Está en la página 1de 1

Lorena Otero

Caso 004

A imaxe que se mostra contén un título dunha noticia de Radio Televisión Española,
cuxo titular di: “La calidad democrática se resiente en España durante la pandemia”. Se
collemos este mesmo título e o metemos nun buscador, como por exemplo Google, en
seguida nos leva á suposta noticia en cuestión. Aínda así, a noticia que nos aparece,
datada no mesmo día (29/06/2021), non ten exactamente o mesmo titular. A noticia
oficial di: “La calidad en España resiste durante la pandemia”.

Por outro lado, se escoitamos o audio adxunto a esta noticia, un audio de Las Mañanas
de RNE, observamos que tamén existe manipulación. En primeiro lugar o audio
completo que ofrece o medios dura 5:35, mentres que o audio que circula con esta
imaxe está recortado e dura 1:13. Ademais existen outros cortes no audio. Cando o
presentador lle pregunta ao director da Fundación Alternativas, Alberto Penades, sobre
a como evolucionou a calidade da democracia durante a pandemia, no audio real, el
afirma: “La valoración es positiva. Hemos remontado una situación que venía de malas
evaluaciones de años atrás y la evalución en conjunto es positiva. Luego, por supuesto,
hay aspectos muy críticos...”. Mentres que no audio falso comeza directamente dicindo
“Hay aspectos muy críticos”.

Máis adiante, hai de novo outra manipulación cando di: “El resultado en España (NO)
es de los malos”.

En definitiva, aínda que existen as declaracións e a noticia, no audio resulta manipulada


en cuestións moi concretas para que pareza o contrario do que verdadeiramente é, algo
que ocorre tamén no titular ao cambiar o verbo principal.

- Fonte: RTVE Play Radio Las mañanas con Íñigo Alfonso.


https://www.rtve.es/play/audios/las-mananas-de-rne-con-inigo-alfonso/calidad-
democratica-resiste-durante-pandemia/5962518/

También podría gustarte