Está en la página 1de 2

SEMANA

ERASMUS+. DO 2 AO 7 DE DECEMBRO

Alumnado seleccionado.

O xoves 10 de outubro coas nais e pais presentes no salón de actos do instituto procedeuse a:

• Expoñer a listaxe de alumnado seleccionado (20) e dos 14 de reserva. O alumnado tivo


que facer unha serie de traballos que foron cualificados polo profesorado do Equipo
Erasmus e responder a unhas preguntas tamén ponderables.
• De entre o alumnado seleccionado fíxose un sorteo para saber a que país viaxarían
(Finlandia, Holanda, Italia ou Portugal).

O alumnado seleccionado xunto co país ao que viaxarán foi o seguinte:


PAÍS ALUMNADO SELECCIONADO

Martínez Pérez, Samuel
García Gil, Iria

ITALY Moredo Martínez, Sara Xing
Guerra Sandoval, María
Alvar Pousada, Ana
Barbosa Delgado, Erika

Pardo Álvarez, Laura
PORTUGAL André Borrajo, Inés
Dos Santos Gallego, Laura
Figueira Palomanes, Alberto
Barato Pousada, Álvaro
Fernández Matías, Sheila
FINLAND Fernández Rojas, Antía
Atanasova Atanasova, Alicia
Gago Prieto, Paula
Gil Pérez, Marta
Metodiev Malinov, Kristiyan

HUNGARY Pérez Domínguez, Adrián
Diéguez Rodríguez, Ahinoa
Fernández Borrajo, Iria

A partires de este momento, o equipo de profesores Erasmus+ (Juan Manuel Cid, Silvia Cid,
Puy Goyache, María José Prada, Josefa Pérez, coordinadora e César Sánchez,director do
centro) coa colaboración dun número importante de profesores e profesoras comezaron a
deseñar as actividades para a semana Erasmus+. É importante resaltar a gran implicación do
resto do profesorado xa que o desenvolvemento de moitas das actividades non sería posible
sen esa colaboración ademais da implicación do Concello nalgunhas delas como poden ser a
carreira solidaria ou o visionado dun dos documentais do FIC en horario lectivo.

Tódolos días haberá actividades (xúntase o programa) ao abeiro dunha escola solidaria que é a
temática do noso proxecto. Hai un gran abano delas e de diferentes tipos.

Paralelamente houbo que emparellar ao noso alumnado co estranxeiro. Iso fíxose mediante
Skype abarcando varias sesións dito proceso.

O alumnado estranxeiro chega a Oporto o sábado día 30 novembro e o luns 2 de decembro


presentaranse no instituto. Son un total de 20 alumnos, cinco por país, acompañados por 8
profesores, dous por país.

O noso alumnado está moi implicado, con ilusión e con gañas de afrontar esta semana que
representa todo un reto posto que somos nós os primeiros anfitrións, coa responsabilidade
que isto supón.

Por último, a dirección do centro e o grupo de profesores Erasmus tamén agradecen a


colaboración das familias acolledoras posto que tiveron un papel fundamental ao apoiar aos
seus fillos e ás súas fillas no proxecto e porque serán un piar moi importante para o bo
transcorrer da semana.

También podría gustarte