Está en la página 1de 5

TEMA 9: A LITERATURA NO EXILIO ENTRE 1936 E 1976

Como consecuencia da victoria dos militares sublevados contra a República o labor


literario que se desenvolvera no primeiro terzo do século XX en Galiza vai transladarse
ó exilio. O centro de actividades literarias galegas transládase a México e a Bos Aires.
Na capital arxentina entran en contacto os intelectuais emigrados antes da guerra
(Blanco Amor) cos exiliados como consecuencia desta. Ambos grupos comenzan a
desenvolver un amplo traballo intelectual coa publicación de revistas, creación de
editoriais en galego, emisoras de radio, certames, etc. Eles van a ser os que falen cando
en Galiza non se pode. Castelao foi quizais a referencia mais grande de Galeguismo en
América. En América vai publicar a maioría das súas obras, pero Castelao non foi o
único.

A POESÍA NA DIÁSPORA
A maior parte dos poemarios apareceron en Bos Aires e abordaron liñas temáticas que
estaban vetadas na Galiza: denuncia social do drama vivido, o patriotismo galego, a
saudade, a situación de transterrado, etc.
Entre os principias poetas do exilio galego debemos citar os seguintes:
Luís Seoane (intelectual polifacético máis comprometido coa república). En Bos Aires
despregou unha intensa actividade propagandista da causa democrática e de animador
da cultura galega e arxentina, que o fixo merecedor da medalla do Senado polos seus
méritos. Esta actividade inclúe a publicación dos poemarios Fardel de eisiliado.
A obra lieteraria de Seoane foi durante moito tempo pouco coñecida. Influíron nisto
factores como ter publicado case todos os seus libros na Arxentina e presentar unha
proposta estética de claro compromiso ideológico nacionalista e de base marxista, que
non foi do agrado dos vellos galeguistas.
A misión dos poetas, ao seu entender, residía en “sentir as emocións alleas como
propias” e “ser solidarios dos seus pobos”. En defensa da súa aposta por unha poesía
social e comprometida, onde se combinase a denuncia e a visión histórica, a vivencia
persoal e os dramas colectivos, declaraba: “ Un poema non pode ser só un prisma de
cores, un xeito de xuntar verbas hermosas e producir sonidos; é o berro dun home, o
esgazamento que producen no seu espírito os feitos do pasado trocados en eternidade,
en mito”. Podemos caracterizar a súa poesía cos seguintes trazos:
a) Estilo realista
b) Temática social, predominio do tema da emigración, tratado como a gran
epopea anónima e colectiva do pobo galego. Tamén unha visión mítico-reivindicativa
da historia de Galiza, con dous instantes estelares: o celta (Os Torques) e o medieval
irmandiño.
c)Dominio do verso longo, semi-narrativo.
d)Escaseza de poemas persoais

Lorenzo Varela ( combate una guerra do 36 como republicano e exiliouse primeiro a


México e logo a Bos Aires)
Publicou Catro poemas para catro gravados, tamen coñecido como María Pita e tres
retratos medievais e o seu poemario cumio, Lonxe. As vivenias tráxicas da Guerra do
36, o pasado histórico das clases populares, certas figuras emblemáticas ou míticas da
Galiza medieval e a saudade da Terra son os temas recurrentes na súa obra.
Emilio Pita Emigrou á Arxentina con 12 anos, foi organizador de exposicións e actos
literarios entre outras cousas. Publicou os poemarios Jacobusland, Cántigas de nenos,

A nostalgia por Galiza, a condición de emigrante, a denuncia da opresión franquista e as
vivencias persoais son os temas da súa obra.

O TEATRO NA DIÁSPORA
Durante a posguerra conviven na diáspora dúas propostas tetarais diferentes: unha de
carácter máis popular ecostumista, representada por autores como Varela Buxán e
Ricardo Flores e outra máis culta con temas e enfoques dramáticos anotadores,
representada por autores como Castelao, Seoane e Blanco Amor.
Os autores tetaríais máis representativos da diáspora son:
Alfonso R.Castelao
O escritor culmina no exilio o esforzo de renovación das claves estéticas da
dramaturxia galega levado a cabo no primeiro terzo do século XX polas Irmandades e o
grupo Nós.
As liñas básicas da súa concepción teatral son o gusto pola simetría estructural e pola
expresión concentrada, combinados co humorismo e o folclore, como códigos da súa
píntese artística.
A peza Os vellos non deben de namorarse foi estreada no Teatro Mayo de Bos Aires en
1941. Segundo as palabras de Castelao, Os Vellos….é “unha obra imaginada por un
pintor e non por un literato”, frase que revela a importancia crucial que teñen na peza
todos os aspectos escenográficos e propiamente tetarais que non son exactamente o
simple texto. El mesmo define tamén a súa obra como unha “píntese artística” (Nela hai
literatura, luminotecnia, pintura, música, danza,..) e como unha “artimaña
escenográfica” (un esforzo por levar a escena unha historia con todo luxo de
trucos,efectos e recursos escenográficos que resalten o seu perfil teatral).
Os Vellos…preséntanos tres versións dun mesmo esquema dramático: o vello que se
namora dunha moza e a imposibilidade deses amores, que acaban inevitablemente coa
morte do vello. No primeiro lance, D. Saturio, o boticario que vive coas catro irmás,
namorase de Lela e rexeitado por esta suicídase. No segundo, o Fidalgo dexenerado D.
Ramón, apaixonado por Micaela morre en plena borracheira nun Martes de Entroido. O
terceiro preséntanos o vello labrego rico Sr. Fuco namorado de Pimpinela. Tamén o Sr.
Fuco é victima do seu namoramento de vello e morre.
Os tres vellos representan os diferentes sectores que configuraban a sociedade galega da
época: o burgués de formación universitaria (D. Saturio), o Fidalgo en decadencia (D.
Ramón) e o labrego rico (Sr. Fuco). As tres mozas pertencen a un estrato social inferior
ao dos vellos, o que explicaría en termos sociais a súa insistencia na relación amorosa.
A obra está formada por tres lances independentes entre si, aínda que unidos polo tema,
por personaxes similares e por un desenvolvemento parello. Ademais, os tres lances en
conxunto van enmarcados por un prólogo e por un epílogo. Neste último aparecen
reunidos os protagonistas masculinos, os tres vellos, de cada lance.
Unha lectura superficial desta obra pódenos conducir á conclusión de que o seu título é
xustamente a mensaxe que Castelao quixo transmitir. Trataríase de pór en ridículo uns
amorios de tres vellos incautos para concluir que a todos lles chega a morte como
castigo. No entanto, é posible outra lectura da obra: por baixo da súa espectacularidade
visual, acolle unha crítica profunda aos esquemas e valores dominantes na sociedade. A
peza pon en tea de xuízo un mundo en que a xente se move exclusivamente en función
de intereses e debilidades egoístas, non de sentimentos humanos lóxicos e naturais. Ao
lado do tema do amor e do tema da morte hai que traer a colación, pois, o tema do
poder do diñeiro, o da obxectualización erótica da Muller, o da hipocresía como código
de relación social, o da mentira como base das relacións entre as persoas. As tres mozas,
se caen en condutas que a nós nos poden parecer reprochábeis, por que razón o fan? Os
tres vellos aos que se cadra emprestamos a nosa simpatía por ter forzas e ánimos de se
namoraren aos seus anos, que tipo de moralidade practican?, en base a que fomentan a
súa esperanza de conseguir o favor das mozas? Na sociedade en que vellos e mozas se
moven non se cambia amor por amor: o diñeiro compra o amor e o amor véndese ao
diñeiro. Polo tanto as persoas cómpranse e véndense e as relacións humanas resultan así
alienantes, falsas, hipócritas. A presión social tamén xoga o seu papel na explicación
dos comportamentos. O matrimonio cun home rico ou de posición elevada lavaría
calquera estigma na moza, fose de pobreza orixinaria ou de deshonra. Os valores desa
sociedade resúmeos o mozo desprezado por Pimpinela: “na feira todo se vende/cada
cousa no seu prezo”.

Eduardo Blanco Amor


Ademais de ser director teatral compuxo pezas tetarais. A maioría da crítica divide o
conxunto da súa obra teatral en dous subgéneros: as pezas de realismo costumista e as
farsas. Estas últimas son obras non realistas, moi imaginativas, de ritmo rápido e grande
forza expresiva, cheas de elementos fantásticos e satíricos. Están pensadas para un
público cultivado. As pezas de realismo costumista, en cambio, sendo menos orixinais,
amosan como principias virtudes a calidade dos diálogos e a recreación de personaxes
tomados do rural galego. Están pensadas “para a xente do noso pobo”, para un público
pouco afeito a ler ou a ver teatro. O conxunto de obras tetarais escritas por Blanco Amor
está reunido en dous volumes. O primeiro deles é Farsas para títeres, o segundo Teatro
prá xente. A toda esta obra teatral hai que engadir a peza titulada Proceso en
Jacobusland que constitúe unha durísima denuncia da represión franquista e das
inxustizas e comportamentos indignos do aparello judicial.

Luís Seoane
A obra teatral de Luís Seoane, escrita originalmente en galego, apareceu publicada na
Arxentina en español, traducida por él, e está composta por:
-A soldadeira, peza de tema histórico e social, coa revolución irmandiña liderada por
Roi Xordo como pano de fondo da acción.
-Esquema de farsa, peza curta, de carácter satírico, onde se denuncia a falsa visión que
ofrecen as autoridades franquistas do que era a vida dos emigrados Galegos.
-O irlandés astrólogo.
Despois de elaborar estas tres pezas apostou por unha nova concepción do teatro que
ficou definida nas seguintes premisas:
a) Debe conxugar tradición e modernidade
b) Debe ser un teatro estilizado, xenuíno e non elitista
c) Debe afastarse do costumismo. Predominará o xesto, a mímica e a acción sobre
o texto.

OUTROS DRAMATURGOS DA DIÁSPORA

Manuel Daniel Varela Buxán


Foi un dos principias animadores do teatro galego na Arxentina. Participou como actor
e director, escribiu pezas de corte rural-costumista e humorístico pero non exentas de
crítica social e anti-caciquil, como A xustiza dun muiñeiro, Se o sei..non volvo a casa,
De mulleres..non me fales, etc. A súa é, en conxunto, unha das obras tetarais galegas
probablemente máis representadas da historia.

Ricardo Flores Pérez


Escritor emigrado á Arxentina .Son pezas súas, representadas polo grupo de teatro
“Lugrís Freire” o Ugío, Para iso son teu amigo,etc. Segue a mesma estética ca Varela
Buxán.

A NARRATIVA NA DIÁSPORA
A narrativa escrita na posguerra polo exilio galego amosa unha clara e ben explicable
preferencia pola temática da Guerra do 36, abordada cun afán memorialístico en un ton
de denuncia e testemuña. Entre os autores que cultivaron esta vertente destacan:

Ramón de Valenzuela Otero


Publicou en Bos Aires Non agardei por ningúen, centrada nas peripecias dun
guerrilleiro e Era tempo de apandar que completa a primeira.

Silvio Santiago
Logra fuxir e exíliase en Caracas, onde desenvolve un intenso labor cultural galeguista.
É autor das novelas menorialísticas Villardevós, sobre a súa infancia na aldea natal, e O
silencio redimido, en que relata a súa aventura para fuxir da España de Franco e as
terríbeis situacións por que tiñeron que pasar moitas persoas durante esa etapa.

Antón Alonso Ríos


Fundador da Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires e director do seu voceiro
El Despertar Gallego e da revista Céltiga, regresou a Galiza para sumarse á xeira
republicana.
Principiou como novelista coa obra Da saudade, Amore, arte e misticismo n aliña da
narrativa do Grupo Nós. O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte é
unha obra na que relata as súas historias que botou disfrazado de esmolante portugués.

Antonio Fernández Pérez


Publica a novela Terra coutada, protagonizada por un Mestre galeguista que foxe a
Portugal durante a guerra e embarca despois para o exilio americano.

O ENSAIO NA DIÁSPORA
Continuando o pulo que tanto o Grupo Nós como o Seminario de Estudos Galegos
imprimiran ao xénero ensaístico en galego, varios autores do exilio cultivan esta
vertente, entre eles:

Alfonso R. Castelao
Contribuíu á consolidación do xénero ensaístico galego cunha obra monumental
considerada por moitos como a biblia laica do nacionalismo galego: Sempre en Galiza.
A primeira edición apareceu en Bos Aires en 1944, a segunda en 1961 e incluíu varios
capítulos do que sería unha segunda parte da obra que non chegou a rematar.
O libro iníciase cunha especie de prólogo, tiulado “Adro” que reproduce catorce artigos
escritos por Castelao durante o seu desterro en Estremadura nos anos do chamado
“Bienio negro”. O Libro primeiro foi escrito en Valencia e Barcelona, durante a Guerra
do 36, e está composto tamén polos artigos que Castelao ía entregando ao boletín de
escritores Galegos antifascistas, titulado Nova Galiza, ou á revista de orientación
comunista Nueva Galicia. O Libro segundo data de 1940 e foi escrito en Nova York e
no transatlántico que trasladaba a Castelao a Bos Aires. Nesta cidade escribe o Libro
terceiro en 1943. A derradeira parte desta obra, o Libro Cuarto, compúxoa Castelao
tamén nun transatlántico en 1944, na viaxe desde Marsella a Bos Aires logo de demitir
como ministro republicano no exilio.
Sempre en Galiza é un ensaio composto por materiais moi heterogéneos, escrito en
épocas diversas e en diferentes circunstancias, marcadas sempre pola condición de
desterrado ou exiliado. Hai un elemento que dota de unidade e sentido esta obra: o feito
de ser un tratado de patriotismo galego.

No apartado ensaístico, debemos á pluma de Luís Seoane, varios estudos e artigos


sobre figuras da pintura e das artes galegas.

Antón Alonso Ríos escribiu os ensayos sobre a cultura galega en xeral.


Loís Tobío Fernández. Fundador do Seminario de Estudos Galegos, membro do
Partido Galeguista e diplomático republicano, exiliouse en Montevideo, onde despregou
unha intensa actividade galeguista: audición radial, organización do “Primeiro Congreso
da Emigración Galega”, etc

Xerardo Álvarez Gallego exiliouse en Cuba, país en que dirixiu a revista Loita,
colaborou cun xornal galaico argentino e escribiu a biografía Vida, paixón e morte de
Alexandre Bóveda.

Xa por último nomear tamén a Xosé Núñez Búa e a Bieito Cupeiro

También podría gustarte