DECLARACIÓN DA FILOSOFÍA ESPAÑOLA

Madrid, 5 de maio de 2012 A Conferencia de Decanos das Facultades de Filosofía de España, o Instituto de Filosofía do CCHS-CSIC e diversas asociacións filosóficas españolas que representan unha grande parte do profesorado das universidades e centros de ensino secundario, vimos de celebrar durante os días 4 e 5 de maio de 2012, na Facultade de Filosofía da Universidade Complutense de Madrid, unhas xornadas de debate sobre A situación da filosofía no sistema educativo español. Como conclusións destas xornadas, adoptamos os seguintes acordos: 1. Consideramos que unha sociedade democrática debe contar, entre outros requisitos imprescindíbeis, cun sistema público de educación que cubra todas as etapas formativas (infantil, primaria, secundaria e universitaria), que proporcione unha formación de calidade e que sexa accesíbel a todas as persoas sen discriminación algunha por razón de sexo, nacionalidade, clase social, etc. Estimamos que unha sociedade democrática debe contar tamén cun sistema público de investigación integrado polas universidades e os centros de investigación especializados, dotado de recursos suficientes en todos os ámbitos científicos, tecnolóxicos e humanísticos, e baseado no mérito, a creatividade e a responsabilidade social dos investigadores. goberno central e os autonómicos nos tres últimos anos, e que só en 2012 superan o 20% en educación e o 25% en investigación. Ademais, rexeitamos o RD 14/2012, de 20 de abril (BOE de 21 de abril), de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, porque é un ataque frontal contra un dos peares fundamentais do noso Estado de benestar: o sistema público español de educación e investigación. 4. Máis concretamente, todos estes cortes económicos e mudanzas lexislativas están pondo en perigo a calidade e mesmo a continuidade da docencia e a investigación en Filosofía. Por iso, vémonos obrigados a lembrar ás administracións públicas que os estudos de Filosofía son un dos eixos fundamentais da tradición cultural de Occidente, e que hoxe en día as sociedades democráticas máis avanzadas soen reservar un lugar específico a estes estudos nos seus diferentes niveis educativos: institutos, universidades e centros de investigación. europea estendeuse por todo o mundo e encetou un diálogo cada vez máis fecundo con outras tradicións filosóficas e culturais. Deste modo, a Filosofía chegou a converterse nun patrimonio vivo de toda a humanidade, a través do cal poden comunicarse todos os pobos da Terra. Proba diso é que a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) recoñece á Filosofía un papel fundamental na formación cívica e cultural dos cidadáns de todo o mundo. Por iso, en 1995 fixo pública a Declaración de París en favor da Filosofía e editou o informe Filosofía e democracia no mundo, en 2005 estableceu o Día Mundial da Filosofía (que se celebra o terceiro xoves do mes de novembro), e en 2007 editou o informe A Filosofía, unha escola de liberdade. 6. A Filosofía é unha “escola de liberdade” porque educa os nenos e os rapaces no exercicio autónomo e rigoroso do pensamento, ensínaos a reflexionar sobre o mundo e sobre si mesmos cunha mirada crítica, e capacítaos para dialogaren racionalmente cos seus semellantes, recoñeceren a pluralidade dos diferentes puntos de vista e buscaren o entendemento mutuo nos diversos campos da experiencia humana, conforme a criterios comúns como os de verdade, xustiza, beleza, etc. Por iso, perante os conflitos e incertezas dunha sociedade cada vez máis complexa e globalizada, os estudos de Filosofía son un instrumento fundamental para a comprensión do mundo e a comunicación racional entre todos os seres humanos. A Filosofía pode practicarse en diferentes lugares e por diferentes medios: a docencia, a investigación, o asesoramento ético, a mediación social, a xestión cultural, a creación artística e

2.

3. Por todo iso, rexeitamos rotundamente os drásticos cortes orzamentarios que veñen aplicando o

5. A Filosofía é unha parte consubstancial da civilización europea. Alén diso, a tradición filosófica

7.

literaria, etc. No entanto, e en consonancia coas recomendacións da UNESCO, consideramos que os estudos de Filosofía deben ter un lugar específico no sistema público de educación e investigación, porque só dese modo se garante a súa transmisión xeracional e a súa renovación permanente, e porque toda persoa ten “dereito á Filosofía”, é dicir, dereito a recibir unha formación especializada que lle permita acceder ao patrimonio do pensamento filosófico e adquirir os coñecementos necesarios para o exercicio da profesión filosófica. 8. A comunidade filosófica española está experimentando unha mudanza de ciclo histórico. Desde os anos da transición democrática, iniciouse unha época de crecente expansión, modernización e diversificación dos estudos de Filosofía en todos os niveis educativos. Esa época estivo protagonizada por unha brillante xeración de profesores, investigadores e escritores que situaron a filosofía española en pé de igualdade coas filosofías doutros países do mundo. Esta internacionalización da filosofía española é un importante contributo ao patrimonio común da lingua española como vehículo privilexiado para situar a nosa cultura no lugar que lle corresponde nun mundo cada vez máis globalizado. Engádese a iso o meritorio traballo realizado nas outras linguas oficiais do noso país. Porén, a xeración que fixo a transición filosófica xa se xubilou, e o relevo xeracional dos que temos proseguido proseguido o seu labor está a verse afectado por procesos moito diversos, que poñen á comunidade filosófica española novos desafíos e tamén algunhas dificultades: as sucesivas reformas lexislativas, o chamado proceso de Boloña, o novo papel das axencias de avaliación na carreira docente e investigadora, os drásticos cortes orzamentarios en educación, universidades e investigación, e, por último, a ameaza de redución de centros, titulacións e materias de Filosofía. Nesta mudanza de ciclo histórico, os asistentes ás xornadas de Madrid decidimos unir as nosas forzas, até agora moito dispersas, e pór en marcha un proceso de vertebración da comunidade filosófica española. A partir de agora, constituímonos como Rede Española de Filosofía (Red Española de Filosofia, REF), para facilitar a cooperación entre todas as persoas e organizacións relacionadas coa profesión filosófica, e para defender esta profesión perante as administracións públicas e perante a cidadanía española. A REF contará cun Consello de Coordinación no que terán representación a Conferencia de Decanos de Filosofía, o Instituto de Filosofía do CCHS-CSIC e as asociacións filosóficas do profesorado universitario e de ensino secundario. Os primeiros pasos encomendados a este Consello de Coordinación son os seguintes: a) Creación dunha Web que sirva de medio de comunicación interna, arquivo documental e difusión pública das actividades da REF. b) Constitución de tres comisións de traballo, representativas do profesorado universitario e non universitario, que elaborarán propostas concretas en tres campos diferentes: A) o currículum das materias filosóficas do ensino secundario; B) a renovación dos estudos de Grao, Máster e Doutoramento, que terá de incluír unha maior atención á didáctica específica da Filosofía; e C) o perfeccionamento dos procedementos e criterios de valoración aplicados polas diferentes axencias de avaliación estatais e autonómicas. Estas propostas serán debatidas e consensuadas no seo da REF, para a súa posterior presentación e negociación co Ministerio de Educación, as comunidades autónomas e as axencias avaliadoras. c) Preparación dun Congreso de Filosofía de ámbito estatal, aberto aos profesores e investigadores de todas as áreas filosóficas e de todos os niveis educativos, e aberto tamén aos profesionais da filosofía que desempeñan o seu labor fóra das institucións académicas. d) Apoio á difusión de dous importantes informes editados pola UNESCO: Filosofía e democracia no mundo (1995), y A Filosofía, unha escuela de liberdade (2007). O traballo da edición española destes dous informes será coordinado pola SEPFI. 10. Esperamos que a posta en marcha da Rede Española de Filosofía permita crear un espazo de comunicación entre todos cantos amamos e practicamos a Filosofía neste país. Invitamos a todas as persoas e organizacións españolas relacionadas coa profesión filosófica, para que participen nas actividades da REF. E, por último, comprometémonos a establecer vínculos de colaboración con outras redes filosóficas nacionais e internacionais.

9.

Entidades asinantes desta Declaración Conferencia de Decanos de las Facultades de Filosofía de España Instituto de Filosofía del CSIC (IFS, CCHS-CSIC) Asociación Andaluza de Filosofía (AAFi) Asociación de Estudiantes de Filosofía de la Región de Murcia (ASEFI) Asociación Española de Ética y Filosofía Política (AEEFP) Asociación de Filosofía Bajo Palabra (AFBP) Asociación de Filosofía Práctica de Cataluña (afpc) Asociación de Hispanismo Filosófico (AHF) Asociación Profesional de Filosofía (APF) Red Ibérica de Estudios Fichteanos (RIEF) Sociedad Académica de Filosofía (SAF) Sociedad Española de Estudios sobre Friedrich Nietzsche (SEDEN) Sociedad Española de Fenomenología (SEFE) Sociedad Española de Filosofía Analítica (SEFA) Sociedad Española Leibniz para Estudios del Barroco y la Ilustración (SeL) Sociedad Española de Profesores de Filosofía (SEPFI) Sociedad de Filosofía de la Provincia de Alicante (SFPA) Sociedad de Filosofía de la Región de Murcia (SFRM) Sociedad Hispánica de Antropología Filosófica (SHAF) Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia (SLMFC) As organizacións relacionadas coa profesión filosófica que desexen subscribir esta Declaración e vincularse á Rede Española de Filosofía (REF), poden facelo enviando unha mensaxe cos seus datos de contacto a:: conferdecafilo@gmail.com

Tradución ao galego de Luís G. Soto.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful