Está en la página 1de 2

El Clima

Tema. O CLIMA DA PENÍNSULA IBÉRICA

Tempo: É o estado da atmosfera (temperatura, precipitacións e presión) nun momento


e nun punto determinado da terra. O estudio científico do tempo denomínase
meteroloxía.
Clima: Estado medio da atmósfera nun lugar concreto e durante un período de tempo
non inferior a 30 anos.
Presión atmosférica: É a presión exercida polo peso da atmosfera sobre a superficie
da terra.A presión media a nivel do mar é de 1.013,25 milibares.
Milibar: (mb). É a unidade que se utiliza para medir a presión atmosférica.
Barómetro: é o instrumento para medir a presión atmosférica. Foi inventado en 1643
por Torricelli.
Isóbara: é a liña que une os puntos de igual presión atmosférica. Utilízanse nos
mapas do tempo con intervalos de 4 en 4 mb.
Anticiclón: Son centros de altas presións. Nos mapas de isobaras esta é superior
aos 1014 mb. E representase cunha A. Son centros emisores de ventos e estes xiran
no sentido das agullas do reloxo no hemisferio norte e no sentido contrario no
hemisferio sur. Os anticiclóns poden ser térmicos (permanecen un tempo sobre a
superficie terrestre) e dinámicos (son centros permanentes e soen localizarse sobre
os océanos por norma xeral). As zonas dominadas polos anticiclóns son areas de
tempo estable.
Borrasca: En metereoloxia identifícase cunha área de baixas presións. Nos mapas de
isóbaras esta é inferior a 1.014 mb. e represéntase cunha B. Son centros receptores
de ventos e estes xiran no sentido contrario ás agullas do reloxo e no sentido das
agullas do reloxo no hemisferio sur. Onde se sitúa unha borrasca prodúcese tempo
inestable.
Pantano barométrico: É o campo de presión que presenta un gradiante moi baixo e
cunha presión moi pouco definida, de tal maneira que apenas aparecen isóbaras nos
mapas alí onde se atopan, e no caso de aparecer forman núcleos con valores moi
próximos á presión media. No inverno, esta figura orixina un tipo de tempo
caracterizado pola presenza de néboas, mentres que no verán da tormentas.
Fronte: Separación entre dúas masas de aire con características diferentes.

Corrente en chorro: É un “cinto” estreito de ventos do oeste que circula a grande


altura (12.000 km) nas latitudes temperadas. A súa velocidade varía, aínda que a
súa velocidade media é superior aos 100 km/h e é o causante do tempo na
superficie. Por exemplo, a evolución do fronte polar está guiada pola corrente en
chorro. Recibe o nome de Jet Stream.

Gota fría: Trátase dunha depresión pechada localizada nos niveis altos da
atmosfera, consistente nun embolsamento de aire frío rodeado doutro de aire máis
cálido.
Barlovento: Ladeira ou vertente exposta á acción directa dos ventos dominantes, que
normalmente recibe maior cantidade de precipitacións. É o oposta a sotavento.

Sotavento: Ladeira o lado protexido do vento. É o oposto a barlovento.


Brisa: É un vento de intensidade débil, entre forza 2 (brisa lixeira) e forza 6
(brisa forte).
Radiación: Modo de transmisión da enerxía calorífica e luminosa entre dous corpos
sen contacto material, mediante ass ondas electromagnéticas que poden atravesar o
vacio. Desta maneira chega á Terra a enerxía solar. Tamén a terra emite enerxía
cara o espazo, aínda que é absorvida pola atmosfera.
Insolación: É a cantidade de radiación solar difusa e directa que alcanza a
superficie da Terra. Xoga un papel importante na definición das zonas climáticas.
Aínda que a Terra recibe unha cantidade moi pequena do Sol, esta é vital para a
posta en marcha dos mecanismos terrestres e atmosféricos.
Isoterma: Liña que une los puntos con igual temperatura.

Amplitude térmica: É a diferenza entre a temperatura máxima e mínima, poder ser


diaria, mensual ou anual.
Inversión térmica: Fenómeno meteorolóxico que se produce cando unha capa de aire
quente sitúase por encima dunha capa de aire frío. Produce néboas persistentes e
nas grandes cidades un aumento dos niveis de contaminación do aire. As inversións
máis comúns se producen no fondo dos vales no inverno (néboas no fondo e sol nas
alturas).

1
El Clima

Calima: (Bruma) Fenómeno semellante á néboa pero de menor intensidade. Algunhas


calimas urbanas ou das zonas industriais son debidas á contaminación e non a
núcleos de condensación de humidade.
Solaina: Ladeira de colina ou montaña orientada ao sur, favorable ao asentamento
das poboacións e á agricultura por la grande cantidade de sol que reciben.
Umbría: O contrario de solaina. Ladeira de colina ou montaña orientada ao norte,
que non recibe los raios do sol.
Réxime térmico: Evolución das temperaturas ao longo do ano.
Evaporación: Cambio de estado polo que a materia pasa de líquida a gaseosa.
Referido ao auga terrestre, é unha das fases do chamado ciclo hidrolóxico.
Humidade atmosférica: Fai referencia á cantidade de vapor de auga na atmosfera
proveniente de la evapotranspiración.
Seca: Período prolongado no que non se producen precipitacións apreciables.
Condensación: Proceso por lo que o vapor de auga contido no aire pasa a estado
líquido, formando nubes, néboas e débiles chuvias.
Precipitación: Auga que cae en estado sólido ou líquido e se deposita na superficie
da terra a consecuencias dos procesos atmosféricos. Existen varios tipos de
precipitacións; chuvia, auga neve, neve, granizo, etc.
Isoyeta: Liña que nun mapa une todos os puntos con igual precipitación.
Réxime pluviométrico: Distribución pluvial de precipitacións caídas durante un
ano. Existen varios réxime s pluviométricos: oceánico, continental, mediterráneo,
tropical, ecuatorial.
Déficit hídrico: Termo que se usa para indicar la escaseza de auga na superficie
terrestre. Orixínase cando se supera o límite da aridez, na que o volume de
precipitacións e de evaporación se igualan.
Aridez: Sequidade, ausencia o escaseza de humidade produto de situacións
atmosféricas ou climáticas que ocasionan a ausencia ou o déficit de precipitacións,
forte insolación, etc.
Microclima: Clima dun área específica, de mo reducidas dimensións, que presenta
contrastes co área na que se atopa inserta. Pode ser de orixe natural, como el de
unha ribeira, o descampado do bosque, etc., o de orixe humano como o caso dunha
cidade o de unha zona ao abrigo de unha ladeira ou cortavento.

Clima urbano: Clima local asociado a aquelas extensións construídas nas que se
modificou considerablemente o macroclima polas edificacións, é dicir, as
temperaturas están influídas polas masas de formigón, polas emisións das
calefaccións, ou das industrias, etc..
Rocío: Condensación do vapor de auga do aire en contacto co solo en forma de gotas
de auga, que se produce por descenso nocturno da temperatura e saturación de
humidade.