Colexio “L a Inmaculada”.

Ponteareas Memoria de Actuación Abril 2007

Índice
O Magosto Plantación de castañas Visita ó monte Facendo o sementeiro Cría de gusanos de seda Desfile de Entroido Concurso Liga-Pilas A nosa paisaxe Visita a Naturnova Centros de flores Visita á Depuradora Municipal Día da ärbore na Picaraña Charla dos forestais Obra de teatro Xoguetes do lixo Poñendo a mesa

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

Un día ao aire libre disfrutando das tradicións

O MAGOSTO

No mes de novembro, comezan as celebracións no Colexio Inmaculada. Este curso fixo un día moi soleado o día do Magosto. O señor Antonio asa as castañas, e os nenos maiores as reparten en cucuruchos. Como actividade complementaria, cada neno planta unha castaña nun tetrabrick. Ata 300 se puxeron este ano...! Despois as colocamos cerca do muro da horta para que ninguén as estropee. Ao cabo de dous meses son protexidas cunha rede tupida para que non sofran nos meses máis duros de inverno. De cando en vez imos vixialas a ver se agroman. Por fin, na primavera saen as arboriñas como premio á nosa labor

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

TALLER DE TECNOLOXÍA
Confección das casiñas de paxaros

Alumnos de 2º de ESO fixeron no 2º trimestre as casiñas de paxaros destinadas a ser colocadas no monte Picaraña no día da Árbore. Para facelas tiveron que cortar as pezas de madeira coa caladora eléctrica, facer o burato e montar as pezas. Algúns utilizaron parafusos e outrs clavos. Quedáronlle moi ben . As pintaron de verde para mimetizalas coas follas. Despois foron polas clases de Infantil e Primaria a expricarlles aos máis cativos como as fixeran.

Os rapaces da ESO tamén se preocuparon de preparar uns pauciños para sinalizar os castiñeiros no lugar da plantación. Pintáronnos de vermello. En cada un deles fixeron un burato de dondo colgaron sendas etiquetas co nome da árbore e o do neno que a ía plantar. O Día da plantación este era o material que desde o cole subimos ao monte. O que parecen só paus son os castiñeiros plantados no magosto do ano 2005.

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

Moitas árbores quedaron destrozadas, casas e cortellos queimados, moitos animais feridos e moitos mortos. É sorprendente por exemplo o caso dos cabalos de Sabucedo. En Sabucedo, unha pequena localidade da provincia de Pontevedra que pertence ó concello de A Estrada, realízase dende fai moitos anos unha festa ancestral no mes de Xuño,de recoñecido Interese Turístico Nacional. Nesta festa os protagonistas son os cabalos. Cabalos salvaxes que se crían no monte de forma libre e eses días de festa se lles cortan as crines e se marcan. Debido o que aconteceu nos meses de verán,este ano non se poderán marcar os case 900 cabalos que xa teñen participado nesta gran festa, xa que algúns non están e outros están malferidos. Gracias a que os habitantes de Sabucedo lles deron de comer durante meses, algúns están xa recuperados, pero a festa este ano non será o mesmo. En canto ós efectos do fumo hai que dicir que chegaron a provocar perdas mortais como no caso de 2 das 4 víctimas mortais, morreron asfixiadas no seu coche. Incluso o fumo nubrou grandes cidades turísticas como Santiago de Compostela, Vigo ou Vilagarcía de Arousa, provocando incluso que algúns turistas se foran da comunidade a

Provincia Provincia Provincia Provincia

espois de tódolos desastres que lles tocou vivir ós galegos, eles seguen tirando cara adiante e loitando por recuperarse. Primeiro tocoulles vivilo do “Prestige”, logo a oleada de incendios que arrasou Galicia polos catro costados o pasado verán. A traxedia dos montes galegos foi unha das máis importantes sufridas en terras galegas cando o lume arrasou miles de hectáreas de monte, e o máis alarmante, foi de maneira intencionada. Os galegos non daban crédito as espantosas imaxes que estaban a observar a escasos metros das súas casas. Todo era unha inmensa tristura e fumareda espesa e negra que o cubría todo e o mataba todo. Ás casas chegaban os restos dos incendios e nas praias á xente se lles pegaban ó corpo os restos negros que chagaban a través do vento. O peor foi que se perdeu moita da identidade de Galicia, unha terra coñecida en tódolos recunchos do mundo non só pola súa gastronomía, costumes, festas e xente, senón que tamén e sobretodo, pola súa marabillosa paisaxe. Segundo os datos ofrecidos pola Xunta de Galicia o balance foi o seguinte, arderon 76.500 hectáreas de masa forestal en Galicia, divididas da seguinte maneira: de Pontevedra: 38.500 hectáreas de A Coruña: 28.000 hectáreas de Ourense: 8.000 hectáreas de Lugo: 2.000 hectáreas

D

Galicia, pobo triste pero loitador
Galicia agradeceu moito a axuda internacional que recibiu de países como Portugal, Italia e Francia. Tamén recibiu axudas doutras comunidades de España como a de Madrid e a cidade de Málaga, entre outras, que enviaron continxentes de bombeiros. O goberno central enviou a Galicia unha semana despois de que empezara a oleada, 25 efectivos do exército e 5 vehículos de material pesado. Había 10 hidroavóns do Exército do Aire e 2 facilitados polo goberno italiano. Voluntarios en tarefas de extinción tamén se sumaron á esta causa.Ningunha comunidade autónoma está preparada para soportar unha cadea de incendios como a que sufriu Galicia o pasado verán, pero é moi triste saber que Portugal, que nos presta axuda humana e técnica, ós que sómolos seus veciños do norte, teña para tódolo seu territorio tan só un par de hidroavións.Unha cousa queda clara, os cartos que un país ou unha comiunidade autónoma pode conseguir ten que saber moi ben en que invertelos. A información anterior sobre Portugal é a realidade, un país ten que ter polo menos uns mínimos para poder facerlle fronte as súas necesidades. Afortunadamente a situación actual do monte galego é outra, o monte estase a rexenerar moi ben gracias a multitude de persoas que están levando a cabo campañas e infinidade de traballos de repoboación. Pero o certo é que disto hai que aprender e tennos que valer para saber afrontar nun futuro outras catástrofes.Agora o que se pide é que non volva a suceder e que este verán que xa está a volta da esquina, veña tranquilo e en paz, sen ningún tipo de accidente.Dende o pobo galego criticouse moito a actitude do Goberno en canto ó traballo de extinción, prevención, ect…Tamén é certo que controla-la situació é complicado posto que a meirande parte dos montes son privados, pero o que en Galicia aconteceu non era normal, ademais de estar incontrolado. Non é normal que unha finca ou un monte poda presentar este aspecto nos meses de risco de incendios (verán).Os montes deben permanecer sempre limpos e hai que desbrozalos polo menos unha vez ó ano. causa deste. Algunhas persoas con dificultades respiratorias necesitaron de mascarillas para andar por la vía urbana, xa que por exemplo nas cidades anteriores o fumo tamén chegou ás rúas.

A norma aprobada no mes de marzo no parlamento galego cos 38 votos do PSOE e BNG articula a limpeza de franxas de protección de 25 a 50 metros nos núcleos de poboación, estipula normas de limpeza nas fincas e polígonos, obriga a que na rede de estradas e autovías se reduza a masa vexetal e a que os plans xenerais de ordenación municipal contemplen a avaliación do risco de incendios. Olalla Arbones. 3º ESO

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

Traslado ao monte dos castiñeiros

DÍA DA ÁRBORE

Máis de 70 castiñeiros foron plantados este ano no Monte Picaraña. Procedían todos do viveiro do colexio de “La Inmaculada”. Os axentes do distrito XVII do Condado Paradanta axudáronnos a preparar os buratos. Este ano cada alumno levou unha botella para coller auga na fonte e regar as plantiñas. A cada unha colocámoslle un pau marcando o sitio porque eran moi pequenas. Tamén colocamos nos carballos das “Chans”, 20 casiñas para que os paxaros fagan o niño. Ao final, coma sempre recollemos o lixo que atopamos por alí e o baixamos aos colectores do casco urbán. Foi un día espléndido e o pasamos moi ben.

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

Para coñecer un puoco mellor os animais da Picaraña, con motivo do Día da Árbore, os alumnos de Primaria fixeron traballos sobre eles. Algúns debuxos quedáronxe preciosos. Tamén inventaron cancións, fixeron pasatempos e investigaron sobre o seu modo de vida. Os nenos de educación Infantil realizaron crebacabezas co coello e co esquío

Os nenos de primaria e os animais da Picaraña

COELLO (Oryctolagus cuniculus)

ESQUÍO (Sciurus vulgaris)

TEIXUGO (Meles meles)

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

OURIZO (Erinaceus europaeus)

DONICELA (Mustela nivales)

OURIOLO (Oriolus oriolus)

Quebracabezas cos animaliños da Picaraña para os máis cativos

PORCO BRAVO ( Sus scrofa)

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

Os alumnos de “La Inmaculada” traballan sobre os animais e as árbores da Picaraña e investigan as causas dos incendios forestais

DÍA DA ÁRBORE

Tódolos cursos traballaron sobre as plantas do monte Picaraña e sobre a importancia de coida-lo monte. Con motivo da celebración do Día da Árbore, os máis pequenos fixeron fichas das partes das plantas. Outros ilustraron poemas e cancións sobre o cuco. Os maiores buscaron información sobre a ecoloxía de árbores coma o castiñeiro, o carballo e o piñeiro. Tamén traballaron o cambio climático, o problema dos incendios e a reforestación.

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

DÍA DA ÁRBORE
O problema dos lumes

Os nenos de 5º fixeron redaccións e debuxos sobre a problemática dos lumes. O tema foi tratado nas clases con motivo do Día da Árbore

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

VÍDA NATURAL
Os gusanos de seda

A nai de Toni Hueso, alumno de 4º de E.Primaria, viu ao colexio a explicarnos como é a vida dos gusanos de seda. Ensinounos diferentes estadíos na evolución deste animal e tanén nos explicou que comen follas de moreira e as utilidades da seda. Ao final regalounos gusaniños a todos e agora estamos a crialos na clase. Foi moi divertido.

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

Reserva da Biosfera de Terras do Miño. Lugo

VISITAS FORA DO CENTRO

Cando planificamos saídas fora do centro escolar, tentamos combinar as visitas culturais con momentos de lecer ao aire libre. Desta volta fomos ata Lugo e disfrutamos paseando pola cidade. Despois acercámonos a comer ao “Centro de interpretación do Río Miño” en Ladra, Lugo. Alí nos explicaron a vida neste río tan singular para nós. No ámbito territorial da Reserva da Biosfera de Terras de Miño e dentro do espazo natural do LIC Parga-Ladra-Támoga, desenvolveuse nos últimos anos un proxecto de conservación pertencente ao programa LIFE Natureza subvencionado pola Unión Europea e que foi realizado polo Inludes (Deputación Provincial de Lugo) e a Consellería de Medio Ambiente, contando coa colaboración da Universidade de Santiago.

As actuacións desenvolvidas no proxecto LifeNatureza, céntranse na conservación e restauración de medios lacunares e de amplas superficies de bosques de inundación, propiciando ademais o mantenemento e conservación de especies de importancia internacional como Luronium natans, Eryngium viviparum, Isoetes fluitans, xunto coas poboacións de diversos bivalvos acuáticos (Margaritifera, Anodonta, Unio).

No 2º trimestre unha das visitas máis interesantes foi a de Ourense. Pasamos todo o día ao lado do río Miño, disfrutando das Termas naturais, e xogando na ribeira. Paseamos e visitamos muíños recuperados que había nun traxecto peatonal de máis de 17 qm. O mellor foi poder meter os pés nas piscinas, sempre vixiados polas profes.

As termas ourensanas e o Miño

Tamén fixemos sendeirismo e nos subimos nun tren. Pola tarde visitamos a aula de Interpretación da Natureza do Río Miño. Alí explicáronnos a vida da flora e fauna propia deste río.

XOGUETES CO LIXO

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

Cada resíduo no seu sitio Desde o departamento de Ciencias, preparáronse enquisas que se repartiron entre tódalas familias. Tratábase de averiguar as costumes de cada quen sobre a reciclaxe dos R.S.U. Antes se lle deu unha charla a cada grupo de

QUE FACEMOS CO LIXO?

nenos para intentar que fosen o máis responsables posible neste tema. Nas aulas tentamos reciclar papel, plástico e resíduos orgánicos. Coas pilas tamén fixemos traballos en secundaria que os nenos expuxeron no Salón de Actos do centro.

De acordo co “Proxecto Voz Natura” no que estamos implicados este curso no Colexio de La Inmaculada, tentamos saber se as familias dos nosos alumnos teñen costumes ecolóxicas co fin de valorar e correxir algunhas actuacións. Precisamos que contesten de xeito voluntario e anónimo a esta pequena enquisa. Os datos obtidos reflectiranse nunha estatística que elaboraremos no Centro.

1 . As pilas alcalinas e de botón son altamente contaminantes. Cando están usadas, vostede as leva a un colector especial?. --Non, nunca; Tirámolas ó lixo co resto das cousas. --Ás veces, cando lle piden ós rapaces que as leven á escola. --Sempre, xa que en algúns comercios da vila hai caixas especiais para as pilas. 2.- 2000 botellas de vidro recicladas ( 1 tonelada), aforran 135 l de petróleo e 1,2 toneladas de materias primas. Vostede leva botellas e botes de vidro ós colectores?. --Non, nunca. É mais cómodo tiralos á bolsa do lixo. --Ás veces, cando cadra, para darlles exemplo ós fillos. --Sempre, xa que non custa nada e ademais hai moitos colectores preto da casa.

3.- Os medicamentos caducados e os que sobran dun tratamento poden ser utilizados polas ONG,s para palia-las necesidades dos máis pobres. Vostede leva estes produtos ás farmacias que os recollen?. --Non, nunca. Van na bolsa do lixo ou quedan almacenados na casa. --Ás veces, cando leo algunha propaganda. --Sempre, xa que sei que contaminan moito e ademais colaboro cos máis necesitados. 4.- Cando vai pasear ou merendar ó campo, gústalle atopar todo limpo para gozar mellor dun día ó aire

7.-Bótelle unha ollada ás respontas que deu. Pensa que pode facer algo para mellora-la súa actitude respecto ó medio ambiente?. --Non, este tema non me interesa en absoluto. Eu vou ó meu e o demais non me importa. --A pesar de que colaboro nalgunhas cousas, aínda podería cambiar certas actitudes. --Sí. Todo o que fagamos é unha pequena axuda ó medio ambiente e en definitiva á nosa calidade de vida. Os nosos fillos gozarán máis do entorno se o coidamos agora. Ademais a educación medioambiental é cousa de todos, pais e mestres.

6.- A auga é un ben cada ves máis escaso. Sinale a/as opción/s que van con vostede. --Utilizo a ducha e non o baño, pois así aforro entre 70/ 90 l de auga --Cerro a billa mentras me enxabono e aforro de 10 a 20 litros. Tiro da cadea do váter só cando é necesario e aforro 40 litros/ día --O aceite de fritir non o boto polo sumidoiro. Así a depuradora terá menos traballo.

5.- Papel e cartón forman o 60% do lixo doméstico. No noso concello hai anos que temos colectores azuis para a recollida selectiva destes materiais. Vostede separa na casa, envoltorios de cartón, periódicos, revistas, etc, para levalos a estes colectores?. --Non, nunca. Sempre os tiro na bolsa do lixo. --Ás veces, algún periódico e revista. --Sempre, ademais levo as caixas dos cereais, galletas, apuntes vellos, cartóns de ovos....

libre. Á hora de marchar, deixa todo tan limpo como cando chegou?. --Non, xa que para iso están as empresas de limpeza. --Ás veces, cando non se nos fai tarde. --Sempre, xa que se todos recolleran os desperdicios, non habería lixo por todas partes.

Proxecto Voz Natura: Sementando futuro; Axenda 21 Escolar. Curso 2006-07

producida nunca reacción química, en enerxía eléctrica. As innovacións tecnolóxicas ofrecen alternativas máis económicas para logra-lo aforro de enerxía e a reducción de gastos.Polos seus ingredientes químicos, as pilas e baterías convencionais son altamente contaminantes para o solo e a auga. Por iso convén tomar en conta que: Unha pila recargable substitúe aproximadamente a 100 desechables. En primeiro lugar hai que identifica-los dous tipos de pilas máis usuais, son as AA ou LR6 (que son as dos disckman, game bois, reloxos caseiros, ect.) e as AAA ou LR03 (que son as pilas dos mandos a distancia, os MP3, ect.). As pilas AA son as de tamaño estándar e as AAA son máis pequenas. As pilas diferéncianse en (as AA, AAA, ect.) é dicir, si son NI-CD ou NI-MH As NI-CD son as de Níquel-Cadmio, que teñen o que se sole chamar “efecto memoria”que significa que para poder recárgalas a pila debe estar totalmente esgotada, pois dó contrario, o que lle falte por gastarse se acumulará de forma residual na pila, ocupando sitio, merando así a súa capacidade. Ademais solen ter pouca capacidade de carga e só permiten entre 400 e 500. As pilas NI-MH (Níquel-MetalHidruro, tamén chamadas pilas ecolóxicas) non sofren o efecto memoria debido a súa alleación carente de Cadmio. Isto significa que podemos recargalas cando queiramos, sen ter que esperar a que se esgoten totalmente, e ademais, admiten máis de 1.000 recargas, o dobre que as de NI-CD. A seguinte cuestión é o tema dos números que solen ir acompañando á descrición do tipo de pila. Estes números indican a capacidade de carga dá pila,(mAh, que significa Mili Amperios Hora) ni que dicir ten que a máis capacidade de carga, máis tempo durará a pila antes de ter que recarga-la de novo.

Pila: é aquel sistema que transforma a enerxía

PILAS RECARGABLES

Características:

As pilas recargables pódense recargar en enchufes estándar de 110/220 V. Tódolos modelos de cargadores inclúen pilas recargables e admiten pilas tanto de Ni-MH como de Ni-CD. Son ideais este tipo de pilas para viaxes. Agora mesmo no mercado pódense atopar multitude de ofertas tanto económicas , como de deseño e incluso de tamaño. O tempo de carga tamén e distinto dependendo das características da pila. De 1 a 4 pilas AA de 1.600 mAh = 60 min. “ ” de 1.800 mAh = 67 min. “ ” de 2.000 mAh = 75 min. De 1 a 4 pilas AAA de 600 mAh = 53 min. “ ” de 650 mAh = 57 min. “ ” de 700 mAh = 62 min. Gracias á labor dos ecoloxistas, a cidadanía cada vez emprega mías o uso das pilas recargables e isto beneficia moito en moitos aspectos.

Cámaras dixitais, LCD TVs, DVD portátiles, CDs , mando a distancia, aplicacións informáticas, teléfonos, e calquera dispositivo que utilice as pilas AA ou AAA.

Aplicacións:

Hai que ter en conta que os mAh, sempre serán números máis altos en pilas de AA que en pilas AAA, por simple cuestión de tamaño dá pila. Hoxe en día as capacidades máximas están entre 2.300 e 2.500 mAh para as pilas AA, e 800e 1.000 mAh para as pilas AAA. As baterías recargables Ni-MH duran 3 veces máis en dispositivos de alto consumo que as pila alcalinas. As baterías recargables de Ni-MH renovables e reutilizables son unha boa elección económica e ambiental. Ideal para dispositivos de alto consumo e de uso prolongado. Pódense tirar no lixo regular e xeran menos desperdicios.