Está en la página 1de 64

sumario

3 Editorial
4 Pedimos a Paz - Infantil 5 anos
5 Quen son eu? - Infantil 5 anos
6 Animais na Biblioteca - Infantil 4 anos
7 Adiviña quen é quen - Infantil 3 anos
8 Contos de 3º Curso
12 Cross Foxo 2008
13 Lémbrome
15 Tempo de Entroido... Tempo de Coresma
18 A raqueta e a pluma
19 O pavo e a miñoca
20 Sandra e o seu mundo
22 O 3º curso toma medidas...
23 O Samaín
24 A semente e a sementeira
26 O Rap da Formiguiña
27 Día do Libro
30 Letras Galegas 2009
33 Verbas Durmidas
36 Concerto en Santiago
37 A viaxe a Cee
41 Concurso Aspamite
43 O Xardín da Poesía
47 Lipogramas e Monólogos
51 Premio do Museo Granell
52 Excursión ás Illas Cíes
54 Visita a Cercio e o Correlingua
56 Cabaleiros e Princesas
61 Excursión Fin de Curso
63 Ata sempre 6º
as nosas
cousas
nº 29 xuño 2009

ceip do foxo

Edición non venal


Nº 29 - xuño 2009
editorial
Non nos importa admitilo estamos orgullosos de AS NOSAS COUSAS. Este é xa o
número 29.
Este número de AS NOSA COUSAS non pode ser máis variado. Poesía, narrativa, debuxo,
manualidades.... o que demostra, de novo, que a literatura e as artes non morrerán
mentres haxa persoas sensibles que contemplen o mundo desde un prisma diferente a
este que nos queren impoñer, que se basea no que é rendible e inmediato.
Lembrar desde aquí con respecto a figura de Ramón Piñeiro, ao que se lle dedica este
ano o Día das Letras Galegas polo seu labor na defensa de Galicia e da súa cultura, que
debe ser unha referencia moral cara ás novas xeracións. Foi un impulsor da
normalización lingüística.
Damos as grazas ao profesorado que colabora entusiasta e ao alumnado, xa que sen eles
esta empresa non iría adiante. Agradecer tamén o esforzo das persoas que fan posible a
publicación do Boletín informativo da Biblioteca O PEREIRIÑOS, que nos vai poñendo ao
día dos acontecementos culturais que teñen lugar no Colexio.
Para rematar queremos facer unha reflexión: Esta revista é unha pequena mostra do
inxente traballo que vimos realizando no Centro tanto o Equipo de Normalización e
Dinamización Lingüística como o Equipo da Biblioteca, que cremos fielmente que un dos
obxectivos ( non o único) da escola é a capacitación no uso da nosa lingua. En ningún
momento pretendemos impoñer o uso do galego; pero temos un dereito irrenunciable e
extensivo a todos os galegos e galegas: coñecer o noso idioma para que posteriormente
poida ser utilizado en liberdade. E OS DEREITOS NON PODEN SER SOMETIDOS A
CONSULTA! A maioría dos nosos alumnos son galegofalantes; e mesturan as linguas
porque son socializados en máis dunha. Esta situación nos máis cativos resólvese cos
anos, quedando coa riqueza do plurilingüismo, imposible de acadar na vida adulta. Nas
nosas aulas non existe conflicto lingüïstico algún..... O GALEGO ÚNENOS....!

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

as nosas cousas 3
infantil-5 anos

4 as nosas cousas
as nosas cousas 5
infantil-4 anos

QUE TERÁN QUE VER ESTES ANIMAIS ?


PODEDES DESCUBRILO NA BIBLIOTECA

6 as nosas cousas
infantil-3 anos

ADIVIÑA QUEN É QUEN

as nosas cousas 7
contos do 3º curso

A granxa
Cristina Trigo González-3º Curso

8 as nosas cousas
as nosas cousas 9
A tatexa
Nuria Salgueiro García

10 as nosas cousas
as nosas cousas 11
carreira campo a través

Cross Foxo 2008

cros foxo 2008 traballo organización sillas (ou cadeiras)


bancos colchonetas pavillón fatiga esforzo suor máis traballo
chuvia si chuvia non estacas cinta circuito vilela ambulancia
protección civil policía local prensa estrada tv autoridades
18 novembro gris ceo frío música arrebato
oca pérez viondi cabada vázquez villar paramá
lourdes figueroa garcía barros ies nº1
quecemento frío nervos emocións orballo saída
preparados corredores lis…tos xa!!
carreira herbeira orballo lama caídas meta loita
entrega suor superación esforzo emoción
deportividade ouro prata bronce chocolate
pastel auga libros irmandade todos xuntiños
calor emoción satisfación goce disfrute
superación aplausos festa fuxú cros foxo 2008
ata vindeiro curso grazas mil
deportividade
c
e
i
p
foxo
12 as nosas cousas
lémbrome 6º curso

Lémbrome...

Isabel Loriente Pazos Victoria Valladares Mato

Lémbrome cando era pequena e Lémbrome. Lémbrome da


xogaba coa miña irmá. Lémbrome primeira vez que fun a unha voda,
do meu avó cando me ensinou a foi no ano 2000 e tiña dos anos,
montar en patín Lémbrome do meu pero do que máis me lembro é do
can cando xogabamos ao fútbol e baile.
bailabamos. Lémbrome de cando Lémbrome cando aprendín a montar
cumplín os dosu anos, lémbrome en bicicleta pero non lembro a
dos regalos aínda. Lémbrome do idade que tiña.
pantalón rosa que tanto me Lémbrome cando me mudei a
gustaba. Lémbrome de cando subín Lamas, era nas vacacións e pasábao
por primeira vez ao triciclo. moi ben.
Lémbrome da primeira vez que Lémbrome do día no que cheguei ao
comín eu soa. Lémbrome de cando colexio; estaba máis nerviosa por
empecei a ir ao colexio. Lémbrome facer amigos que por adaptarme.
de cando me lía un conto a miña Lémbrome cando coñecín a Lucía, a
nai. Lémbrome do meu primeiro Miguel e a Xosé Carlos.
debuxo. Lémbrome da miña Lémbrome dos nosos ensaios dos
primeira profesora. Lémbrome do bailes de Nadal e sobre todo
meu primeiro estoxo. Lémbrome lémbrome da primeira vez que os
da miña avoa. Lémbrome... representamos.
Lémbrome da viaxe a Madrid,
paseino moi, moi ben.

13
Rafael Fortes Otero Oscar Dos Reis Ferro

Lémbrome que cando era Lémbrome de cando queimei a


pequeno e estaba na casa dos meus perna. Lémbrome de cando vin por
tíos un touro matou a unha persoa. primeira vez á escola. Lémbrome
Lémbrome que unha vez na escola cando pisei o campo de fútbol de
metinlle un dedo no ollo a Antía. Berres. Lémbrome cando fomos a
Lémbrome que unha vez na casa do Agolada visitar a Xosé Vázquez
meu primo caín do poni e Pintor. Lémbrome cando fun á praia
lastimeime moito. Lémbrome cos meus pais e meus irmáns e
dunha vez que fun a Vigo á praia e comemos nun restaurante.
corteime cunha cuncha. Lémbrome Lémbrome cando fomos de
de cando pasei de Infantil a excursión ás Illas Cíes. Lémbrome
Primeiro curso. Lémbrome de cando pintamos con Fragoso o
cando tiven o meu primeiro exame. mural. Lémbrome cando fun ao
Lémbrome da primeira vez que me Rally de Paradela. Lémbrome
mandaron deberes para a casa. cando morreu meu padriño.
Lémbrome da primeira vez que caín Lémbrome cando fixen a primeira
e me lastimei moito na perna comunión. Lémbrome cando miña
esquerda. Lémbrome do primeiro nai coidou á súa tía. Lémbrome
día que comecei a xogar ao fútbol cando a miña irmá empezou a
no Callobre. Lémbrome do meu traballar no Río Liñares. Lémbrome
primeiro gol meu no Callobre. de cando Adrián marchou do colexio
Lémbrome da primeira caída do Foxo. Lémbrome do medo que
xogando ao fútbol. Lémbrome de pasei cando vin un xabalí ao lado da
cada vez que pasei de curso. miña casa en Ancorados.
Lémbrome de cando cambiei de Lémbrome da comida que máis me
profesores. Lémbrome de cando os gusta, a carne guisada que fai a
meus irmáns foron a estudar, un a miña nai. Lémbrome do día que
Ourense e outro a Pontevedra. fun a Portugal e coñecín á bisavoa
do meu pai.

as nosas cousas

14 as nosas cousas
tempo de entroido...

O burros do Entroido

as nosas cousas 15
16 as nosas cousas
...tempo de coresma

as nosas cousas 17
relatos

A raqueta e a pluma
Alejandro Nogueira Castro-6º Curso

A raqueta empezou sendo fibras de


carbono, foiselle dando forma ata ser unha
raqueta. Despois déronlle color; todos os
retoques. E foi chamada Nano Speed 6000.
Foi trasladada desde China ata a miña casa.
A pluma empezou sendo un corcho, fóiselle
engadindo plumas ata parecer unha pluma,
púxoselle a cinta de recoñecemento e meteuse
nun bote Yonnex. Foi chamada pluma Yonnex.
Foi trasladada desde China ata a miña casa.
A raqueta Nano Speed -que por certo xogaba
moi ben- e a pluma Yonnex -que voaba moi
ben- acabaron nas miñas mans.
Ao pouco tempo xa se fixeron amigas miñas.
Un día, cando xa tiña confianza coa raqueta,
decidín xogar con ela. A raqueta era a mellor
raqueta do mundo. Co ela nas mans ganaba todo. Era unha pasada.
Estiven tres meses xogando sen perder un partido.
Cando xoguei o campionato de España, cheguei á final sen ningún problema, e ao final
usei a pluma Yonnes e iso era moito. Gañei o campionato sen suar.
Pero un día a raqueta non xogaba tan ben e a pluma Yonnex xa estaba rota. Entón eu
xa non xogaba tan ben e ía a peor.
Ata que a Nano Speed 6000 morreu e tiven que comprar outra.

18 as nosas cousas
O pavo e a miñoca
Miguel Otero Rey-6º Curso

Debuxo: William Cabaleiro Taboada


as nosas cousas 19
Sandra e o seu mundo
Antía Expósito Guerrero-6º Curso

facía nada de nada, (e dicían que quen


Érase unha vez unha nena, que se entrara na habitación de Xabier que non
chamaba Sandra . Sandra era adoptada.
sobrevivía), Sandra sempre regaba as
Tiña doce anos, era morena de pel e
plantas, e sacaba a pasear a cadela que
loira de pelo, tiña ollos azuis como o ceo
se chamaba Lúa.
cando está despexado; medía un metro O dezasete de maio era o cumpreanos de
sesenta e tres. Sandra sacaba moi boas Sandra. Chegou o gran día, o día no que
notas. De maior quería ser científica (a cumpría trece anos. Regaláronlle moitas
súa nai era de física e o seu pai de cousas entre elas unha planta de loto,
química). amarela polo centro logo máis afora
Sandra tiña un irmán. O seu irmán
branco e de último morado. Ao día
chamábase Xabier.
seguinte (como os seus pais eran
Xabier tiña catorce anos, era de cute
científicos tiña microscopio) foi co seu
clara e tiña o pelo negro como o carbón.
Sacaba todo suspensos, era maleducado, equipo de ciencias e derramóuselle un
e gustáballe fastidiar aos demais; toda a líquido vermello na flor, e correu a mirar
xente lle dicía “Se te pareceras máis a co microscopio a ver se lle pasara algunha
túa irmá Sandra” (pero iso era cousa pero non pasara nada, só tiña o
imposible). Por exemplo: Sandra facía as líquido vermello. Ese día non puido ver a
súas tarefas mentres Xabier non; os flor polo líquido que derramara sen
deberes Sandra facía ata os que eran querer, perooo… ao día seguinte era
para pasado mañá mentres que Xabier festa, entón tivo que levantarse ás seis
non facía nin os do día seguinte; Sandra da mañá para ir ao baño, e cando volveu
axudaba en todo o que podía mentres o ocorréuselle unha idea: mirar a flor.
seu irmán Xabier estaba tumbado no Cando observou polo microscopio quedou
sofá vendo a televisión e á vez comendo abraiada porque viu un minimundo......
Este minimundo era un mundo perfecto.
comida lixo, Sandra era ordenada e tiña
Todas as casas eran distintas. Eran casas
a súa habitación como os chorros do ouro
de campo con piscina e con moitas
mentres que Xabier todo o contrario ,
árbores e prantas,
(todo amontonado no armario ou debaixo
Neste mundo perfecto, cousa que
da cama ou tirado polo chan), noutras desexabas cousa que tiñas, por exemplo
palabras Xabier era un folgazán que non se querías unha piruleta, un videoxogo…

20 as nosas cousas
ao instante xa o tiñas diante túa ollos de enriba -dixo a nai de Sandra- e
Era un mundo perfecto. Non había aínda por riba están no futuro.
violencia, nin guerras, nin contaminación -Queeeeeeee??????????- exclamou Sandra.
noutras palabras non había nada malo, Botou unha ollada e, efectivamente,
coidábase o medio ambiente… .
estaban no futuro.
Decidiu chamalo “Lotopolis”.
-É incrible, hai un minuto estaban no
Estivo investigando , non saía da súa
pasado- seguiu dicindo Sandra
habitación excepto para o necesario.
-Fixeches un descubrimento científico-
Pola noite a súa nai foi vela e falaron:
-Filla, que fas todo o día aquí encerrada? díxolle a nai.
Publicárono en todos os medios de
preguntoulle a nai.
-Ummmmmm… poissss… -murmurou comunicación. Sandra fíxose famosa.
Sandra. Aínda que estudaba no instituto, de vez
-Deberías saír a tomar o aire un pouco en cando ía á Universidade a facer
díxolle a súa nai. experimentos, a descubrir cousas…
-Non podo- respostou Sandra. E contan os máis vellos da vila, os que
-Por que? -preguntou a nai están sentados nun banco ao lado da
-¡¡¡Porque descubrín un minimundo !!! fonte, Don Ramiro, Don Manuel, Don
dixo Sandra Sebastián, Don Carlos e Don Xaquín que se
-Siiiii… pois quero velo, dixo a nai que ides ao bosque que eles coñecen podedes
non cría o que estaba a escoitar atopar “Lotopolis”; alí a carón da árbore
-Mira- dixo Sandra
máis alta e grosa, e esta historia ocorreu
A súa nai mirou e non cría o que vían os
fai douscentos anos e vai pasando de
seus ollos e seguiron coa conversación
-Tiñas razón filla, tiñas razón, é como xeración tras xeración.
E colorín , colorado este conto está
para estar unha semana sen quitarlle os
rematado.

Debuxo: Rafael Fortes Otero


as nosas cousas 21
o 3º curso toma medidas

O Plano do Colexio

O N

S L
22 as nosas cousas
samaín

O Samaín
No noso colexio celebramos o Samaín. Para iso os nenos e nenas do noso centro fan
unha recolleita de cabazas e, axudados dun raspador, baléiranas de toda a polpa e
tállanlles unhas feroces e arrepiantes caras. Para rematar o traballo préndenlle unha
vela no seu interior ... e xa están preparadas para asustar a todos os que ousen pasar ao
seu carón...

Aquí temos algúns exemplos dos traballos realizados este ano

as nosas cousas 23
a semente e a sementeira

24 as nosas cousas
as nosas cousas 25
o rap da formiguiña

O Rap da Formiguiña é unha comedia teatral, un musical animal,


ambientada na vila da Estrada, moi divertido, no que facemos
practicamente de todo: cantamos, bailamos, interpretamos e sobre todo
rímonos... rímonos moitísimo... pasámolo moi ben e pensamos que todas e
todos os que vaian ao Teatro Principal o vindeiro mércores 3 de xuño vanno
pasar moi ben e desde aquí animamos a todos os veciños da Estrada, nenos
e maiores a que vaian a pasar un rato agradable na nosa compaña.

26 as nosas cousas
o día do libro

Os Libros do CEIP do Foxo

Hai libros que preguntan


inxenuos, ¿que me queres amor?
Hai libros, barcos piratas de
bandeira azul e branca, que
levan as súas adegas cheíñas de
páxinas de amizade, de amor, de
liberdade, de... talvez
melancolía.
Hai libros que buscan o paraíso
na outra esquina.
Hai libros con memoria de boi,
capaces de pervivir no noso
maxín cen anos de soidade.
Hai libros que son como unha
casa doce, amorosa, singular,

as nosas cousas 27
onde non hai portas que nos
fagan reféns.
Hai libros que non nos deixan
crecer.
Hai libros épicos e
comprometidos que nos lembran
a dignidade dun pobo, o orgullo
de sermos galegos.
Hai libros que homenaxean ao
mar que é vida e ás súas xentes
que son as nosas xentes.
Hai libros que se escriben co lapis
dun carpinteiro, son chamadas
perdidas.
Hai libros que teñen a grandeza
de amosar dun xeito diferente a
vida cotiá.
Hai libros que fan que atopes o
mellor que levas dentro.
Hai libros que transmiten máis
pensamentos que algunhas
persoas.

28 as nosas cousas
Hai libros que che fan sufrir,
pensar, emocionar e que non
eres capaz de pechar.
Hai libros imprescindibles,
marabillosos, agarimosos (o
“Nunca Máis, A ollada da
infancia” de Kalandraka),
ensoñados por egrexios
escritores de cinco anos que nos
reclaman a todos, por sempre e
para sempre, que: “Os paxaros
poidan voar. Que as plantas do
mar volvan medrar. Que os
mariñeiros poidan pescar. Que os
barcos de lixo por aquí non
volvan pasar. ¡E un futuro sen
contaminar!”
Hai Libros que viven ao noso
carón, protexidos por un trasno
chamado Fuxú, son os libros da
nosa biblioteca, os nosos libros,
os libros do CEIP do Foxo…
MARABILLOSO!!

as nosas cousas 29
letras galegas 2009

Ramón Piñeiro
protagonista do Día das Letras Galegas 2009

Revista Galega de Cultura, que recolleu a


Ramón Piñeiro López, que fora
maioría do traballo ensaístico galego da
o primeiro presidente do Consello da
posguerra.
Cultura Galega, foi o homenaxeado do Día
das Letras Galegas 2009. O plenario da
Igualmente, a Real Academia Galega
Real Academia Galega decidiuno pola
recorda que foi elixido en 1967 como
dedicación, total e desinteresada, da súa
membro numerario desta propia
vida na defensa de Galicia e da súa
institución, á que se incorporou cun
cultura que debe ser unha referencia
discurso sobre a linguaxe e as linguas.
moral indiscutible e necesaria cara ás
novas xeracións.
Os seus traballos sobre pensamento e
filosofía, dedicados maioritariamente "á
saudade", así como as súas traducións
supuxeron un paso decisivo para a
normalización do galego como lingua con
capacidade para expresarse en todos os
campos do saber, indicou a Academia.
Igualmente, a Real Academia refírese ao
labor do elixido para dedicar o Día dás
Letras de 2009 como impulsor da
normalización do galego nos anos difíciles
da posguerra.
Como director literario da editorial
Galaxia, tamén contribuíu á publicación
de numerosos libros en galego e encheu
un baleiro "como ningunha outra
institución", nos anos anteriores á
transición democrática.
Piñeiro tamén destaca en actividades tan
singulares como a colección Graal e a

30 as nosas cousas
Cronoloxía de Ramón Piñeiro

Naceu o 31 de maio de 1915 en Armea,


Láncara (Lugo). O mesmo ano ca Xosé María
Álvarez Blázquez, acabada de iniciar a
Primeira Guerra Mundial (1914-1918).Con
nove anos foi vivir a Lugo, onde estuda o
bacharelato, para volver despois a Armea e
máis tarde traballar en Sarria.

En 1932, de novo en Lugo para estudar o


bacharelato superior, participa na fundación
das Mocidades do Partido Galeguista e foi
nomeado secretario de cultura. Alí coñece a
Ramón Otero Pedrayo e, en 1933, a outros
persoeiros do galeguismo político como
Castelao e Alexandre Bóveda.

En 1934 participa no Mitin das Arengas


realizado na compostelá praza da Quintana o
25 de xullo e, en 1936 chega a ser elixido
secretario do comité provincial para o
plebiscito do Estatuto de Autonomía para
Galicia.

Tras o alzamento militar de xullo de 1936,


viuse obrigado a loitar na Guerra Civil bo
bando nacional.

Rematada a Guerra Civil, comeza a estudar


Filosofía e Letras na Universidade de
Santiago. Dende 1943, participa na
reorganización clandestina do Partido
Galeguista no interior.

as nosas cousas 31
Foi detido en abril de 1946 e permanece tres anos na cadea.

Ao saír da cárcere, establecese en Santiago, defendendo a loita cultural dos galeguistas


“do interior”, preocupados por fornecer as xeracións novas do apego á cultura galega
para preparalos para a transición democrática.

En 1950, foi o director literario da acabada de crear Editorial Galaxia que axuda a
fundar, onde publica en 1953, xunto con outros autores, o ensaio A saudade.

En 1966 trasládase a Estados Unidos como profesor invitado da Universidade de


Middlebury, en Vermont.

O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega, co discurso “A linguaxe e


as linguas”.

Cando chega a democracia, non deixa de defender a postura do “galeguismo difuso”


(tinguir todos os partidos de galeguismo, en vez de ter un único partido galeguista), e
forma parte do primeiro Parlamento autonómico, como deputado pola provincia da
Coruña.

En 1985 recibe a Medalla Castelao.

En 1983 foi elixido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, cargo que
desempeña ata o seu pasamento, o 27 de agosto de 1990, en Santiago.

32 as nosas cousas
verbas durmidas

As Verbas Durmidas é unha actividade que realizamos este ano no noso colexio
e que está orientada á recuperación de palabras que estean caendo en desuso.

Os alumnos/as investigaron no seu contorno familiar o significado destas verbas e


elaboraron unha ficha de cada palabra. Aquí tedes a mostra dalgunhas das
recompilacións que fixeron os nenos e nenas de 3º e 4º curso de Primaria.

as nosas cousas 33
34 as nosas cousas
as nosas cousas 35
concerto

Concerto de Babar en Santiago

36 as nosas cousas
a viaxe a cee

Visitamos a Concha Blanco


Santiago Martínez -5º Curso

as nosas cousas 37
a

38 as nosas cousas
as nosas cousas 39
40 as nosas cousas
concurso aspamite

Que é un minusválido para ti?


Willian Cabaleiro Taboada - 6º Curso

Relato premiado con Accesit polo Xurado do VII Concurso de Contos Aspamite

Para min é tristeza, imposibilidade, un mundo de soidade. Para min... para min é o
que é, polo que hai que avanzar sen présa pero sen parar, nunca caer neste angustioso
mar. Burlas, risas e malos ollos, que ollan mal, por qué ollan mal ? Ninguén o sabe; por
iso... de novo hai que avanzar, sen ollar os males nin mirar atrás. A todo o mundo, estea
ben ou mal, hai que respectar; sobre todo a estas persoas que a pesar do seu mal rin
felices sen pesar.
Que son para ti?... espero que o mesmo que para min, son persoas boas, que tanto
choran coma rin..., tanto rin como choran.
Dise por aí que non son nada para min, dise por alá que non son nada para ti, dinse
moitas cousas boas e malas pero... nunca hai que escoitalas.
Son xente decente e agarimosa pero nunca tenebrosa. Son aquel tipo de xente polo que
nos debemos guiar; son xente prudente, cos seus defectos, coma calquera tipo de xente;
son xente forte e persistente, por iso atravesan calquer obstáculo que se lle poña por
diante, aínda que o máis seguro sexa que non aguante. Son todo tipo de xente, ata os
máis intelixentes. Son xente positiva, aínda que algún sufrirá unha caída. Son bos, non
vos enganedes. Son xente; son centos e miles. Son... a nosa xente.

as nosas cousas 41
O gnomo Farruquín
Laura López Rey - 5º Curso

Relato premiado co 3º Premio de Educación Primaria polo Xurado do VII Concurso


de Contos Aspamite

Un día unha rapaza cega estaba paseando Matilda deuse conta de que todo fora un soño
e foise triste para a súa casa. Xa estaba na
polo monte cos seus pais; entón decidiron
cama cando oíu:
sentarse. Os pais de Matilda, que así se
-Matilda, son Farruquín.
chamaba esta nena, quedáronse durmidos.
Ao oír esa voz, Matilda quedou pampa.
Matilda oíu un ruído e foi cara o máis escuro
-Ah, pensei que eras producto da miña
do monte. Matilda sabía que non o debía de
imaxinación.
facer pero algo lle dicía que ese día sería un
-Pénsano todos respondeulle Farruquín- Non
dos mellores da súa vida. Chegou xunto a
te asustes, mira atende que vou ser breve.
unha árbore e tocouna; era moi áspera,
Vouche regalar este anel e voume ir.
seguro que era unha árbore moi vella. De
-Está ben pero... de que me servirá?
repente oíu unha voz que saía de detrás
respondeu a nena.
daquela vella e áspera árbore:
-Se queres que che ocorra algo entrañable
terá que agardar a media noite.
Matilda preocupada preguntou:
-E que vai pasar cos meus pais ? Xa deben
estar preocupadísimos.
-Non te preocupes que de iso xa se
encargarán os meus amigos os gnomos...
Será posible... xa se me escapou! enfadouse
o gnomo consigo mesmo.
-O que ? Preguntou Matilda.
-De que son un gnomo enfadouse aínda máis
ao darse conta do que dixera- -Quen me
mandaría falar a min!
-Non te preocupes, non llo vou dicir a -Xa o verás.
ninguén, prométocho- dixo Matilda. E de repente o gnomo desapareceu. Matilda
-Pero... por que tería que meter a pata tan adormeceu axiña cavilando para que serviría
a fondo!! seguía a berrarse a si mesmo o ese anel.
gnomo. Ao día seguinte, cando espertou, vía unha
-Descúlpame, en fín... Eu son o Gnomo chea de cores. Non o podía crer. aquel anel
Farruquín. Terás que vir a media noite. devolvéralle a vista que un día perdera nun
E cando dixo esto o gnomo desapareceu. accidente.
E Matilda quedou durmida profundamente Foi rapidamente xunto a súa nai para
ao lado da árbore vella e áspera. contarlle o sucedido. Estaban todos
-Ola, esperta que xa é moi tarde. Ai que contentísimos.
regresar a casa- Matilda escoitou esa Matilda gardaría para sempre aquel anel que
familiar voz, doce e melodiosa: era a súa lle regalara o gnomo Farruquín.
nai.

42 as nosas cousas
o xardín da poesía

A lingua das bolboretas Neva no Foxo

O meu gato

as nosas cousas 43
Miserias
O frío invernal

44 as nosas cousas
as nosas cousas 45
46 as nosas cousas
lipogramas...

Letras en Folga

LIPOGRAMA: Obra literaria na que se prescinde dunha ou varias letras do alfabeto.

Os alumnos de 6º Curso quixemos poñer as vogais en folga, así fixemos cinco versións
diferentes a partires dun mesmo texto. En cada un está unha vogal prohibida.

TEXTO
Era verán. O campo estaba fermoso. Arredor dos campos, había bosques e no máis
profundo dos bosques, un gran lago.
Alí, nunha vella granxa, unha pata, aniñaba os seus ovos. Despois dunha longa espera,
un tras outro, foron rompendo, pero aínda faltaba por abrir o ovo máis grande.
Por fin rachou, e apareceu un pato grande e feo, non se parecía a ningún dos outros.

SUPRIMIMOS O A
Polo estío, o dominio estivo fermoso, entorno dos dominios, houbo bosques e no
profundo dos bosques, un inmenso río.
Eiquí, nun vello cortello un cuco escondeu os seus ovos. Despois dun longo tempo, un
despois do outro pero un único ovo non rompeu, un ovo inmenso.
Por fin rompeu e veuse un cuco enorme e feo, non se imitou co resto.

SUPRIMIMOS O E

Polo calor o campo xacía bonito, ao lado dos campos había fragas, no máis profundo das
fragas, un gran lago.
Alí, nunha antiga granxa, unha pata aniñaba os ovos. Logo dunha longa dilación, un tras
outro foron abrindo, aínda faltaba un por abrir, o ovo maior.
Por fin rachou, saíu un pato alto e horroroso, non imitaba a ningún dos outros.

as nosas cousas 47
SUPRIMIMOS O “O”

Era verán, a campiña estaba agradable. Cerca das campiñas había fragas e, alá, máis
distanciada das campiñas, unha gran braña.
Alí nunha vella granxa, unha pata aniñaba as súas crías.
A partir dunha grande espera, de un en un ían abrir, máis aínda faltaba abrir a cría máis
grande.
Finalmente abriu e apareceu unha cría fea, era diferente á familia

SUPRIMIMOS O U

Era verán, o campo estaba fermoso, arredor dos campos había montes e, no máis fondo
dos montes, o gran lago.
Alí nesa vella granxa, a pata aniñaba os ovos.
Despois da longa espera, ovo tras ovos, foron rompendo, pero aínda faltaba por abrir o
ovo máis grande.
Por fin rompe e aparece o pato grande e feo, non se parecía aos demais.

SUPRIMIMOS O I
Era verán, o campo estaba fermoso. Arredor dos campos estaban bosques e, no
profundo, profundo dos bosques, un gran lago.
Acolá, nunha vella granxa, unha pata agachaba os seus ovos.
Logo dunha longa espera, un tras outro, foron rompendo, pero faltaba por romper o ovo
grande.
Por acabar rachou e apareceu un pato grande e feo, non se semellaba aos outros.

48 as nosas cousas
...e monólogos

Lapis-goma
Alejandro Nogueira Castro

Miña madriña! Un día destes vou quedar coma unha pulga metida na
lavadora. Cada vez que me usan acabo máis pequeno. Que vai ser de min?
Perdóenme! Estaba cos meus salaios e non me presentei. Logo de
presentarme seguirei protestando se non lles importa. Bueno, eu son o lapis-
goma. Seguro que todos me coñecen, son o lapis que ten goma na cabeza.
Bueno... agora que xa me presentei vou continuar protestando. Estou farto.
Farto non é a palabra, a palabra é fartísimo, ou mellor, estou ata os narices de
que me gasten tan de présa. Só teño unha semana, ou dúas, xa non me lembro e... non
ven como teño desgastada a cabeza?. E dentro da cabeza vai o cerebro, non si? Que xa
non sei o que digo, e por abaixo xa non teño nin os xeonllos Bueno, téñome que ir
querido público, xa me está sacando do estoxo. Abur, ata máis ver.

As tesoiras
Willian Cabaleiro Taboada

Por favor, que mala sorte teño! Ai, ai! quedo mal con
todos, todos protestan porque ou ben corto, ou desfago, ou
despedazo... será culpa miña? Por iso no teño amigos, nin
ninguén que me queira, que desgraza, ai de min! Por que
me tivo que tocar esta vida? Quen me dera ser pegamento para unir felicidades e crear
ledicia nas xentes. Eu fago todo o contrario: separo familias, desfago amizades,... Se
non fose tan, tan afiada sería mellor, mellor para todos. Xa levo moitas primaveras
neste mundo e aínda non vexo o lado bo de ser tesoira. Que alguén, que alguén se o
sabe mo diga por favor. Eu seguro que nunca terei amigos coma tedes vós, eu so teño
malas amizades. Traballo, traballo, traballo é o que eu teño, e ninguén mo agradece,
ninguén!, ninguén! Xa case é mellor non falar do tema porque me entristezo demasiado;
xa case choro. Non sei que vos parece a vós esta miña desgraciada vida. Sinceramente
asegúrovos que non vos gustaría ser coma min, é dicir, tesoira. Ademais de ser
traballoso é moi, moi, moi, pero que moi aburrido. Crédeme, eu non minto nin esaxero
nadiña, preguntádello a calquera. Eu... ser son boa xente, pero ninguén me quere... só
son unha tesoira.

as nosas cousas 49
A boneca
Estela Martínez Rodríguez

Nunca pensei que acabaría así, convertida nunha boneca de cerámica,


cuns vestidos moi luxosos, unhas fermosas zapatillas e unha pinza rosa.
Pero... a nena nunca xoga comigo!, non sei se lle gustarei... Bo, non podo
pensar niso, porque senón será peor. Pero... estará triste, enfadada,
alegre, aburrida... Non, se estivera aburrida xogaría comigo... Aínda que
ten máis xoguetes... Non teño futuro! Non quero cavilar máis, quero ir
xogar coa nena, quero ir xogar con ela... Bo, adeus, voume deitar.

O calcetín
Rafael Fortes Otero

Un calcetín, iso son eu. Un vello e porco calcetín ao que nin


sequera lavan. e eu estou cheo do suor do pé do duque. Xa teño
dez anos e débolle dar bo andar porque só me usa a min, e ten o
armario cheo deles. O duque non corta as uñas e iso provócame
esfiaduras. Cos anos que teño nin muller hei de atopar; e fillos xa nin o penso. Xa non
podo máis, vou ter que pedir a xubilación anticipada. Ai, ai! quen me dera saber do
meu irmán. Ese seica se marchou ao máis alá. Pronto marcharei eu, pero mentres os
pés teño que aturar. De tanto andar xa collín calos, mesmo valerían para cociñar... Se
ata me dan noxo a min mesmo. Pero consólame saber que os hai peores ca min. Pois
nada, vou parar de falar porque o único que digo son parvadas e nada máis.

O estoxo
Alejandro Nogueira Castro

Eu son un estoxo. Son de cor azul, teño dúas cremalleiras e un


debuxo de Shin-Chan que pon OOOOOOH! O meu dono pintoume
todo de sinaturas e debuxos con tinta permanente. Sempre estiven
triste por iso ata un día en que me decatei que quedaba moi bonito.
Dentro do que cabe estou bastante ben, pero non me gusta que o meu dono me colla,
que me dea voltas, que me baleire, que me encha, que cerren a cremalleira, que a
abran, que me pinten, que me metan na mochila, que me deixen alí dúas horas sen ver
nada, que me saquen, que me volvan a abrir, que me volvan a baleirar, que me volvan a
encher, que me cerren, que me metan na mochila e que, cando o meu dono chegue á
casa, co duro día que pasei, me deixen alí tirado sen facerme ningún caso. Pero bueno,
iso é lei de vida; tamén cando é verán e non vai á escola, estou todos os días se facer
nada e pasándoo ben. Algunhas veces pasan cousas boas e tamén cousas malas, pero o
que hai que facer é esquecerte das malas e pensar unicamente nas boas.
50 as nosas cousas
3º curso

V Certame de Arte Eugenio Granell

Decembro, 2008

Premio categoría Construción


“Os desexos voan” (obra colectiva)
Ceip do Foxo. A Estrada.
Pontevedra.

Borja Couto Bahamonde, Manuel Martínez Rodríguez, Yolanda Picallo López,


Adrián Puente Pena, Rodrigo Rey Penín, Ignacio Rodríguez Prieto, José Daniel
Rodríguez Tato, Nuria Salgueiro García e Cristina Trigo González.

as nosas cousas 51
saídas 2º ciclo

Excursión ás Illas Cíes

52 as nosas cousas
O faro das Cíes

Cruzámonos cun transatlántico


as nosas cousas 53
saídas do 1º ciclo

Visita a Cercio e o Correlingua

54 as nosas cousas
as nosas cousas 55
Cabaleiros e Princesas

56 as nosas cousas
as nosas cousas 57
58 as nosas cousas
as nosas cousas 59
60 as nosas cousas
excursión fin de curso

Salou, xuño 2009

Que cidade tan grandiosa!

Nerviosismo, euforia, ilusión, medo ...


as nosas cousas 61
Que ben o pasamos! Que pena, xa rematou!

Que luxo, parecen os vestiarios do Callobre...

Un pouco queimados...
62 as nosas cousas
ata sempre 6º...

...A primeira vez que entrei no colexio foi no ano 2000. Tívenme que levantar moi cedo. Ao
acabar de bañarme e almorzar fun para a parada a coller o autobús. Cando chegamos ao
colexio, todos estabamos nerviosos.... (Óscar)

...Cando cheguei ao colexio choraba moito; home, tiña catro anos! Cando tocou o timbre os
meus pais marcharon e eu fun para a clase.... (Dani)

...Cando cheguei era pequena. Non facía máis que chorar. A etapa de infantil pasóuseme
rápido. En primeiro eu xa era maior, ou eso cría. Aprendín a ler e a escribir e os meus amigos
eran bos amigos .... (Lucía)

...No ano 2001 empecei as clases en parvuliños. Aínda recordo como eramos. Eramos moi
baixiños, cos nosos mandilóns de cor vermello, rosa ou azul, e antes de saír ao recreo comiamos
a merenda: o bocadillo co zume, unha froita, un kikat ou tamén un iogurt.... (Isabel)

...Eu non podo contar a miña experiencia en parvuliños porque estiven noutra escola. Pero
fixen a primaria aquí. Cheguei en 2º, tiña seis anos e estaba moi nerviosa. No colexio vin a
moitos dos meus primos e á miña irmá .... (Victoria)

...Acórdome de que Laura e máis eu iamos sempre xuntas ao baño. Acórdome de que sempre
que me mandaban ir á sala de profesores non quería porque tiña medo, e viña Laura comigo.
Laura e eu eramos íntimas amigas.... (Antía)

...Se me mandaran definir en tres palabras o meu paso polo colexio serían: estupendo,
marabilloso e feliz.... (Lucía)

...O que eu máis recordo é o ben que o pasamos todos xuntos. Xa sei que para o ano ímonos
separar pero espero que sigamos sendo amigos.... (Victoria)

...E agora en 6º témonos que despedir de vós; unha despedida moi triste, pero sabendo que nos
veremos algunha vez; pois entón, un saúdo moi grande para todos .... (Rafa)

Intereses relacionados