sumario

3 EDITORIAL 4 ANIMAIS DO MAR 5 SOÑOS DE MOITA ALTURA 6 TÁBOAS E GRÁFICOS 8 A EXPOSICIÓN DO 2º CICLO 9 ÁFRICA 10 A FORMIGA VALENTE 11 MIAU ! 12 AS NOSAS SAÍDAS 17 VIAXE AO GROVE 18 VIAXE A PONTEVEDRA 19 SOMOS OS DE PRIMEIRO 21 O CONTO DOS NOMES 22 A MEIGA 23 OS DEFUNTOS 25 VIAXE A MADRID 27 EXCURSIÓN FIN DE CURSO 29 LETRAS GALEGAS 2010 30 O SAMAÍN 32 ANÉCDOTAS POR CAPÍTULOS 36 JOSÉ ANTONIO FONDEVILA 37 OBRADOIRO DE TEATRO E POESÍA 40 ASÍ NO DEPORTE COMO NA VIDA 41 RECORDOS...

cousas

as nosas

nº 30 xuño 2010

ceip do foxo

Edición non venal Nº 30 - xuño 2010 DESEÑO E MAQUETACIÓN: Aula de Informática

editorial
Chega xuño, chega o verán, chega o fin de curso e con el chega unha nova edición
da revista “AS NOSAS COUSAS”. A revista pretende ser un compendio das actividades programadas, algunhas xa tiveron cumprida conta no boletín informativo da Biblioteca “O Pereiriños”, do que xa levamos 91 números. Traballamos moito e queremos comunicárllelo ás familias. De aí a publicación dos Pereiriños e da revista “As Nosas Cousas”. Gústanos que as familias se impliquen nas nosas cousas que veñen sendo, en definitiva, cousas de todos. Por este motivo durante este curso iniciamos un préstamo de libros ás familias, novidade que resultou altamente gratificante pola cantidade de exemplares demandados. Pensamos que os nenos reproducen as condutas que ven nos maiores; polo que nos parece que esta proposta pode servir de animación á lectura, por imitación de comportamentos. Asemade tamén foi unha experiencia moi bonita a colaboración das familias na confección de disfraces para o Entroido, sorprendeunos a participación que atopamos. Pasámolo moi ben! Tamén se fixo unha degustación de produtos típicos desta época e volvemos a vernos sobrepasados polas aportacións das familias. Ogallá para o curso que vén xurdan iniciativas nas que traballemos conxuntamente familias e Centro. Estariamos encantados! Non nos podemos esquecer da ANPA do Centro, órgano no que están representados os pais e nais, que colabora connosco en todo canto lle solicitamos; son colaboracións que atinxen máis ben a temas de infraestruturas do Centro, pero tamén é moi importante o labor que fan na organización das actividades extraescolares . Para despedirnos dúas arelas: Unha, desexamos que o próximo curso veña cargado de iniciativas que se poidan levar a cabo, sen atrancos, para sentirnos máis libres, máis nobres e máis dignos. Dúas, expresar un desexo para a nosa lingua, patrimonio de todos e todas: MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA Equipo de Normalización Lingüística, Equipo da Biblioteca
as nosas cousas3

ANIMAIS DO MAR
INFANTIL 5 ANOS

Algúns vímolos no acuario de O Grove, algúns noutros lugares.

4as nosas cousas

SOÑOS DE MOITA ALTURA
INFANTIL 4 ANOS

as nosas cousas5

TÁBOAS E GRÁFICOS

4º CURSO

6as nosas cousas

as nosas cousas7

EXPOSICIÓN DO 2º CICLO
Paula Mahía Taboada 3º Curso

8as nosas cousas

ÁFRICA
Raúl Almerge Jacobo 5º Curso

Faltaba unha semana para as vacacións. Meus pais estaban preparando todo o necesario para unha viaxe a Túnez. Era a primeira vez que eu viaxaba a África. Chegou o ansiado día. maletas e directos ao aeroporto. Sentado no asento do avión, entretíñame coas nubes de tantas formas e tan algodonosas. Chegamos, fomos ao hotel e gardamos a equipaxe. A calor era insoportable. Ao día seguinte visitamos os arredores e despois, na praia, fixen un novo amigo. A partires dese día, todos os días, mañá e tarde, estabamos xuntos. Eramos inseparables. Souben da súa vida, das súas necesidades, das nosas vidas tan diferentes. As vacacións remataban e poñíame triste só con pensar que ía deixar ao meu amigo. Quería levalo comigo pero era inútil. Non podía.

O verán estaba a piques de empezar.

Debuxo:Sergio Peiteado Moledo

Quedei con el por última vez; prometinlle que volvería. A despedida foi penosa. No avión non deixei de pensar nel. Nos seus ollos, na súa mirada, na súa tristura... Cando cheguei á miña habitación, revisei as fotos que sacara e lembrei o ben que o pasara. Por que a vida ten que ser tan diferente dependendo do lugar onde nazas?
as nosas cousas9

A FORMIGA VALENTE
David Trigo González 5º Curso

Había unha vez unha fraga que tiña un formigueiro á sombra dun carballo.
Nel traballaban centos e centos de formigas almacenando comida para o inverno. Traballaban arreo xa que estaba a piques de empezar o outono. Unha mañanciña, o ceo escureceu e chegaron as chuvias. As probes formigas corrían e corrían. Nunha destas, a unha delas caeulle unha pingueira e guindouna nun burato. Unha compañeira quixo axudala, botouse a correr, colleu un pauciño, levouno ata o burato e díxolle que se agarrase fortemente. Empezou a tirar, a tirar... ata que conseguiu sacala. Esgotada, a formiga salvada abrazouna. Agora as dúas, fóra de perigo, regresaron ao formigueiro. Dentro estábanas agardando pensando no peor. Para sorpresa de todas, a formiga salvada era filla da raiña. Moi agradecida, nomeou a súa compañeira “vixiante real”. Para as demais foi desde aquel día A FORMIGA VALENTE.

Debuxo:Rubén Míguez Baltar

10as nosas cousas

MIAU !
INFANTIL 3 ANOS

as nosas cousas11

AS NOSAS SAÍDAS

2º CURSO

Conversas...

12as nosas cousas

as nosas cousas13

14as nosas cousas

as nosas cousas15

16as nosas cousas

VIAXE AO GROVE
Adrián Hermida Baloira 3º Curso

as nosas cousas17

A VIAXE A PONTEVEDRA
Sabela Pájaro Ferro 3º Curso

18as nosas cousas

SOMOS OS DE PRIMEIRO, UN CURSO REBULIDEIRO
1º CURSO

as nosas cousas19

20as nosas cousas

O CONTO DOS NOMES
Daniel Rodríguez Tato 4º Curso

(Este conto inventouse coa condición de que nel tiñan que entrar as palabras: corvo, escaravello, ovo, ovella e trevo)

Un día estaba no campo onda u carballo rodeado de trevo.
—Alabarei, alabarei— e a bailar como en Hawai.

Eu fora ao campo porque levara as ovellas. Só tiña unha ovella chea de la; e esta chamáballe Manuela. Ao rato un corvo chegou a unha pedra, pousouse e empezou a cantar:

Un escaravello que pasaba por alí puxo unha cara de “este corvo está mal da cabeza”. Cando cheguei á casa fun meter as galiñas e a ver se saíra o pitiño do ovo que puxera a galiña quiquiriqueira. Por fin xa saíra e púxenlle ao pitiño o nome de Manuel Aturuxador. Eu fun meter a ovella Manuela e, como é moi travesa estaba escapando. Eu díxenlle: —Ovella mala, como volvas escapar, vas para o caldeiro. E a ovella dixo: —Beee, beee— e revirou a cara. Eu levantei o bastón de madeira de carballo e díxenlle: —Non berres que vas agora para o asado da festa da parroquia.

as nosas cousas21

A MEIGA
Rodrigo Rey Penín 4º Curso

22as nosas cousas

OS DEFUNTOS
Nuria Salgueiro García 4º Curso

as nosas cousas23

24as nosas cousas

A VIAXE A MADRID
Isabel Pazos Álvarez 5º Curso

O que máis me chamou a atención foi
o compañeirismo que houbo entre todos nós. Eu xa fora a Madrid, pero a verdade é que o pasei mellor cos meus compañeiros de colexio. Aínda que no autobús o pasamos moi ben xogando a “proba ou verdade”, a contar chistes... eu desexaba chegar ao hotel. Ao chegar a Madrid estaba moi emocionada porque íamos ao Palacio Real. O Palacio Real ten unhas habitacións marabillosas, comedores, farmacia, armería onde gardaban as armaduras. Eu só pensaba en como os cabalos poderían soportar tanto peso. A enfermería era xigantesca e tiña un cheiro moi raro.

Ao lado do Palacio Real estaba a catedral da Almudena. A catedral tiña un órgano moi grande e uns bancos cómodos.

Cando chegamos ao hotel, Minia e eu tiñamos moitos nervios por ver como sería a habitación, se estaría ben ou mal, se tería baño... Durmimos de marabilla. Á mañá seguinte cando fomos almorzar senteime ao lado de compañeiros cos que non acostumo a estar no colexio e caéronme moi ben. Despois de almorzar collemos todo o que necesitábamos e saímos. Camiñamos polo centro de Madrid e vimos o Palacio de Cristal, a Porta do Sol, a parada de metro de Sol... e por último o Museo de Cera onde pasou algo moi
as nosas cousas25

Na Warner comemos unha pizza bastante grande, pero moi rica. Cando empezamos a comer sentouse ao meu lado a profe Rosa coa que me dá un pouquiño de reparo así que non falei moito. Despois de comer dividímonos en grupos. A min tocoume con Minia, Adrián Gago, Raúl e David. Foi un desastre: uns querían ir a unha atracción e outros a outra; ao final separámonos e pasámolo mellor así. Subímonos a unha atracción de impresión e pasámolo moi pero que moi ben. Cando marchamos estabamos un pouco tristes porque xa remataba a excursión.

estraño: cando estábamos no “Tren do Terror”, uns rapaces da ESO saíron correndo asustados e uns amigos meus viñeron chorando. Eu xa non me atrevín a montar. Na Praza Maior, vin que uns compañeiros lle compraban a un vendedor negro unha especie de asubios. Pensei que con eles se poderían atragantar. Aviseinos e funcionou: todos tiraron os chifros e xa me tranquilicei. Ao día seguinte fomos no AVE a Toledo. Toledo gustoume moito, pero aínda así sígueme gustando máis Madrid. Xa todos esperaban o momento de ir a Warner Bross; a verdade que eu tamén. Primeiro tiñamos que ir ao Zoo. O Zoo gustoume moito, só que non paramos de andar en círculos. Había animais bonitos e outros horribles. O animal que máis me gustou foi o osiño Panda... que simpático! e tamén a xirafa, e a cebra. Había un gorila xigantesco e un pequeniño que se metía co pai. 26as nosas cousas

De volta paramos na cidade de Segovia. Segovia e o seu acueducto son moi bonitos. No autobús vimos dúas pelis. Ah!, xa case me esquecía: a experiencia que máis me gustou foi coñecer ao xogador Sergio Canales e que me asinase un autógrafo.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Alejandro Mera Caldelas 5º Curso

Ás sete e media da mañá saímos do
Foxo. Durante o traxecto en autobús observamos a paisaxe, falamos, contamos chistes e xogamos; entre os moitos xogos aos que xogamos un deles foi “proba ou verdade”. A medio camiño fixemos unha parada e visitamos o lago de Sanabria, alí sentámonos todos os amigos xuntos, ou case todos, e comemos. Despois fomos polo paseo que levaba ata o lago. A auga estaba moi fría. Pola tardiña chegamos a Madrid e visitamos o Palacio Real, era xigante! Tiña comedores, habitacións, farmacia, armería, escaleiras, figuras, etc. De

seguido visitamos a catedral da Almudena; é fabulosa, igual co palacio. Todos estabamos cansos e desexabamos chegar ao hotel. Cando chegamos ao hotel déronnos o número de habitación, subimos e observámola: era preciosa, tiña camas, armario -cunha caixa forte-, mesa de estudos, mesiñas de noite -e nelas había bombóns-, televisión, etc. Baixamos e ceamos; todo estaba riquísimo. Despois de cear duchámonos e saímos á praza do hotel. Na praza pasámolo moi ben; estivemos xogando ao pilla-pilla, ao escondite, etc. Ás once da noite subimos á habitación, deitámonos e estivemos falando ata que nos quedamos durmidos.
as nosas cousas27

Ao día seguinte espertámonos cedo. Xa sabiamos que ía a ser un día esgotador e baixamos a almorzar. De almorzo podíamos elixir o que quixeramos: había embutidos, leite, zume, croissants, etc. Eu quedei farto. Marchamos para o Santiago Bernabéu. No estadio había moitos trofeos. Saímos ao terreo de xogo e atopámonos con Sergio Canales que nos firmou autógrafos. Fomos á tenda do Madrid. Todo era carísimo. Ao saír do estadio Bernabéu visitamos o centro de Madrid que era moi bonito. Pola tarde, despois de comer, fomos ao Museo de Cera. A min o que máis me gustou foi o Tren do Terror. Despois de saír do Museo de Cera volvemos para o hotel e alí ceamos, duchámonos e fomos para a praza onde estivemos comentando as experiencias. Ás doce deitámonos. Ao día seguinte almorzamos e marchamos en AVE a Toledo. A cidade era preciosa. Visitamos o Alcázar, a catedral, a estación do AVE, e a “calle de la Soledad”, que é

unha rúa tan estreita que só pode pasar unha persoa. Comemos e dedicamos a tarde a comprar recordos de Toledo. Á noitiña volvemos a Madrid. Ceamos e xa nos deitamos. Ese día non fomos á praza. Ao día seguinte almorzamos e fomos ao Zoo, ao que eu xa fora. Vimos exhibicións de animais. Comemos na Warner Bross e fomos as atraccións entre elas as Fervenzas Salvaxes, o Hotel Embruxado, ás cadeas, á montaña rusa, etc. Encantáronme. Cando saímos da Warner xa fomos para o hotel. Ao día seguinte viaxamos a Segovia. Xa marchabamos do hotel e despedímonos de todos. Visitamos case toda Segovia e compramos recordos. Polo camiño, de volta a casa, vimos dúas películas e paramos dúas veces para que descansase o conductor. Ao Foxo chegamos pola noite. A min encantoume a excursión.

28as nosas cousas

LETRAS GALEGAS 2010

Uxío Novoneira

(Parada de Moreda, O Courel, 1930 – Santiago de

Compostela, 1999) estudou Filosofía e Letras en Madrid, cidade onde residiu entre os anos 1962 e 1966 e onde traballou na radio e na televisión, converténdose nun gran divulgador da poesía galega e universal. Retornado ao Courel no ano 1966 e afincado en Santiago de Compostela desde o ano 1983, foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Entre as súas obras, cómpre salientar Os Eidos (1955), Os Eidos 2 (1974), Muller pra lonxe (1987) e Do Courel a Compostela: 1956-86 (1988).

uxío novoneira
17 de maio

2010
I estes brazos inda son aqueles
que sosteron no souto a cabeza dos soños?
as nosas cousas29

galegas

letras

O SAMAÍN

A técnica do tallado da caveira é ben sinxela: Faise unha incisión superior

Límpase por dentro axudándose dun raspador. Tendo o interior limpo e rebaixado...

30as nosas cousas

... fanse dous furados para os ollos, un furado para o nariz e outro para a boca.

Remátase poñéndolle uns pauciños na boca e unha vela no seu interior.

as nosas cousas31

ANÉCDOTAS POR CAPÍTULOS
MADRID

2010

HOTEL

Un hotel moderno en San Sebastián de los Reyes con tarxetas electrónicas de apertura, así que, nalgunha habitación quedaron as tarxetas dentro e os hóspedes fóra, todos compunxidos. Houbo comunicacións escritas co persoal feminino de limpeza e incluso “roubos de pixamas” que, milagrosamente, apareceron debidamente dobrados debaixo das súas correspondentes almofadas.

pero, había un problema!, o zapateiro resultou ser un pequeno frigorífico pechado a cal e canto a fin de que os inquilinos non tivesen a tentación de tomar algunha copiña. Algunha profe dedicouse a espertar ás 7.30 da mañá a hóspedes que non eran precisamente do CEIP do Foxo. Dous pipiolos baixaron á praza que había fronte ao hotel en pixama e zapatillas: sentíanse coma na súa propia casa. Unha noite certa profesora anunciou a bombo e pratiño que habería espaguetes para cear. Puxeron un bo prato de macarróns. Borja, eficiente, indicoulle que “na súa terra, aquilo eran macarróns”. No restaurante atopámonos con asasinos de bistés, xerseis tuneados con cola-cao, pistracas, rumiantes, comedores (algúns

Había billas no lavabo que botaban máis auga cás de Olives e ducharon a máis dunha. Algún pretendía facer surf na bañeira e tamén estaba empeñado en abrir o “zapateiro” da súa habitación a fin de non molestar con olores innecesarios 32as nosas cousas

de “chaqueta “ Cristiano Ronaldo non fixo mella en nós. As preferencias para o retrato ían polos da casa: Casillas, Raúl, Guti. Comemos moi ben fronte ao Raíña Sofía pero, “esquecémonos de pagar”: 44 pufeiros paseando polos madriles e unha profesora, apurada, pagando débedas. Fotos e hurras á Cibeles, ganas de entrar a tomar algo no Ritz ou no Palace, dábanos igual. Saúdos e cánticos á Porta de Alcalá. Entrada no Retiro. Alí, unha fonte axudada pola brisa, aliviounos das calores madrileñas. Baixamos ata o Palacio de Cristal cantando A Rianxeira e, nas escaleiras, unha señora devolveunos un osiño que perdera Saleta no Bernabeu. Casualidades da vida!

querían “atacar” os ósos das olivas) e houbo quen pediu reiteradamente “un restaurante ao aplauso”.

MADRID CAPITAL Desfile de cabalaría pola praza de Armas do Palacio Real . Quedamos impresionados ante a cantidade de salas, paredes, teitos, columnas, reloxos, tronos e ornamentos. Acuciados pola sede e a calor subimos á cafetería e tomamos unhas augas. O persoal , impresionado polo noso comportamento e tamén pola ousadía de subir todos xuntos, obsequiounos cunhas cuncas de patacas fritidas . Pasado o apuro, continuamos ata a catedral da Almudena. Grazas ao “soplo” dun garda-xurado de Ortigueira que, deseguida, fixo compadreo con nós, soubemos da inminente chegada de Sergio Canales, futbolista fichado polo Real Madrid. O rapaz é guapo a rabiar, houbo suspiros, autógrafos, sorrisos…Creo que algunha aínda hoxe segue a saloucar, ou non? Abraio xeneralizado dos “culés” ante a avalancha de copas, trofeos, balóns de ouro, botas. Algún non sei se se cambiaría

No Retiro tamén descubrimos a impotencia de Álex Gañete con Mickey Mouse: fíxose unha foto ao seu carón pero á hora de facer o correspondente donativo o pobre rato tívose que conformar cun: que le quieres?, no tengo dinero. Do Retiro ao Museo de Cera: choros e espantos ante o tren do terror (iso sen
as nosas cousas33

subir), xente que bicaba a actores, sustos draculianos, simuladores… Baixando pola beirarrúa, unha pequena parada ante o café Xixón (xa viramos a tertulia no Museo), olladas de sorpresa ante os uniformes dos camareiros. Os leóns do Congreso estaban tapados (supoño que asustados ante a crise). Proseguimos a marcha hacia a Porta do Sol, baixamos ao metro. Alí, un gardaxurado (tamén galego) abriunos o paso e puidemos ver o tránsito en hora punta. Chegada á Praza Maior. Un vendedor de chifres fixo o seu agosto particular un día do mes de maio. Xeados, carreiras en busca dos mellores prezos e descanso.

Pola tarde, no parque, algúns dos nenos, bailaron muiñeiras e ata ligotearon con descoñecidas. Aparte da magnífica experiencia do AVE, Ángela tivo outra máis persoal: converter a súa irmá, por obra e gracia da cidade de Toledo, nunha auténtica sevillana de Triana . Ao remate do día, algún regaliño “surprise” para Paula no seu cumpre.

TOLEDO

Iniciamos a ascensión a Toledo a través dunhas escaleiras mecánicas, a chupe, que lle esponxaron o corazón a máis de un. Vimos unha ruela tan estreita que só cabía unha persoa: a canella da Soidade. Noutra destas rúas unha profe, tentando dirixir unha manobra de cruce, pegoulle unha boa bofetada a unha pobre mociña que ficou espantada ante tal ousadía. Marabillosa sopa de verduras no hotel! ZOO - WARNER Entrando no zoo a Raúl tivémoslle que dar aire, tal era o seu estado de ansiedade ante tanto animal raro e unha soa cámara: como podería captar todo o que abarcaba o seu ángulo de visión? Asistimos en directo a un espectáculo 34as nosas cousas

lamentable: tres gorilas facendo botellón! Menos mal que nos quedaron na retina outros espectáculos máis gratificantes: leóns mariños, aves de rapina e golfiños. Grazas ao noso intérprete de planos, conseguimos chegar ao restaurante da Warner. Comemos unhas pizzas barbacoa cuns coitelos de plástico que, dificilmente, poderían cortar nada e que complicaban o xantar. Nada importaba, agora viña o mellor. Inconvintes: cortes de dixestión (estes nenos son moi precavidos), medir máis de aceptou. Cando case estaba rematado, o demo pediulle a alma e a moza negouse. O demo, endemoniado, deixouno inconcluso. Sabemos con certeza que centos de acuedutos a día de hoxe, adornan as nosas casas. Nada mellor para explicar esta historia. Tamén contan que na viaxe de regreso vimos dúas películas e tamén contan que algúns non viron ningunha porque veu Pedro Chosco a visitalos. 80 cm, galiñas na montaña rusa, camisetas molladas, tazas mareantes, cataratas salvaxes, ríos bravos, piropos, berros e satisfacción xeneralizada. A tarde fíxose pequeniña e tamén houbo xeados, fotos, risas e macro-granizados a 6 euros . Contan que paramos na Gudiña e nos deron uns bocadillos XXL, CONTAN QUE O PASAMOS MOI BEN , mesmo contan que algúns querían quedar algúns días máis. Pero todo isto son só contos.

REGRESO Contan que unha moza transportaba auga con caldeiros á cidade de Segovia. Un día o demo díxolle: Vouche construír un acueduto se me das a túa alma. Ela
as nosas cousas35

JOSÉ ANTONIO FONDEVILA

O artista José Antonio Fondevila, o Cazador de Fantasías, navegou esta
tempada polas augas de cores do noso colexio e amosounos –coa axuda dos pereiriños de 6º- nun mural todo o seu marabilloso quefacer creativo, que é infindo. E é que Fondevila –ao dicir do membro da Real Academia de Belas Artes, Francisco Pablos- posúe unha pintura que partindo da anécdota acada a categoría de perdurable… e que é, asemade, pintura ben feita, sabiamente elaborada. A dun artista que ama o que pinta. A pintura de Fondevila, coméntanos o escritor Manuel Núñez Fiuza, non ten idade, nin espazo concreto…, envólveo todo e cóntanos cousas incribles, pero dunha aplastante veracidade que nos fan conmover. Non estamos diante dun pintor calquera, pois a súa obra vai máis alá de si mesma e do seu tempo.

36as nosas cousas

OBRADOIROS DE TEATRO E POESÍA

as nosas cousas37

ENTROIDO 2010

Este ano participamos no desfile
do luns de Entroido que organizou o Concello da Estrada. A comparsa do noso Centro A horta do Entroido, luciu disfraces de froitas confeccionados nun taller improvisado de costura no que participaron nais e avoas.

As peras que veñen agora non che valen pra comelas sonche os nosos pequeniños que che veñen moi contentos.

Coidadiño coas uvas que vos son moi indixestas. Hainas brancas e máis tintas pero todas van na cesta.

E chegan os nenos de sexto formando a súa comparsa;
38as nosas cousas

O venres de Entroido as familias
dos nosos nenos puxéronse mans na masa e inundaron o vestíbulo do noso colexio de larpeiradas.

veñen vestidos de fresa, xa veremos o que pasa.

Con tanto frío e neve da súa árbore escaparon as laranxas máis laranxas ao noso cole chegaron.

Tantas mazás comeron os de quinto e a súa profe que a cara lle quedou como aquí veredes hoxe.
as nosas cousas39

ASI NO DEPORTE COMO NA VIDA
CROSS 2009

E un ano máis… celebramos o cross do Foxo E un ano máis… superámonos, esforzámonos, emocionámonos e sudamos nunha carreira presidida pola Deportividade Irmandiña de Tod@s Pereiriños d´A Estrada… E un ano máis (e xa van alá catro) desexámosvos que sigades superándovos (a vos mesmos) no Deporte e na Vida E un ano máis agardámosvos no cross 2010 coa absoluta certeza de que Tod@s Vós sodes os mellores Mil Parabens!!

40as nosas cousas

RECORDOS...

6º CURSO
...Eu acórdome do día que empezamos no cole, todos estabamos moi pegados ás nosas nais. Acórdome de cando nosas nais nos deixaron sós, moitos choraban e cando comezou a clase, eu estaba alí soíña, polo medo a que me berrasen. Cando chegamos a primeiro, xa nos sentiamos moi maiores. Acórdome que en 3º curso fixemos os nosos primeiros exames. 5º foi un curso algo duro… bueno, 6º superoulle, pero tamén foi moi divertido. A min gustaríame poder quedar outros anos máis no cole, porque se pasa moi ben e tamén se aprende, pero a diversión supera ao traballo… (Nuria) ...Paseino moi ben no noso querido cole, non teño ganas de marchar... (José) ...Lémbrome que cando cheguei ao colexio sempre me poñía a chorar cun amigo meu que se chama Santiago Martínez... (Pedro) ...Lémbrome cando aprendín a multiplicar e a dividir, lémbrome das anécdotas que nos contaba o profesor Xaquín, tamén lembro o comezo do curso de sexto que me resultou duro, mesturado coas risas, emocións, enfados… levando comigo gratos recordos de amigos e profesores... (Rocío de la Torre) ...Eu recordo, que cando entrei no colexio do Foxo non coñecía a ninguén e estaba moi asustado... (Borja) ...Lémbrome que ben o pasaba de pequeniño, alí no banco agardando a que viñese miña nai a buscarme. Cando pasaba a profe Mª José, botaba unha carreira e subíalle ao colo... (Jacobo) ...O primeiro día de escola paseino fatal… e o feito de que chorara non axudaba moito, tiña moita vergonza. Miña irmá que era maior tiña que vir a miña clase porque eu non quería estar sen ela. Tamén me lembro que á saída do colexio eu marchaba sen agardar por miña irmá e na casa berrábanlle a ela e non a min. Co paso do tempo o colexio empezoume a gustar máis... (Laura Espiño) ...Eu recordo que, estando en Infantil un día quedeime durmida e coa présa porque xa me estaba agardando o autobús non collín o estoxo. Tiven que pedirlle o da profesora. Cando cheguei á casa estaba alí agardándome, que vergonza pasei !... (Verónica) ...Recordo o día que comecei ao cole…todos chorabamos. Infantil pasoume rápido igual que o curso de 1º, neste fixen moitos amigos. Segundo xa se ía complicando, así como 3º e 4º que apareceron os exames. En 5º estudamos moito e todos os días tiñamos moitos deberes. Este ano a todos nos foi máis difícil adaptarnos; aínda así, pasámolo moi ben a maioría das veces. Se tivera que definir o meu paso pola escola en tres palabras serían: xenial, marabilloso, estupendo... (Paula) as nosas cousas41

...Acórdome que en Infantil de tres anos choraba todos os días e entón acompañábame unha ra de peluche á que lle teño gran cariño. Logo paseino moi ben ata sexto onde fixen algo o remolón, pero xa o superei... (Santiago) ...Aínda me acordo de cando era pequeno e non sabía onde estaban as aulas e choraba, tamén lembro cando me quitaban os xoguetes. Gustaríame que os profesores e profesoras viñeran connosco para o Instituto. Que saibades, que polo menos eu sempre pensarei en vós!... (Iago) ...Lémbrome que cando comecei ao colexio, era moi traviesa. Un día díxenlle á profesora que quería ir ao baño, entón escapei polo corredor, grazas que atopei ao Conserxe e levoume á clase, senón marchaba. Esa era a miña teima: escapar do colexio... (Ángela) ...Parece que foi onte cando entrei no colexio e estaba moi nerviosa, acórdome que eu non choraba, pero tiña moito sono. Tamén me acordo cando nos separaron no 1º curso e logo, canta alegría ao xuntarnos de novo en terceiro!... (Rocío García) ...Lembro cando miña nai me deixaba no colexio e eu choraba por ela... (Jonathan) ...Acórdome que con tres anos comecei á escola e traíame a miña nai da man todos os días. Aquí foi onde aprendín a facer amigos, a xogar, e como non, a ler e escribir. Aquí foi onde comecei a encher a maleta máis valiosa da miña vida (festivais, concursos, viaxes, bailes, etc.) este tesouro tan prezado que irá sempre comigo: “Os meus recordos”... (Sonia) ...Recordo a miña andaina no colexio como unha etapa da vida divertida, onde fixen amigos, viaxei e aprendín moitas cousas... (Nerea) ...Recordo que Santi o primeiro día choraba e levaba consigo unha ra de peluche. En 1º curso xogabamos a detectives, para averiguar quen fixera destrozos no colexio a noite da festa parroquial. Recordo que estando coa profe Teresa gañaramos un concurso da Fundación Eugenio Granel... (Tania) ...Lémbrome de cando cheguei ao colexio e coñecín a unha das miñas mellores amigas, Saleta. Tamén me lembro dos interminables recreos xogando a facer castelos de area. Vou estrañar moito o colexio, porque foi a segunda casa para min, onde rías, chorabas, onde as profes che curaban as feridas, etc. Vou estrañar moito o colexio do Foxo... (Laura López) ...Recordo cando me agachaban o mandilón. Recordo á profesora Mª del Carmen que a quería moito. Tamén recordo como nos gustaba xogar coa plastilina... (Irene) ...Lémbrome que cando entrei no colexio, algúns nenos choraban, pero eu por sorte, non. Lémbrome que en 5 anos xa comezamos a estudar inglés e en 1º non tiñamos que poñer o mandilón, que maiores! Así foron pasando os cursos, complicándose cada vez máis, ata chegar á recta final... (Isabel)

42as nosas cousas

...Lémbrome cando cheguei á escola e fun coñecendo aos meus amigos. Lémbrome cando estabamos en Educación Infantil coa profesora Ana. Lémbrome cando comezamos a primaria, cando nos separaron en 1º, cando podiamos estar no recreo dos maiores, cando aprendín a ler e escribir… Lémbrome de todos os profesores que me impartiron clases... (Elena) ...No colexio comezou todo: os catarros, as liortas, o intercambio das merendas cando as profes non miraban e a ilusión de que algún familiar ou veciño nos visitara no patio de area. Recordo o sentimento de soidade cando me vin sen a miña mamá. Recordo o pánico que me daba falar en público, así esta anécdota: Cando tiña 4 anos pedíronme que fixera de Virxe María no Belén de Nadal, pero foi imposible convencerme; ao final puxeron a Laura e eu quedei de pedra cando vin que só era estar alí sentada! Tamén recordo con gran agarimo cando no recreo chegaba meu irmán coas chucherías para min. Como me gustou a miña primeira excursión, todo o día fóra da casa! E como non, recordo a todos os profesor@s con gran cariño... (Saleta) ...Eu acórdome cando comecei no Foxo, estaba un pouco asustado e non sabía onde meterme. En Infantil de 5 anos fun collendo confianza e ata me quedei durmido. Recordo que en 1º xa nos sentiamos importantes por andar por todo o patio. Recordo en 3º cando suspendín algunha asignatura. En 4º chegou un alumno novo, Borja, e pouco a pouco fun entablando amizade con el. Tamén recordo que neste curso metíame coa profesora, cousa que non vos recomendo a partires de cuarto. En sexto, foi o meu curso de máximo esplendor (aínda que xa tiña algo de fama en quinto), pois co baile que fixemos en Nadal e unha pequena obriña que estamos a representar unha compañeira e máis eu culminou o “choio”. Espero que as notas me permitan pasar ao IES, para continuar a miña andaina... (Marcos)

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful