Está en la página 1de 3

Malia que o máis coñecido é San Froilán, o noso país deu ata seis figuras para o

santoral. Agora, que vimos de celebrar a semana máis relixiosa do ano, buscamos
que homes nados en Galicia obraron na súa vida algún milagre recoñecido pola
Igrexa. Son historias de santos, dos nosos santos.
San Froilán, San Rosendo, San Pelaio, San Pedro de Mezonzo, San Francisco Blanco
e San José María Díaz Sanjurjo, Santa Trahamunda, Santa Seniorina e Santa Aragonta
son algunhas das figuras galegas que, nalgún momento da súa vida fixeron algún
milagre polo que a Igrexa lles recoñeceu o máis grande status que pode conceder a un
mortal: a canonización.

Non todos seguiron os pasos que marca a igrexa: o período de tempo desde a súa
morte (antes era de 50 anos, despois de cinco e agora xa non hai prazo); a fase
informativa a cargo do bispo local que inicia o Proceso Ordinario; o proceso de
documentación dos milagres entendendo por tales o martirio ou as virtudes heroicas,
así como a beatificación, previa á canonización. Algúns santos como San Froilán
fórono case “de oficio”, xa que a Igrexa, por continuar coa tradición e veneración que
lle deu o pobo quen considerou “obra de Deus” que Froilán fose quen de domesticar
un lobo coa súa mirada. Non está igual de documentado cales foron os seus milagres,
pero o que quedou claro é que todos eles fan parte do santoral agás unha: Santa
Aragonta que por vivir repudiada do seu marido non foi incluída.

San Froilán
Ninguén dubida da orixe lucense deste santo, aínda que existen numerosas
discrepancias en torno á “clase” da súa estirpe (hai historiadores que consideran
probado que procede dunha familia de clase alta, mentres que outros aseguran o
contrario). En todo caso, O rei Alfonso III concedeulle amplos poderes e cartos para
fundar mosteiros. Un feito que lle permitiría gozar de grande popularidade, tanta que
foi seguida por numerosos devotos. De feito, o culto a Froilán por parte do pobo
comezou desde o mesmo momento da súa morte. E a Igrexa, con posterioridade, non
fixo máis que aceptar aquel fervor popular e recoñecer que Froilán era santo porque as
súas xentes, os seus diocesanos, así o decidiron. De feito, non hai constancia de que a
Santa Sé emitira decreto algún relacionado coa súa beatificación ou canonización,
alomenos do xeito que actualmente se fai. A Igrexa de Roma limitouse a aprobar o
culto que de antigo se lle daba.

Conta a tradición que San Froilán estivo unha mañá rezando nas súas oracións cando
se lle apareceu un lobo famento que veu no asno do santo un apetitoso xantar.
Abalanzándose sobre el, comezou a devoralo no momento no que o atopou o Santo,
que coa súa mirada deixou ao lobo temeroso, mentres lle falaba de amor e de paz. Así
foi como San Froilán conseguiu quitarlle ao lobo o medo ao home e o lume,
tomándoo ao seu servizo para levalo polo mundo as alforxas. Desde entón, o lobo
camiñou sempre ao seu lado, arrimado á súa perna dereita, aínda o que teña de certo
xa ninguén o sabe.

San Pedro de Mezonzo


Naceu en Curtis (930-1003) no seu dunha familia humilde. Serviu aos monxes
benedictinos que o introduciron no círculo relixioso. Foi capelán, abade e
posteriormente bispo e da súa autoría é a coñecida oración mariana “a salve” que
chegou ata os nosos tempos. De feito, o estudo e a oración foi unha das grandes
virtudes polo que a Igrexa decidiu a súa canonización. Sobre el tamén pesa a lenda do
monxe solitario, segundo relata López Ferreiro na súa historia sobre a Igrexa de
Santiago, sendo o único relixioso que quedou facendo oración ao pé da tumba de
Santiago na Catedral ante a entrada dos muslimes (agosto doa no 997) en Santiago.

San Rosendo
Sobriño do Bispo de Mondoñedo, Rosendo (907-977) foi cara esta parroquia a
formarse nas ciencias eclesiásticas. Aínda que hai outras versións da súa historia, din
que tamén estudou en Caaveiro. Sucedeu aos eu tío en Mondoñedo, á fronte desta
diocese iniciou unha campaña de recuperación de fieis e de bens. Noa no 934 sufriu
unha revelación pola que fundou o misterio en Vilar, que acabaría sendo San Salvador
de Celanova. Ordoño III nomeou virrei de Galicia.

San Paio
Nado na actual diócesis de Tui-Vigo en el año 911, probablemente en la parroquia de
Albeos. San Paio soportou na súa persoa o duro peso da dominación musulmana, con
gran tesón e fe que lle fixo merecedor da canonización. Trala batalla de
Valdejunquera, en Cádiz (ano 920) tanto el como o seu tío, o bispo da diocese de Tui,
foron apresados. O seu tío foi liberado co obxectivo de que conseguise unha grande
suma de cartos. Mentres, na cadea, o califa sentiuse atraído pola figura de Paio que
tiña tan só catorce anos. As negativas do novo, refuxiado sempre no amor de Deus,
foron motivo do seu posterior sacrificio polo que a Igrexa recoñeceu o seu martirio.

San Francisco Blanco


San Francisco (A Gudiña, 1570 - 1597) foi o “santiño que cansado de gardar cabras
foi morrer mártir en Xapón” reza unha copla popular. Estudou nos xesuítas do seu
pobo en Salamanca, desde onde marchou cara Filipinas. Chegou alá en 1593, pero
antes pasou algún tempo en México, onde foi ordeado sacerdote. Foi coñecido como o
último mártir de Xapón, mérito polo que a igrexa o canonizou.

En Outarelo (Ourense) consérvase o que se cre que é o seu cranio, aínda que ninguén
sabe moi ben como chegou ata aquí desde Nagasaki. En todo caso, na súa romaría,
todo o mundo pasa as rosquillas pola furna na que se conservan os seus restos para
que lles conserve os doces todo o ano sen estragarse.

San José María Díaz Sanjurjo


Natural de Suegos na diocese de Lugo, entrou, sendo novo, no seminario de Lugo e
despois na Orde Dominicana. A súa vocación misioneira levouno a Manila e mais
tarde a Indochina, onde foi consagrado bispo, como vicario apostólico de Tonkín.
Padeceu o martirio o 20 de xullo de 1857. Foi beatificado polo papa Pío XII (1951), e
declarado santo polo papa Xoán Paulo II.

As santas
Santa Trahamunda (siglo VIII) é unha das santas galegas máis coñecida. Monxa do
convento de San Martiño, en San Xoan de Poio, foi apresada en tempos de
Abderramán II e trasladada a Córdoba, onde foi martirizada. A lenda sostén que a
monxa permaneceu en prisión once anos ata que foi liberada por un anxo e trasladada,
sen saber moi ben como, a Poio.
Disque Santa Mariña (de Augas Santas) era unha pastora nacida na Limia que era
pretendida por un mandatario romano ao que ela refugaba dada a súa secreta
condición de cristiá. A descuberta das súas crenzas deu en que o amor do romano
virase xenreira e en que a pobre Mariña sufrise toda caste de martirios: pinchárona
con ferros, azoutárona e tentaron afogala, e disque ata o diabo apareceu para a tentar
na forma de dragón. Claro que, como é mester nestas historias, a súa fe procuroulle a
axuda de Deus e mais dos santos, e foi así que non se queimou co lume no forno onde
a quixeron queimar, e que o propio San Pedro a tirou daquel recinto. De calquera
xeito, non abondou a fe para a salvar, e a rapariga foi finalmente decapitada. Esta
lenda pódese encontrar en moitos lugares con diferentes formas e que se apón a
distintas santas, normalmente Mariña, Margarida ou, mesmo en Inglaterra, Liberada.
Pero é en Santa Mariña de Augas Santas onde esta historia deu un especial xogo, ao
incorporar para a imaxinería cristiá unha serie de elementos previos á evanxelización
da zona.

Outra das santas galegas, Aragonta (século X), casou con Ordoño II, rei de León, que
a repudiou. Tras isto, decide restaurar o mosteiro de Salceda, onde viviu retirada. Non
figura no santoral.

Santa Seniorina (século X) é de familia relixiosa porque é curmá de San Rosendo a


quen vía con certa frecuencia. De feito, nunha das visitas que San Rosendo lle facía
con regularidade ao mosteiro de Vieira (Portugal) onde vivía, dous obreiros sufriron
unha caída, quedando como mortos. Seniorina pediulle ó seu curmán que fixese algo
por eles, e así foi: despois dun longo tempo de oración, aplicoulles oleo bendito na
boca, logrando que os dous se incorporasen e agradecesen o beneficio recibido. Cando
San Rosendo morreu, Santa Seniorina tivo unha visión da súa entrada no ceo.

Os outros
Aínda que estes seis son os santos que a Igrexa de Roma recoñece e estableceu no seu
santoral, existen moitos outros nomes. Por exemplo, hai lendas que falan da orixe
galega de San Mauro (aquí chamado San Amaro), aínda que máis curiosa é a historia
de San Telmo. Foi bispo da diocese de Tui-Vigo aínda que non foi canonizado, pese a
crenza popular de que xa é santo. De feito, esta diocese acaba de crear unha comisión
co obxectivo de enviar documentación a Roma que permita a canonización de San
Telmo (S. XIII). Entre os papeis que teñen compilado no dosier que acredita a súa
condición de santo contan cun decreto do Papa Benedicto XIV sobre o culto e as súas
virtudes heroicas.

Canda estes existen numerosos relixiosos que están pendentes da beatificación, paso
previo á canonización. Entre os próximos nomes en unirse a listaxe de beatos do noso
país están trece membros da congregación relixiosa dos Salesianos de Don Juan
Bosco que faleceron en diferentes cidades durante a Guerra Civil Española, ou o
sacerdote galego Manuel Gómez que foi asasinado por sicarios de latifundistas en
Brasil en 1924.

También podría gustarte