Está en la página 1de 6

HISTORIA DRAMATIZADA DA LITERATURA GALEGA

1
Música: composición de Manuel
Posibilidade de ter como fondo un libro aberto xigante. As páxinas van pasando a
medida que se suceden os acontecementos.
Un pupitre á dereita tamén de dimensións esaxeradas: as patas son pilas de libros; a
cadeira, un taburete alto coma o dos bares, mais con respaldo.
Encima do pupitre, outro libro grande no que le P1.
Máis libros polo chan en desorde.
As personaxes representando escolares arrincan unha folla do libro e xogan ao birilé.

P1 desde o taburete berra “silencio” varias veces até que o resto cale e fique en estático.
P1 interpreta “Silencio” de Rosalía de Castro. TEXTO 1

¡SILENCIO!
A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas;
sintindo cómo loitan
en sin igual batalla
inmortales deseios que atormentan,
e rencores que matan;
mollo na propia sangre a dura pruma
rompendo a vena hinchada,
i escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡Volvede
ao máis fondo da ialma,
tempestosas imaxes!
¡Ide a morar coas mortas relembranzas!;
que a man tembrosa no papel só escriba
¡palabras, e palabras, e palabras!
¿Da idea a forma inmaculada e pura
ónde quedóu velada?
2
3.- Rómpese o estatismo e o resto estira o papel que arrincara do libro; acaríñano,
bícano, choran e rin ao tocalo sen poñerse de pé.

P2 sae ao centro para facer a presentación.


O resto cruza os brazos no peito e cóllense das mans dos compañeiros, coma unha gran
maraña (un foco vermello ilumínaos?). Así collidos, latexarían todos a unha,
axeonllados, é dicir: 1º cabeza gacha, 2º cabeza a diante. 3º cabeza ao ceo, 4º voltar
sobre os mesmos pasos (con axilidade).
P2: TEXTO 2
Teño 16 anos na Galiza, un dos tres territorios da España que posúe dúas linguas
oficiais, despois da chegada da democracia.
Falo, escribo e leo en castelán, e tamén en galego.
Mais o percurso histórico desde idioma que hoxe escoitades non sempre seguiu unha
liña uniforme, así que axudado dos máis fermosos textos que a miña lingua produciu,
ímosvos presentar un pequeño traballo dramático no que a lingua galega é a
protagonista en recoller os nosos sentidos.

P3. TEXTO 3
“Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán
do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura
moderna e co que aínda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de
almas”.

Este idioma nace no século IX e mantense como única no Reino da Galiza que se
estendía, naqueles primeiros séculos, até o voso río Douro.

Porén todo comezou na Idade Media...


3
MÚSICA(zanfona, pandeiro)

P3 retírase e adiántase P4.


Mentres, o P5, (o amigo), trata de achegarse a ela ao tempo que o resto llo impide.
Trátase de crear unha imaxe como de mariñeiros ante a virxe do Carme.
P4 canta o TEXTO 4 acompañado da música anterior.

TEXTO 4: Pero Gonçalves de Porto Carreiro,

Par Deus, coitada vivo:


pois non vem meu amigo.
Pois non vem, que farei?
Meus cabelos, con sirgo
eu non vos liarei.

Pois non vem de Castela,


non é viv', ai mesela,
ou mi o detén el-Rei.
Mias toucas de Estela,
eu non vos tragerei.

Pero m'eu leda semelho,


non me sei dar conselho.
Amigas, que farei?
En vós, ai meu espelho,
eu non me veerei.

Estas dõas mui belas


el m'as deu, ai donzelas,
non vo-las negarei.
Mias cintas das fivelas,
eu non vos cingerei.
P4 achégase a ela por fin e cóllense das mans.
4
P5 vai para a cadeira e di o TEXTO 5: “No há mucho tiempo cualesquiera decidores o
trovadores destas partes, agora fuesen castellanos, andaluces o de la Extremadura,
todas sus obras componían en lengua gallega o portuguesa”.
Aturuxo. Mentres prepáranse para bailar a muiñeira.

5
MÚSICA: muiñeira
Alégrase o resto, rodéanos e danzan
Durante a danza, P6, P7, P8, P9, P10 van cambiarse detrás do libro, a xeito de corvos
(peteiros, capas negras semellando ás, zancos, zapatos de sola moi alta?).
Saen para romper o baile.
6
MÚSICA de tormenta (guitarra eléctrica)

P6 berra “silencio”
Os demais soltan as mans, caen ao chan, arrástranse e protéxense debaixo do papel
xigante arrincado ao comezo. O papel treme mentres se escoitan as consignas.
P7 berra “Comience ahora la doma y castración del Reino de Galicia”.
P8 berra “Impóngase desde hoy la lengua castellana”.
P9 berra “ Desaparezca el gallego de la escritura”.
P10 berra “Sea el gallego una lengua grosera y áspera”.

7
P5 baixa da mesa e vai cara os corvos con verbas que os arreden, verbas fermosas,
fermosas (Tamén P11, P12, P13, P14, P15 fan o mesmo).
Os corvos van saíndo aterrorizados e P 11 comeza as palabras de Sarmiento, mentres
libera o resto de debaixo do papel.
8
P 11 interpreta o TEXTO 6
“No acabo de admirar la bárbara tiranía de enseñar a los niños gallegos el latín por
medio de la lengua castellana, que les es más ignota que la lengua latina: así todo niño,
solo por su lengua nativa, debe estudiar el latín, lo demás es necedad, la necedad que
supone en Galicia educar a los niños en castellano... “
9

E as voces érguense a modo: Rosalía de Castro con “As viúdas dos vivos e as viúdas
dos mortos”. TEXTO 7. Interprétana os portugueses.
Este vaise e aquel vaise
E todos, todos se van...

10
Con Pondal (o “Himno” cantado e con frautas) TEXTO 8

Que din os rumorosos


na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido


e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
esperta do teu sono
fogar de Breogán.

11

TEXTO 9.- P 12: O século XIX supuxo para nós o rexurdimento da lingua galega na
escritura, xa que da fala nunca desapareceu, e o nacemento da conciencia nacionalista
ou galeguista na que se poñen en valor as diferenzas de Galiza a respecto de España.
Nacen, así mesmo, os xornais en lingua galega, os estudos filolóxicos do noso idioma e
as reivindicacións para que o galego e os galegos sexan respectados.

E xa, a comezos do século XX, estas peticións van ser recollidas polo Partido
Galeguista e polo Estatuto de Autonomía, aprobado no 1936.
Di Vilar Ponte:

12

Cinco personaxes van agocharse detrás do libro para prepararse.


P 13 achégase ao centro: TEXTO 10
Cando morre un idioma morre un pobo. Polo tanto a lingua é o instrumento para a
recuperación da identidade e esencia do noso pobo. Para non desaparecermos. Xa que
logo a nosa lingua é o noso DNI. E o principal medio de expresión cos demais. O
Estatuto galego di que o galego é a lingua propia de Galicia. E dentro da nosa
Autonomía é tan oficial coma o castelán. É certo que o castelán é lingua oficial
xuntamente co galego. Pero a esta última temos que lle dar especial protección e
tratamento coma patrimonio cultural colectivo do noso pobo.

13
E P 14, Castelao: TEXTO 11

"E diríalles máis: prohibistes o galego nas escolas para producir no espírito dos nosos
rapaces un complexo de inferioridade, facéndolIes crer que falar galego era falar mal e
que falar castelán era falar ben. Expulsastes o galego das igrexas, facendo que os
representantes de Cristo explicasen o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba
nin comprendía ben. Refugastes o galego ante os Tribunais de Xustiza e chegastes a
castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque
despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda a riqueza de
astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas
fracasados."
14
Saen os cinco personaxes de detrás do libro: comeza a Guerra Civil. A e B poñen de
xeonllos ao resto; algúns escapan ao outro lado do Atlántico; algún se agocha debaixo
do pupitre. Represéntase a represión nas tres vertentes: fusilamentos (A fai que dá un
tiro na sen ao primeiro axeonllado que vai tumbando os outros como pezas de dominó
mentres B berra de novo “silencio”, C di “No sea bárbaro, hable español” , D “Arriba
España” ou “Abajo la República”, “Viva Franco” ou outra consigna franquista), exilio
(os que cruzan o mar, entre eles Castelao e Blanco Amor) e literatura de evasión
(Cunqueiro).

Tres grupos espaciais: 1º lado, fusilamentos; centro, fuxindo baixo o pupitre, exiliados;
2º lado, A cun aceno de “fóra” fai que B colla o papel, marche “voando” con el e se
“amante” co mesmo, mirando ó ceo, ou cara outro lado –de costas, por exemplo-.

15

P 14 desde a mesa: “Durante a Guerra Civil española e a dura posguerra, a literatura


galega pervive con forza no exilio americano.”

Adiántase P 15 desde o exilio, o Cibrán de A esmorga coas mans atadas ás costas.


TEXTO 12
“Non señor, non, non lle é así como está nese papel que leron. Non foi así, nin do
principio das cousas nin do que veu despois. Ninguén sabe nada porque ninguén viu
nada....

16
P 14: Mentres que na Galiza xorden timidamente letras, de evasión.
P 14 colle a P 16 de debaixo da mesa para que cante o TEXTO 13 coa MÚSICA de
guitarra de Manuel.
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer


en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,


cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra


e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!
17

P 15: Despois da morte do ditador Franco en 1975, o noso país aceptou o sistema
democrático segundo o cal se instaura o sistema das autonomías. Tres delas son
denominadas “Autonomías históricas” e posúen lingua propia cooficial co castelán e,
en teoría, en igualdade de condicións con esta : Cataluña, País Vasco e a Galiza.