Está en la página 1de 4

Comezo

da andaina europea do alumnado do IES Xesús Taboada Chivite da man do


programa Erasmus+

Que é o Erasmus +?.

É un programa da UE para apoiar á educación, á xuventude, á formación e ao deporte en


Europa.

Como se xestiona o Erasmus+?

A Comisión Europea, órgano executivo da UE, é a encargada da xestión xeral do programa en


canto a presupostos, seguimento, supervisión, avaliación, etc.

A Comisión delega parte das xestións nas Axencias Nacionais, no campo da educación sería o
SEPIE (Servicio Español para la Innovación Educativa).

Onde se enmarca o noso proxecto?.

O Erasmus+ presenta varias accións clave segundo o campo de acción. Cando esta se sitúa
sobre a educación denomínase KA2, e dentro da mesma inclúense outras como é a acción
clave KA229 que é onde temos o noso proxecto.

Como é o proceso de selección de proxectos?.

O proxecto que presentamos denomínase “My School Agent of Solidarity” e desenvolve


accións en prol dunha escola inclusiva e da igualdade. Un grupo de profesores do centro
comezaron dende o curso pasado a traballar no proxecto para presentalo a finais de curso.
No verán obtivemos unha resposta positiva por parte da Axencia de xeito que nos
seleccionaron para este programa no que teremos como socios a centros de Finlandia, Italia,
Hungría e Portugal.

O proceso de selección é complexo, nunhas xornadas de formación ás que asistín indicaron


que se presentaron 429 solicitudes e só se seleccionaron 209 en todo o territorio español. Así
que, o traballo que fixemos este grupo de profesores tivo a súa recompensa.

En Galicia foron seleccionados 36 proxectos: 20 en A Coruña, 4 en Lugo, 4 en Ourense e 8 en


Pontevedra. Dos catro de Ourense, tres son de centros da cidade de Ourense, polo tanto, máis
mérito para o noso centro e para a nosa comarca.

E agora que?

Contamos cun presuposto europeo para organizar o programa que abarcará os dous próximos
cursos académicos no que dous profesores e 5 alumnos de cada vez viaxarán a un dos países
colaboradores. A estadía redúcese a 5-7 días por país e durante a mesma o alumnado
seleccionado realizará actividades co alumnado do resto de países en cada un dos centros,

impregnándose dun sistema educativo diferente, coñecendo novas formas de vida e


comunicándose en inglés. Tamén terán algunha visita cultural.

Ademais tamén haberá tres encontros de profesores, un foi na semana do 23 de setembro en


Finlandia ao que acudiron a nosa coordinadora Josefa Pérez Rolán, vicedirectora do centro, e
Lucía Rúa López, a nosa orientadora. Os próximos serán en maio do 2020 no noso centro e en
maio do 2021 en Hungría. Tamén houbo nesa semana unhas xornadas de formación en Cuenca
para os socios españois, ás que acudín eu:

Josefa Pérez (vicedirectora) e Lucía Rúa (orientadora) facendo entrega de agasallos ao


director do centro finlandes

César Sánchez, nas xornadas de formación en Cuenca

Como se seleccionou ao alumnado?

Dado o presuposto dispoñible poden formar parte do programa para participar nas catro
mobilidades ( Italia:abril 2020; Portugal: setembro 2020; Finlandia: Xaneiro 2021;Hungría: abril
2021) un total de 20 alumnos e alumnas podendo viaxar 5 a cada país.

O programa pensouse para alumnado de 3º e 4º ESO. Para a súa selección tiveron que cubrir
un cuestionario con varias preguntas, escribiron unha carta de motivación e fixeron unha
actividade sobre si mesmos en inglés. O equipo de profesores elaboramos o baremo e de aí
saíron seleccionados 20 alumnos quedando outros nunha situación de reserva. Será o xoves 10
de outubro nunha reunión con pais onde se faga pública a selección e tamén a eleccións das
nacionalidades ás que van a ir.

Só se beneficia o alumnado seleccionado?

O alumnado seleccionado benefíciase cando viaxe a eses países, pero cando sexamos nós os
anfitrións, todos poderán participar nas actividades programadas co que terán contacto cos 20
alumnos estranxeiros durante o desenvolvemento das actividades no horario lectivo, pero
tamén terán a posibilidade de afianzar amizades durante o resto da xornada. O alumnado
estranxeiro será acollido por familias do noso alumnado.

Por outra banda, a esencia deste programa é que dalgún xeito se xere impacto sostible no
centro e é aí onde tamén toda a comunidade educativa se pode ver beneficiada. O contacto
con sistemas educativos diferentes ao noso pode facer que sempre se poida incorporar algo,
como tamén eles poden incorporar algo noso, xa que en temas de inclusión, atención á
diversidade e convivencia estamos traballando continuamente con programas activos
destacando a Titoría Entre Iguais.

Rematando, será unha experiencia gratificante para os dous próximos anos. Aprenderemos
todos da mesma, alumnado, profesorado, persoal non docente e familias. O centro está moi
orgulloso desta selección e aínda que haxa un grupo de 8 profesores traballando de forma
directa no programa o resto do claustro se amosa moi interesado na iniciativa e de feito
teremos unha formación tamén e dous anos baixo unha liña de formación en programas
europeos na que participará máis do 60% do nos claustro. Ademais é unha oportunidade e un
privilexio dar a coñecer as nosas costumes e festas como o Entroido, a nosa auga, o noso viño,
etc .

También podría gustarte