Discover this podcast and so much more

Podcasts are free to enjoy without a subscription. We also offer ebooks, audiobooks, and so much more for just $11.99/month.

Ainda invisíveis? Narradoras e margens na literatura galega contemporânea (2022)

Ainda invisíveis? Narradoras e margens na literatura galega contemporânea (2022)

FromNew Books Network en español


Ainda invisíveis? Narradoras e margens na literatura galega contemporânea (2022)

FromNew Books Network en español

ratings:
Length:
70 minutes
Released:
Jan 19, 2023
Format:
Podcast episode

Description

Un dos fenómenos destacados de maneira recorrente pola crítica a respecto do campo literario galego do século XXI é a crecente visibilidade das mulleres narradoras. En Ainda invisíveis? Narradoras e margens na literatura galega contemporânea (Através Editora, 2022), a filóloga e poeta Lorena López López pon en cuestión esta diagnose e coloca o foco en catro escritoras que, por motivos diversos, ficaron nas marxes dese boom da “literatura feminina” ou “literatura feminista”. As propostas de Margarida Ledo Andión, Patricia Janeiro, Cris Pavón e Teresa Moure, segundo este libro analiza, non só foxen das anteditas etiquetas, senón que xeraron tensións no campo cultural galego ao proporen modelos narrativos alternativos que cuestionaban o discurso hexemónico sobre a narrativa das autoras, pola incorporación ben de repertorios temáticos incómodos, ben de estéticas vangardistas ou ben de xéneros minoritarios como o gótico e a ficción científica dura. Este ensaio bota luz sobre os “puntos cegos” da interacción entre o discurso feminista e o discurso nacional xurdida das obras das mencionadas narradoras e pon de manifesto algunhas dinámicas conformadoras do sistema literario galego, ao tempo que propón unha profunda reflexión sobre os mecanismos de canonización ou de subalternidade.
 
BIONOTA
Lorena López López, autora do libro Aínda invisíveis? Narradoras e margens na literatura galega contemporânea (Através Editora, 2022), é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén realizou estudos de posgrao en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Completou a súa tese doutoral na Universidade de Bangor (País de Gales), na que traballou como lectora no Centro de Estudos Galegos e como Graduate Teaching Assistant de español. É membro da Asociación Internacional de Estudos Galegos e da Asociación Galega da Crítica. O seu traballo de investigación explora o diálogo entre os procesos de canonización e o concepto de marxes no campo literario galego en relación á produción das narradoras. Ademais, os seus intereses académicos abarcan campos como a ficción científica, a monstrosidade na literatura e os estudos literarios feministas. Actualmente traballa na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra e tamén desenvolve unha faceta creativa no eido da poesía, no que ten publicados varios poemarios co nome de Lorena Souto.
 
Entrevista realizada por Diego Rivadulla Costa, investigador posdoutoral na Universidade da Coruña, membro do Grupo ILLA da UDC e do proxecto Memory Novels LAB da Universitat de València. Doutor en Estudos Literarios pola Universidade da Coruña, anteriormente foi profesor lector de lingua e literatura galegas na Universidad de Deusto. É autor de numerosas publicacións en revistas e volumes colectivos sobre a memoria histórica da guerra civil e o franquismo na narrativa e a dramaturxia galegas contemporáneas. Recentemente coeditou o monográfico Linguas minoritarias e futuro de Europa (Cuadernos Europeos de Deusto, núm. 4, 2022), xunto con Mari Luz Suárez.
Learn more about your ad choices. Visit megaphone.fm/adchoices
Released:
Jan 19, 2023
Format:
Podcast episode

Titles in the series (100)

New Books Network en español