Descubrimos, comprendemos e valoramos a auga

Proxecto Voz Natura 2010-2011 Colexio “La Inmaculada”. Ponteareas

Memoria Abril 2011

A importancia da auga......................................................................................3 Coñecendo a auga de cerca.............................................................................4 A nosa horta ecolóxica......................................................................................5 As plantas e a auga ....................................................................................... 6 1º e 2º de Primaria cos animais....................................................................... 8 4º de Primaria e o mar....................................................................................10 3º e 4º de Primaria visitan o Museo do Mar....................................................11 Saídas á natureza...........................................................................................12 A Cocacola e o abuso da auga.......................................................................13 Refráns e adiviñas da auga . .........................................................................14 2º de Primaria aforra auga..............................................................................15 Exposición fotográfica.................................................................................... 15 O tesouro de Charles .....................................................................................16 1º de ESO e a auga do planeta......................................................................17 Os pequenos e a auga................................................................................... 18 O Entroido da auga.........................................................................................20 Traballos de plástica sobre a auga................................................................ 25 A nosa lagoa artificial paso a paso.................................................................26 Visita ao veterinario.........................................................................................29 Os misterios do Universo ...............................................................................30 O Ganxes e o Hinduísmo................................................................................32 Aparellos de auga...........................................................................................33 Experimentos con auga..................................................................................34 E o vindeiro curso? ........................................................................................36

Ín d i c e

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

2

O desenvolvemento sostible que persegue a

Non importa quen sexamos, onde esteamos nin que fagamos, todos e cada un de nós dependemos da auga e a necesitamos permanentemente. Necesitámola para estar saudables; tamén para producir e elaborar os nosos alimentos; para o transporte, para a industria, para producir enerxía, para desenvolver investigacións... Necesítana tamén os animais e as plantas. Pero despreciamos a súa importancia.

A auga é imprescindible para o ser humano e isto todo o mundo o sabe. A auga doce de fácil acceso é pois un recurso vital. Pero o que parece que non entendemos é que tamén é esgotable. Desestimamos a importancia que a auga ten nas nosas vidas, valorámola cada vez menos, despreciámola e abusamos dela. A auga é un recurso que está mal distribuído no planeta, pero, sobre todo, mal xestionado.

A i m p o r t an ci a d a a u g a

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

Despois de tido un curso adicado a descubrir, comprender e valorar a auga, o título do noso proxecto “Voz Natura”, os membros desta comunidade escolar estamos máis preparados para aportar o noso granciño de area na protección deste ben tan preciado

sociedade moderna, non é posible sen un uso racional da auga potable. Pero, que fai a humanidade? adícase a contaminala, a utilizala como mercadoría, a provocar guerras polo seu control e utilizar a súa posesión como dominio sobre os demais.

3

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

C o ñ e ce n d o a a u g a d e ce r c a

ue millor maneira de coñecer a importancia da auga que experimentar o seu efecto sobre a saúde. Os rapaces de 3º e 4º de Primaria visitaron o complexo termal de Mondariz Balneario. O nome do pobo procede precisamente da longa tradición no aproveitamento das súas augas termais. Despois de “catar” augas mineromedicinais da Fonte de Peinador, os nenos relaxáronse nas piscinas do complexo deportivo. Unha xornada moi satisfactoria para todos!

Q

4

ara non perder o costume, os rapaces de primaria puxeron a funcionar, un ano máis, a nosa horta ecolóxica. Os nenos de 4º plantaron uns bulbos de xacinto para regalar despois o día da nai. Aqui tedes o resultado.

P

A n o s a h o r ta e co l ó x i ca

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

C

omo bos agricultores, os alumnos de 5º, escollemos este día soleado para sementar plantas no noso invernadoiro. Sementamos tres especies distintas: cebolas, allos e leitugas. Todos participamos con moito entusiamo. Agora toca coidalo e vixialo ata que as plantiñas comecen a medrar e engordar para poder disfrutar delas! Uuhhm, que ricas!

5

As pla nt as e a au g a

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

pue hai mellor que un bosque ben coidado para garantir que o ciclo da auga se realice con éxito. As árbores axudan a reter auga no chan, evitan a desertización e nos regalan a súa sombra e os seus froitos. Despois de recoller no noso viveiro os castiñeiros e carballos sementados no magosto, os alumnos da ESO subimos a plantalos ao monte Picaraña, un enclave no que temos moito que decir, pois son moitos anos os que levamos coidando del. Tamén as aves teñen o seu premio cos nenos e nenas do colexio da Inmaculada. Cada curso constrúen casiñas para que poidan aniñar e criar sen perigo. Unha boa regada puxo fin a esta actividade tan gratificante.

Q

6

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

s pequenos de 1º e 2º de Primaria traballaron as estacións e os diferentes aspectos que teñen as árbores ao longo do ano. Mirade que debuxos máis bonitos fixeron Paula González, Sara Seijo e Jennifer Abal!

O

7

1 º e 2º d e Pr i m a r i a c o s a n i m a i s

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

As abellas e os traballos da colmea

8

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

Feito por Valeria

Feito por Xabier Múñoz

Feito por Adriana

Feito por Pedro

9

4 º d e P r im ar ia e o m ar

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

10

3 º e 4 º v isit an o M u se o d o M ar

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

O Acuario

O

s alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria fixeron unha visita moi interesanta ao Museo do Mar.

Estaban moi abraiados co submariño

O monitor explicoulles todo aos nenos e nenas

Recreación dunha lonxa

11

Sa í d as á na t ur e z a

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

arneses!

O

s alumnos da ESO treparon polas árbores no Ecoparque de Marín, iso sí, ben suxeitos polos

omo agasallo por ter gañado o primeiro premio provincial de Voz Natura, na pasada edición, os nenos de 5º , 6º de Primaria e de 1º da ESO pasaron uns días en Asturias. Visitaron os Lagos de Covadonga e os Picos de Europa que aínda estaban cubertos de neve en xuño!. fixeron actividades ao catón do río Sella, fixeron escalada nun parque de xogos...Pasárono “pipa”. O albergue no que se hospedaron estaba situado na montaña asturiana e rodeado por ríos de auga cristalina. Unha maneira moi agradable de pasar uns días en compañía da natureza.

C

12

O

Coca-Cola é unha das multinacionais con máis poder no mundo,á vez que se trata dunha das menos respectuosas co medio ambiente. Cando se inventou,a comezos so XIX,a Coca-Cola empregábase como un remedio medicinal,o cal contiña droga,desta forma,esta multinacional enriquecíase de forma notable. Actualmente,esta marca atópase envolta en problemas tanto ambientais como sanitarios, algúns deles son: -Os productos de Coca-Cola fabricados na India non poden ser vendidos nos mercados da unión europea,nin dos EE.UU por considerar que non son seguros sanitariamente. Porén, sí son válidos para os hindús. Se un producto non é seguro para uns tampouco debe selo para outros. -Non paga a auga que usa na India, utilizando diariamente millóns de litros. Esta empresa usa catro litros de auga para producir só o 25% da auga no producto,e o resto,tres litros,convértese en auga

A C o c a co l a e o ab u s o d a au g a
contaminada que prexudica ó medio ambiente. -A fábrica de Coca-Cola en Plachimana(India) contaminou terras,a auga e o aire da zona. O número de enfermidades aumentou,sobre todo as cutáneas.Ademais,secou os pozos. -No estado hindú de Carola, a xente está moi preocupada porque Coca-Cola está tomando auga dos seus acuíferos usándoa para as súas fábricas, o que está provocando unha severa escaseza nas granxas e nos centros urbanos da zona. -As análises químicas realizadas, confirman que na India os productos desta marca presentan altos porcentaxes de pesticidas,en proporcións trinta veces

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

superiores que as permitidas polas autoridades noreamericanas e europeas. -Podemos ter a impresión de que os europeos e norteamericanos estamos a salvo destas malas prácticas de Coca-Cola, pero en realidade non é así... QUE DEBEMOS ESIXIR A COCA-COLA? -Para comezar, que sexa respectuosa co medio ambiente, depurante ó máximo os seus desfeitos e que as súas necesidades de auga non conleven problemas de escaseza e sanitarios ás poboacións próximas ás factorías. -En segundo lugar,que a calidade sexa global,cumprindo as máximas garantías para a saúde. -Por último,que se impliquen invertindo unha parte dos seus abundantes beneficios en solucionar os problemas da auga que sofre o mundo e que se prevé que aumentarán. Traballo de Alai Montoro, 4º de ESO

s alumnos e alumnas de 3º de ESO traballaron diferentes polémicas relacionadas coa auga, como problemas de fronteiras, trasvase do Ebro, a contaminación, etc. Logo fixeron cartaces en DIN A3 para colocar nas aulas.

13

R e f rá ms e a d i vi ñ a s d a a ug a

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

B

onitos debuxos fixeron os nenos e nenas de 4º de Primaria para ilustrar as súas adiviñas e refráns sobre a auga.

14

2º d e Pr i m a r i a a f o r ra a u g a

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

Carteis feitos polos alumnos de 2º de Primaria dándonos consellos para aforrar auga.

E x p o s i c i ó n f o to g rá f i c a

E

este é o resultado da exposición fotográfica sobre a auga. Pedímoslles aos rapaces que trouxeran fotografía nas que o tema central fose a auga. Aparecían bañándose, como non, na praia e na piscina. Tamén lavando o coche, ou a louza. Practicando deportes como piragüismo ou natación. Ata había fotografías de bautizos. Os nenos aparecían sos ou acompañados polos seus familiares. Iso sí, houbo poucas foto-denuncias...

15

O te s o ur o d e C h ar l e s

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

os de 4º de Primaria encántanos inventar relatos, por iso fixemmos este conto sobre piratas que vivían unha fascinante aventura. Este curso fixemos a primeira parte e no vindeiro seguiremos de viaxe co noso amigo Charles. Logo os nosos compañeiros de ESO o representaron cos monicreques no teatro de “Titirilandia” da nosa biblioteca. Disfrutamos todos moito.

A

16

O contido de auga do planeta é estimada en 1.300 millóns de litros. A maior parte dos casos, é 97,23%, o almacén dos océanos e nos casquetes polares de 2,15%, os acuíferos, as verdadeiras reservas para home, 0,61%. Os lagos conteñen 0,009%, mentres que a cifra descende nos mares interiores ata 0.008%. A humidade do solo se acumula 0,005%, na atmosfera 0,001% e ríos só 0,0001% do total. . As principais propiedades da auga son: A auga pura é un líquido incoloro, transparente, inodoro e insípido que a nivel do mar ferve a 100ºC e se conxela a 0ºC. Grazas as súas cargas eléctricas disolve un gran número de substancias. É indispensable para a existencia de vida posto que todas as reacións químicas necesarias para que se realicen as tres funcións vitais dos organismos (nutrición, relación e reprodución) danse no medio acuoso. Presenta unha gran resistencia a cambiar de temperatura, pola que os océanos son un gran estabilizador térmico e que teñen gran influencia no clima. Expándese ao conxelarse, é dicir aumenta de volumen, de aí que a densidade do xeo sexa menor que a da auga e por iso o xeo flota na auga líquida. Isto provoca que os océanos, os lagos e os ríos conxélanse empezando pola superficie actuando coma un illante térmico, a capa de xeo que fórmase, protexe aos seres vivos que habitan no fondo. A auga do fondo queda resgardada do frío exterior presentando temperaturas entre 4 e 5ºC, o que permite a supervivencia de certas especies. Crese que o planeta Terra formouse hai 4.500 millóns de anos. A teoría mais aceptada acerca da orixe da Terra é a dos planetesimais. Na súa orixe, a temperatura da Terra era moi alta e con numerosos impactos de meteoritos e outros corpos celestes, tamén se producían na súa superficie moitas explosións e erupcións volcánicas que expulsaron á atmosfera, entre outras cousas, vapor de auga. Cando a Terra primitiva se foi arrefriando, isto permitiu que o vapor de auga presente na atmosfera primitiva se condensase e se producisen as primeiras chuvias, o que deu lugar á formación dos océanos. Todo isto suponse que aconteceu hai aproximadamente 4.000 millóns de anos. Agora sábese que a Terra é o único planeta que presenta auga en estado líquido.

A auga no planeta

1 º d e E S O e a a u ga d o p l an e ta

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

A orixe da auga na Terra

Contrario á crenza popular, a auga é un elemento bastante común no noso sistema solar; principalmente en forma de xeo

Distribución da auga

e, pouco menos, de vapor. Constitúe unha gran parte do material que compón os cometas e recentemente encontráronse importantes depósitos de xeo na lúa. Algúns satélites como Europa e Encélado posúen posiblemente auga líquida baixo a súa grosa capa de xeo. Isto permite a estas lúas ter unha especie de tectónica de placas onde a auga líquida cumpre o rol do magma na terra, mentres que o xeo sería o equivalente á codia terrestre. A maioría da auga que existe no universo puido xurdir como derivado da formación de estrelas que posteriormente expulsaron o vapor de auga ao explotar. O nacemento das estrelas adoita causar un forte fluxo de gases e po cósmico. Cando este material colisionou co gas das zonas exteriores, as ondas de choque producidas comprimen e quentan o gas. Pénsase que a auga é producida neste gas cálido e denso. Detectouse auga en nubes interestelares dentro da nosa galaxia, a Vía Láctea. Estas nubes interestelares poden condensarse eventualmente en forma dunha nebulosa solar. Ademais, pénsase que a auga pode ser abundante noutras galaxias, dado que os seus compoñentes (hidróxeno e osíxeno) están entre os máis comúns do universo.
Feito por: Lorena Carracedo, María Fernández, Marta Rodríguez e Sergio Rodríguez de 1º de ESO

17

Os p e q ue r r e c h o s e a a ug a

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

“Hai que tirar so unha vez da cisterna para non desperdiciar a auga”, Unai de 5º de E.I.

O

Sara de semp 6º de E.I. re pec “ ho a b Cando lav o illa e as í af as m ans orro a uga”

“Ao rematar de beber pecho o tapón e reciclo a botella”, Mario de 4º de E.I.

s nenos e nenas de 6º de E.I. coidan as plantas da súa aula e valoran a importancia que ten a auga nas plantas.

Paula e Miriam de 6º de E. Infantil

Lidia e Gala de 6º de E. Infantil

18

Mara e Irene de 6º de E. Infantil

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

Noa e Diego de 4º de Educación Infantil

Lucía e Miguel de 4º de Educación Infantil

ue e Sam Jorge

l de 4

n ucació de Ed º

In fa n t

il

David e Gabriela de 4º de Educación Infantil comproban como se derrete o xeo

Moncho, Alejandra, Sara, Rubí e Diego de 5º de Educación Infantil

s alumnos e alumnas de 4º e 5º de E. I. participaron nun taller da auga no que traballaron distintod aspectos da mesma: sonoridade, comportamento dalgunhas sustancias en contacto con ela, os estados sólido, líquido e gasoso, a sedimentación.. Todos o pasaron moi ben e aprenderon miotas cousas!

O

19

E n tr o i d o d a A u ga

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

ste curso que xa remata, o tema central do noso desfile de Entroido foi a auga. Tivemos peixes, nubes, arcos da vella, mariñeiros, pescadores, bombeiros, bonecos de neve e ata piratas.

E

20

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

Animaliños do mar de 2º de Primaria, bañistas de 3º de ESO e o corpo de bombeiros de 3º de Primaria

21

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

Mariñeiros e pescadores de 4º de ESO. Ao final do desfile ata fixeron un baile e todo!

A pesares das nubes, ese día facía moita calor, tanta que case se nos derrete o boneco de neve...

22

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

Estreliñas de mar e peixes de 1º de Primaria e bañistas de 4º. Debaixo os profes, sempre tan animados.

23

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

Os piratas de Educación Infantil e o Arco da Vella de 5º de Primaria

24

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

T ra b a l l o s d e pl á st i c a s o b r e a a u ga

qui tedes un xeito divertido de aproveitar as botellas de auga de plástico: facendo flores para decorar as paredes. Tamén resulta interesante pintar por separado fragmentos dun debuxo e logo xuntalos nun mural. Desta volta o motivo foi un fondo mariño

A

25

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

A nosa lagoa artificial paso a paso

O

noso proxecto comunitario deste curso foi a construción dunha lagoa artificial no xardín do cole. Resultou de vital importancia a implicación dos alumnos e alumnas, sobre todo a dos maiores. Esforzáronse moito para facer realidade esta idea. Aquí tedes as fotografías cos pasos que se seguiron na construción da lagoa.

O primeiro fo ubicar o lugar idóneo

A parte máis dura

É moi importante ir retirando a terra e manter o xardín limpo

26

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

Na súa visita o Comité Científico de Voz Natura deunos o visto bó

Comprobando que os bordes queden á mesma altura. Debaixo, os rapaces axúdanlle ao Sr Antonio a colocar unha pedra moi pesada

A colocación da lona tamén deu o seu traballo

Para suxeitar a lona puxemos pedras

27

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

As pedras suxeitáronse con cemento

Por fin a lagoa estivo lista

Nas inauguracións importantes córtase a cinta...

Os nenos dan a benvida aos primeiros habitantes da nosa lagoa

E bótanlle de comer mentras non se acostumas ao novo hábitat

28

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

Visita ao veterinario

O

s nenos e nenas de Infantil fixeron unha visita a unha clínica veterinaria de Ponteareas. Alí achegáronse aos animais seguindo as explicacións dos monitores. Iso si, con moito coidado e hixiene.

29

Os misterios do universo!

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

O

s alumnos de 5º de Educación Primaria, fixemos un gran traballo: cada un de nós realizou o seu propio Sistema Solar. Cunha sinxela cartuli-

na negra e unha pouca plastilina o que tal se pode facer! Que fermoso e como luciron expostos no patio do noso colexio!

Os pequenos de 2º de Primaria tamén nos achegamos ao mundo da electricidade. Aprendimos como funcionan as pilas e o importante que é aforrar luz para evitar o deterioro do planeta.

O

s nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, fixemos estas bonitas maquetas. Todas elas funcionaban con electricidade.

30

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

as nosas clases de Coñecemento do Medio, os rapaces de 5º, traemos todo o que pode estar relacionado coa materia.Aquí está Manuel cunha caveira nada máis e nada menos, que dunha serpe!. Os nosos alumnos Manuel Sobral e Simón Teijeiro, comparten con todos nós, dous fósiles: un fósil dun fungo xigante e un fósil dunha especie de caracol primitivo. A todos nos encanta ver todas estas curiosidades cada vez que traen algo así a clase. Que misterios

N

agocha a Natureza!! Tamén os alumnos de 2º de Primaria sabemos moito de Ciencia e Tecnoloxía e se non mirade que experimentos tan chulos fixemos!. Na nosa clase celebramos o Ano Internacional da Química comprobando as curiosas propiedades de moitos dos productos que temos na casa. Sementamos garabanzos, tinguimos craveis de cores moi diversas e ata probamos a medir a inclinación do Sol. Que vos parece?.

31

E

xisten moitos ritos e lendas que teñen que ver coa auga. Nalgunhas relixións ten un caracter purificante. Oa alumnos de 3º e 4º de ESO traballaron

O G a n x e s e o h i n d u í s mo
hindues, dado que cren que este representa a unha deusa chamada Maa Ganga (nai Ganxes). Ao longo do río atópanse numerosos lugares sacros para os hindús, incluíndo as cidades de Benarés e Haridwar. Crese que cada inmersión no río serve para expiar un pecado. Ademais, depositar as cinzas dun cadáver no Ganges evita o ciclo das reencarnacións ao defunto. Os hinduistas realizan continuas peregrinacións ao río para bañarse nel ou meditar nas súas beiras.

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

diferentes aspectos destes rituais nalgunhas relixións. Este s traballos foros expostos na aula.
importantes son aqueles nos que se inclúen ritos de paso, como son o nacemento e cando o neno come por primeira vez comida sólida (arroz). Entre os ritos que veñen a continuación, inclúese o primeiro corte de pelo (para un neno) e a purificación despois da primeira menstruación (para unha nena), o matrimonio, e a bendición para as embarazadas, para que teñan un fillo home e para asegurar así un parto sen dificultades e que o neno sobreviva o seis primeiros días despois do nacemento, que son os máis perigosos (para o que se encomendan a Shashti, a deusa do Seis). As últimas cerimonias son as da morte (cremación e, se é posible, que as cinzas sexan esparexidas polo Ganges, o río sacro) e a ofrenda anual aos antepasados mortos. Feito por Pablo
Novoa e Mateo Glez. de 3º de ESO

O río Ganges é un dos grandes ríos do subcontinente indio, que flúe en dirección este desde o norte da India cruzando a chaira do Ganxes até Bangladés. O río nace no Himalaya occidental, e tras 2510 km de percorrido desemboca formando, co río Brahmaputra o maior delta do mundo, o delta do Ganxes, no golfo de Bengala. C o n t a mi n a c i ón A polución do río Ganges incrementouse de forma alarmante nos últimos anos. Os productos que o contaminan inclúen restos das cremaciones humanas, esqueletos de animais, augas residuais e desperdicios das fábricas.

Orixe

Rituais

O río e o h in duism o

O río é considerado sagrado polos

Desde o máis importante até o menos transcendente dos deuses hindús é obxecto de veneración tanto en cerimonias públicas como no ámbito da intimidade familiar. Dadas as bases sociais do hinduismo, os actos máis

Á esquerda: exemplo dun cartaz feito nas activiades de Voz Natura

32

A par e llos d e au ga

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

O

s alumnos e alumnas de 1º de ESO traballaron diversos artiluxios que funcionan con auga: a bola fonte, o cambón, os vasos comunicantes, o martelo hidráulico, a turbina, a clepsidra, o transbordador o tubo Pilot, o parafuso de Arquímedes e fonte de Herón. Cada rapaz elaborou un cartel co seu traballo e logo fixeron unha bonita exposición no patio.

É unha máquina gravimétrica utilizada para a elevación de auga, fariña ou cereais. Baséase nun parafuso que se fai xirar dentro dun cilindro oco situado sobre un plano inclinado, e que permite elevar a auga situada por debaixo do eixo de xiro.

Parafuso de Arquímedes

Foi ideada polo matemático grego Herón de Alexandría.Compóñena dous recipientes comunicados entre si. As válvulas regulan o paso dun recipiente a outro modificando así a presión do aire que, finalmente, forza a saída do chorro de auga dende o segundo deles.

Fonte de Herón

33

A

Os traballos concluíronse con diferentes aspectos da utilización humana da auga e as consecuencias que leva: o seu potabilización, os problemas derivados do seu uso, a contaminación e a depuración de augas contaminadas ou residuais como unha necesidade imperiosa se non queremos que a auga se converta nun recurso non renovable. QUE AUGA É A MELLOR?

auga na Terra: a hidrosfera .Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO realizamos traballos sobre a hidrosfera e o seu compoñente esencial: a auga. Estudiamos as circunstancias que fixeron da Terra o único planeta do sistema solar con auga líquida en abundancia, a orixe da auga na Terra, a súa distribución, as características das augas oceánicas e continentais, o ciclo da auga ou ciclo hidrolóxico e as propiedades da auga.

E x p e r i me n to s co a a u g a

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011

Con esta actividade, os alumnos e alumnas identificamos polas súas características organolépticas que auga é a máis adecuada para beber entre un grupo de recipientes que conteñen este líquido xunto a outros compoñentes disoltos. O criterio diferenciador será que a auga cumpra tres condicións: que sexa incolora, inodora e insípida.

DISTINTAS DENSIDADES DA AUGA

Os pasos que hai que seguir para este experimento é:

2:colocamos a botella con auga quente na tina e taponamos a botella con auga fría con a cartulina 3:colocase a botella con auga fría enriba da botella con auga quente Cando se quita a cartolina a auga quente sube cara o sitio da auga fría,cambiandose de sitio.Cando o fixémos en clase non nos saíu moi ben xa que entrou un pouco de aire nas botellas Conclusión: A auga quente ao ter menos densidade sube.

1:enchese as dúas botellas unha con auga quente e o colorante e a outra con auga fría

Na fotografía están na parte superior: Juan Camilo, Ivan e Carlos Álvarez e na parte inferior: Manuel Cima, Pablo e Sergio.

34

Colexio “La Inmaculada” Memoria Voz Natura 2010-2011 A AUGA PODE ENFRIAR MÁIS seguintes: cubiños de xeo, tina, sal grosa, termómetro

Outra experiencia coa auga utilizando os materiais

1º - Colocamos un pouco de auga e os cubiños de xeo na tina, e medimos a temperatura e anotámola. 2º - Botamos a sal (un paquete enteiro), ata cubrir os xeos; volvemos medir a temperatura, anotamos e comparamos este resultado co anterior, que diferenza hai?

Agora, observamos que a temperatura baixou, a diferenza de temperatura é de 8 ºC menos. Esta experiencia gustounos moito porque aprendiamos á vez que nos divertimos.
Na fotografía estamos o grupo de alumnas de 1º de ESO, de esquerda a dereira: Alicia, Débora, Laura Torres, Laura Rodríguez , Noelia, Andrea e Rosana.

A AUGA DOS OCÉANOS

Os mares e océanos teñen unha cantidade media de sales de 35 g/L. O máis abondoso deles é o cloruro de sodio ou sal común. Para fixar o concepto de salinidade mariña, pódese preguntar aos alumnos como fabricarían 2 L de auga do mar. Terían que determinar que son necesarios 70 g de sal. Os máis agudos caerían na conta de que habería que dispor de diversos tipos de sales en diferentes proporcións. Os océanos conteñen a maior parte da auga da hidrosfe-

ra, son adecuados para que vivan neles moitos seres vivos e moderan o clima. Os océanos son os maiores depósitos de auga da Terra, grande diversidade dos biomas mariños. Para rematar o estudo da auga algúns rapaces de 1º de ESO realizaron murais sobre os ecosistema acuáticos mariño e de río e sobre o ciclo da auga e a súa viaxe aorredor do planeta Terra.

María Fernández

Borja

Aitana

35

E o vindeiro curso.....

Proxecto Voz Natura 2011- 2012 Colexio “La Inmaculada”. Ponteareas
36

Protexendo as árbores, coidamos o noso futuro