Está en la página 1de 1

Román Cerqueiro Landín (Dpto.

de Lingua Galega-IES de Porto do Son)


Curso 2010-2011. 4º da ESO

Recomendacións para afrontar unha exposición oral


Antes de facer a exposición Durante a exposición
- Elabora o guión e repásao un par de veces - Demostra seguridade e non te escuses por
para ver se garda unha estrutura correcta. anticipado.
- Se o precisas, axúdate de imaxes, gráficas, - Diríxite ao auditorio mirando para as súas caras
mapas, etc. que che sirvan de apoio. - Non leas o guión e non manteñas un ton monótono
- Non se trata de “chapar” o tema senón de de voz. Xoga coa entoación e as pausas para guiar
ter claras as partes da túa exposición. o público.
- Proba a ensaiar antes de facelo ante o - Acompaña as palabras con acenos e movementos
grupo. Podes facelo ante o espello, gravarte de mans.
ou coa xuda de alguén. Controla o tempo de - Exprésate con claridade e de forma pausada,
exposición. vocaliza ben.
- Elabora frases curtas e ordenadas e emprega un
léxico coidado e adecuado ao tema, explica algún
termo de difícil comprensión.
- Estuda as reaccións do público para saber como
vai a túa exposición, lánzalle preguntas, introduce
exemplos,
- Remata con aseveracións rotundas sobre o tema,
retoma as ideas do inicio ou abre interrogacións
sobre o que vés de expoñer.

Avalia a túa propia exposición ou a dos teus compañeiros empregando a seguinte


táboa.

Táboa para a avaliación dunha exposición oral


Criterios de avaliación Participante 1 Participante 2 Participante 3 Participante 4
Si Non Si Non Si Non Si Non
Enuncia o tema para comezar
Diríxese e observa os
interlocutores
Xestualiza convenientemente e con
naturalidade
Emprega algún recurso para apoiar
as súas palabras
Fala cun ritmo adecuado e fai as
pausas oportunas
Entoa ben, modula a voz
Pronuncia correctamente e
vocaliza ben
Emprega un léxico conciso e
adecuado
Pon énfase nas ideas principais
Exemplifica os conceptos para
facilitar a comprensión do público
Transmite as ideas de forma
estruturada
A exposición tivo unha duración
apropiada
Conclúe correctamente

Material empregado anteriormente na elaboración do Caderno de Actividades do libro de texto Lingua galega e
literatura 4º ESO (Editorial Teide, 2009).

También podría gustarte