Está en la página 1de 3

CONTEXTO HISTÓRICO, SOCIAL, ECONÓMICO E CULTURAL DA IDADE MEDIA.

A Idade
Media é un dos catro períodos nos que se acostuma dividir a Historia da Humanidade (ldade Antiga,
I. Media, I. Moderna e I. Contemporánea). Esténdese desde a destrución do Imperio Romano de
Oci-dente, simbolizado pola caída de Roma (476) e o fin do Imperio Romano de Oriente ou
Bizantino, concretada pola toma de Cosntantinopla polos turcos no 1453. Na historiografía española
adóitase referir o final da Ida-de Media coa toma de Granada, a descuberta de América e a
expulsión dos xudeus en 1492. Para o contexto galego (a Gallaecia romana) o fin do Imperio
Romano comeza antes, coa instalación dos suevos como poder político aliado, mais independente,
de Roma en 417. Nesta data Galiza convértese no primeiro reino medieval da Europa.
Este período, de case 1000 anos (teñen pasado 500 desde o final da I.M. até a actualidade),
acostuma a dividirse en dous perío-dos: a alta ldade Media, desde a caída de Roma ao século XI,
caracte-rizada polas sucesivas invasións de pobos periféricos na Europa (búlgaros, vikingos,
musulmanos...), e a Baixa Idade Media, do século XI ao final da I.M. Esta última etapa coñécese
tamén como Idade Feudal, polo sistema político, económico e social que dirixirá a Europa todo ese
período.
Desde o punto de vista lingüístico, o noso idioma comeza a ter entidade como tal a partir do século
IX, segundo a teoría oficial, aínda que non terá forma escrita até os fins do século XII (Testamento
de Afonso Henriques, a efectos do estudo da nosa literatura, só podemos falar da Baixa Idade Media
ou idade Feudal. Alta Idade Media Baixa Idade Media

O FEUDALISMO É o sistema económico, político e social predominante no oocidente europeu a


partir do século XI. Este sistema estruturábase a partir dunha xerarquía e dun reparto do poder
político, económico e xudicial entre os membros desa xerarquía.

Sociedade: No sistema feudal a sociedade estaba dividida en dous grupos, chamados estamentos,
pois a pertenza a un ou outro viña determinado polo nacemento e, en teoría, era imposíbei pasar dun
estamento ao outro por méritos propios. O grupo maioritario era a clase que traballaba e pagaba
impostos, formada principalmente por labregos, mais tamén por artesáns. Xeralmente os labregos
vivían suxeitos á terra (chamábarnosssearr pvosadraa leba) e dependían do seu sehor feudal para as
actividades da vida: debían pedir permiso para ca gvíaxar para decidir os cultivos E ademais debían
ceder parte do súa produción ou do seu tempo de traballo ao seu señor (servizo feudal). O grupo
minoritario estaba formado polas clases privilexiadas, que non pagaban impostos nin podían exercer
labores produtivas economicamente. Esta clase privilexiada estaba formada pola nobreza e o clero.
Os nobres establecían relacións persoais de dependencia entre eles, supostamente de modo
voluntario, de modo que o sehor concedía ao vasalo un feudo do que vivir a troca do seu consello e
da súa
Dpto de Lingua do IES Torrente Ballester axuda para a guerra cun número de homes establecido
mediante o pacto de vasalaxe. O feudo, normalmente, era un territorio cos seus habitantes (servos) e
bens (animais, terras, casas, augas, muíños ...), mas existían outras modalidades de feudo (rendas de
pontes, portaxes ou "de bolsa" isto é, por un soldo). Na realidade as relacións ían pasando de
xeración en xeración e o contrato voluntario inicial convertíase nun dereito de ambas as partes.
Desde os niveis máís baixos até o monarca a relación vasalátíca estabelecía unha rede de relacións
que abranguía toda a sociedade privilexiada. De feito os monarcas eran consíderados un prímus
inter pares (un primeiro entre iguais) cuxa autoridade emanaba da súa consagración como monarca
máís ca do seu poder real.

apuntamentos de 12 de Bach 6
Un señor, neste caso un rei, exerce de xuíz (min. francesa do séc. XV)
O señorío levaba aparellado o dereito xurisdícional e a aplicación da xustíza (poder executivo)
sobre os vasalos e servos, o que reportaba ademais grandes benefícios, tanto polas taxas xudiciais
como polas multas e confiscacións que se aplicaban aos litigantes.
1;(-içi-Ár O outro grupo privilexiado, o clero, aínda q e non soían dar servizo de armas, estaban
integrados no sistema feudal como señores feudais ou vasalos en calquera dos niveis. As
comunidades monásticas ofrecían como servizo a oración eterna polas almas dos seus señores, que
normalmente se servían das comunidades para os seus retiros para "ben morrer". Os bispos,
normalmente de orixe nobre, actuaban como sefiores laicos (na guerra e demais actívidades) e
tamén como señores eclesiásticos (con poder de excomuñón). O arcebispo de Compostela, por
exemplo, era señor de "besta e báculo" e, desde o século XII, exercía de representante do rei na
Galíza.
Economía: En xeral o sistema está asentado na produción agrícola — cereais, legumes, froitas, viño,
mel, gando...— e tamén no artesanato básico —madeira, tecidos, coiro, ferrerías, canteiros...—
aínda que as cídades e burgos irán crecendo ao longo do período e nelas se elaborarán produtos
máis sofisticados —armaduras, vidro, arneses de monta, escultura...—. A produción estaba
controlada polos membros privilexiados da sociedade (nobres e eclesiásticos), que conseguían
medios de vida dos labradores e se beneficiaban do superávít da súa produción ademais de
cobrarlles impostos diversos, nomeadamente os membros da Igrexa (a dícima, pé de altar,
sacramentos...).

Polítíca, adminístración e xustiza: 0 poder político e xudicial estaba atomízado. Os nobres e


eclesíásticos adminístraban os seus territorios tanto no económico como no xudicial e penal. Non
existían nin o estado nin a uniformización do poder e das leis dentro dos reinos. Os nobres e
eclesiásticos estaban fóra do control dos monarcas salvo contadas sítuacións.
i.
Os labregos traballan as terras señoriais diante do castelo do señor, neste caso, especialmente luxo-
so. (min. das "moi ricas horas do duque de Be-rry", feita polos irmáns Limburgo)
Cultura: Na socíedade medieval, e até ben entrado o século XX, era normal que o estamento
traballador fose analfabeto. Mesmo moitos dos membros do estamento privilexiado e
particularmente da nobreza eran tamén analfabetos ou tífian escasos rudimentos de cultura. O grupo
social de persoas formadas, capaces de ler e escríbir en latín ou na lingua vulgar, eran os
eclesiásticos e, dentro deste grupo, apenas aqueles de categorías superíores (bispos, cóengos das
catedrais, arcedianos, abades...) ou dedicados profesionalmente a esta actívidade, como os escribas.
As escolas monásticas e bispais foron importantes núcleos de transmisión e manípulación do
coñecemento. Só a partir do século XII algúns nobres comezan a recoñecer a importancia de
conservar documentos por escrito e saber lelos e interpretalos para non sufrir enganos porparte do
clero.

También podría gustarte