Está en la página 1de 12

TEMA 5 CC.SS.

3º ESO

TEMA 5

CONTRASTES E CONFLITOS
NUN MUNDO DESIGUAL

1
TEMA 5 CC.SS. 3º ESO

COMO SE DENOMINAN AS DÚAS


REALIDADES?

• NORTE • SUR
• MUNDO • MUNDO
DESENVOLVIDO SUBDESENVOLVIDO
• PAÍSES RICOS • PAÍSES POBRES
• PAÍSES DOMINANTES • PAÍSES DEPENDENTES
• PRIMEIRO MUNDO • TERCEIRO MUNDO

CARACTERÍSTICAS DOS PAÍSES RICOS

• Localízanse sobre todo no hemisferio norte (con excepcións como


Nepal, Bangladesh ou Albania, localizados no hemisferio norte,
pero subdesenvolvidos) e son estados avanzados. Destacan
EE.UU., Canadá, Xapón, Alemaña, Reino Unido, Italia, Francia,
España…
• Neles concéntrase o capital, a tecnoloxía e a investigación; a maior
parte das actividades están relacionadas có sector terciario; existe
un alto grao de industrialización e a agricultura está mecanizada.
• A poboación, na súa maior parte urbana, medra moi pouco. A
esperanza de vida é alta. É unha sociedade cun alto nivel de
consumo; os seus habitantes contan cunha renda per cápita alta
(normalmente superior aos 10000 $) e teñen acceso á sanidade, á
educación, servizos culturais, etc.
• O sistema político predominante é a democracia.

2
TEMA 5 CC.SS. 3º ESO

CARACTERÍSTICAS DOS PAÍSES POBRES


• Localízanse sobre todo no hemisferio sur (con excepcións, como Australia e
Nova Zelandia, localizados no hemisferio sur, pero cun desenvolvemento
altísimo). Os países máis pobres do planeta atópanse en Asia meridional e
oriental (Afganistan e Pakistán), en Centroamérica (Haití) e, sobre todo, na
África subsahariana.
• O 80% da poboación mundial vive neste grupo de países.
• Teñen unha baixa renda per cápita, que normalmente non acada os 2000 $
anuais, o que repercute en que existan grandes carencias de alimentos,
medicinas, vivendas, educación e servizos. A poboación medra moito pero
a esperanza de vida é baixa.
• Predominan as actividades do sector primario. A industrialización é escasa
ou incipiente, pero que, con frecuencia, depende da inversión exterior e está
baseada na man de obra barata e no alto consumo enerxético. O comercio
reflicte unha gran dependencia económica dos países desenvolvidos.
• A inestabilidade política, a corrupción e as desigualdades sociais son
habituais nestes Estados. Ademáis, en moitos casos non se respetan os
dereitos fundamentais (p.e. traballo infantil).

CONTRASTES NORTE - SUR


• A desigual capacidade de produción: EE.UU., Xapón e Alemaña, que non
suman nin sequera o 10% dos habitantes do planeta, concentran a metade
de toda a produción mundial.
• A desigual capacidade de consumo: nas sociedades máis desenvolvidas
dáselle unha importancia desmedida aos bens de consumo, mentres que as
sociedades menos avanzadas padecen unha situación de auténtica
subsistencia.
• O consumo de enerxía: polo xeral, a maior consumo de enerxía por
habitante, maior desenvolvemento. O 80% do consumo total de enerxía no
mundo concéntrase en América do Norte, Europa occidental, Xapón, Rusia,
Australia e Nova Zelandia.
• O consumo de alimentos: a cantidade de calorías diarias por habitante é
máis alta nos países ou áreas con maior grao de desenvolvemento. A
maioría da poboación que pasa fame no mundo vive en Asia (60%) e en
África (30%).
• O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH), que se elabora a partir da
esperanza de vida, o nivel de instrución e a renda familiar. Os países con un
IDH máis alto (o valor máximo é 1) son Noruega, Suecia, Australia e
Canadá. Os valores máis baixos corresponden a Serra Leona, Nixer e
Etiopía.

3
TEMA 5 CC.SS. 3º ESO

CONTRASTES NORTE - SUR

RAZÓNS DO DESENVOLVEMENTO DO NORTE

• Desenvolvemento industrial, comercial e financieiro, baseado no


óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles.
• Progreso técnico e científico.
• Control do comercio internacional.
• Sociedade de clases medias.
• Desenvolvemento do denominado Estado do benestar.
• Estabilidade política.
• Control do crecemento demográfico.

4
TEMA 5 CC.SS. 3º ESO

CAUSAS DA DEPENDENCIA DO SUR


1. O peso do legado colonial, porque cando as colonias se independizaron moitas
delas seguiron tendo unha dependencia financieira, industrial e tecnolóxica
respecto das súas antigas metrópoles e doutros países ricos. Esta situación en
ocasións deriva no denominado neocolonialismo.
2. O intercambio desigual entre o Norte e o Sur, que perxudica aos países menos
desenvolvidos pola diferenza de prezos dos produtos intercambiados. A situación
é maís grave nos países que dependen da exportación dun reducido número de
productos, dado que a caída dos prezos no mercado internacional pode afundir as
súas economías.
3. A insoportable carga da débeda externa, que, ao longo dos anos, algúns destes
países contraeron como é unha consecuencia directa do intercambio desigual e
que supón un freo para o seu desenvolvemento, porque teñen que destinar una
parte moi importante dos seus recursos á devolución desta (Banco Mundial e
FMI).
4. O desfasamento tecnolóxico: a falta de tecnoloxía propia e de capacidade para
asimilar a dos países desenvolvidos coloca os Estados máis pobres nunha
posición moi desfavorable no mercado mundial, xa que non poden producir de
forma competitiva
5. A globalización, que fixo medrar a división internacional do traballo e consolidación
das diferenzas entre países favorencendo aos máis poderosos.
6. A falta de estabilidade política e dunhas leis claras, así como a corrupción dos
gobernos de moitos destes países e os conflictos armados.
7. O peso demográfico, dado que:
a. Existe unha elevada natalidade, pero os recursos non medran na mesma
proporción e moitos destes países non poden satisfacer as necesidades
básicas de toda a poboación, o que compromete o seu desenvolvemento
futuro.
b. O nivel sanitario é baixo e as enfermidades e fames implican uns
importantes gastos para o país e causan un grande impacto a longo prazo.
c. Baixo nivel de formación, a falta de poboación cualificada obstaculiza a
modernización da economía.

5
TEMA 5 CC.SS. 3º ESO

A XEOGRAFÍA DO SUBDESENVOLVEMENTO
Segundo o PIB per capita pódense diferenciar 3 grupos de países:
Países de elevado crecemento económico nos últimos anos, pero o nivel
económico da súa poboación aínda é moi baixo. P.e. China.
Países de crecemento moderado en base ao crecemento dalgún sector
industrial ou do sector agrícola. P.e:
En América: México, Brasil e Arxentina.
En Asia: India, Indonesia, Filipinas, Malasia, Tailandia, Turquía e
Arabia Saudí.
En África: Libia e Sudáfrica.
Países de baixo crecemento, a maioría están localizados en Asia
(Paquistán, Bangladesh ou Afganistán) e África onde están os países máis
pobres do mundo (Somalia, Sudán ou Serra Leona) e onde milleiros de
persoas dispoñen menos de 1 dólar ao día. En América destaca o caso de
Haití.

O DESENVOLVEMENTO SEGUNDO
O PIB PER CAPITA

6
TEMA 5 CC.SS. 3º ESO

A FAME NO MUNDO

CUARTO MUNDO: POBREZA NOS PAÍSES RICOS


• A distribución desigual da riqueza nos países do Primeiro Mundo
aumentou a distancia que separa ás persoas ricas dos grupos máis
desfavorecidos.
• O crecemento económico dos países desenvolvidos deu orixe ao que se
coñece como Cuarto Mundo, un termo que engloba a todas aquelas
persoas que residen nos países máis avanzados, pero atópanse
excluídas ou en risco de exclusión social.
• Dentro da categoría podemos atopar: anciáns desamparados, viúvas e
nais sen medios económicos, nenos abandonados, explotados ou
prostituídos, marxinados sociais (drogadictos, alcohólicos...), persoas sen
fogar e mendigos e persoas sen protección oficial.
• Polo xeral , nos países desenvolvidos o nivel de pobreza establécese en
relación ao salario mínimo. Na Unión Europea considérase pobre o que
teña ingresos inferiores ao 50% da renda nacional, iso provoca que
existan notables diferenzas no concepto de pobre entre os distintos
países.

7
TEMA 5 CC.SS. 3º ESO

POR QUE XORDE


O TERMO 'CUARTO MUNDO‘?

Este termo foi utilizado por primeira vez nos anos 70 para designar a
aquelas persoas que viven en situacións realmente precarias. O seu
creador foi o pai Joseph Wresinski, criado nun ambiente moi afastado da
opulencia e que fundou en 1957 a primeira asociación contra a exclusión
dos máis pobres. "O Cuarto Mundo é un pobo formado por homes, mulleres
e nenos que, xeración tras xeración, vense excluídos dos dereitos
fundamentais dos que goza o resto da sociedade. Vense excluídos dos
progresos sociais e da participación na vida asociativa, política, relixiosa,
cultural, sindical... das súas sociedades. Non se conta con eles como
interlocutores senón, como moito, como meros beneficiarios de axudas.
¿Pero cal é a principal característica deste denominado Cuarto Mundo? O
máis curioso é que xurde dentro do que se coñece como Primeiro Mundo. É
nos países máis avanzados onde a gran diferenza no reparto da riqueza dá
lugar a dous grandes grupos que ocupan un mesmo espazo físico, pero non
social. Non son casos illados. Segundo datos de Médicos do Mundo, só en
Europa residen máis de 40 millóns de persoas pobres.

O PERFIL DA POBREZA EN ESPAÑA


O perfil da pobreza nos países desenvolvidos acostuma obedecer sempre a
uns patróns similares.
En España, máis do 20 % da poboación vive na pobreza. A media da Unión
Europea situase no 15 %; só Grecia e Portugal teñen unha taxa superior á
española. Deses máis de 8 millóns de pobres, uns 500.000 padecen unha
pobreza extrema.
As principais características da pobreza en España son as seguintes:
– A poboación pobre é fundamentalmente urbana.Sen embargo, existen
bolsas de pobreza nas áreas rurais, onde predomina unha poboación
ancián que está escasamente protexida polo sistema de pensións.
– A poboación pobre é cada vez mais nova: 4 de cada 10 pobres teñen
menos de 25 anos.
– A pobreza incide, sobre todo, nas familias moi numerosas e nas persoas
que viven sos, en particular mulleres maiores. Tamén afecta de maneira
importante á poboación xitana e aos inmigrantes que chegan de forma
irregular ao país.
– Os pobres acaparan os principais problemas e carencias sociais, como
o paro, o analfabetismo, a drogadicción ou a delincuencia.
– As taxas mais altas de pobreza rexístranse nas provincias que limitan
con Portugal, nas Comunidades de Andalucía e Canarias, en algunhas
provincias do Levante e nas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

8
TEMA 5 CC.SS. 3º ESO

AS GRANDES REXIÓNS ECONÓMICAS DO MUNDO


DESENVOLVIDO
EE.UU.: exerce a súa supremacía mundial porque:
– As súas decisións políticas lle afectan ao resto do mundo.
– Ten bases militares en todo o mundo e conta cun exército moi
numeroso, dotado de moito armamento.
– A súa lingua, cultura e forma de vida foron exportados a outras partes do
planeta a través dos medios de comunicación.
– Na economía caracterízase por:
– Economía flexible.
– Grandes investimentos en I+D.
– Alta produtividade e competitividade.
– Educación universitaria de calidade man de obra cualificada.
– Elevado consumo.
– Riqueza en minerais enerxéticos.
– Capta investimentos estranxeiros.
– O dólar é a moeda principal nas transacións internacionais
– A poboación dispón dunha das rendas per cápitas máis elevadas, polo o
seu consumo é moi elevado. Iso impulsa o crecemento da produción
nacional e tamén dos países dos que proceden a gran parte dos
produtos que consomen

• UE: constitúe a segunda potencia económica mundial, debido a que:


– Forman parte dela algúns dos países máis industrializados do mundo:
Reino Unido, Alemaña, Francia ou Italia.
– Xera o 25% da riqueza mundial e controla o 40% do comercio
internacional.
– Ao establecemento do euro como moeda común e a súa fortaleza fronte
ao dólar.
• Xapón: constitúe a terceira potencia económica mundial, grazas a:
– Man de obra abundante, cualificada e disciplinada.
– Grande desenvolvemento tecnolóxico.
– Elevados investimentos en I+D+i.
– Lidera o mercado de venda dos produtos de alta tecnoloxía, automóviles
e electrónica da consumo.

9
TEMA 5 CC.SS. 3º ESO

AS REXIÓNS DO SUR
IBEROAMÉRICA
Iberoamérica é unha rexión en desenvolvemento que presenta as seguintes
características:
• O sector primario ocupa a grande parte da poboación.
• A industria está escasamente desenvolvida, excepto en países como
Arxentina, Chile, México ou Brasil, onde está en expansión e se basea no
transformación de produtos agrarios e materias primas.
• A maioría dos países iberoamericanas non son autosuficientes e a súa
economía depende do mercado internacional. Exportan cultivos tropicais,
madeiras e minerais a baixo prezo, e importan produtos manufacturados
caros. Por iso pediron créditos aos países ricos e endebedáronse
progresivamente.
• Existen grandes diferenzas económicas no reparto da riqueza: fronte a unha
minoría moi rica, grande parte da poboación vive en condicións de extrema
pobreza.
• Aínda persiste a inestabilidade política, aínda que o conxunto da rexión
camiña cara a consolidación da democracia como forma de goberno.

ASIA
• SUDESTE ASIÁTICO
O sudeste asiático é unha zona de encrucillada, que presenta unha elevada
taxa de crecemento demográfico, un claro despegue económico e unha
certa inestabilidade política.Indonesia e Singapur son dous dos países con
maior potencial de desenvolvemento.
• ORIENTE PRÓXIMO E ORIENTE MEDIO
Esta rexión presenta enormes contrastes socioeconómicos.Os países do
golfo Pérsico rexistran os maiores PNB por habitante, superiores mesmo a
20.000 dólares. Pero aquí sitúanse tamén algúns dos países mais pobres
de Asia e do mundo, como Yemen, Afganistán e, sobre toda, a Autoridade
Palestina: a súa renda por habitante está nuns 600 dólares e o 60 % da
poboación vive na pobreza.Estes países contan cos peores indicadores do
nivel de benestar da poboación: por exemplo, unha esperanza de vida ao
nacer moi baixa (que magoas supera os 40 anos en Afganistán) e elevados
índices de mortalidade infantil.
• CHINA
China é o país mais poboado do mundo e un dos mais extensos.Debida á
medra económica das últimas décadas, ao seu poderío militar e á súa
influencia xeoestratéxica e política, é unha das probables potencias do
século XXI.
Sen embargo, pesar dese boom da economía china, subsisten problemas.
Así, por exemplo, o incremento da poboación é un obstáculo para o
desenvolvemento económico, por iso, aínda que é un dos países con maior
PNB, a renda por habitante é aínda baixa: uns 5.000 dólares. Ademais,
existen grandes desigualdades rexionais.

10
TEMA 5 CC.SS. 3º ESO

ÁFRICA
MAGREB
Se denomina O Magreb á rexión situada no norte de África. A súa economía
está en proceso de modernización, debido á extracción de minerais,
petróleo e gas natural; na actualidade aporta a cuarta parte da riqueza do
continente.
Sen embargo, a taxa de alfabetización é baixa: entre unha cuarta parte e a
metade da poboación é analfabeta na maioría destes países (o problema é
maior entre as mulleres).As desigualdades sociais son enormes e boa parte
da poboación vive na pobreza e vese obrigada a emigrar, sobre todo a
Europa e os Estados do golfo Pérsico.As divisas que envían os emigrantes
se converteron hoxe nunha das principais fontes de ingresos de moitos dos
países da rexión.
ÁFRICA SUBSAHARIANA
Aquí localízanse o maior número de países subdesenvolvidos do mundo,
exceptuando Sudáfrica. Moitos problemas impiden o seu desenvolvemento:
- O rápido crecemento da poboación, que fai que o número de habitantes
aumente máis rápido que os recursos.
- A incapacidade da agricultura para alimentar á poboación, o que provoca a
fame en algunhas rexións.
- Os conflitos bélicos e as catástrofes naturais, como secas e inundacións,
agravan a situación e provocan migracións masivas. Case sete millóns de
persoas se viron obrigadas a abandonar os seus fogares.
- O baixo nivel de vida da poboación: os servizos educativos e sanitarios
son deficientes e grande parte da poboación é analfabeta.
- A débeda externa

A COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO


DO TERCEIRO MUNDO
O mundo subdesenvolvido depende diariamente da axuda dos países mais
ricos, pero esta axuda é insuficiente.En 1972 a ONU estabeleceu que o 0,7
% do PIB dos países desenvolvidos estivese destinado a axudas
económicas ao terceiro Mundo.Pero:
• A cantidade da axuda vai diminuíndo.
• De todos os países ricos, soamente catro (Dinamarca, Holanda,
Noruega e Suecia) superan o 0,7 % estabelecido pola ONU.
A Cooperación para o Desenvolvemento non significa soamente dar diñeiro
para alimentación ou axudas; esta cooperación tamén ten outros
obxectivos:
• Promocionar a educación e a formación profesional.
• Promover a asistencia sanitaria.
• Permitir o acceso á auga potable.
• Estimular a actividade empresarial.
• Incrementar relacións comerciais dentro do Terceiro Mundo.
• Promover a emancipación da muller.
A cooperación para o desenvolvemento realízase por dúas vías:
• Gobernamental: lévana a cabo os gobernos e os organismos
internacionais.
• Non Gobernamental: lévana a cabo as ONGD.

11
TEMA 5 CC.SS. 3º ESO

GUERRAS E CONFLITOS INTERNACIONAIS


Na actualidade os conflitos divídense en tres grandes grupos:
• Conflitos intraestatais ou guerras civís que enfrontan a diferentes faccións dun
mesmo país e desenvólvense principalmente no seu territorio. Nestes conflitos
poden intervir outros países apoiando a algunha das faccións en loita.
• Conflitos que enfrontan a dous ou mais Estados. Estes poden provocar unha tensión
diplomática prolongada ou dexenerar en auténticos enfrontamentos armados.
• Conflitos difusos. Son aqueles que non están provocados por un Estado, se non por
grupos de difícil identificación que se engloban dentro do denominado terrorismo
internacional. Estes conflitos son moi difíciles de resolver porque non dan lugar a un
enfrontamento bélico localizado, se non a atentados e actos de sabotaxe
espalladas.
As causas de todos estes conflitos son moi variadas e a miúdo non existe unha soa.
Destacan:
– Os intereses das potencias.
– Os desafíos nacionalistas ou étnicos.
– As liortas económicas provocadas polo dominio de recursos naturais ou por
motivos comerciais.
– Os litixios territoriais a causa do establecemento de fronteiras ou de
conquistas.
– As querelas políticas por cambios de réximes ou por cuestións ideolóxicas.
– As diferenzas relixiosas.

PRINCIPAIS CONFLITOS INTERNACIONAIS


1. CACHEMIRA: Desde hai décadas, tras a división da India británica en 1947 en dous
Estados, India e Paquistán, ambos se disputan a soberanía sobre Cachemira. Este
enfrontamento é especialmente grave porque ambos os países son potencias nucleares.
2. PALESTINA E ISRAEL: En Oriente Medio, o conflito entre Israel e Palestina que se
prolonga desde 1948, deu lugar a varias guerras. Nos últimos anos provocou continuas
intervencións armadas de Israel e atentados terroristas de grupos palestinos radicais.
3. ÁFRICA: No continente africano, desde a década de 1990 sucedéronse guerras que
provocaron enormes catástrofes humanitarias: Ruanda, Sudán, Eritrea, Etiopía, Serra
Leona, Alxeria e Liberia, aínda que houbo moitas máis.
4. CHECHENIA: En 1994 estalou unha guerra moi virulenta entre o exército ruso e as
guerrillas independentistas da república rusa de Chechenia. A inestabilidade estendeuse
por todo o país, xa que os independentistas levaron o conflito con ataques terroristas a
Moscova e outras zonas do Cáucaso.
5. AFGANISTÁN: En 2001, unha coalición internacional, dirixida por Estados Unidos,
invadiu Afganistán e acabou co goberno integrista do talibán, ao que consideraban
colaborador dos terroristas responsables do atentado en Nova York ocorrido o 11 de
setembro.
6. IRAQ: En 2003, unha coalición internacional liderada por Estados Unidos invadiu Iraq
sen o apoio da ONU. O goberno de Sadam Husein foi derrocado e os exércitos
coaligados ocuparon o país, comezando unha gran inestabilidade e continuos atentados
da resistencia armada.

12

También podría gustarte

  • Solucionario Do Libro Do Alumno
    Solucionario Do Libro Do Alumno
    Documento82 páginas
    Solucionario Do Libro Do Alumno
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 9
    Tema 9
    Documento24 páginas
    Tema 9
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 10
    Tema 10
    Documento22 páginas
    Tema 10
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 9
    Tema 9
    Documento24 páginas
    Tema 9
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 7
    Tema 7
    Documento29 páginas
    Tema 7
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 6
    Tema 6
    Documento11 páginas
    Tema 6
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 7
    Tema 7
    Documento29 páginas
    Tema 7
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 1
    Tema 1
    Documento18 páginas
    Tema 1
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 6 Europa e A UniÓn Europea
    Tema 6 Europa e A UniÓn Europea
    Documento25 páginas
    Tema 6 Europa e A UniÓn Europea
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 10
    Tema 10
    Documento50 páginas
    Tema 10
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 6 Europa e A UniÓn Europea
    Tema 6 Europa e A UniÓn Europea
    Documento25 páginas
    Tema 6 Europa e A UniÓn Europea
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 6 Europa e A UniÓn Europea
    Tema 6 Europa e A UniÓn Europea
    Documento23 páginas
    Tema 6 Europa e A UniÓn Europea
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones
  • Tema 5
    Tema 5
    Documento23 páginas
    Tema 5
    fatimacastros
    Aún no hay calificaciones