Está en la página 1de 5

1 Completar as definicións seguintes:

a) Masa é a cantidade de _______________ que ten un corpo e a súa unidade no S.I. é ______________.
b) A unidade de volume no S.I. é o ______________. Representa o volume de _____________ de 1 m de lado.
c) As propiedades ______________ dos sistemas materiais NON permiten identificar un tipo de substancia
concreta.
d) "Kg" defínese no S.I. como __________________.

Solución:
a) Masa é a cantidade de MATERIA que ten un corpo e a súa unidade no S.I. é O QUILOGRAMO.

b) A unidade de volume no S.I. é o METRO CÚBICO. Representa o volume dun CUBO dun m de lado.

c) As propiedades XERAIS dos sistemas materiais NON permiten identificar un tipo de substancia concreta.

d) En 1889 definiuse o quilogramo como a masa dun cilindro patrón de platino-iridio que se garda en París. No SI, o
quilogramo é a única unidade que aínda se basea nun patrón real.

2 No laboratorio realizamos as operacións que se reflicten no debuxo. Calcula a densidade do líquido,


describindo o proceso.

180 g 265 g
80 cm3

vaso vacío vaso lleno

Solución:
Calculouse en primeiro lugar a masa do vaso baleiro para poder coñecer a da substancia que poñamos no seu
interior.
A continuación deposítase unha substancia no interior do vaso e calcúlase a súa masa sendo esta de:
265 - 180 = 85 g
Dividimos entre o volume da dita substancia e calculamos o valor da densidade.
M 85
d= = = 1,0625 g / cm3
V 80

3 2. Completa a táboa seguinte a partir dos datos:


DATOS
masa
volume
substancia

Substancia
densidade

2 kg

mercurio

auga
1000 kg/m3

200 litros
auga

gasolina
680 kg/m3

_____ gramos
750 dm3
gasolina

mercurio
13600 kg/m3

Solución:
masa
volume
substancia

Substancia
densidade

2 kg
1,47·10-4 m3
mercurio

auga
1000 kg/m3

200 kg
200 litros
auga

gasolina
680 kg/m3

510000 gramos
750 dm3
gasolina

mercurio
13600 kg/m3

4 A densidade do cobre é 8,9 g/cm3. Que masa corresponde a un lingote de cobre de 35 x 35 x 20 cm?

Solución:
Achamos o volume: 35 · 35 · 20 = 24 500 cm3
Así pois: masa = V · d = 24 500 · 8,9 = 218 050g = 218 kg.

5 A táboa seguinte mostra os tempos de quentamento dunha mostra de cera e as conseguintes temperaturas
que adquire.

Temperatura ºC
30
50
50
50
100
150
200
200
200
245

Tempo (min)
0
2
4
6
8
10
12
14
16
18

a) Representar a temperatura fronte ao tempo en minutos.


b) Cal é a temperatura de fusión e de ebulición desta cera?
c) Que significan os tramos horizontais?

Solución:
a) A gráfica é a seguinte:

Da gráfica dedúcese que a temperatura de fusión é de 50ºC e a de ebulición é de 200ºC.


b) Os tramos horizontais son aqueles nos que a cera absorbe calor e emprégao en cambiar de estado, co que non
se ve modificada a súa temperatura. A cantidade de calor que hai que subministrar a un gramo de substancia para
que cambie de estado chámase calor latente (de fusión ou de vaporización).

6 Na columna da esquerda danse algunhas afirmacións que se corresponden cun dos tres estados de
agregación que aparecen á dereita. Unir con frechas as afirmacións co seu estado correspondente (un ou
máis de un).
1. Teñen forma propia.

SÓLIDOS

2. Flúen con facilidade.

3. Expándense con moita facilidade.

LÍQUIDOS

4. Difíciles de comprimir.
5. A súa densidade varía coa temperatura.

GASES

6. O seu volume é fixo.

7. Ocupa o volume do recipiente.

Hai algunha propiedade que poida aplicarse aos tres estados? Explicalo.

Solución:
Algunhas propiedades fan referencia, en efecto, a varios estados:
1. Refírese só aos sólidos.
2. Pode ser tanto de sólidos como de gases.
3. Só para gases.
4. Pode describir a sólidos e líquidos.
5. Esta sería a propiedade á que se refire o apartado b). En realidade, os cambios bruscos danse nos gases, pero
falando con propiedade todas as substancias modifican o seu volume coa temperatura, aínda que sexa moi
lixeiramente. Polo tanto, a densidade sempre depende da temperatura.
6. Teñen volume fixo os sólidos e líquidos (isto é aproximado, como se indica no punto anterior).
7. Só os gases ocupan todo o volume do recipiente.

7 Localizar a afirmación correcta:


a) Condensación é o paso de líquido a gas.
b) Vaporización é o paso de sólido a gas.
c) Sublimación é o paso de gas a sólido.
d) Fusión é o paso de líquido a sólido.

Solución:
A resposta correcta é a c).

8 Interpretar a seguinte contradición:


Cando a auga chega a 100ºC pasa do estado líquido ao gasoso. Non obstante, a auga dun prato pode pasar
a fase vapor completamente, sen chegar a acadar os 100ºC en ningún momento.

Solución:
Non é unha contradición, senón unha consecuencia fácil de explicar a partir da teoría cinética. En realidade, hai un
equilibrio constante entre as moléculas da superficie dun líquido que pasan a fase gasosa e viceversa. Se son
algunhas máis as que van de líquido a gas que de gas a líquido, a auga do prato acabará evaporándose. Iso ocorre
a todas as temperaturas. O dito equilibrio rómpese no punto de ebulición en que todas elas tenden a fase gasosa.

9 Relacionar a dilatación dos corpos coa teoría cinética. No debuxo, represéntase un globo cuxo extremo
está acoplado ao colo do matraz. Explicando o exemplo, comparar con sólidos e con gases.
1º 2º

mechero mechero

Solución:
Ao subir a temperatura aumentou a presión; como as paredes son elásticas, aumenta tamén o volume. Este
aumento de volume ocorre sen que se modifique a súa masa: o mesmo número de partículas estendeuse ata
ocupar todo o espazo posible.

Este fenómeno, que chamamos dilatación, é moito máis intenso nos gases que en líquidos e sólidos. Nestes, a
intensidade das forzas de cohesión oponse á dilatación.

10 O tubo de ensaio contén certo líquido cuxo volume se mide en cm 3. Que ocorre cuando se quenta? Se a
masa de líquido é 13,2 g:
a) Que ocorre cos valores da masa e o volume?
b) Achar a densidade en cada caso e extraer unha conclusión.

Solución:
a) Ao aumentar a temperatura aumenta a enerxía cinética media das partículas de líquido e estas sepáranse,
aumentando o volume do líquido. Dicimos que este se dilata. A propiedade da masa, porén, non sofre variación:
seguen sendo 13,2 g antes e despois de quentar. É lóxico, polo tanto, que cambie a densidade.

b) Primeiro caso: a densidade será d = m/V = 13,2 g/11 cm3 = 1,2 g/cm3.
Unha vez que se dilatou, queda: d = 13,2 g/13 cm3 = 1,02 g/cm3.
De aquí podemos extraer a conclusión de que a densidade, a pesar de ser unha constante para cada substancia,
só o é a unha temperatura dada.

También podría gustarte