería unha muller, unha princesa siciliana que se retra a si mesma como
Nausícaa. Para boas/os lectores, aínda que fácil de ler.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 10


Grenier Christian, Cuentos y leyendas de los héroes de la mitología, ed. Anaya. Antoloxía de
contos mitolóxicos, moi fácil de ler.

Homero (adaptación de Jean Martín) Cuentos y leyendas de la Ilíada, ed. Espasa-Calpe Antoloxía
de contos mitolóxicos sobre a Guerra de Troia, moi fácil de ler.

Homero (adaptación de Jean Martín), Cuentos y leyendas de la Odisea, ed. Espasa-Calpe.


Antoloxía de contos mitolóxicos sobre a Odisea, moi fácil de ler.

Lawrence, C. Serie Misterios Romanos: Ladrones en el foro, Los secretos del Vesubio, Los Piratas de
Pompeya... de ed. Salamandra. Serie de intriga protagonizada por catro nenos romanos,
de distinta condición social e cultural, que se dedican a resolver misterios. Moi fácil de
ler.

Lillo Redonet, F., El aprendiz de brujo, ed. Merial. Antoloxía de contos mitolóxicos, moi fácil de
ler.

Lillo Redonet, F., O Medulio. O norte contra Roma, ed. Toxosoutos. Novela histórica ambientada
nas guerras de cántabros, astures e galaicos contra o invasor romano. Fácil de ler.

Lillo Redonet, F., Teucro, o arqueiro de Troia, ed. Toxosoutos. Novela inspirada no mito de
Teucro, o arqueiro grego que regresa da Guerra de Troia e, segundo fontes mitolóxicas,
chega á costa atlántica e funda a cidade de Pontevedra.

Martín, Isabel La curandera de Atenas, ed. Booket. Novela entretida e fácil de ler que se
desenvolve na Atenas clásica, protagonizada por unha muller que coñece a Hipócrates, o
máis famoso médico da antigüidade e aprende del a arte da medicina.

Navarro Durán, Rosa, A Odisea contada aos nenos, ed. Rodeira. Versión da Odisea moi fácil de
ler.

Nucci, G., Las aventuras de Ulises, ed. Siruela. Versión da Odisea moi fácil de ler.

Núñez, Pablo Las hijas del César, ed. El Andén. Novela de intriga ambientada en Lucus Augusti
(Lugo) a onde chegan as fillas do César cunha perigosa misión: resolver un conflito entre
pobos galaicos enfrontados.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 11


Riordan, Rick, Serie Los héroes del Olimpo: El héroe perdido, El hijo de Neptuno..., Ed. Montena.
Serie fantástica de gran éxito, continuadora de Percy Jackson y los dioses del Olimpo.
Agora centrarase na xigantomaquia e nos heroes do Vélaro de Ouro, Xasón e os
Argonautas.

Riordan, Rick, Serie Percy Jackson y los dioses del Olimpo: El ladrón del rayo, Los dioses del
Olimpo... de. Ed. Salamandra. Serie fantástica de gran éxito, ambientada no EEUU
actual, onde o protagonista, Percy Jackson, vese involucrado nunha serie de
aventuras ao descubrir que é fillo de Poseidón

Sautereau, François, Cuentos y leyendas del nacimiento de Roma, ed. Anaya. Antoloxía de
contos mitolóxicos da antiga Roma, moi fácil de ler.

Scarrow, Simon, Gladiador, lucha por la libertad. ed. Edhasa. Marco un mozo romano, fillo
dun centurión, pasa a ser escravo ao ser asasinado o seu pai, que tiña numerosas
débedas. Convértese en gladiador e deberá investigar o pasado oscuro da súa familia
para salvar a súa vida. Boa novela de intriga que engancha. fácil de ler.

Schacht. Andrea, El oro del gladiador, ed Anaya. Novela de misterio na antiga Roma, onde os
amigos dun gladiador morto teñen que buscar un tesouro agochado por el. Moi fácil
de ler.

Sutcliff, Rosemary, Las aventuras de Ulises. La historia de la Odisea, ed. Vicens Vives.
Espléndida versión da Odisea de Homero.

Sutcliff, Rosemary, Naves negras ante Troya. La historia de la Ilíada, ed. Vicens Vives.
Espléndida versión da Ilíada de Homero.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 12


CÓMICS

Broeders, Ken, Apóstata, ed. Yermo. Serie ambientada no s. IV d. C. Baseada na traxectoria


de Xuliano o Apóstata, moi bo debuxo, documenta ben o final do Imperio Romano
de Occidente coas súas tensións internas. Para lectoras/es maduros.

Calatayud, M. Los 12 trabajos de Heracles, Ediciones de Ponet. Magnífica versión dos


traballos de Heracles nun estilo pop-art, con clara inspiración na cerámica grega e
nos frescos minoicos e micénicos. A partir de 3º de ESO.

Dufaux, Jean e Delaby, Philippe, Murena, ed. Planeta D’Agostini. Magnífica serie de 9
tomos que describe a vida dun patricio romano na Roma imperial de Claudio e
Nerón, moi ben documentada (cita a Suetonio). Moitas escenas de loita de
gladiadores, eróticas e da vida cotiá na Roma Imperial.

Goscinny, R. &Uderzo, A. Asterix, ed. Varias, tamén animación en DVD. Famosísima serie
dos irredutibles galos, que documenta en clave de humor a romanización da Galia
e outras provincias do Imperio Romano. Traducida a infinidade de idiomas,
incluídos latín e grego clásico. Ferramenta imprescindible que se pode usar en
primaria

Fernández, Juanra & Guerrero, Mateo, Gloria Victis, ed. Norma. Estupenda serie
ambientada na Hispania do s. I d. C., protagonizada por un xoven auriga que
quere vingar a morte do seu pai nunha carreira pouco limpa. Debuxo incrible,
excelente para documentar os ludi e vida cotiá no Imperio Romano. Moi fácil de
ler, engancha, a partir de 1º de ESO.

Ferran, Sébastian. Ulises I, II, III e IV, ed. Sexto Piso. Odisea en catro tomos, accesible para
3º ESO, completo, dinámico, fácil de ler.

Homero, Ilíada y Odisea, el manga, ed. Herder. Resumo correcto da Ilíada e Odisea de
Homero, parte dunha colección de clásicos universais en manga da ed. Herder.
Fácil de ler, manga con maquetación occidental. A partir de 1º de ESO.

Marini, Enrico, Águilas de Roma, Norma Editorial. Serie que vai no 4º volume, que narra as
aventuras de dous amigos que se criaron xuntos: un patricio romano, fillo de
romano e xermana, e un príncipe xermano levado a Roma como refén. boa
documentación histórica sobre as campañas contra os xermanos. Descricións moi
interesantes da vida cotiá, villae, urbanismo, exército con escenas eróticas.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 13


Marazzano e Frussin La expedición. I El león de Nubia. Diábolo Ediciones. Aventura dunha
lexión que deserta para buscar unha civilización perdida, máis alá de Nubia romanas
conquistando, fácil de ler, datos interesantes. Ten máis volumes.

Miller, Frank, 300, Norma Editorial. Cómic no que se basea a famosa película que rende
honra aos 300 espartanos mortos nas Termópilas durante as Guerras Médicas,
pero moito mellor e sen maniqueísmo excesivo. A partir de 3º de ESO

Milligan, P. Greek Street, ed. Planeta de Agostini. Moi interesante versión dos mitos gregos
nun Londres actual escuro e marxinal, con claras referencias dos Atridas, Edipo,
Casandra, Aquiles e Patroclo, as Furias... A partir de 3º de ESO.

Mitton, Ives & Rocca, Simon, Vae victis! ed. Norma. Serie en cinco volumes ambientada na
conquista das Galias por César. Heroína protagonista inspirada na Boadicea
histórica. Moi boa ambientación documentación histórica. O primeiro tomo máis
denso. Para lectoras/es maduros e con interese na historia.

Papadatos, A. & Kawa & di Donna. Democracia, ed. Alianza. Magnífica historieta que
transcurre na Atenas dos s. VI-V a. C., xusto antes da Batalla de Maratón.
Marabillosamente contextualizada, explica o nacemento da democracia con
reflexións filosóficas. Mellor para lectoras/es de 1º de BAC.

Pérez Navarro & Saurí, Martín. La Odisea, Norma Editorial. Boa adaptación do clásico
homérico, debuxo algo abigarrado e cargado en blanco e negro. Mellor a partir de
4º de ESO.

Riordan, Rick & Vewnditti, R. e outros. El ladrón del rayo. Percy Jackson y los dioses del
Olimpo Ed. Salamandra. Adaptación das novelas de R. Riordan, aínda que se
parece máis á película que o texto, fácil de ler a partir de 1º de ESO.

Roga, Irene. La canción de Ariadna, ed. Glenat, manga que relata as aventuras dunha
princesa grega que só ten en común o nome coa Ariadna da mitoloxía. Fácil de
ler.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 14


Rossi & Le Tendre, La Gloria de Hera, Ed. Planeta DeAgostini. Historia de Heracles antes
dos Doce traballos, cando o seu nome era Alceo e non gañara o seu sobre nome
“Heracles” ou a gloria de Hera. Céntrase en aspectos menos tratados como a
dualidade e relación co seu irmán xemelgo Ificles. Bos debuxos, para boas
lectoras/es.

Rossi & Le Tendre Tiresias, Ed. Planeta DeAgostini, Deliciosa historia de Tiresias, que
ademais de famoso adiviño, viviu como muller e como home. Bos debuxos, moi
interesante reflexión sobre a identidade sexual. Para lectoras avezadas/os. A
partir de 3º de ESO.

Rubín, David. El Héroe I e II, Astiberri Ediciones. Magnífica versión libre sobre Heracles e
os 12 traballos. Preséntasenos a un Heracles nun contexto intemporal, con
elementos do pasado, presente e futuro. O tomo II amosa un Heracles maduro e
atormentado. Para lectores/as iniciados no cómic, mellor a partir de 3º de ESO.

Stevenson, Noelle, Leñadoras, ed. Sapristi. Primeiro e segundo volumes dunha serie que
promete. Libro de aventuras con heroínas femininas: rapazas trastes,
aventureiras e sen medo que están de campamento. Referente clásico sorpresa. A
partir de 1º de ESO

Thomas, Roy e Sepúlveda, M. A. La Ilíada, ed. Marvel. Magnífico en canto ao texto e


minuciosidade, respectando o texto homérico co seu estilo épico. Debuxos na liña
de superheroes de Marvel. Mellor a partir de 1º de BAC.

Thomas, R. La guerra de Troya, ed. Marvel. Bo e minucioso resumo da guerra de Troia,


obviando os acontecementos da Ilíada, tratados nun tomo á parte. Mellor a partir
de 1º de BAC.

Thomas, R. e Tocchini, G. La Odisea, ed. Marvel. Como os anteriores, adaptacións


magníficas en canto ao texto, que conserva o estilo épico, moi completas e ben
adaptadas. Debuxos a todo color típicos de superheroes de Marvel. Para
lectoras/es consolidadas. Mellor a partir de 1º de BAC.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 15


Williams, Marcia. La Ilíada y la Odisea, ed. Acanto: Resumo moi completo e simpático
das dúas obras. Moi sinxelo, a partir dos 8 anos. Descatalogado, 11 exemplares
no IES de Melide

Williams, Marcia: Los mitos griegos, ed. Acanto, selección de 12 mitos gregos, simpático e
ben explicado. Moi sinxelo, a partir dos 8 anos. Descatalogado, no IES de Melide
10 exemplares.

Yamazaki, Mari & Tori, Miki, Plinius, ed. Ponent Mon. Serie manga de romanos centrada
na figura de Plinio o Vello. Historieta interesante e amena, que a través das
memorias deste famoso naturalista nos ofrece unha visión da ciencia no mundo
antigo. Fácil de ler. A partir de 3º de ESO

PELÍCULAS

Amenábar,A., Ágora, Filme arredor da escola da filósofa, matemática, astrónoma…


Hipatía na convulsa Alexandría do s. IV d. C, escenario da desaparición do saber
clásico pagán pola imposición do cristianismo.

Cacoyanis, M., Las Troyanas, USA 1971. Extraordinaria adaptación cun reparto de luxo
das Troianas de Eurípides, as mulleres, nais e fillas dos troianos mortos que
agardan a ser sorteadas como escravas dos vencedores gregos. Clásico que se
constitúe como un dos mellores alegatos contra a guerra.

Columbus, Chris, Percy Jakson y el ladrón del rayo, USA 2010. Adaptación da novela
fantástica homónima de R. Riordan, que nos amosa toda unha serie de
personaxes mitolóxicos que viven nos EEUU do s. XXI

Freudenthal, Thor Percy Jakson y el mar de monstruos, USA 2013 Adaptación da novela
fantástica homónima de R. Riordan, que nos amosa toda unha serie de
personaxes mitolóxicos que viven nos EEUU do s. XXI.

Goscinny-Uderzo Serie Asterix, películas de animación baseadas na famosa serie de


cómic.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 16


Konchalovsky, A. La Odisea, USA 1997. Boa adaptación da Odisea de Homero, moi
respectuosa coa ambientación e a documentación e cun bo reparto de actores e
actrices.

Kubrick, S., Espartaco, USA 1960 Excelente superprodución en torno á figura de


Espartaco, o famoso escravo tracio que encabezou unha imporante revolta de
escravos no s. I a. C.

Lester, R., Golfus de Roma, Reino Unido 1966. Comedia baseada nun musical, que ten
como argumento a mestura de varias comedias de Plauto: un astuto escravo que
axuda ao seu amo a conseguir a muller que ama, salvando todo tipo de
obstáculos.

Mankiewicz, J. Cleopatra,USA 1963. Clásica superpodución cun reparto de luxo arredor


da figura de Cleopatra, mítica raíña de Exipto que mantivo relacións con Xulio
César e Marco Antonio no s. I a. C.

MankiewiczJ. Julio César, USA 1953. Clásico cun reparto de luxo baseado na traxedia de
Shakespeare do mesmo título, que xira e torno a Xulio César e o seu asasinato no
44 a. C.

Mann, A., La caída del Imperio Romano, USA 1966. Clásico cun reparto de luxo que nos
leva á Roma de finais do s. II d. C., cando a morte do emperador Marco Aurelio
provoca unha serie de loitas polo poder que marcarán o comezo da decadencia
do imperio romano.

Nicholson, P. Pompeya, el ultimo día. Reino Unido 2003. Excelente documental da BBC
que combina a reconstrución da vida cotiá en Pompeia e os seus últimos días
antes da erupción do Vesubio no 79 d. C. cunha explicación rigorosa dos achados
arqueolóxicos.

Petersen,W. Troya, USA, Reino Unido, Malta 2004. Superprodución que ofrece unha
versión libre da Guerra de Troia con algúns pasaxes moi aproveitables de
inspiración homérica.

Ross, Gary, Los juegos del hambre, USA 2012. Baseada na novela homónima, narra
unha acción ambientada nun mundo post-apocalíptico no que domina un
réxime totalitario que obriga aos adolescentes a participar nuns xogos nos que
deben matarse os uns aos outros para sobrevivir. Tema distópico con
abundantes referentes clásicos

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 17


Scott, R. Gladiator, USA 2000. Exitoso peplum ambientado na Roma de finais do s. II
d. C. O emperador Marco Aurelio morre asasinado polo seu fillo Cómodo, que
intenta desafacerse do fiel xeneral Máximo Décimo Meridio, a quen seu pai
nomeara como sucesor. Máximo, que consegue escapar da morte, convértese en
escravo e nun gladiador vitorioso, que buscará por riba de todo vingarse de
Cómodo.

Snyder, Zack, 300, USA 2006. Peplum de animación baseado na batalla das
Termópilas, na que un heroico exército de 300 espartanos se enfrontará ao
numerosísimo exército persa. Película bastante maniquea, que non analiza a
complexidade da relación entre gregos e persas.

Stone, O. Alejandro Magno, USA 2004. Superprodución que ten a vida e fazañas de
Alexandre Magno como fío condutor. Ben documentada, fai unha boa análise
dos aspectos culturais e da figura de Alexandre.

Taviani, P e V., César debe morir, Italia 2012. Extraordinaria película que se desenvolve
nunha cárcere de Roma, onde un grupo de presos ensaia o Xulio César de
Shakespeare. A ficción da traxedia shakesperiana mestúrase co día a día dos
presos.

Willing, N., Jasón y los argonautas. USA 2000. Peplum centrado na mítica viaxe de
Xasón en busca do Vélaro de Ouro e que obvia todos os aspecto escuros da
relación con Medea.

Teatro clásico. Guía lecturas. 3º ESO. Páx. 18


APUNTAMENTOS
APUNTAMENTOS
APUNTAMENTOS
1. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN GRECIA

2. ELEMENTOS ESCENOGRÁFICOS

3. OS XÉNEROS TEATRAIS

4. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS GREGOS

5.SÓFOCLES. EDIPO REI

6. CUESTIONARIO SOBRE EDIPO REI

7. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN ROMA

8. A COMEDIA ROMANA

9. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS ROMANOS

10. PLAUTO. CÁSINA

11. CUESTIONARIO SOBRE CÁSINA

Edipo Rey, Producciones SV

También podría gustarte