Está en la página 1de 29

Todas as Letras

do Da das Letras Galegas


Cincuenta aniversario da maior festa cultural de Galicia 1963 2012

Qu asi m pediron, Qu asi m mandaron, Que cante e que cante Na lengua qu eu falo. Rosala de Castro Cantares Gallegos

Desta edicin: Real Academia Galega Dos textos: Os seus autores Craecin e deseo: Barro Salgado Santana (Grupo Revisin Deseo) Agradecementos: Manuel Lugrs Rodrguez Daniel Fernndez Noriega Fernndez Rafael Snchez Bargiela Concello de Bobors Carmen Etchevers Leiras Museo de Pontevedra Fundacin Penzol Fundacin Curros Enrquez Familia Avils Baquero Francisco Basante Museo do Pobo Galego Fundacin Lus Seoane Afonso Vzquez Monxardn Claudio Rodrguez Fer Legado Paz-Andrade Familia Pereiro / Nacho Santas Impresin: Nome da imprenta Depsito legal: C 0000-2012

Todas as Letras

do Da das Letras Galegas


Cincuenta aniversario da maior festa cultural de Galicia 1963 2012

Esta edicin foi realizada pola Real Academia Galega baixo o mecenado de GADISA e a Fundacin Repsol e a Refinera na Corua. Fxose unha tiraxe de 40.000 exemplares, coa finalidade de achegalos gratuitamente aos alumnos de bacharelato, matrculados en Galicia no curso 201112. A Academia agradece tamn a distribucin realizada pola Consellera Cultura e Educacin.

incuenta veces a Real Academia Galega convocou o Da das Letras Galegas. Cincuenta veces amplos sectores do pobo acudiron chamada. Converteuse as o Da das Letras nunha festa nacional nosa. O 17 de maio fxose pequeno e durante todo o ano lronse, estudronse, difundronse as obras dos escritores conmemorados e todos reflexionamos sobre a nosa historia. Agora cmpre facer lembranza destes cincuenta Das/anos. Na Academia folgmonos moito de que GADISA e a Fundacin Repsol se unan a ns nas festas do cincuentenario. Un sado moi cordial aos alumnos e s alumnas de todos os centros de ensino de Galicia, que tern ocasin de conectar con medio sculo de esperanzas e amor lingua e literatura propias por medio deste libro.
Xos Lus Mndez Ferrn Presidente da Real Academia Galega

ADIS agradece Real Academia Galega

a oportunidade que lle brinda de colaborar na edicin de este libro conmemorativo do 50 aniversario do Da das Letras Galegas. Dende Rosala de Castro ata Valentn Paz Andrade. Medio sculo de percorrido pola Literatura galega recollido nunha obra que esconde tesouros da nosa cultura. Unha xoia das nosas Letras que une os considerados precursores da Literatura Galega, cos que nos trasladamos a sculos pasados, a autores contemporneos, que nos achegan historias prximas. Unha mestura de autores, estilos e pocas coas que afondaremos no pasado, no presente e, por que non, no futuro da nosa lingua.
GADISA

epsol, a travs da sa Fundacin, impulsa numerosas actuacins en distintos mbitos sociais, educativos, culturais e deportivos, convertndonos as en Enerxa Social. O noso compromiso coa lingua e a cultura galega d un paso mis e, para conmemorar o 50 aniversario do Da das Letras Galegas, a Fundacin Repsol e a Refinera na Corua levamos a cabo conxuntamente coa Real Academia Galega esta iniciativa que tes nas tas mans: Todas as letras do Da das letras Galegas. Aqu podes atopar as cincuenta figuras homenaxeadas entre 1963 e 2012 que fixeron que Galicia sexa o mar onde flen as palabras. Esperamos que desta forma poidas coecer mellor a sa vida e a sa obra, cuxo significado e dimensin contriburon a que esta celebracin da lingua sexa a maior festa cultural de Europa.
Csar Gallo Erena Vicepresidente Fundacin Repsol Luis F. Llamas Gmez Director da Refinera Repsol A Corua

O 17 de maio de 1963, na celebracin do primeiro Da das Letras Galegas, os acadmicos redenron visita na sa casa a Gala, a ltima filla viva de Rosala de Castro e Manuel Murgua, momento que recolle a fotografa.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

11

Rosala de Castro

(Santiago de Compostela, 1837 Padrn, 1885) Por Luz Pozo Garza. Acadmica numeraria

1963
Das das Letras Galegas

Experiencia da anlise da Negra Sombra na clase de Literatura Espaola de bacharelato. Estmulo inicial: lectura e versin do relevante poema, centro de interese. Obxectivos xerais, xerar a indagacin crtica, capacidade de razoamento e creatividade. Obxectivos prximos, relacionar das linguas neolatinas peninsulares tan irmandadas nun texto emblemtico. Analizamos semellanzas e diferenzas fonolxicas, morfosintcticas e lexicosemnticas. Foi un exercicio de intensa rendibilidade na concienciacin de ambas as linguas. O texto como obxectivo artstico levounos ao estudo do smbolo, base da sa interpretacin no nivel pragmtico. Os 29 alumnos propuxeron posibles aclaracins ao respecto. Decidiron ler a obra potica completa (!). Foi no Instituto de Nigrn: unha aperta para aqueles rapaces!
Obras escollidas Cantares Gallegos, 1863. Follas novas, 1880.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

13

A. Daniel Rodrguez Castelao


(Rianxo, 1886 Buenos Aires, 1950) Por Xos Neira Vilas. Acadmico numerario

1964
Das das Letras Galegas

Arelaba o mellor para o seu pas e para o seu pobo. Di Xusto Beramendi que haba nel tres elementos concordantes: a liberacin nacional de Galicia, a emancipacin social das sas clases traballadoras e a democracia poltica. Castelao dixo, sobre Sempre en Galiza: Exltase a mia personalidade artstica co piadoso n de desvalorizar a mia ideoloxa poltica. Eu non fun nunca un poltico profesional. A poltica non a mia profesin pero si a mia vocacin. Quero ser o intrprete el do meu pobo, das sas dores e esperanzas. Escribn e debuxei sempre en galego, e se sacades o que hai de galego e de humano na mia obra, non quedara nada dela.
Obras escollidas Un ollo de vidro: memorias dun esquelete, 1922. Cousas, 1926. Sempre en Galiza, 1944. As cruces de pedra na Galiza, 1949.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

15

Eduardo Pondal

(Ponteceso, 1935 A Corua, 1917) Por X. L. Mndez Ferrn. Acadmico numerario

1965
Das das Letras Galegas

Pondal foi un nacionalista que soou unha federacin de todas as patrias de Iberia, sen esquecer Portugal. Procurou unha lingua galega nova e tomou como base o seu dialecto natal de Bergantios, ao que incorporou cultismos de orixe latina e grega e tamn italianismos. Pensaba Pondal que Curros e mais el foran os que conseguiran facer da nosa unha lingua forte e robusta. A sa poesa supera todos os moldes propios do sculo XIX, desprndese do realismo e do sentimentalismo de tradicin romntica na procura de mundos ideais, entre os que destaca o universo cltico de Breogn. Na mente e no sentimento da maiora dos galegos, Pondal, xunto con Rosala e Curros, est entre as guras fundacionais e principais da literatura galega contempornea. Eu tamn o penso.
Obras escollidas A campana dAnllns, 1895. Queixumes dos pinos, 1886. O Dolmen de Dombate, 1895. Os Eoas, 2005 [edicin de Manuel Ferreiro].

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

17

Francisco An Paz
(Boel, Outes, 1812 Madrid, 1878) Por Ana Isabel Boulln Agrelo. Acadmica correspondente

1966
Das das Letras Galegas

Autor de escasa producin literaria (uns 50 poemas), Galicia para el motivo recorrente, patria da infancia e terra desexada (Ai!, esperta, adorada Galicia, / Dese sono en que ests debruzada), con descricin de tipos e costumes populares, e poemas de circunstancias dedicados a familiares e amigos, a mido cunha aguda vea irnica e ata autopardica (Fraco como un asubo / con tres inimigos loito, / enfermed, fame e fro, / e da mia vida o fo / vaise adelgazando moito). Considerado como un dos precursores do noso Rexurdimento, Curros Enrquez, que comparta con el as sas ideas progresistas, anticlericais e de defensa de Galicia, converterao no seu gua e conselleiro nO divino sainete.
Obras escollidas Poesas Galegas, 1928. Vida e obra de Francisco An, 1991 [edicin de Bel Ortega].

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

19

Manuel Curros Enrquez


(Celanova, 1851 A Habana, 1908) Por Xess Alonso Montero. Acadmico numerario

1967
Das das Letras Galegas

Poeta civil, que, quizais, non tivo par entre os escritores europeos do XIX. Xa na Introducin do seu primeiro libro proclama: falareilles da patria s desterrados, / de libertade e redencin s servos. Parece que, para Curros, a principal eiva do seu tempo era o comportamento, pouco cristin, da Igrexa catlica, e contra ese comportamento ergueu a espada aada dos seus cantos. Non se salvou o Papa, nin Ignacio de Loyola, nin o baixo Clero. Cmpre aclarar que Curros foi un poeta plural (costumista, marinico, intimista), con poemas excelsos nestes xneros. Foi, nos inicios do Rexurdimento, unha voz libre, poderosa, rica en temas e rexistros e unha conciencia crtica sorprendente. Fose cal fose o tema, o galego de Curros asombrou a todos pola sa riqueza, expresividade e enxebreza, case un milagre en quen viviu lonxe do seu humus idiomtico desde os catorce anos.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

21

Florentino Lpez Cuevillas


(Ourense, 1886 Ourense, 1958) Por Carlos Garca Martnez. Acadmico correspondente

1968
Das das Letras Galegas

Prehistoriador, etngrafo, escritor; foi membro senlleiro da xeracin Ns e do Seminario de Estudos Galegos. Indagou as orixes da formacin histrica de Galicia. referente na investigacin do noso pasado remoto e na denicin da nosa identidade como pobo diferenciado. Sentou as bases cientcas do estudo da prehistoria, sistematizou as secuencias culturais de xenuna natureza, e profundou na anlise da nosa etnoxnese. As sas publicacins, de rigorosos contidos, puxeron a prehistoria de Galicia no contexto europeo. Escritor no, de estilo xil, claro e de lxico ricaz, o compromiso co pas transcende s sas didcticas prosas literarias. A subliar o seu exemplo no uso do galego como lingua vlida para a ciencia e o ensaio.
Obras escollidas Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatra en Galiza, 1929 [xunto con F. Bouza Brey]. Parroquia de Velle, 1951. Prosas Galegas, 1962.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

23

Antonio Noriega Varela


(Modoedo, 1869 Viveiro, 1947) Por Xos Henrique Monteagudo Romero. Acadmico numerario

1969
Das das Letras Galegas

Antonio Noriega Varela exerceu como mestre nas serranas de Ourense (Trasalba) e Lugo (Vilarente). Poeta da montaa, a sa inspiracin arrinca do costumismo de ns do sculo XIX (Lamas Carvajal, Leiras Pulpeiro), pero evoluciona cara a un modernismo moi en sintona co saudosismo portugus (Teixeira de Pascoaes), caracterizado polo rigor formal, a exaltacin de vida sinxela a carn da terra e o sentimento relixioso vencellado natureza.
Obras escollidas Montaesa, 1904. A Virxen e a paisanaxe, 1914. Do ermo, 1920. Como falan os braegos, 1929.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

25

Marcial Valladares Nez


(A Estrada, 1821 A Estrada, 1903) Por Antn Santamarina Fernndez. Acadmico numerario

Valladares o fundador da prosa literaria galega coa sa novela Majina (1880). tamn autor das primeiras colleitas de contos, cantigas e melodas de tradicin oral. Pero a sa memoria perdurou principalmente porque autor do dicionario mis completo do sculo XIX: o Diccionario gallego-castellano; completouno uns anos despois cunha gramtica que quedou indita. A intencin de Valladares non era s a de recoller folclore, lxico e regras gramaticais, senn a de concienciar os seus compatriotas do valor do seu patrimonio cultural, e darlles ferramentas coas que mellorar o seu dialecto, que era un idioma rico e regrado.
Obras escollidas Majina, 1880. Diccionario gallego-castellano, 1884.

1970
Das das Letras Galegas

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

27

Gonzalo Lpez Abente


(Muxa, 1878 Muxa, 1963) Por Xos Mara Lema Surez. Acadmico correspondente

1971
Das das Letras Galegas

un dos nosos grandes poetas do mar; o seu o mar da Costa da Morte, decote inquedo. Tamn foi narrador e dramaturgo. O seu compromiso coa lingua galega sempre foi claro; en 1921 escribe: Ao falar deste meu vello e querido pobo, coido que sera ridculo facelo noutra fala que non fose a mesma del, a que decote lle serviu para as sas necesidades. Vinculouse aos sucesivos movementos a prol do idioma e do galeguismo, como as Irmandades da Fala (1916) ou o Seminario de Estudos Galegos (1923); en 1936 xo campaa polo Estatuto de Galicia, polo cal sera depurado no franquismo, perdendo o emprego. En 1941 ingresou na Real Academia Galega como acadmico de nmero.
Obras escollidas Escumas da ribeira, 1911. DOutono, 1924. Nemancos, 1929. Vaosilveiro, 1929.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

29

1972
Das das Letras Galegas

Valentn Lamas Carvajal


(Ourense, 1849 Ourense, 1906) Por Vctor Fernndez Freixanes. Acadmico numerario

Lamas Carvajal una das grandes guras do Rexurdimento do sculo XIX, xunto con Rosala de Castro, Curros Enrquez e Eduardo Pondal. Poeta, excelente prosista, intelixente observador da realidade, editor, polemista, pero sobre todo xornalista. O catecismo do labrego (1888), publicado por entregas nas pxinas de O to Marcos da Portela (1876-1890), constite un dos tos da nosa literatura popular. Nunha sociedade que dicilmente saba ler, moito menos no seu propio idioma, abafada na escravitude da terra (a repblica dos galegos) e apenas sen guieiros sobre os que se referenciar, as pxinas do Catecismo constiten una mostra do xornalismo mis ecaz, luminoso, crtico e intelixente que coezo.
Obras escollidas Espias, follas e frores, 1875. Catecismo da doutrina labrega, 1889. A musa das aldeas. Coleucin de versos gallegos, 1890.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

31

Manuel Lago Gonzlez


(Tui, 1865 Santiago, 1925) Por Andrs Torres Queiruga. Acadmico numerario

1973
Das das Letras Galegas

Manuel Lago Gonzlez foi profesor, bispo en distintos lugares e nalmente arcebispo de Santiago. Durou menos dun ano, pero conmoveu a toda Galicia. Coeceu a Amor Ruibal e Castelao e chamou a xuntar a relixin co amor a Galicia: amando a Galicia amaremos a Deus e seremos profundamente relixiosos. Morreu pobre e a sa biblioteca est na Universidade. E como mensaxe nal deixou unha encomenda preciosa: Deus o quere. Fgase a sa vontade.Hai que unirse! Hai que defender Galicia!. Unirse para nos sentirmos irmns. Defender Galicia para facer avanzar a nosa terra.
Obras escollidas Elogio de la lengua gallega, 1905. La universidad de Jesucristo, 1924. Lago Gonzlez. Biografa y seleccin de su obra gallega, 1967 [edicin de X. Filgueira Valverde].

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

33

Xon Vicente Viqueira


(Madrid, 1886 Bergondo, 1924) Por Francisco Cervio Gonzlez. Acadmico correspondente

1974
Das das Letras Galegas

Xon Vicente Viqueira ocupa na historia da cultura galega un lugar moi singular. Catedrtico de Filosofa, a sa singularidade procede da sa ligazn coa Institucin Libre de Enseanza, e dos seus estudos en universidades europeas durante catro anos. Viqueira un europesta que ten unha visin universal da cultura, e dentro dela do papel que lle corresponde a Galicia como creadora de formas particulares da cultura universal. Cra que isto s se pode achegar dende a autenticidade da alma, e a alma de Galicia a lingua galega (alma nosa eres ti, lingua). A sa prematura morte aos 37 anos, privou a Galicia dunha persoa que tera xogado un papel esencial na concepcin europesta e cosmopolita, moderna e progresista da nosa cultura.
Obras escollidas Introduccin a la Psicologa pedaggica, 1919. Elementos de tica, 1919. Ensayos y Poesas, 1930.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

35

Xon Manuel Pintos Villar


(Pontevedra, 1811 Vigo, 1876) Por Xos Henrique Costas Gonzlez. Acadmico correspondente

1975
Das das Letras Galegas

Pintos a gura mis sobranceira entre os precursores do Rexurdimento. O seu libro A gaita gallega (1853) foi o primeiro publicado en galego moderno. A sa obra completa dunha signicacin polidrica: literaria, lingstica, sociolingstica, lolxica, lxica, pedagxica etc., e sobresae pola sa calidade, cantidade e tendencia monolinge en galego inslita no seu tempo. Pintos ten tanta importancia na historia da lingua coma na da literatura galegas. Como digno sucesor de Sarmiento, a quen seguiu no seu labor literario, reivindicativo e lexicogrco, Pintos a pedra fundacional do noso Rexurdimento, tanto pola sa excepcional e variada obra lingstica e literaria coma, sobre todo, por unha defensa rexa e moi vixente do uso social e literario da lingua galega.
Obras escollidas A gaita gallega, 1853. Vocabulario gallego-castellano, 2000 [edicin de M. Neira e X.Riveiro]. Obra potica dispersa de Xon Manuel Pintos, 2006 [edicin de M. C. Ros Panisse].

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

37

1976
Das das Letras Galegas

Ramn Cabanillas
(Cambados, 1876 Cambados, 1959) Por Francisco Fernndez Rei. Acadmico numerario

Entre 1915 e 1926 publicou tres libros de impacto: Vento mareiro, cunha esttica moderna e universal que aggiornaba a linguaxe potica galega; Da terra asoballada, poemario de denuncia e combate; e Na noite estrelecida, tres sagas sobre a busca do Grial onde Galicia era a patria do mundo artrico. Nos anos 50 embarcouse na resistencia cultural de Galaxia. A sa Antfona da cantiga, coleccin de cantigas populares con longa introducin en prosa potica, foi a primeira obra desa editorial. En 1958 deu a lume o poemario descritivo Samos e cororono en Padrn nun multitudinario acto en defensa da lingua e da cultura galegas.
Obras escollidas Vento mareiro, 1951. Na noite estrelecida, 1926. Antfona da cantiga, 1951. Samos, 1958.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

39

Antn Villar Ponte


(Viveiro, 1881- A Corua, 1936) Por Margarita Ledo Andin. Acadmica numeraria

1977
Das das Letras Galegas

Pardo de Cela, Prisciliano, Xoana de Vega, Xelmrez, Rosala... son materiais diversos cos que pensa a nacin igualitaria. Da Maria luguesa e o boletn Guau, Guau! at A Habana e Alma Gallega, Antn Villar Ponte observou o mundo para escoller a escrita xornalstica como compromiso, o teatro como peza didctica de momentos de gloria e de creba, a lingua galega como smbolo dA bandeira ergueita. Da Irmandade da Fala en 1916 e a direccin dA Nosa Terra a deputado polo Partido Galeguista en 1936, a fala e ese sinal que corcose a nosa existencia.
Obras escollidas Nacionalismo gallego. Nuestra afirmacin regional, 1916. O Mariscal, 1926 [en coautora con Ramn Cabanillas]. Teatro galego: trptico, 1928. Os evanxeos da risa absoluta, 1934.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

41

1978
Das das Letras Galegas

Antonio Lpez Ferreiro


(Santiago de Compostela, 1837 Vedra, 1910) Por Pegerto Saavedra Fernndez. Acadmico numerario electo

Autor dunha obra ampla e variada, na que se inclen colaboracins na prensa, monografas de historia e novelas, o traballo de Lpez Ferreiro estivo guiado polo propsito de estudar, dar a coecer e defender o patrimonio histrico cultural de Galicia dende a posicin ideolxica dun tradicionalismo rexionalista moi comprometido coa singularidade do pas. De feito, a razn principal que o levou a publicar tres novelas en galego foi a de normalizar e de restaurar a lingua, ata entn apenas empregada na prosa, e que el coeca moi ben, tanto a do pasado, por ter consultado moitos documentos medievais, coma a do seu tempo, que aprendera a tatexar, segundo el declara, no colo dos seus pais.
Obras escollidas A Tecedeira de Bonaval, 1894. O castelo de Pambre, 1895. Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, 18981909.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

43

Manuel Antonio

(Rianxo, 1900 Asados, Rianxo, 1930) Por Xos Lus Axeitos. Acadmico numerario

Manuel Antonio foi un escritor xeneroso e revolucionario porque por primeira vez na literatura galega foi quen de conquistar un territorio descoecido, ignorado, e drnolo en herdanza aos galegos. A conquista fxoa valndose da mellor arma que temos, o noso idioma. Como Amundsen, que poboou coa bandeira do seu pas o polo Sur para facerlle un agasallao sa nacin independente, Manuel Antonio, enfermo de horizontes, adentrouse no ignoto para ensanchar a nosa Terra. Vela a sa revolucin, vela a sa conquista, vela o seu legado.

1979
Das das Letras Galegas

Obras escollidas De catro a catro, 1928. Poesa galega completa, 1992 [edicin de X. L. Axeitos]. Obra completa. Prosa, 2012 [edicin de X. L. Axeitos].

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

45

Afonso X, o Sabio
(Toledo, 1221 Sevilla, 1284) Por David Mackenzie. Acadmico correspondente

1980
Das das Letras Galegas

Afonso foi rei de Len-Castela dende 1252, e emprendeu un proxecto cultural que sera o mis importante da poca medieval. Fixo compoer leis, historias mundiais e de Espaa, e traducir do rabe obras cientcas un total de mis de 3 millns de palabras en casteln. Pero a lingua da poesa lrica na sa corte era o galego, e temos mis de 1700 cantigas, algunhas delas compostas polo mesmo rei. Dirixiu a composicn, tamn en galego, dunha magnca colecin de 430 poemas dedicados Virxe, as Cantigas de Santa Mara.
Obras escollidas Cantigas descarnho e de mal dizer, 1995 [ed. M. Rodrigues Lapa]. Centre for The Study of. Cantigas de Santa Mara da Universidade de Oxford: http://csm.mml.ox.ac.uk/ [sitio web do Prof. Stephen Prkinson].

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

47

Vicente Risco

(Ourense, 1884 Ourense, 1963) Por John Rutherford. Acadmico de honra

1981
Das das Letras Galegas

Risco est considerado como o mximo terico do nacionalismo galego. Pero as sas teoras teen unhas bases insucientes: rexeitamento da modernidade, esoterismo, irracionalismo, racismo. E as Risco mirou o nazismo e o franquismo con mis benevolencia da que merecan. O Risco que importante na construcin do pas non , pois, o pensador senn o narrador, o renovador da narrativa galega, o autor dO porco de p; o Risco que sabe combinar unha nsima retranca cunha feroz crtica social; o Risco que nos explica que a alta burguesa merca o ABC porque de bo ton facelo e, ademais, ten moitas pxinas e nunha casa onde se come ben fai gran servizo.
Obras escollidas Teora do nacionalismo galego, 1920. O porco de p, 1928. O Bufon del-rei: drama en catro pasos, 1928. Mitteleuropa, 1934.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

49

1982
Das das Letras Galegas

Lus Amado Carballo


(Pontevedra, 1901- Pontevedra, 1927) Por Xon Babarro Gonzlez. Acadmico correspondente

AMOR: Porei o meu corazn pra que alume o teu vieiro. Asomareime aos teus ollos para ollar o claro ceo. MAR: O acorden borracho fala ingls, alemn... No carro das mouras nubes vn do sur o temporal. ABRENTE: A campa aterecida abre os ollios mollados. Na catedral do abrente hoxe casan os paxaros. DESCONSOLO: Ai, amante, amante, cando voltars? Un triste cantar pendura nas ponlas daquel pieiral. OUTONO: Velo a vai o sol, abuado, tristeiro... Naceu entre as nubes o Outono frieiro. Desde a estrela devanceira, mando estas mias lembranzas coa mansa nboa mareira. O GALO PROEL
Obras escollidas Maliaxe, 1922. Os probes de Deus, 1925. Proel, 1927. O galo, 1928.

Todas as Letras do Das das Letras Galegas

51

Manuel Leiras Pulpeiro


(Mondoedo, 1854 Mondoedo, 1912) Por Xos Lus Regueira Fernndez. Acadmico numerario electo

1983
Das das Letras Galegas

Manuel Leiras Pulpeiro naceu e viviu en Mondoedo, onde era mdico. Anda sendo de clase acomodada, estivo sempre do lado dos labradores e dos pobres. Fxoo como mdico, preocupado polas condicins en que viva a xente humilde. E como poeta dedicou a maior parte da sa obra a cantar os costumes, a vida e os sentimentos da xente da Maria. Leiras coeca moi ben a lingua popular, moi rica en lxico e en xiros expresivos, e con ela soubo compoer fermosos poemas. Ademais recolleu un extenso vocabulario, as como refrns e frases feitas. O amor pola Maria e pola sa xente, sobre todo polos labradores, est presente en toda a vida e a obra deste home bo e xeneroso.
Obras escollidas Cantares gallegos, 1911. Obras completas, 1983 [edicin de Xess Alonso Montero]. Costumes antigos na Galiza, 1998 [edicin de Ramn Reimunde].

NDICE 11 13 15 17 19 21 23 25 27 29 31 33 35 37 39 41 Rosalia de Castro 1963


Por Luz Pozo Garza. Acadmica numeraria

43 45 47 49 51 53 55 57 59 61 63 65 67 69 71 73 75

Manuel Antonio 1979


Por Xos Lus Axeitos. Acadmico numerario

Afonso X, o Sabio 1980


Por David Mackenzie. Acadmico correspondente

A. Daniel Rodrguez Castelao 1964


Por Xos Neira Vilas. Acadmico numerario

Vicente Risco 1981


Por John Rutherford. Acadmico de honra

Eduardo Pondal 1965


Por X. L. Mndez Ferrn. Acadmico numerario

Lus Amado Carballo 1982


Por Xon Babarro Gonzlez. Acadmico correspondente

Francisco An Paz 1966


Por Ana Isabel Boulln Agrelo. Acadmica correspondente

Manuel Leiras Pulpeiro 1983


Por Xos Lus Regueira Fernndez. Acadmico numerario electo

Manuel Curros Enrquez 1967


Por Xess Alonso Montero. Acadmico numerario

Armando Cotarelo Valledor 1984


Por Euloxio Rodrguez Ruibal. Acadmico numerario

Florentino Lpez Cuevillas 1968


Por Carlos Garca Martnez. Acadmico correspondente

Antn Losada Diguez 1985


Por Manuel Caamao Surez. Acadmico correspondente

Antonio Noriega Varela 1969


Por Xos Henrique Monteagudo Romero. Acadmico numerario

Aquilino Iglesia Alvario 1986


Por Gonzalo Navaza. Acadmico correspondente

Marcial Valladares Nez 1970


Por Antn Santamarina Fernndez. Acadmico numerario

Francisca Herrera Garrido 1987


Por Andrs Fernndez-Albalat Lois. Acadmico numerario

Gonzalo Lpez Abente 1971


Por Xos Mara Lema Surez. Acadmico correspondente

Ramn Otero Pedrayo 1988


Por Ramn Villares Paz. Acadmico numerario

Valentn Lamas Carvajal 1972


Por Vctor Fernndez Freixanes. Acadmico numerario

Celso Emilio Ferreiro 1989


Por Alba Nogueira. Acadmica correspondente

Manuel Lago Gonzlez 1973


Por Andrs Torres Queiruga. Acadmico numerario

Lus Pimentel 1990


Por Olivia Rodrguez Gonzlez. Acadmica correspondente

Xon Vicente Viqueira 1974


Por Francisco Cervio Gonzlez. Acadmico correspondente

lvaro Cunqueiro 1991


Por Manuel Rivas. Acadmico numerario

Xon Manuel Pintos Villar 1975


Por Xos Henrique Costas Gonzlez. Acadmico correspondente

Fermn Bouza Brey 1992


Por Fernando Acua Castroviejo. Acadmico correspondente

Ramn Cabanillas 1976


Por Francisco Fernndez Rei. Acadmico numerario

Eduardo Blanco Amor 1993


Por Craig Patterson. Acadmico correspondente

Antn Villar Ponte 1977


Por Margarita Ledo Andin. Acadmica numeraria

Lus Seoane 1994


Por Xos Fernndez Ferreiro. Acadmico numerario electo

Antonio Lpez Ferreiro 1978


Por Pegerto Saavedra Fernndez. Acadmico numerario electo

Rafael Dieste 1995


Por Salvador Garca-Bodao Zunzunegui. Acadmico numerario

77 79 81 83 85 87 89 91 93 95 97 99 101 103 105 107 109

Xess Ferro Couselo 1996


Por Francisco Cidrs. Acadmico correspondente

nxel Fole 1997


Por Lus Manuel Garca Ma. Acadmico correspondente

Martn Codax, Mendio e Xon de Cangas 1998


Por Ramn Lorenzo Vzquez. Acadmico numerario

Roberto Blanco Torres 1999


Por Fernando Lpez-Acua Lpez. Acadmico correspondente

Manuel Murgua 2000


Por Xos R. Barreiro Fernndez. Acadmico numerario

Eladio Rodrguez Gonzlez 2001


Por Manuel Gonzlez Gonzlez. Acadmico numerario

Frei Martn Sarmiento 2002


Por Hctor M. Silveiro Fernndez. Acadmico correspondente

Xos Antn Avils Vinagre 2003


Por M Dolores Snchez Palomino. Acadmica correspondente

Xaqun Lorenzo Fernndez 2004


Por Xos Manuel Gonzlez Reboredo. Acadmico correspondente

Manuel Lorenzo Varela 2005


Por Fausto Galdo. Acadmico correspondente

Manuel Lugrs Freire 2006


Por Xess Ferro Ruibal. Acadmico numerario

Mara Mario 2007


Por Rosario lvarez Blanco. Acadmica numeraria

Xos Mara lvarez Blzquez 2008


Por Daro Xohn Cabana Yanes. Acadmico numerario

Ramn Pieiro 2009


Por Francisco Daz-Fierros Viqueira. Acadmico numerario

Uxo Novoneyra 2010


Por Augusto Prez Alberti. Acadmico correspondente

Lois Pereiro 2011


Por Xulio Ros. Acadmico correspondente

Valentn Paz Andrade 2012


Por Bernardino Graa Villar. Acadmico numerario