Está en la página 1de 3

A historia do Crocolibro

Érase unha vez un río, nun país moi lonxe de aquí, no que vivía unha familia de crocodilos aos
que un día de primavera naceulles unha camada de crías procedentes dos ovos que a mamá
crocodila puxera unhas semanas antes. Destes ovos sairon cinco preciosos crocodiliños que,
nada mais botar o fuciño fora do cascarón sairon correndo cara o río, de limpas e transparentes
auga, no que esa familia vivía.

Cando xa marchaban todos arrastrando a súa gorda barriga a nai crocodila botou unha ollada
para o niño e descubriu sorprendida que nel quedaba un ovo sin abrir. Lembrou que ela puxera
seis ovos dos que só se abriran cinco que estaban coas súas cáscaras rotas espalladas polo chan
e un que estaba ainda intacto, redondiño, branquiño e relucinte á luz do sol da mañá.

A nai deu volta e co seu gran fuciño deu dous golpes delicados no cascarón do pequeno ovo:

-toc,toc

-poc,poc- sonou unha contestación dende dentro.

- toc,toc- volveu petar a crocodila con suavidade ,polo medo a que o delicado ovo se rompera e

-poc poc- volveu a sentirse dende dentro; a nai impacientouse porque tiña que ir ao río a coidar
dos seus outros cinco fillos que quedaran ao coidado do pai e non tiña claro que este fora capaz
de facerse cargo de tanto traballo. Achegou o fuciño ao ovo para collelo coas súas fauces e, de
súpeto, observou que unha fendiña pequena rachaba a parte de arriba da cáscara. A nai achegou
o seu fuciño amorosamente e bufou con suavidade para que unha mota de po que quería
pousarse na cima do ovo saise disparada dalí. A fenda escomenzou a facerse cada vez máis e
máis grande ata que foi suficiente para que por ela asomase a cabeza o crocodilo mais pequeno
que nunca vira; era tan pequeno tan pequeno que mais que un crocodilo parecía unha lagartixa. A
súa nai colleuno con coidado na súa boca e levouno cando os seus irmáns que nadaban facendo
ruido no medio do río.

Cando a nai estaba chegando co crocodiliño asomado entre os sus dentes ollando con
curiosidade por primeira vez todo o que o rodeaba dende o fondo do río empezou a escoitarse un
ruido que ao principio era moi suave pero que pouco a pouco ia adquirindo mais forza ata chegar
a ser ensordecedor. A nai levantou os ollos das augas do río e observou asustada como,
correndoa toda velociade, dirixiase cara eles unha lancha motora, ateigada de paquetes, na que
ian dous homes cos cabelos revoltos pola grande velocidade que aquel artefacto traia. A lancha
viña cara eles a toda velocidade e ela non podía evitar que chocara contra eles.

-PUM- a lancha deu un brinco ao petar contra as costas da crocodila e da súa cuberta saltou unha
das grandes caixas coas que ia cargada e ¡PLAS! Caeu no medio do río e saiu aboiando
empuxado pola corrente. A crocodila co susto do impacto, abriu a boca e o crocodilo, pequeno
coma unha lagartixa, saiu despedido e voando,voando foi a cair enriba da caixa que caira da
lancha . A caixa foi descendo polo río empurrada pola cada vez mais forte corrente; o crocolibro,
pequeño coma unha lagartixa agarrouse con todas as forzas das súas pequeñas unllas á madeira
da caixa cando víu que esta tiña un pequeniño burato e intruducíndose por el entrou atopándose
cunha chea de obxectos moles e suaves que enseuida escomenzaron a darlle calor ainda que
fora, o río levaba a caixa por fervenzas e petando contra as rochas.

O noso amigo o crocodilo pequeno coma unha lagartixa aniñouse no medio dun libro cheo de
ananos, nenas de cara branca e madrastras malas e alí quedou a durmir agotado polos esforzos
e os sustos do día.

Cando espertou sentiu que a caixa parecía casi parada, movéndose suavemente como un berce
cando alguén lle da para que o bebé adormeza. Moveuse entre os libros e neles vía dragóns
terribles, galiñas azuis, raposos listos, lobos famentos,galos pintos,ratos de campo e da cidade,
Pitos cairos, coellos brancos,galiñas asustadas, xastres valentes…os libros estaban cheos de
cores e debuxos suxestivos.

O crocodilo,pequeño coma unha lagartixa, agatuñou polos libros cara arriba e asomou o seu
pequeno fuciño por unha fenda da parte de arriba da caixa. O sol dáballe nos ollos e facía que
casi non poidera ver onde estaba. Aquel lugar éralle completamente descoñecido: as augas do río
eran tranquilas e transparentes, uns patos e unas ocas nadaban tranquilamente ao seu carón e
mirando cara arriba ollou unha gran ponte que pasaba dunha beira á outra do río ¿onde estaría?
De súpeto sentiu uns ruidos descoñecidos para el. Unhas risas e unas voces de humanos
achegábanse cada vez mais perto ; correu para esconderse dentro da caixa pero coas presas
quedou atascado e só meteu a cabeza dentro da caixa quedándolle o cu e mailo rabo afora.

Con medo sentiu que unha man o agarraba pola cola e tiraba del cara afora quedando pendurado
alí no medio de tres caras sorrintes e curiosas que ollaban sorprendidas cara el.

-Pero que raios é isto?

-Non che parece un crocodilo?.

-Muller si, parece o que estudamos no cole, pero un crocodilo acá en Salvaterra.

O crocodilo remexiase queréndo defenderse e morder a man do rapaz que o sostiña polo rabo,
pero a súa boca non chegaba e cada vez estaba mais canso e asustado pensando que chegara a
sua fin.

-Mira-dixo a rapaza- viña metido dentro dunha caixa moi grande. Ábrea haber que ten.

Un dos rapaces agarrou un croio e dun forte golpe arrincou a tapa da caixa da que saiu o libro
“Quen lle fixo caca na cabeza á toupiña” e algún outro nos que viñera metido o crocodilo.

-Mirai, a caixa está chea de libros, un crocodilo con libros…ah,ah,ah-riron os tres a cachón.

-Ocórreseme unha idea poderiamos chamarlle …..Crocolibro.


-Que idea mais boa ¡Crocolibro!,¡Crocolibro!

´- Ei rapaces ocórreseme unha idea.Lembrai que na biblioteca da escola de Salvaterra están a


buscar unha mascota ¿Por qué non presentamos nós ao Crocolibro.

Os tres amigos estiveron dacordo e encamiñáronse cara a escola levando nunha man ao
Crocolibro e empurrando entre os tres a caixa cos contos.

Cando chegaron á escola falaron co profesor de barbas que se encargaba da biblioteca que
aceptou encantado que o Crocolibro fora a mascota da escola.

Montaron ao Crocolibro nunha carroza e paseárono por todo o cole. Os rapaces e as rapazas
berraban ¡Viva o Crocolibro! ¡Benvido Crocolibro! ata que un grupo deles collerono en brazos e
metérono dentro da biblioteca para que todos os rapaces e as rapazas da escola o saudaran e
quedara a vivir alí para sempre.

O Crocolibro estaba feliz, rodeado dos libros e sentíndose querido por todos os nenos e as nenas
que cada vez que entran na biblioteca dinlle

-“Bos días Crocolibro”

También podría gustarte