Está en la página 1de 20

INVENTAMOS

PALABRAS
DE
NOVE
LETRAS

ALUMNADO DE
3.º A DE PRIMARIA
CEIP «JUAN FERNÁNDEZ LATORRE»
A CORUÑA

Inventamos palabras con nove letras 1


Inventamos palabras con nove letras 2
Escribe na area
Antonio García Teijeiro

Escribe na area
a pomba de mel
palabras xeitosas
cun fino pincel.

Escribe carrizo,
mencer, caravel,
luceiro, aloumiño,
calor, chuchamel.

Escribe na area
a pomba de mel
palabras graciosas,
belidas. Que ben!

Inventamos palabras con nove letras 3


ROSALÍA DE CASTRO

Canta meniña,
na beira da fonte,
canta, dareiche
boliños do pote.

Canta, meniña,
con brando compás,
dareiche unha proia
da pedra do lar.

Inventamos palabras con nove letras 4


KEPRATOTE
Kepratote é un réptil carní-
voro. Na súa cabeza ten uns
grandes cornos, no seu corpo,
desde a cabeza ata o seu rabo,
ten uns grandes pinchos.
Pode voar porque ten unhas
grandes ás e para ver as súas
presas, tanto polo aire como por
terra, uns ollos enormes. E bo,
pero cando ten fame vólvese moi
feroz.
AINHARA

OMOPOROLO
Inventei unha palabra chamada omoporolo que
significa facer os deberes pronto.
Esta palabra estará de moda entre os pro-
fesores e os pais. Utilizarase moito para
dicirlle aos nenos e nenas que fagan os
deberes máis rápido.
ÁLEX

AEROFLOR
A miña palabra inventada é aeroflor.
Aeroflor é unha flor semellante a unha rosa den-
tro dunha cápsula que perdura co paso do tempo.
ALMA

Inventamos palabras con nove letras 5


EDUARDO PONDAL

Eu son galeguiña
pobriña nacín,
na terra de Xallas,
moi lonxe de aqui.

E a sorte me trouxo
vivir a Tandil...
Eu xon galeguiña,
eu son de Castriz.

Inventamos palabras con nove letras 6


BRAMALEÓN
A palabra que inventei é brama-
león.
O bramaleón é un animal pare-
cido a un camelo, pero máis peque-
no. Ten unha melena arredor do pes-
cozo. É herbívoro e salvaxe.
Non adoita atacar, pero se sente
medo traba ou dá patadas. Non sabe
nadar.
Vive en África.
CARLA

ROSALEBOT
Rosalebot: Robot con semellanza hu-
man que o fai parecerse a nós. É un robot
que fai o que lle pidas: fregar, cociñar, col-
gar a roupa... Pode facer de todo!
CLAUDIA

ARFELlEÓN
É un monstro pacífico, mamífero, acuático e terres-
tre; tamén nocturno e un pouco vexetariano .
A súa parte débil é o corno que ten na cabeza.
É quen de agrandar dez veces o seu tamaño.
GARI

Inventamos palabras con nove letras 7


CURROS ENRÍQUEZ

Aí vén o maio,
de flores cuberto...
Puxéronse á porta,
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min estendendo
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.

Inventamos palabras con nove letras 8


SALOZAMOR
Salozamor é a miña palabra inventada.
É o nome dun mono de circo. Significa mono
acróbata malabarista dun mundo subterrá-
neo con ceo artificial e máxico. É quen de
balancearse nas lianas mentres fai malaba-
res.
Viviu hai sesenta e cinco millóns de
anos, cando aínda vivían os dinosauros.
Salozamor tiña dous irmáns.
Descubriuno un explorador en 1974, un ano antes de que nacera o
meu pai.
GONZALO

LANRETADA
A palabra de nove letras que inventei é lanretada.
Lanretada é un gusto novo que temos na lingua.

PACO
TARAPENKO
Tarapenko, é un réptil, terrestre, ovíparo e carnívoro.
Ten o corpo cuberto de espiñas e con
manchas vermellas. As súas catro patas re-
matan en pezuños e as dúas orellas en dous
cornos. Ten unha grande cola enroscada,
uns dentes aguzados e unha lingua moi lon-
ga.
É tranquilo, pero se o atacan vólvese
agresivo.
HUGO

Inventamos palabras con nove letras 9


XABIER P. DOCAMPO

Como se fai un conto?


Primeiro tes que ter a quen llo contar
e, logo, inventalo.
Ti cres que coa auga e o lume
pode facerse un conto?
Proba a ver se es capaz.
Verás que non é tan fácil xuntar a
auga e o lume.

Inventamos palabras con nove letras 10


PATRÉPALO

A miña palabra e patrépalo.


Os patrépalos son bonecos feitos cos paus dos xeados, poden ser de
difentes formas.
INÉS

ARMADOROS

A palabra que inventei é armadoros.


O armadoros é un moneco de madeira que se
monta e desmonta.
YAIZA

ROMPEPALA
Rompepala é un meteorito que está no espa-
zo, se choca contra a Terra rematará destruíndo
todo.
Ten forma cadrada de cor lila e ten lume. Sem-
pre se está movendo.
IRENE A.
Inventamos palabras con nove letras 11
A. DE SAINT-EXUPÉRY

O principiño atravesou o deserto e


non atopou máis que unha flor.
Unha flor de tres pétalos, sen im-
portancia...
-Bos días -dixo o principiño.
-Bos días -contestou a flor.
-Onde están os homes? -pregun-
tou cortesmente o principiño.
A flor vira pasar un día unha cara-
vana.

Inventamos palabras con nove letras 12


LOFAMEROS

Lofameros: persoas orgullosas que


só pensan en si mesmas.
IRENE R.

SOFEZATRO
O Sofetrazo era un ser mitolóxico que
vivía nos bosques. Aínda que era peque-
no podía comer un humano en tres se-
gundos. Tiña dúas cabezas de distintas
cores e formas e brazos humanos.
Era un réptil omnívoro que comía fa-
bas, chourizos e herba.
LEO PEDREIRA

SALOZARMÓ
A palabra que eu inventei refírese a un
animal, chámase salozarmó e é un peixe
grande. Destaca polas súas aletas, que lle
permiten nadar boca arriba e boca abaixo e
pola súa cola, coa que pode electrocutar ás
súas présas.
LEO PRADO

Inventamos palabras con nove letras 13


ANTÓN CORTIZAS

Cando Manuel petaba co martelo


escoitaba unhas voces que lle di-
cían:
-«Non llo fagas de latón, non llo fa-
gas de latón»!
Así unha e outra vez ata que lles
fixo caso e púxolle un peteiro de
raios de sol moi apretadiños.

Inventamos palabras con nove letras 14


FAOTERKES

A palabra que inventei é faoterkes, que é


unha vacina contra o coronavirus.
LUCI

SARNAPOTA
A palabra de nove letras que inventei é sar-
napota
A sarnapota é un animal grande de cor
gris con raias negras e coa cabeza de cor pra-
teada. Ten as orellas grandes e onduladas, e
os seus membros rematan nunhas mans, coma
as dos monos.
É un mamífero herbívoro e non se pode
comer.
LUCÍA

ROTONDADO
A palabra que escollín foi ro-
tondado.
Rotondado é un tipo de vehí-
culo que ten dúas formas, a forma
normal, que ten forma pequena
para aparcar e xirar nas rotondas e a forma secundaria, que ten unha
forma alongada e estreita para ir máis rápido.
MARCO
Inventamos palabras con nove letras 15
XOSÉ NEIRA VILAS

Eu son Balbino. Un rapaz de aldea.


Coma quen di, un ninguén. E ade-
mais, pobre. Porque da aldea ta-
mén é Manolito, e non hai quen lle
tusa, a pesares do que lle aconte-
ceu por causa miña.

Inventamos palabras con nove letras 16


DEROLASTA
A palabra que inventei é derolasta.
A derolasta é unha estrela dunha ga-
laxia que está moi lonxe da nosa. Na súa
superficie hai volcáns que erupcionan cada
hora. Se vas o espazo mellor que non te
achegues a ela, porque te queimarás.
NICOLÁS

POLBOREXO

O polborexo é un animal acuático, metade polbo metade cangrexo.


Vive perto da costa entre as rochas. Pode camuflarse.
NOREIA

AGASTERMO

Agastermo é un raio que se ve aquí en


Vilaza cando hai tormenta. Non é un raio cal-
quera, o agastermo é o raio máis brillante e
longo que existe.
OLI

Inventamos palabras con nove letras 17


MANUEL MARÍA

Lourenzo ten unha galiña azul con


cinco plumas vermellas na á derei-
ta. É unha galiña moi bonita e rara,
que ademais pon ovos de cores. E
ten moi preocupadas ás autorida-
des, xa que non di caracá como as
outras galiñas, senón que dí coco-
rocó.

Inventamos palabras con nove letras 18


GLOBOCARA

A miña palabra é globocara que é un


globo cunha cara pintada e uns paus con
forma de brazos e pernas.
Utilízase para facer compañía ás per-
soas que estean soas no CHUAC. Así es-
tarán acompañadas e menos tristes.

IAGO

CAMARACÁN

Camaracán é unha cámara que está deseñada para cans espías, para
que ninguén se decate que é un espía. Tamén serve para facer vídeos ou
para localizar o can. Aínda que é moi grande, pódese sacar do soporte e
poñela no colar. Pódese mergullar, polo que podes gravar ou facer fotos
debaixo da auga.
VERA

Inventamos palabras con nove letras 19


ALUMNADO DE
3.º A DE PRIMARIA
CEIP «JUAN FERNÁNDEZ LATORRE»
A CORUÑA

Inventamos palabras con nove letras 20