Está en la página 1de 8

SANTIAGO DE COMPOSTELA A

MEDIADOS DO SÉCULO XVIII


SEGUNDO O CATASTRO DE
ENSENADA

1 PABLO GUIMERÁNS SANJORGE


I.- INTRODUCIÓN

1.1.- CONTEXTO HISTÓRICO

Santiago de Compostela será durante toda a Idade Moderna a capital indiscutíbel de Galicia;
un centro moderno no que se custodiaba ao mesmisimo Santo de España, ademais de seren unha das
principais arquidioceses e a cabeceira da provincia máis poboada de todo o Reino 1. Porén, a súa
importancia será diferente á que esta cidade tiña na Idade Media, cando estaba máis relacionada co
culto Xacobeo. Compostela era, pois, o maior núcleo poboacional galego dende o século XVII (se
ben é certo que o índice de urbanización xeral era moi precario), e a cidade na que se albergaban
algunhas das maiores institucións eclesiásticas e culturais (coa única Universidade e imprentas de
relevancia en todo o noroeste peninsular 2). Se ben é certo que Santiago de Compostela nunca
conseguiría oficialmente o rango de capitalidade, era de facto a cidade con maior preeminencia
sobre o resto dos núcleos galegos.

1.2.- A FONTE: O CATASTRO DE ENSENADA.

Para indagarmos na historia de Santiago a mediados do s. XVIII utilizaranse neste traballo


como fonte principal as chamadas Respostas Xerais do Catastro de Ensenada (1749). Estas non son
máis que corenta preguntas moi detalladas e minuciosas que en tempos de Fernando VI, e baixo a
proposta do ministro Marqués de la Ensenada, se fan a todas as parroquias da Coroa de Castela
(exceptuando as provincias vascas pola excepción fiscal). O volume de documentos orixinados
grazas a esta enquisa é inabarcábel, e considérase a día de hoxe a maior estatística europea ao longo
de toda a Idade Moderna, así como a de mellor calidade, outorgándonos información sobre a
sociedade e economía da época. É pois un documento imprescindíbel para calquera historia xeral da
Idade Moderna, séndoo obviamente tamén para investigar a situación da cidade de Compostela a
mediados do s. XVIII.

II.- SANTIAGO DE COMPOSTELA. SITUACIÓN POLÍTICO-ADMINISTRATIVA

2.1.- PROPIEDADE DA CIDADE

1 PORTELA SILVA, E.; Historia da cidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2003., páx. 219
2 Ibídem, páx. 361

2
Na segunda pregunta do Catastro detállase que a cidade é arcebispal e polo tanto é do
señorío de Santiago. Detállase ao mesmo tempo os dereitos que percibe o Arcebispado en cuestión
de tributos (incluíndose os dereitos “de mula y cuchara” a satisfacer polo concello, e que foi un dos
moitos conflitos legais entre concello e señorío3), polo que incluíndo o controvertido Voto de
Santiago (percibido dende Galicia, León e occidente de Castela a Vella, Castela a Nova e
Andalucía), este arcebispado será un dos máis ricos da Coroa. En termos medios, as rendas do
arcebispo ascendían a 800.000 reais anuais na primeira metade do s. XVIII, e a uns 2.024.000 na
segunda metade deste século4

2.2.- EXTENSIÓN DA CIDADE

No Catastro sinálase a extensión do casco intramuros, que tería un diámetro dunha legua, ao
mesmo tempo que detalla a existencia de aldeas en parroquias fóra da muralla, co que o diámetro
total aumentaría a 2 leguas totais. Cómpre sinalar neste eido a importancia da muralla, e a súa
evolución na Idade Moderna. No século XV a muralla compostelana aínda creaba un espazo dentro
dela de gran baleiro demográfico. Nos anos centrais do s. XVIII as murallas servían para o control
de persoas e mercancías, mais tamén debemos indicar que moita da poboación compostelá se
encontraba xa fora da protección destas, así como numerosos conventos e importantes parroquias 5,
como se detalla na pregunta tres do Catastro.

III.- SITUACIÓN DEMOGRÁFICA

Santiago de Compostela crece de forma importante dende a segunda metade do s. XVII,


contando en 1850, segundo o reconto do Catastro, con 4.500 veciños leigos e eclesiásticos, así
como con 16.000 habitantes, constituíndose na cidade máis populosa de todo o noroeste peninsular 6.
Referido a isto, na pregunta número 21 do interrogatorio explícase a imposibilidade de dicir o
número total de veciños da cidade, deixando esta cuestión para as relacións e recoñecementos que
se realizarían a parte. É destacábel non obstante que estas relacións de veciños non fan mención ás
xentes de tránsito (peregrinos, xente marxinal e estudantes) que debían constituír unha cantidade
importante7. En canto ás casas, na pregunta seguinte, e na 30 e 39, faise unha relación de casas
destacadas (como a do Pazo Arcebispal e Concello) así como a relación de Hospitais e Conventos
3 PORTELA SILVA, E.; Historia da cidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2003., páx. 306
4 Ibídem, páx. 278
5 Ibídem, páx. 223
6 Ibídem, páx. 232.
7 Ibídem,, páx. 245

3
sobre o que se falará posteriormente.

O tamaño medio da familia en Santiago (3,4 individuos) é inferior á media rural. Facendo un
esbozo socioprofesional permítesenos falar tamén dunha cidade sobre todo artesanal, que xunto ao
campesiñado e indiferenciados (sector servizos, pobres, etc...) forman o 84% do total da veciñanza.
As clases medias están formadas polo 13% e a elite polo 3% do total, que non obstante controlarían
o poder administrativo e relixioso da cidade8. É destacábel mencionar, referíndonos a demografía, a
existencia de epidemias vinculadas a unha crise de subsistencia no 17479

IV.- ECONOMÍA, FISCALIDADE E GRUPOS PROFESIONAIS

4.1.- DEREITOS FISCAIS E IMPOSTOS

Para completar o primeiro punto do traballo, na 15º pregunta detállase a existencia da carga
de décimo sobre todos os froitos de terra de labrado, excluíndo os plantados e producidos baixo
terra como legumes e hortalizas. En canto ao gando só se cobra no caso de cordeiros e cabritos. A
continuación faise nesta resposta unha relación dos décimos distribuídos por parroquias, así como o
percibido polo Voto de Santiago (que corresponderían por labrador a “ocho quartillos de centeno”).
En canto ás cargas dos servizos ordinarios e extraordinarios, na pregunta 27 respóndese que esta é
de 2384 rs. e 1 maravedí en total.

4.2.- SITUACIÓN DAS TERRAS: ESPECIES, CALIDADES E MEDIDAS

O Catastro de Ensenada ofrécenos información de carácter económico- agrario, máis tamén


podemos extraer información sobre o medio da época (flora e fauna). A resposta á pregunta número
catro e cinco ofrécenos detalles sobre as especies de terras na zona, con algunhas zonas de praderías
e hortas moi ricas, así como bosques e devesas de carballos (predominantes), toxos e xestas. En
canto ás calidades, detállase a existencia de terras de primeira, segunda e terceira calidade
indistintamente.

En canto ás preguntas 6, 7, 8 e mesmo 13 sobre plantíos de árbores, respóndese falando da


inexistencia de útil considerable nas mesmas, pois serían de autoconsumo, sendo importadas

8 EIRAS ROEL, A.; Santiago de Compostela, 1752: Según las Respuestas Generales... Madrid, 1990., páxs. 18-21
9 PORTELA SILVA, E.; Historia da cidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2003., páx. 239

4
doutras partes de Galicia as froitas e viño comercializadas na cidade. En canto ás medidas, detállase
a capacidade do ferrado nesta cidade (débese recordar a extraordinaria variabilidade desta medida
galega segundo os lugares).

4.2.- A EXPLOTACIÓN AGROPECUARIA

A referencia á produción do sector primario no Catastro faise entre as preguntas 10 e 14.


Neste eido, cómpre dicir que o número de labradores e horticultores (exclúense os xornaleiros) en
Santiago ascendía a 426 familias, grupo numeroso que non obstante estará por debaixo do total do
artesanado10. Nas preguntas do Catastro referidas ás especies de froitos e as súas cantidades,
explícase que o ferrado de terra de primeira calidade sementado de millo produciría seis ferrados do
mesmo froito, para sementárense logo de trigo (cunha produción de cinco ferrados), navos, e centeo
e millo miúdo. Tamén se detallan as plantacións en terras de segunda calidade (que sería a cuarta
parte menos da produción antes mencionada) e de terceira (a metade da de primeira calidade). Así
se fai a mesma relación no caso das plantacións arbóreas en canto a carballos, xestais, toxos e
prados, detallándose minuciosamente a produción total por calidade da terra.

Na pregunta número 14 detállanse os valores dos diferentes froitos que teñen ordinariamente
cada ano, sendo a produción de maior valor a de leña de carballo (6 reais por carro), destacando no
eido dos cereais o ferrado de trigo, que vale cinco reais e medio (por debaixo estaría, por orde, o
millo e cebada, o centeo e por último o millo miúdo).

En canto ao gando, entre as preguntas 18 e 20 detállase súa situación. Non existe na cidade
actividade de esquilmo, amais que a de autoconsumo, pola cal se detallan as correspondentes
gravacións. De igual forma tampouco se encontra actividade apícola, pero si algúns pares de bois e
vacas, así como carneiros, ovellas, cabras, porcos, cabalos, mulas, etc... Porén, especifícase que non
existe na vila cabana nin rabaños formais, mais si mulas e liteiras de aluguer.

4.3.- ARTESANÍA, INDUSTRIA E COMERCIO

Santiago de Compostela é unha cidade, se excluímos o seu carácter relixioso,


eminentemente adicada á artesanía. O grupo do artesanado é o máis importante, constituíndo o 40%

10 PORTELA SILVA, E.; Historia da cidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2003., páx. 242

5
do total da veciñanza11, e está adicado sobre todo a actividades tradicionais tales como a xastrería ou
tecidos. As súas riquezas son variantes, ingresando a maioría deste sector menos de 600 reais (1547
persoas) fronte aos 356 que gañan máis desta cantidade 12. No relativo aos gremios, en 1771 faise un
reconto polo Concello que os sitúa nun total de 18. Sobre a industria, detallase na pregunta 17 a
existencia dun batán na Parroquia de San Fructuoso e de varios muíños fariñeiros.

En canto ao comercio, faise mención na pregunta 29, que sinala a existencia de tabernas,
posadas, tendas, un mercado ordinario e 2 feiras anuais. Entre as preguntas 31 e 34 ofrécense
respostas moi vagas que apenas nos ofrecen información, remitíndonos á lista xurada sobre as
profesións da cidade. Neste sentido, o total de persoas adicadas ao comercio son 280, sendo a
maioría merceiros (112), tratantes de viños (63) e tendeiros (46). Os cambistas de letras só son 4,
pero constitúen, xunto aos mercadores de panos e de vidros, a verdadeira burguesía comercial, cun
valor de utilidade media en torno aos 10.000-19.000 rs13.

4.4.- ADMINISTRACIÓN, NOBREZA E CLERO

Santiago era un centro artesanal e tamén administrativo, no que vivían unhas 126 familias
adicadas á burguesía administrativa. Na pregunta 28 faise unha relación dos empregos “tocantes a
la Jurisdicción civil, criminal, económica y governativa”. Neste punto destaca a existencia dun
xuíz, dous alcaldes e 22 Rexedores, e cabería mencionar tamén os catedráticos e bolseiros
universitarios (ver pregunta 39), cos que o número de maxistrados de nivel medio ascenderían a 30,
así como o mesmo número para escribanos, e algo superior no caso de notarios supernumerarios e
oficiais de pluma14 . En canto á nobreza e clero, temos que mencionar a existencia de 64 e 254 (o
5% do total) familias respectivamente15.

O estamento eclesiástico era numeroso e sobre todo rico, sendo a Mitra compostelá a
terceira máis importante da Coroa tras Toledo e Sevilla. En 1750 había 253 clérigos seculares e 560
monásticos16, e 6 comunidades masculinas e outras tantas femininas (ver pregunta 39). San Martiño
Pinario, con 80 monxes bieitos, era un dos conventos máis ricos da península17.

11 EIRAS ROEL, A.; Santiago de Compostela, 1752: Según las Respuestas Generales... Madrid, 1990., páx. 42
12 PORTELA SILVA, E.; Historia da cidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2003., páx. 293
13 Ibídem, páx. 269
14 EIRAS ROEL, A.; Santiago de Compostela, 1752: Según las Respuestas Generales... Madrid, 1990., páx. 46.
15 PORTELA SILVA, E.; Historia da cidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2003., páx. 242
16 Ibídem, páx. 276
17 EIRAS ROEL, A.; Santiago de Compostela, 1752: Según las Respuestas Generales... Madrid, 1990., páx. 37

6
BIBLIOGRAFÍA

– EIRAS ROEL, A.; Santiago de Compostela, 1752: Según las Respuestas Generales del
Catastro de Ensenada, Madrid, 1990
– PORTELA SILVA, E.; Historia da cidade de Santiago de Compostela, Santiago de
Compostela, 2003
– EIRAS ROEL, A.; Las elites urbanas de una ciudad tradicional, Santiago a mediados del
XVIII, Santiago de Compostela, 1984

7
ESTA É UNHA OBRA PRODUCIDA POR

PABLO GUIMERÁNS
www.pabloguimerans.com

También podría gustarte