Está en la página 1de 4

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN

Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003


Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS
Boletín Informativo
Decano de la da Biblioteca
prensa náutica del Barbanza do
CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 2
NOVEMBRO 2004

SUMARIO
PRESENTACIÓN
Páx. 1

A televisión, o teléfono móbil, a


PRESENTACIÓN
"
Páx. 2 navegación por Internet e o emprego
" QUEN É O NOSO
de videoxogos están a marcar as
INVITADO
pautas de conduta dos mozos e nenos
" AS SÚAS
PUBLICACIÓNS
galegos.
Páx. 3 Se sumamos as horas fronte ao
PARA REFLEXIONAR...
" televisor, as partidas e xogos coas consolas
Páx. 4 e os chats e visitas ás páxinas de Internet,
POEMA DE ALFAREIRO
" concluiremos que moitos rapaces suman
máis horas enganchados ás novas
tecnoloxías que aprendendo na escola.
Por todo isto, neste número especial
do Boletín Informativo da Biblioteca,
PEREIRIÑOS queremos informarvos que o
próximo mércores 24 de novembro
Los campeones de la Regata Mar ás 15.40
de Finisterre Silfo II,
horas no salón de actos do noso colexio recogiendo su premio.

teremos oportunidade de asistir a unha


charla- coloquio do xornalista, xefe de
programas da TVG, Xosé Durán, que nos
achegará ao complexo mundo da televisión
Deseño e Maquetación:
(cómo se fai un programa de televisión e
Aula de Informática
cales son os programas máis axeitados para
os nenos e nenas en idade escolar…).
Páxina 2

QUEN É O NOSO INVITADO?


PEREIRIÑOS

XOSÉ DURÁN (Cuntis, 1957) xornalista e escritor,


Licenciado en Ciencias Químicas, actualmente ocupa o
posto de Xefe de Programas da Televisión de Galicia.

Desenvolveu a súa actividade xornalística en


medios impresos, radio e televisión. Como pioneiro da
TVG, ocupou tamén os postos de xefe de Deportes e de
Redactor Xefe dos Servicios Informativos. Foi Director de
telexornais e de programas como “O Semanal” e
“Reporteiros”, ademais de encargarse de diversos
informativos especiais.

AS SÚAS PUBLICACIÓNS
Como escritor, Xosé Durán ten publicado a peza
de teatro escolar, “A lección máis solidaria” (Ed.
Fervenza); un libro de relatos de ficción científica, “O
Asasino Invisible” (Ed. Xerais); “A televisión, as
novas tecnoloxías e a conduta dos nenos” (Ed.
Laiovento); e unha biografía sobre o insigne galeguista
cuntiense titulada, “Roberto Blanco Torres.
Xornalista e Poeta”. Asemade, ten colaborado con
relatos e poemas en diversas revistas literarias de
Galicia.

PARA REFLEXIONAR: A TELEVISIÓN E


A CONDUCTA DOS NENOS
Máis da cuarta parte dos rapaces de 8 a 13 anos
adoitan acudir a Internet. O 21% xa posúe un teléfono
móbil para o seu uso individual...

Se son certos os datos que sitúan en máis dun


31% os nenos entre 8 e 13 anos que posúen un
Nº2. NOVEMBRO 2004 Páxina 3

televisor no seu cuarto, xa podemos imaxinar a falta


de control existente por parte dos adultos á hora de
prender e apagar o aparello nas horas nocturnas…

No curso escolar 2001-2002 , os nenos con


idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos vían
máis tempo os programas chamados magazine, isto
é de crónica rosa, que os propios debuxos animados.

A conclusión para os espectadores, mesmo


para os máis novos, resulta evidente: (para a
televisión) a cultura, os avances científicos son o
menos importante e por iso están cara ao final das
noticias.

Xa hai anos que a Asociación Española de


Pediatría aseguraba que un neno podía ter vistos
uns 200.000 actos violentos na televisión antes de
cumprir os 18 anos e uns 8000 asasinatos antes de
rematar os estudos primarios. E moitas destas
escenas aparecían nos debuxos animados.

A programación infantil dalgunhas cadeas non


está ben coidada, nin na programación cronolóxica
das series de debuxos, nin nas recomendacións que
se deberían dar aos adultos no relativo ás idades
máis axeitadas para ver eses debuxos, nin nas
recomendacións que se deberían dar aos adultos no
relativo ás idades máis axeitadas para ver eses
debuxos, nin nos seus contidos.

Os nenos menores de seis anos que pasan


tanto tempo vendo a televisión ou usando os
videoxogos fracasan moito máis cando chegan á
escola para aprender a ler que os nenos doutras
xeracións “menos televisivas”.

As estatísticas confirman que os menores que


teñen televisión xunto á cama ven máis programas,
dormen menos tempo e están máis irritables que os
UNS VERSOS… PARA OS PEREIRIÑOS
que teñen o aparello lonxe do seu lugar de descanso.

Unha televisión na que os protagonistas dos


programas non amosen sentimentos para cos seus
semellantes, na que non se coide a fala e non se dean
pautas de comportamento social, deformará
claramente os cativos.

A través do mundo da television que tanto adoran


os nenos pódese chegar a cultivalos. A través dese
mundo de imaxes que tanto idolatran podemos formar
persoas con valores humanos.

POEMA DO ALFAREIRO DE ROBERTO BLANCO TORRES

Ti cres que o Mundo está feito


para o teu regalo,
e nel danzas, xogas, vives,
Sen pensar noutra cousa.
Pois non; o Mundo faise
está facéndose;
el será o que ti queiras e outros queiran,
e compre non lle furtes teu esforzo.

Arranja o teu amor ao cosmos,


no desorde pon ritmo,
no amorfo, arista.
Traballa e descansa;
e baixo do ceo infindo
frúe a beleza da túa obra,
chea de concertos eternaes.

Despois de cada xornada


regusta o xúbilo fecundo
de crear, de trocar a Nada
en forma, dándolle senso e vida.
Racionaliza o caos e séntate á dereita de Deus-pai…

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A CULTURA GALEGA...


CEIP DO FOXO

También podría gustarte