Está en la página 1de 15

Caricatura de Álvaro Cunqueiro, orixinal de Antonio Palla.

ÁLVARO CUNQUEIRO

CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

1911-2011

ÁLVARO CUNQUEIRO
Álvaro Cunqueiro Mora naceu na vila luguesa de Mondoñedo un 22 de decembro de 1911. Estudou o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico de Lugo, en 1921, e foi alí onde trabou unha boa amizade con Ánxel Fole. Comezou os estudos de Filosofía e Letras na universidade compostelá, no ano 1927, estudos que abandonou para dedicarse ao periodismo. Durante esta etapa compostelá acudía regularmente ás tertulias do Café Español, onde coincidía cos intelectuais galegos como Fernández del Riego, Torrente Ballester, García Sabell, Carballo Calero, Carlos Maside... Álvaro Cunqueiro foi un dos primeiros membros do Partido Galeguista, aínda que máis tarde ao parecer militou na Falanxe Española, partido contrario aos intereses que anteriormente defendía . Dende o comezo da Guerra Civil Española colaborou en diversas publicacións franquistas e antigalegas.

1

Retrato de Cunqueiro, obra de Carlos Maside

Casa natal de Álvaro Cunqueiro, en Mondoñedo

ÁLVARO CUNQUEIRO
Ao remate da Guerra Civil e co triunfo do bando franquista, Álvaro Cunqueiro estableceuse en Madrid, traballando como redactor do diario ABC. Un turbio asunto relacionado cun intento de tráfico de influencias fixo que se lle retirara o carné de periodista, regresando un par de anos despois a Galicia onde, baixo seudónimos, comezou a colaborar en diversos medios de comunicación. Serán habituais os seus artigos no diario compostelán La Noche, así como en La Voz de Galicia, La Región... Nos anos cincuenta comezou a colaborar no diario vigués El Faro de Vigo. Entrou como redactor de plantilla, chegando ao pouco tempo a subdirector e posteriormente a director, cargo que exerceu durante cinco anos. Durante a súa permanencia en El Faro de Vigo escribiu centos de artigos e usando numerosos seudónimos: Patricio Mor, Álvaro Labrada, Manuel María Seoane...

2

Catedral de Mondoñedo, Lugo

Cunqueiro, nunha caricatura de Ugalde, publicada no diario ABC

A SÚA OBRA LITERARIA

3

En 1932 publicou o seu primeiro libro de poemas, Mar ao Norde, e en 1933 Poemas do si e non e Cantiga Nova que se chama Riveira. Durante o tempo que se adicou ao xornalismo pertenceu as redaccións de varios xornais, como La Voz de España, de San Sebastián, ABC, de Madrid... sendo subdirector da revista Vértice e director de Santo y Seña así como director, durante cinco Caricatura de Cunqueiro para a Exposianos, do xornal El Faro de Vigo. ción do seu Centenario organizada pola Ao principio da súa vida literaria Cunqueiro Deputación de Lugo escribiu en idioma castelán, iniciando a súa obra narrativa en galego en 1955, coa obra Merlín e familia á que seguirán As crónicas do Sochantre constituída por unha colección de historias ouvidas ou vividas polo protagonista. Se o vello Sinbad volvese ás illas, publicada en Vigo no 1961 toma un asunto do conto oriental As mil e unha noites. Escola de Menciñeiros (1960) e Xente de aquí e acolá (1971) son dúas obras que conteñen semblanzas de xentes comúns, menciñeiros no primeiro libro e personaxes imaxinarios no outro.
Fonte Vella de Mondoñedo, a carón da casa de Álvaro Cunqueiro

OUTROS TEXTOS

4

En 1959 publica O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, no que nos ofrece unha interpretación moi persoal da tradición recollida por Shakespeare. A noite vai coma un río, premiada en Lugo en 1960, é para algúns críticos o texto dramático galego máis importante de todos os tempos. Esta obra é unha comedia poética que, ás veces, resulta esperpéntica. Estas dúas obras están recollidas no volume titulado don Hamlet e tres pezas máis nas que se inclúen as obras Función de Romeo e Xulieta famosos namorados e Palabras de víspera, na que aparece a figura de don García, o último rei de Galicia. Pero Álvaro Cunqueiro non só escribiu obras literarias, tamén escribiu libros de cociña, en galego e castelán: La cocina gallega de Occidente (Barcelona, 1969), A cociña galega (Vigo, 1973) e Teatro venatorio y coquinario gallego (Vigo, 1958), en colaboración con José María Castroviejo.

Estatua de Álvaro Cunqueiro na súa vila natal

MIL PRIMAVERAS MÁIS...

5

O 21 de abril de 1963 foi recibido no seu Mondoñedo natal, como membro da Real Academia Galega. Ocuparía a cadeira deixada polo poeta Ramón Cabanillas. O seu discurso de ingreso, Tesouros novos e vellos. Algunhas imaxinacións sobre tesouros, foi publicado pola editorial Galaxia un ano despois. Moitas das súas obras recibiron premios: O Premio Gil Vicente, en 1933, pola súa obra Cantiga nova que se chama Riveira, o Premio Nacional da Crítica, en 1958, por As Crónicas do sochantre, o Valle Inclán de teatro galego, en 1960, pola súa obra A noite vai coma un río, o Nadal, en 1968, por Un hombre que se parecía a Orestes. Álvaro Cunqueiro Mora faleceu na cidade de Vigo en 1981. Os seus restos repousan no cemiterio de Mondoñedo. Na súa lápida pódense ler dous epitafios: «Aquí xaz alguén que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis» e «Louvado sexa Deus que me permitiu facerme home neste grande reino que chamamos Galicia».

Sepultura de Álvaro Cunqueiro no cemiterio de Mondoñedo

NO NIÑO NOVO DO VENTO
No niño novo do vento hai unha pomba dourada meu amigo! quen poidera namorala. Canta o luar e o mencer en frauta de verde olivo. Quen poidera namorala meu amigo! Ten aires de flor recente cousas de recén casada meu amigo! Quen poidera namorala. Tamén ten soma de soma e andar primeiro de río. Quen poidera namorala meu amigo!
Cantiga nova que se chama Riveira, 1980. Salto do Coro, en Mondoñedo

6

Castelo na Bretaña francesa

DONA DO CORPO DELGADO

7

A dama que ía no branco cabalo levaba un pano de seda bordado. Na verde flor as letras van de amor! O cabaleiro do cabalo negro levaba unha fita colléndolle o pelo. Na verde flor as letras van de amor! No meio do río cambiaron as vistas, el para o pano e ela pra fita. Na verde flor as letras van de amor! As vistas lles viron no río cambiar e o pano e a fita por se namorar. Na verde flor as letras van de amor!
Dona do corpo delgado, 1950 Castelo na Bretaña francesa

Bretaña francesa

MERLÍN E FAMILIA
O RELOXO DE AREA

8

Chegou pois don Felices co seu reloxo de area, que era unha peza moi requintada de arte toledán, con dúas cobras por asas, o cristal do vaso rosado, os pés catro cabezas de anxiños, as columnas semellando viñas moi abondosas en acios, e todo o coronaba un espello como a unlla do meñique, montado nunha onza de ouro de El Rei don Carlos III. O arranxo que pedía don Felices era que ao espelliño voláraselle o azougue cando lle estaba adiviñando na feira de Viana do Bolo, a querencia dunha moza ao señorito de Humoso. A compostura non era auga de maio, que faguía falla azougue italián serenado, e xa metidos en obras e gastos conviña mudarlle tamén a area ao reloxo...

AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE
AS HISTORIAS
A xerra de cervexa andaba de man en man e de boca en boca. O señor sochantre facíase un algo de forza para pór os seus beizos por onde bebían os mortos, e quen partía o xamón era o médico Sabat, que por certo toraba con moito xeito cun grande coitelo gascón. Moi depreso de pementa, non se lle botaba en falla ao xamón o sal. Os defuntos rillaban a modo, caladamente, uns de pé, outros sentados no chan e a madame de Saint-Vaast, moi envolveito o busto no seu boá de prumas coloradas, no cabás de monsieur de Nancy. Dáballe á xerra un tento o sochantre cando no adro sentíronse pisadas de home que gastaba zocos cravados. -Xa está aí, señor fidalgo de Quelven, o capitán de Combourg. Que non vos corte a cal a dixestión! -dixo o médico Sabat. Entraba un outo esquelete, moi desenvolto de andar, arrastrando grande espada, e no lombo esquerdo traía pousado o esquelete dun paxaro.

9

SE O VELLO SINBAD...

10

Sinbad é alto, apeitado, e ten andar de moita gravedade, aínda que teña a perna dereita un chisco máis curta que a esquerda; ten barba branca moi mesta e sen partir, e case todos os xoves coa navalla de pulso faille un arredondo, e para que se lle volva na punta pon polas noites brizadoras de pausanto. Gasta sempre turbante de dril tirando a marrón, e é moi encellado, e por debaixo da silva pilosa amosa a alma polos grandes ollos mouros. Digo que amosa a alma pola inocencia e entusiasmo do seu ollar, porque os ollos seus non calan nada, nin bulras nin veras, e adiantándose, cando Sinbad fala, ás verbas súas, alertando, sorrindo, atristando. Ás veces poidérase ver países en festa nos ollos seus.

TESOUROS NOVOS E VELLOS

11

As máis das fadas están gardando os tesouros en figura de vella fea, os ollos pitañosos, sen dentes, coxas, vestindo roupa mendada e cocha, e dan o tesouro a quen lles dea un bico na boca. Entón, aparecen no seu natural fermosísimo, como se lle apareceu a Niall, o máis novo dos fillos de Eochaid, a vella da fonte. Esta historia coñeceuna Chaucer. A vella trocouse na máis fermosa doncela do mundo: dentes como pérolas, ollos grandes e rexios, a boca roxa coma o froito do freixo. -Quen es?, preguntoulle el. O poder Real, son eu, dixo ela. Rei de Tara, eu son o poder real. Vai cos teus irmáns e leva contigo a auga. De hoxe en adiante para ti e para os teus fillos ha de ser para sempre o reinado e a forza suprema.

XENTE DE AQUÍ E DE ACOLÁ
CANDO PENEDO FOI DE CAZA

12

Penedo de Oirán mercou unha escopeta de segunda man e botouse ao monte, novato cazador aos cincuenta anos cumpridos. Tiña moi boa vista, que el coidaba que era o mellor que había para trunfar na venatoria. Ensiñoulle algo un escolante salmantino que fora destinado a Oirán. Un día Penedo ergueuse cedo e foi aos montes de Pereiro a cazar á espera. Sentouse medio escondido nunha xesteira, escopeta disposta. Estivo sen moverse unha hora, agardando, sin que se lle pasara nada por diante dos ollos. Aquilo non sería campo de Salamanca. Non fumou, non se moveu, non asubiou. En esto estaba, en seguir calado e quediño outra hora, cando veu unha pega a pousárselle no canón da escopeta. Penedo nin se moveu.

OS OUTROS FEIRANTES
XOSÉ LIÑEIRAS

13

Este Xosé naceu con seis dedos na man dereita e outros seis no pé esquerdo. Era coñecido na súa aldea por Pepiño Seisdedos, aínda que el sostiña que, en puridade, debían chamarlle Pepiño Vinte e dous dedos. Unha tía súa que vivía na Habana veu pasar unha tempada a Galicia, e contoulle a Pepiño que ela escoitáralle á súa nai que o seu pai e o seu avó -é dicir, o bisavó e mailo trisavó de Pepiño-, xa tiveran seis dedos cadaquén na súa man dereita. O dos seis dedos era, pois herdanza familiar, e Pepiño, que acababa de casarse cunha guapa moza de Xanceda, e celebrada a voda por todo o alto en Ordes, -a primeira voda de por alí na que houbo xeado de chocolate de postre, por consello da tía habanera-, xa estaba pensando en fillos con seis dedos, e en chegar a un neto coa mesma novidade...

A NOITE VAI COMA UN RÍO
ESCENA I

14

Ama Modesta e varias mulleres aldeás vestíndose, atando fardelos, recollendo roupa en cestos. Unha ten un neno no colo. MULLER I Hai que irse! Xa vai para unha hora que amence. MULLER II Aquí crarexa primeiro pola banda do mar e na miña terra, por tras os montes. MULLER III Hai moitos montes? Nós fuximos dos chans do pan. MULLER II Os montes, como son moitos e tan altos, parece que non houbera outra terra no mundo máis que eles. Nós estabamos nunha cunquiña de pasteiros e prados, con catro vacas. AMA MODESTA Deixastes a facenda? MULLER II Viñeron pola noitiña os soldados e deitáronse no palleiro. Deloutro día leváronse as vacas. Un gordo, ao que lle decían si señor a cada paso, deunos un papel selado: «Cando remate todo, oito vacas a estes», di. O gordo era moi bebedor e palaciano e, ao falarche, dábache cachetadiñas nos papos. Non parecía home de guerra, agás polo gorro. ...

Intereses relacionados