Está en la página 1de 1

Bizancio e o Imperio carolinxio Tema 1 2º ESO

VOCABULARIO TEMA 1 BASILEUS: é quen concentra todo o poder. O emperador tiña o carácter de basileus. CISMA DE ORIENTE: A rivalidade entre o patriarca de Constantinopla e o papa de Roma para ser o primeiro sobre a cristiandade rematou en 1054 coa separación entre as igrexas oriental e occidental, o Cisma de Oriente. A Igrexa oriental permaneceu baixo a autoridade do patriarca de Constantinopla e pasou a denominarse Igrexa ortodoxa, mantendo os primitivos costumes cristiáns. CONDADOS: Carlomagno para gobernarse axudouse de funcionarios, e organizou o territorio en condados dirixidos por condes e en marcas dirixidas por un marqués. CORPUS IURIS CIVILIS: Códice onde Xustiniano recompila as Leis. ICONAS: imaxes de temática relixiosa, na súa maioría pintadas sobre táboa, que utilizaban habitualmente o dourado na representación. IMPERIO BIZANTINO: a denominación procede reconstruída polo emperador Constantino no ano 330. de Bizancio, cidade

IMPERIO CAROLINXIO: O territorio que conquistou Carlomagno para volver restablecer o imperio romano. LATIFUNDIO: Terra de cultivo de grandes dimensións. Pertencían á aristocracia e eran os servos os que as traballaban. Nestas terras producíase todo o necesario. RESERVA: É a parte do latifundio que se reserva para o dono. Todo o que se producía na reserva era para o propietario da terra. REINOS XERMÁNICOS: son os reinos que formaron os pobos xermánicos na zona occidental do antigo imperio romano. En Italia asentáronse os ostrogodos, en Francia os Francos, os burgundios en Borgoña, os visigodos no centro e sur de Hispania, os suevos en Gallaecia, en Britania os anglos, saxóns e os bretóns e no norte de África os vándalos. RESERVA: Os latifundios dividíanse en dúas zonas: unha reserva cuxos produtos eran para o propietario e pequenas parcelas explotadas por campesiños. STRATEGOS: xefes políticos e militares no imperio bizantino. THÈMAS: son cada unha das provincias nas que se dividiu o Imperio Bizantino.