Está en la página 1de 24

Pascua Xoven

2010-2011

“E ti, tes para comer?”

1ª Fase. Grupo Ceibes- Sin fronteiras


(Cambados)
Introducción:
Sentimos unha gran responsabilidade ó ter que facer unha fase sobre
un tema tan importante como é a pobreza.

Actualmente é un tema que afecta cada vez a máis persoas e que o


podemos sentir cada vez máis preto de nos, xa que a pobreza xa non é
algo lonxano, do terceiro mundo, senón que está presente en tódalas
cidades, pobos, barrios… e forman o chamado cuarto mundo. Son
aquelas persoas que vivindo no primeiro mundo non disfrutan dos seus
recursos e oportunidades, viven no primeiro mundo en situacións do
terceiro mundo.

Seguramente quede moita información sen mostrar e moitos outros


enfoques que tratar, pero cando nos puxemos mans á obra
descubrimos a gran cantidade de información que temos á nosa
dispoñibilidade pero que ó mesmo tempo toda esa información é máis
fácil de manipular, e así nos atopamos moitas veces con diferentes
datos sobre o mesmo caso segundo a procedencia da información.

Aínda así pretendemos mostrar uns datos obxectivos que esperten o


interés e a conciencia cara as inxustixas sociais que se dan no noso
entorno máis próximo ou noutros países.

Esperamos que vos sexa de gran axuda para coñecer un pouco máis
sobre a pobreza e que sirva para a reflexión persoal e grupal que este
tema merece.

Aquí presentamos a nosa proposta.

Un cordial saúdo!
POBREZAS

Pobres, lo que se dice pobres,


son los que no tienen tiempo para perder el tiempo.

Pobres, lo que se dice pobres,


son los que no tienen silencio ni pueden comprarlo.

Pobres, lo que se dice pobres,


son los que tienen piernas que se han olvidado de caminar,
como las alas de las gallinas se han olvidado de volar.

Pobres, lo que se dice pobres,


son los que comen basura y pagan por ella como si fuese comida.

Pobres, lo que se dice pobres,


son los que tienen el derecho de respirar mierda,
como si fuera aire, sin pagar nada por ella.

Pobres, lo que se dice pobres


son los que no tienen más libertad de elegir entre uno y otro canal de
televisión.

Pobres, lo que se dice pobres,


son los que viven dramas pasionales con las máquinas.

Pobres, lo que se dice pobres,


son los que son siempre muchos y están siempre solos.

Pobres, lo que se dice pobres,


son los que no saben que son pobres.

Eduardo Galeano

¿Cres que o texto reflicte a realidade actual da pobreza?

¿Eliminarías algunha das afirmacións? ¿Por qué?

Segue o poema poñendo unha afirmación que consideres axeitada tendo en


conta a túa idea de pobreza e explica por qué.
A pobreza no mundo:
Vivimos nun mundo que se globaliza, pero donde esta maneira de
levar a cabo a globalización só beneficia a uns poucos. Boa parte da
humanidade queda aínda máis atrapada na pobreza e na inxustiza.

Debemos aspirar a un mundo mellor, ademáis de por motivos éticos,


porque é un obxectivo factible. Víctor Hugo dicía que “a utopía é a
verdade do mañá”. Tiña razón. É posible camiñar na erradicación da
pobreza, e está nas nosas mans avanzar se existe suficiente vontade
por parte dos responsable políticos e da sociedade civil para poñer os
medios adecuados a ese fin. Puidemos comprobar ó longo da historia
como grazas á presión popular e a toma de decisións concretas,
lográronse combatir a lacra da escravitude ou, en algúns países,
múltiples conquistas sociais. A historia non se detén, e na actualidade
acaso sexa máis sinxelo percibilo cando a opinión pública reacciona
dunha forma notable e firme a favor dos dereitos humáns, e os
poderes políticos a menudo deben modificar as súas decisións. Temos
como exemplo dos logros conseguidos o acceso a medicamentos máis
baratos nos países pobres ou a anulación da execución de mulleres
acusadas de adulterio en países como Nigeria.

Para que cambien as cousas é necesario que moitas persoas pensen


que deben cambiar e queiran que efectivamente cambien,
implicándose en ese propósito. Pensar que as cousas son sempre así é
tan falso como pensar que non o son xamáis.

Para aumentar o noso coñecemento sobre o tema da pobreza mundial


temos á nosa disposición gran cantidade de información, de feito
estamos nun mundo que nos bombardea a tódalas horas con
información, e sen embargo non acabamos de ter a información
precisa, porque por pouco despertos que esteamos dámonos de conta
de que a información é facilmente manipulada, estorsionada e
adulterada.

A decadencia que vivimos no que se refire ó interés pola vida pública,


pola política é en boa parte responsable do auxe das Organizacións
Non Gubernamentais (ONG´s), que se estableceron como válvulas de
escape para un desexo de solidariedade que non teña no seu seno nin
un elemento do que chamamos política.
_______________________________________________________________________
_

“925 millóns de persoas padecen de fame crónica”

_____________________________________________________________
_

O mundo é un solo, aínda que insistamos en partilo en pedazos. Na


década dos sesenta, cando o mundo aínda estaba dividido nos
sistemas capitalista e comunista, introduxéronse as acepcións de
Primeiro Mundo e Segundo Mundo: Primeiro Mundo para o chamado
bloque occidental e Segundo Mundo, para o bloque soviétivo. Os
países periféricos, algúns ex colonias e todos subdesenvolvidos,
englobáronse entón baixo a denominación de Terceiro Mundo. Este
termo define ás zonas onde a maioría da poboación vive sumerxida na
pobreza, onde 790 millóns de habitantes (un conxunto
cuantitativamente maior que a poboación total de América do Norte e
Europa Occidental sumadas) teñen fame. Podría pensarse que no
planeta escasea a comida, pero convén recordar que nos últimos anos
produciuse un 10% máis da comida que sería necesaria para alimentar
ós seis mil millóns de habitantes do globo terráqueo.

En África, América Latina e Asia, a miseria transfórmase nun círculo


vicioso crónico, onde as causas e consecuencias confúndense e os
síntomas da marxinalidade, como si se tratara dunha epidemia,
retroaliméntanse. O Terceiro Mundo é o escaparate da fame que exhibe
a concentración da riqueza en poucas mans e deixa á gran maioría á
intemperie. Quen se detén a mirar este escaparate detecta un
conxunto de países con democracias novas e institucións corruptas,
con deudas externas de infinitos ceros e unha desocupación que en
certos casos alcanza ata o 60% da poboación activa.

_______________________________________________________________________
_

“A fortuna das catro persoas máis ricas do mundo equivale á


riqueza anual dos 48 países menos desenvolvidos”

_______________________________________________________________________
_
A palabra pobreza ten, históricamente, unha vertiente boa e outra
mala.

Pobreza na súa acepción boa:

Pobreza-humildade: o pobre humilde ten conciencia das limitacións e,


sen embargo, sinte a grandeza da súa racionalidade e liberdade.

Pobreza de espíritu: o pobre de espíritu non anhela ter máis, senón ser
máis, pasando a vida facendo o ben e vivindo en oración e penitencia.

Pobreza voluntaria: é o desexo de vivir real e actualmente na pobreza


económica, aínda que esta acepción é moi discutible, xa que custa
asimilar que alguén por vontade queira vivir cuns recursos por
debaixo do mínimo necesario para a subsistencia.

A dos membros das ordes relixiosas: é unha pobreza de


desprendemento, tamén chamado “voto de pobreza”.

Pobreza-libertade: os xitanos e nómadas aceptan con gusto a pobreza


económica como tributo á súa vocación de liberdade.

Pobreza contestataria: os hippies viven voluntariamente a pobreza


como protesta contra unha sociedade materialista e inxusta.

Pobreza na súa acepción mala:

Pobreza laboral: inxusta participación na producción, vendendo o


traballo como unha mercancía a un propietario capitalista por un
mínimo vital.

Pobreza socioeconómica: inxusto disfrute nos beneficios do progreso.

Pobreza política: sufrir a tiranía, discriminación por parte das


institucións políticas públicas.

Pobreza vital humana: poucas dotes intelectuais, enfermos crónicos.

Pobreza moral: carencia de valores e principios que marquen o


desenvolvemento das accións.

Pobreza cultural: ignorancia.

______________________________________________________________________________
“Cada 6 segundos morre un neno por causas relacionadas
coa fame”
______________________________________________________________________________

Ante a necesidade de mellorar a situación mundial de pobreza


apareceron diferentes iniciativas. Unha das máis importantes foi a
Declaración do Milenio cos seus oito Obxectivos para o
Desenvolvemento.

A Declaración do Milenio foi aprobada por 189 países e firmada por 147
xefes de Estado e de Goberno na Cumbre do Milenio das Nacións
Unidas celebrada en setembro do 2000. Os Obxectivos de
Desenvolvemento do Milenio (ODM), oito ambiciosos obxectivos que se
intentan alcanzar para 2015, baséanse directamente nas actividades e
metas incluídas na Declaración do Milenio. Os ODM compóñense de 8
obxectivos e 21 metas cuantificables que se supervisan mediante 60
indicadores.

A través dos ODM os países ricos firmantes comprometéronse a


aportar máis axuda ó desenvolvemento, dar axuda de maior calidade,
cancelar a débeda externa e establecer reglas de comercio máis
xustas.

Os ODM son os seguintes:

Erradicar a pobreza extrema e a fame.

Lograr a ensinanza primaria universal.

Promover a igualdade entre sexos e a autonomía da muller.

Reducir a mortalidade infantil.

Mellorar a saúde materna.

Combatir o VIH SIDA, o paludismo e outras enfermedades.

Garantir a sostenibilidad ambiental.

Fomentar a creación dunha asociación mundial para o


desenvolvemento.
Actualmente os datos son alarmantes, xa que evidencian que os
cambios non son o favorables que se esperaban:

A pobreza extrema segue sendo unha realidade para máis de 1.000


millóns de persoas que subsisten con menos dun dólar ó día. 963
millóns de persoas teñen unha alimentación insuficiente para
satisfacer as súas necesidades enerxéticas diarias.

As mulleres seguen representando unha minoría nos traballos


asalariados e ocupan só o 18% dos escaños parlamentarios en todo o
mundo. Do total das persoas analfabetas no mundo, o 64% son
mulleres.

Tódolos anos morren 10 millóns de nenos e nenas, é dicir, cerca de


30.000 por día antes de cumprir os 5 anos de idade, e a maioría
morren como resultado de enfermidades que se poden previr ou curar
con medicamentos de baixo custo. As principais causas de
mortalidade infantil son a neumonía, diarrea, paludismo e sarampión.

Medio millón de mulleres morren anualmente durante o embarazo ou


parto.

Dende hai 25 anos que se declarou o primero caso de SIDA, esta


enfermidade converteuse na cuarta causa de morte a nivel mundial, e
actualmente hai uns 39 millóns de persoas que viven co VIH. Tódolos
anos o paludismo provoca un millón de víctimas mortais, na maioría
nenos e nenas, e a tuberculosis que se consideraba erradicada
reapareceu en moitos países.

Os solos estanse degradando de maneira alarmante, as especies


vexetais e animais desaparecen, os cambios climáticos provocan a
elevación do mar e aumenta o perigo de sequías e inundacións e
estamos sobreexplotando a pesca e outros recursos mariños.

1.600 millóns de persoas non teñen acceso á auga potable.

O 40% da poboación mundial non conta con servizos sanitarios.

As emisións de dióxido de carbono aumentaron un 30% entre 1990 e


2005 e seguen aumentando.

_____________________________________________________________
_

“A fame mata máis persoas que o SIDA, a malaria e a


tuberculosis xuntas”

_______________________________________________________________________
_

Se nos fixamos nos últimos 10 anos, é innegable que se lograron


considerables avances na loita contra a pobreza, así durante este
período vimos unha importante reducción no número de mulleres que
morren a dar a luz, e un forte aumento nos índices de escolarización de
millóns de nenos en todo o mundo. Pero mire por onde se mire o
balance segue sendo descorazonador. A maioría dos obxectivos seguen
sen cumplirse, e a escalofriante realidade dos máis de mil millóns de
persoas que pasan fame cada día imponse sobre calquer análisis
estadístico racional.

Hai que recoñecer que dentro do movemento global anti-pobreza


andamos un pouco de capa caída. Non por falta de esforzos e
compromiso, pero o certo é que a maioría dos debates sobre
desenvolvemento seguen centrados na planificación, financiación e
xestión dos esforzos para reducir a pobreza; e pouco, moi pouco, en
aspectos cruciais relacionados coa transformación das normas, valores
e actitudes na sociedade, por non falar do enorme vacio político e legal
que permite que os gobernos sigan incumprindo as súas promesas e
responsabilidades repetidamente e sen enfrentarse a sanción algunha.
Aquí é onde a sociedade civil temos que librar a batalla máis
importante contra a pobreza, tornando os nosos esforzos hacia
cuestións de poder e política, participando activamente nos debates
sobre o papel do estado como principal garante do interés público,
defendiendo e promoviendo unha maior redistribución do poder, dos
recursos e das oportunidades.

Mirando ó frente, todo indica que nos próximos 5 anos vánsenos


plantexar xigantescos retos á hora de combatir a pobreza, e que os
nosos dirixentes políticos non están pola labor de exercer un forte
liderazgo en esta loita. Por esto, máis que nunca, somos os cidadáns,
aquí en España, en Europa, en México, en Malawi… e todos xuntos a
nivel global, os que temos que dar o paso adiante e comenzar a
escribir o futuro. O que ocorra de aquí a cinco anos depende, en gran
parte, de nos.

Hai persoas que pensan que a pobreza débese por culpa de tomar
malas decisións. Esto en parte pode ser certo se a persoa cae en vicios
como a bebida, o tabaco ou o xogo e así perder todos os seus recursos
monetarios, pero non todos os pobres se atopan na miseria por tomar
unha mala decisión, si non que puidera ocorrer que millóns de
traballadores perderan o seu empleo debido a cambios da industria.
Moitas persoas viron como os seus aforros de toda a vida desaparecen
por gastos médicos inesperados e os centos de millóns de pobres que
viven en países desenvolvidos non están na miseria por que o teñan
buscado, se non pola falta de equidade entre os países. Con frecuencia
a pobreza débese a factores que escapan do control das súas víctimas.

_______________________________________________________________________
_

“A inversión anual que se precisa para que toda a población


mundial teña acceso á auga potable equivale á cantidade
que gastan os europeos en cremas faciais nun ano”

_______________________________________________________________________
_

O progreso acelerado das últimas décadas non logra satisfacer as


necesidades dos países pobres nin pode dar máxicas solucións nos
países desenvolvidos. O mundo contemporáneo está contaminado por
un virus mortal: o reparto desigual dos recursos e das oportunidades
individuais e rexionais.

Neste mundo patas arriba, a desigualdade descarga sobre os máis


pequenos con toda a súa forza:

30.000 nenos menores de cinco anos morren diariamente debido á


desnutrición e a enfermedades susceptibles de prevención. A maioría
de elas provocadas pola falta de auga potable e sistemas de
saneamento aceptables. As cifras así de exactas parecen frías, pero
non por iso menos elocuentes. Hai que pensar que detrás de estas
cifras hai persoas, nenos e familias enteiras que sofren estas
situacións.

1.100 millóns de habitantes non teñen acceso á auga corriente,


mentras que nos países do primero mundo empléase, e ás veces
derróchase, o 80% da auga dispoñible.

O 20% dos nenos de Estados Unidos viven en condicións de pobreza,


proporción dosu veces maior que na maioría dos países
industrializados. Un neno nacido no barrio neoyorquino de Harlem ten
menos esperanza de vida que un neno nacido en Bolivia (OMS).

Moitos pais recorren á prostitución dos seus propios fillos como medio
para sustentarse económicamente e moitos nenos da rúa non ven
outra alternativa e convirten a prostitución no seu único medio de
subsistencia. A prostitución infantil aliméntase da miseria e da
pobreza, é o resultado da desintegración familiar e froito da
indigencia e da fame.

Durante moito tempo as sociedades modernas foron divididas a partir


do esquema clásico marxista: explotadores e explotados. Pero os
novos teóricos afirman que esta sociedade dual pasou a ser a
sociedade dos tres tercios

O primero tercio da sociedade, o máis reducido, estaría constituído


polos sectores que podrían chamarse “a clase dominante”, no
económico e no político. Son os principais beneficiarios dos logros do
sistema. Moitas veces non se lles coñece individualmente, xa que se
esconden nunha apariencia de grupos empresariais nacionais e
internacionais.

O segundo tercio corresponde ás clases medias profesionais, os


traballadores ben cualificados e con postos de traballo seguros. Este
sector consegue participar do sistema e aínda que sexa de modo
subsidiario goza das ventaxas dunha economía desenvolta e do
consumo masivo.

E, por último, o terceiro tercio que corresponde a un sector en


aumento. En el atopamos ós pobres clásicos e persistentes (atrapados
no círculo vicioso da pobreza), e os traballadores en paro de larga
duración, os precarios, sin subsidio, pensionistas e xubilados, mozos
sen traballo, e os inmigrantes “sen papeis”.

_______________________________________________________________________
_
“Catro de cada dez españois pobres son menores de 25
anos (informe de Cáritas sobre pobreza)”

_______________________________________________________________________
_

O ano 2010 é o Ano Internacional da loita contra a pobreza en Europa.


Ó mellor este é o continente máis rico que exista no mundo, sen
embargo, como a pobreza parece ser unha epidemia que se expande,
tamén alcanzou ós países de Europa: o 17% dos europeos carecen de
aqueles recursos máis básicos como alimentación, abrigo e vivenda. A
fortaleza de Europa reside xustamente nos seus habitantes e na plena
satisfacción das súas necesidades. O proxecto europeo apela á
solidariedade, compasión e compromiso de todos para lograr unha
maior equidade social.

O obxectivo entre outros é alentar a participación e compromiso de


tódolos axentes da sociedade na loita contra a pobreza. Outro dos
puntos de vista é permitir ós pobres facerse oír para que den a coñecer
as súas necesidades e problemas e digan como se sinten e que é o que
necesitan.

Outro obxectivo é facer un mundo máis solidario sen importar as


brechas de xeración nin barreiras nin límites nacionais. Facer
comprender que todos somos habitantes do mesmo mundo, e só por
esto estamos comprometidos a facer que sexa máis xusto.
Cuarto Mundo:
Non é necesario cruzar o océano para topar coa miseria ambulante.

Está aquí, no Cuarto Mundo, ¿podes velo?

O cuarto mundo é ese neno que ves cada mañá, cando vas ó traballo,
tocando o acordeón no metro.

É aquela muller xitana, envolta en panos de necesidade, que percorre


as rúas vendendo chisqueiros e xornais para alimentar ós seus catro
fillos.

É esa anciá que non podendo soportar os golpes da vida decidiu


mudarse a un pórtico que é o seu planeta, no que so ela vive, por que
é a única que o coñece.

É aquel home que vive á intemperie, con tres cans, nunha esquina do
centro e pola noite dorme no caixeiro que hai preto da tua casa.

É aquel neno inmigrante, expulsado da terra pobre, que ante a falta de


futuro pasou a ser atracador urbano e fai da marxinalidade a súa forma
de vida.

É o mozo que se afundeu nas drogas, que acaba de cumprir unha


condea e está predestinado a vivir na exclusión.

Son os milleiros de persoas coas que te cruzas todo o tempo pero cos
que non te comunicas xamáis porque viven ou se agochan nos barrios
marxinais das grandes cidades.

Eles integran o Cuarto Mundo e están preto de ti. Basta con botar unha
ollada.

O Cuarto Mundo refírese á poboación que vive en condición de


desprotección ou risco social en áreas pertencentes ó primeiro mundo.

Dentro deste grupo podemos atopar:

Ancianos desamparados.
Viuvas e nais sen medios económicos.
Nenos abandoados, explotados ou prostituidos.
Marxinados sociais.
Persoas sen fogar e mendigos.
Persoas sen protección oficial.
Familias desestructuradas.
O termo 'Cuarto Mundo' foi utilizado por primeira vez nos anos 70 para
designar a aquelas persoas que viven en situacións realmente
precarias. O seu creador foi o pai Joseph Wresinski, criado nun
ambiente moi alonxado da opulencia e que fundou no ano 1957 a
primeira asociación contra a exclusión dos máis pobres. Esta
asociación afirma que “O Cuarto Mundo é un pobo formado por homes,
mulleres e nenos que, xeración tras xeración, vense excluidos dos
dereitos fundamentais dos que goza o resto da sociedade. Vense
excluidos dos progresos sociais e da participación na vida asociativa,
política, relixiosa, cultural, sindical... das suas sociedades. Non se
conta con eles como interlocutores senón, como moito, como meros
beneficiarios de axudas". Algúns datos e características importantes
desta ONG son:
É unha ONG independiente de calquera relixión ou partido político.
Está presente en máis de 25 países dos cinco continentes.
Más de 340 persoas están adicadas a tempo completo ó traballo
que promove o Movemento Cuarto Mundo. Son voluntarios
permanentes que decidiron dedicar a súa vida ós máis pobres.
Como organización está presente nos foros internacionais. Ten
estatuto consultivo na ONU, UNESCO e UNICEF.
Ten aberto en Bruselas un secretariado permanente que se encarga
dos contactos coas institucións europeas.

¿Pero cál é a principal característica de este denominado Cuarto


Mundo? O máis curioso é que xorde dentro do que se coñece como
Primeiro Mundo. É nos países máis avanzados onde a gran diferenza no
reparto da riqueza da lugar a dous grandes grupos que ocupan un
mesmo espacio físico, pero non social. Non son casos aislados.
Segúndo datos de Médicos del Mundo, só en Europa residen máis de
40 millóns de persoas pobres. Outro dos paradigmas é Estados Unidos,
que ten unha economía punteira, pero tamén un gran porcentaxe de
persoas pobres que viven por debaixo de niveis aceptables. Esto é
aínda moito peor de dixerir.

A miseria sempre estivo presente na nosa sociedade. Sempre existiron


ricos e pobres. Pero é agora cando esta diferencia se fai máis patente.
A medida que a economía do mundo occidental medra, tamén
aumenta o número de persoas ás que esta riqueza non chega. Se
tende a pensar que os máis pobres viven nos países do Sur. Sorprende
recoñecer a pobreza 'ó lado da casa', pero haina. En tódolos países hai
pobres, que son os que menos medios teñen para sair adiante.

Combatir a pobreza é un dos retos da sociedade en que vivimos. Se


non se atopa unha solución, o problema pode cronificarse e entrar
nunha espiral de difícil saída. É necesario poñer sobre a mesa as
diferentes situacións de exclusión social e afrontar cada unha de elas
coas mellores ferramentas. Unha das claves podería ser a
incorporación de estas persoas o proceso productivo ou a elaboración
duna Lei de Inclusión Social, reclamada dende fai años pola Asociación
Pro-Dereitos Humanos de Andalucía. O crecemento económico
espectacular xerado nos últimos anos non axudou a garantir os
dereitos humanos nin a mellorar as condicións de vida de tódolos
cidadáns porque o umbral de pobreza non descendeu.

A identidade de quenes forman o Cuarto Mundo variou en paralelo ós


cambios sociais. Persoas sen fogar, maiores sen recursos,
drogodependientes, mulleres, nenos ou inmigrantes son os grupos que
se enfrentan con maior frecuencia a situacións de precariedade. O X
Informe de Exclusión Social, publicado por Médicos del Mundo en 2005
para analizar a evolución nos últimos dez anos, recoñece que a
exclusión social e a pobreza comparten rasgos. A primera limita o
dereito a participar na sociedade. A segunda impide acceder ós
recursos necesarios para realizar as actividades básicas da vida.

Algunhas das causas que levan a esta situación son a vulnerabilidade


ante as drogas ou a dificultade de acceso a unha vivenda, á educación
ou a un emprego remunerado.
Intervencións:
Se se atende ás necesidades dos integrantes do Cuarto Mundo, as
intervencións con estes grupos están claras. É necesario resolver
cuestións de tipo sanitario e social, ademáis de fomentar a súa
integración:
Atención sanitaria: con frecuencia, as persoas que se moven en
ambientes marxinais ou marxinados non teñen acceso ó sistema
público de sanidade, razón pola cal é prioritario atender estas
necesidades. Ás veces trátase de persoas maiores cos achaques
típicos da idade ou trastornos psicolóxicos motivados pola dureza da
vida na rúa. Outras son persoas drogodependentes con VIH e outras
enfermidades de transmisión sexual. A medida máis habitual é o uso
de unidades móbiles, xa que permiten achegarse a estes grupos sen
provocar o rechazo que lles causa acudir a un hospital.
Atención social: os trámites burocráticos son unha das principais
preocupacións de quenes queren superar a marxinalidade. No caso
dos inmigrantes, desexan regularizar a súa situación, pero na maioría
descoñece como facelo. Hai que orientalos nese aspecto e explicar,
en xeral, como obter a tarxeta sanitaria, donde acudir para recibir
axudas sociais ou que programas de atención existen nos servizos
sociais do seu concello.
Fomentar a integración: o primeiro paso para conseguir este
obxectivo é garantir o acceso de tódalas persoas ós dereitos
fundamentais. Hai que desenvolver programas que lles permitan a
integración social, regularizar a súa situación administrativa ou
superar os problemas coas adiccións, pero tamén son necesarios
programas de sensibilización para que toda a sociedade se implique
neste obxectivo.

Tódalas persoas vemos que hai realidades sociais diferentes á nosa,


outra cosa é que non as queramos recoñecer. Cada día somos
conscientes do que ocorre no noso entorno, a chegada de persoas
inmigrantes ás ciudades, por ejemplo, resulta cada vez máis familiar
posto que son estas persoas as que se encargan de coidar ós nosos
maiores e pequenos, ademáis de realizar tarefas de limpeza do fogar
ou atender comercios.
En cuanto ós instrumentos para combatir a pobreza, principalmente
son dous: incrementar as axudas económicas e involucrar ás persoas
afectadas. Os esforzos só poden ser eficaces se as persoas que sofren
extrema pobreza toman parte activa en eles. Quenes se enfrontan
cada día á exclusión social son quenes mellor a coñecen e poden
ensinar a superala. Por isto, hai que facilitarlles os medios necesarios
para que comuniquen a súa experiencia e fagan aportacións para
adoptar as medidas pertinentes.

Pola súa parte o resto da sociedade debe asumir un compromiso


económico, político, social e cultural. Crear espacios de encontro e
participación na loita contra a miseria e convertir ós máis pobres e
excluidos nos principais protagonistas do seu desenvolvemento, e
dicir, teñen que ser actores e directores na súa acción.

En concreto requírense accións específicas nos ámbitos que máis


preocupan na actualidade:
Persoas inmigrantes: a inclusión no sistema público de sanidade de
tódalas persoas que residen en España permitiría mellorar a súa saúde
e da comunidade na que viven.
Persoas drogodependientes: os programas de metadona,
intercambio de xeringas e reducción de danos en xeral limitan os riscos
do consumo de drogas.
Persoas sen fogar: un dos problemas máis frecuentes é o escaso
número de plazas en albergues, pero tamén hai que impulsar o
desenvolvemento de programas de integración social, formación e
técnicas de búsqueda de emprego.

As persoas excluídas perden a sua dignidade, a súa autoestima, e non


se cren capaces de cambiar por si solas a súa realidade. En elas
afloran sentimientos de dor, rabia, resignación e desesperanza. A
consecuencia inmediata é a automarxinación e a dependencia das
políticas sociais como único camiño de reinserción.

Pero, según certos economistas, as políticas sociais, educacionais e


sanitarias como función correctora fronte ás desigualdades da
economía causan graves deficiencias á competitividade do mercado.
As políticas de benestar e de eliminación da pobreza contrapóñense ós
intereses do mercado internacional, que prioriza a maximización da
ganancia ó máis baixo custo, ademáis de impoñer o individualismo.
Durante 1998, España asignou máis de cinco millóns de axudas de
carácter asistencial e constatouse que estos subsidios tiveron un
impacto reductor importante na pobreza. Sen a existencia de estos
subsidios, o porcentaje de pobres aumentaría un 17,87% e moitas
familias pasarían a engrosar a cifra da pobreza severa, que se
incrementaría un 43,76%.

Dez anos antes, implantábase en España as políticas sociais e


creábase o Ministerio de Asuntos Sociais, que coordinaba coas
Comunidades Autónomas os plans xerais tales como os relativos á
vellez, drogadicción, igualdade de oportunidades ou xuventude.

En 1990 as Cortes xerais aprobaron a Lei de Pensións non contributivas


da Seguridade Social que estableceu a concesión de subsidios a
tódolos maiores de 65 anos que cumpliran cos requisitos de “carecer
de ingresos suficientes e residir en España”.

Sen embargo, o principal elemento protector de España é o subsidio


por desempleo (paro), seguido do complemento mínimo de pensións,
que se creou como unha última red de protección social.

Se falamos das persoas sen fogar podemos afirmar que, dada a


situación actual, é un colectivo cada vez maior. Ninguha persoa vive na
rúa por decisión propia, senón por situacións que os levaron á
exclusión.

O 40% das persoas que viven na rúa proveñen de outras comunidades,


especialmente de Andalucía e Galicia e o 28% son extranxeiros que
están sin teito transitoriamente á espera de normalizar a súa situación
en España.

As causas polas que chegaron a vivir na rúa resultan moi variadas,


pero podemos afirmar que son persoas que por situacións individuais
ou familiares alcanzaron a exclusión social acompañada da perda de
domicilio. Este colectivo non adoita a demandar atención social, senón
que se automarxina, o que dificulta a sua reinserción e tratamento.

A existencia das persoas sen teito nas grandes ciudades do mundo é


un problema complexo e multifactorial. Permanece a intención de
chamalos vocacionais, porque tódolos individuos son libres e, neste
caso, teñen dereito a automarxinarse e vivir na rúa. Sen embargo esto
de chamalos vocacionais é relativo, posto que na actualidade a maioría
de persoas que alcanzaron esta situación foi por motivos de pobreza
económica e espiritual. Moitos de eles son enfermos mentais que
nunca recibiron a asistencia médica e social adecuadas.
O 40% dos homes e o 52% das mulleres sen fogar presentan polo
menos un trastorno na saúde, e o 60% consume alcohol ou teñen
relación co consumo de substancias adictivas. Pero hai prexuizos no
inconsciente colectivo como o de que tódalas persoas sen fogar
chegaron á rúa por ser alcohólicas, toxicómanas ou padecer trastornos
psiquiátricos. Estos problemas non necesariamente deben ser causa de
esta situación, senón máis ben son consecuencias. Algúns pasan días
sen falar con ninguén, non porque non queiran, senón porque todos os
ignoramos.

Décadas atrás, o arquetipo da persoa sen teito era: homes solitarios,


perdidos no anonimato, desaliñados, que se desplazaban de un lado a
outro coas súas pertenzas e con signos de trastornos psíquicos. O
clásico vagabundo. Sen embargo, os datos máis fiables establecen que
este tipo de persoa representa menos do 5% da xente sen fogar. Cada
vez é un grupo máis heteroxéneo.

A maioría das persoas que vivían na rúa a principios dos noventa tiñan
antecedentes laborais ligados directamente coa construcción e a
hostelería, traballos estacionais , que agora empezan e agora acaban,
que ademais teñen un ciclo estival moi forte. No verán hai repunte de
actividade pero logo atópanse sen traballo. Habitualmente esto se
acompaña de rupturas relacionais importantes que soportan nos
periodos de inactividade. Soen ser sectores que se moven de cidade
en cidade, o que lles obriga a romper vínculos.

Un dos colectivos en aumento é o dos mozos con idades comprendidas


entre os 16 e 24 anos (20 e 23%), seguidos polos inmigrantes e
extranxeiros (13 e 24%), trabajadores temporeros (13-17%), as
mulleres (8-13%), grupos familiares (2 e 5%) e os menores de 16 anos
(1-2%).

Se se estudiara a situación das persoas sen fogar xa non dende a


perspectiva de quen vive literalmente na rúa, senón dende a visión de
quen non pode acceder a unha vivenda, o abanico da pobreza
amplíase hasta tal punto de que a franxa dos mozos, as mulleres
maltratadas e os inmigrantes sen papeis tamén entrarían nas
estadísticas. Pero sempre é máis cómodo facer invisible o evidente.

A distinción entre pobreza digna e indigna segue sendo utilizada ata os


nosos días como o principal argumento lexitimador das dúas formas
para intervir sobre o problema da miseria. A asistencia social para os
pobres dignos e a represión para os pobres indignos, ilegítimos ou non
merecedores de tal axuda.
Neste sentido móvese tradicionalmente a sociedade moderna: a
piedade para os dignos e a exclusión para os indignos. Un centro de
acollida para o digno e a prisión para o indigno.

Nos últimos anos, os centros de atención en España diversificáronse e


xurdiron outros tipos de servizos, porque o perfil de usuario foi
cambiando. Agora existen, por ejemplo, os centros de inserción de
larga estancia, talleres ocupacionais, pisos tutelados e centros de día.

Este avance intenta non só atender as necesidades básicas das


persoas sen fogar, senón bridarlles tamén a oportunidade de
reinserción. Calcúlase que o 40% das persoas que entran nun destes
programas non o finaliza con éxito. As causas poden ser variadas e
múltiples pero, xeralmente, trátase de salidas voluntarias, abandonos
sen explicacións ou expulsións.

Toda persoa sen teito intentou salir da rúa durante os primeiros meses
de durmir á intemperie. Tras infinitas visitas ó asistente social,
permisos de estancia en albergues, e, en definitiva, falta de respostas,
renuncian a esta opción. Despois de un ou dous anos durmindo sobre
cartóns, a ilusión de cambiar a súa situación desvanécese casi por
completo. O 45% dos centros que prestan aloxamento so ofrecen
unhas poucas noites de estancia (de unha a cinco). Ó finalizar este
dereito, a persoa prosigue a súa viaxe cara ningunha parte. Esta rede
social de centros de acollida é maioritariamente privada. Só o 21% dos
servizos son públicos. Esto confirma un verdadeiro desinterés por parte
da administración pública.

Moitos destos centros de atención a persoas sen fogar non poden


permitirse contratar a ninguén. A terceira parte dos albergues non
teñen ningún técnico contratado.

A gran cantidade de voluntarios nas organizacións non é casual. Os


servizos sociais moitas veces teñen máis dun centenar de casos para
atender e desbórdase o seguimento individual dos casos.

Os servizos de alimentación, primera acollida, higiene e roupeiro, están


moito máis extendidos que os servizos laborais, de atención
psicológica ou educativos. A iglesia segue sendo o núcleo dos
comedores e roupeiros.
Se se analizan as prestacións concretas que se ofrecen, según o
estudio de Cáritas, conclúese que en xeral a rede social de España
continua aportando unha atención que garantiza a subsistencia dunha
poboación que padece pobreza grave. Pero só queda na subsistencia, e
non se trata de sobrevivir, senón de vivir, non nos temos que quedar
en cubrir necesidades básicas para seguir vivindo, senón de ter a
oportunidade de facelo con dignidade. Por que se a riqueza é un gusto
que disfrutan algúns, a pobreza é un problema de todos.
Outras iniciativas:

Existen moitas iniciativas a nivel autonómico ou nacional, algunha de


elas son:

Pobreza cero: é unha ONG que organiza campañas estatales en España


e outros lugares do mundo. Trata de involucrar a tódolos sectores da
ssociedade pois a premisa que dirixe esta ONG é que entre todos e co
apoio mutuo pódese erradicar a pobreza ou levala a un nivel cercano
ó cero.

Comercio xusto: é unha forma alternativa de comercio promovida por


varias organizacións non gubernamentais, pola Organización das
Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos que promoven
unha relación comercial voluntaria e xusta entre productores e
consumidores. Os principios que defenden o Comercio Xusto son:

Os productores forman parte de cooperativas e organizacións


voluntarias que funcionan democráticamente.
Rechazo da explotación infantil.
Igualdade ente homes e mulleres.
Respeto ós dereitos humanos.
Coidado do medio ambiente.
Infórmase ós consumidores a cerca da orixe do producto.
Valórase a calidade e a producción sostible.
O proceso é voluntario, tanto para productores, distribuidores e
consumidores.
REFLEXIÓNS:

Agora que dispoñedes de maior información, facede unha definición a


nivel persoal do que é a pobreza para cada un de nos. Pode ser cunha
poesía, texto narrativo, unha pequena representación entre varias
persoas ou un power point, e presentadeo ó resto do grupo
explicando por que o vedes así.

¿Que datos foron os que máis che impresionaron? ¿Por qué?

¿Qué problemas identificas ti para erradicar a pobreza e que solucións


propondrías? Pódese facer con un cuadro poñendo nunha columna os
problemas que vexades e noutra as posibles solucións.

¿Qué solucións ves máis factibles a nivel mundial, nacional, local e


persoal?
Películas que falan da pobreza:

Diamantes de sangre: historia sobre o mundo do tráfico ilegal de


diamantes. 1999, Sierra Leona. A nación atópase en medio dunha
terrible guerra civil. Un contrabandista especializado na venta de
pedras preciosas cuxos beneficios son utilizados para financiar ós
rebeldes e ó goberno ó mesmo tempo, crúzase no camiño dun nativo
pescador que, tras perder o rastro da súa familia enterrou unha
enorme pedra de diamante traballando como exclavo dos rebeldes.

Ciudad de Dios: basada en feitos reais, conta a historia do crece mentó


do crime organizado nos suburbios na cidade de Río de Janeiro, dende
finais dos anos sesenta ata o comezo dos oitenta, cando o tráfico de
drogas e a violencia impusieron a súa lei entre a miseria das favelas.

En el mundo a cada rato: compónse de cinco historias que abordan as


cinco prioridades de UNICEF: El secreto mejor guardado (a loita contra
o VIH/SIDA); La vida efímera (a inmunización); Las siete alcantarillas
(o desenvolvemento integral na primera infancia); Hijas de Belén
(protección da infancia contra a violencia, a explotación e a
discriminación); e Binta y la gran idea (a educación das nenas).

14 kilómetros: da man de tres mozos africanos percorremos un longo e


perigonio viaxe a través do Sahara para coñecer o que nunca
enseñan os medios de comunicación. As repetidas imaxes en
televisión de pateras ás costas de Canarias acabaron por
insensibilizarnos ante un drama que só mostra a punta do iceberg.

Invisibles: esta é unha historia de historias, un acercamiento a aquelas


persoas que residen no noso olvido, un desexo de dar voz a varios
dos que quedaron mudos pola indiferencia, e unha humilde
homenaxe a esas outras persoas que nunca apartaron a súa mirada
de eles.