Está en la página 1de 12

http://ppdodro.blogspot.

com Revista do Grupo do Partido Popular de Dodro • NOVEMBRO 2008

O monitor deportivo, Alfonso Fernández, foi despedido sen motivo algún por parte do goberno PSG-BNG, a pesar
de que dende fai 4 anos viña facendo unha labor recoñecida pola inmensa maioría dos veciños de Dodro, que se
manifestaron pedindo que se mantivera no seu posto de traballo.
O PARTIDO POPULAR solicitou de xeito inmediato a celebración dun pleno extraordinario para enmendar a situación
e que Alfonso fose readmitido, pero tanto o BNG como o PSOE votaron en contra. Deste pleno resultou que:
• A concelleira de deportes, Ana Mene, responsabilizou a Alfonso duns supostos incidentes ocorridos
nalgunhas viaxes, ante as caras incrédulas de veciños que participaran nesas viaxes e non daban crédito ó que
oían dicir á Sra. Mene. Por certo: ¿ónde estaba a Sra. Mene durante esas viaxes?; ¿ou é que o concelleiro de
deportes era o monitor deportivo?; ¿quén ten a responsabilidade de organizar as actividades da Concellería
de Deportes?. E o máis importante: ¿por qué ata agora, se realmente foi verdade o que decía a Sra. Mene,
nunca se lle comunicaron eses feitos ó monitor deportivo?
• Unha vez máis púxose de manifesto o cinismo e as dúas caras cas que actúa o BNG. Este partido, a través do
seu voceiro e tenente-alcalde Anxo Franco, responsabilizou á Sra. Mene e ó Alcalde, Arturo Díaz, dunha
mala xestión que desembocou no despido de Alfonso, pero en lugar de apoiar a reincorporación de Alfonso ó
seu posto de traballo, púxose do lado do PSOE e apoiou o seu despido, porque “ten un pacto co PSOE”.
• O Alcalde, Arturo Díaz, simplemente manifestou, “non me sinto aludido en absoluto”.
Un dato a ter en conta: Alfonso en tan só día e medio, recabou 440 firmas de apoio. O BNG, nas últimas
eleccións xerais de 2008, obtivo 422 votos tras 15 días de campaña electoral.

Para contactar connosco poden facelo mediante os teléfonos


609 86 43 88 - 616 98 67 93 - 646 00 79 08
por medio do noso blog http://ppdodro.blogspot.com
EDITADO POLO GRUPO MUNICIPAL
DO PARTIDO POPULAR DE DODRO ou no correo electrónico ppdodro@hotmail.com

Revista financiada sen fondos públicos


Ilegalidades

FACTURAS FALSAS NO CONCELLO DE DODRO


Nun pleno extraordinario, Martiño, ¿e qué é iso de que
solicitado polo Partido Popular, ¡Bahh! ¡Catro patacóns! ¡Eso non conta, lle pagan con carto negro
home! ¡Ademáis, hai que aforrar! ¡Non a un empregado do
puxéronse de manifesto,
te das conta que se iso se lle paga en Concello? ¿Qué vergoña
con documentación na man, para o noso Concello é esa?
carto “oficial” sae máis caro porque hai
as corruptelas do goberno que pagar á Seguridade Social!
PSOE-BNG. ¡Cómo todo o
O Partido Popular mostrou facturas falsas que mundo! ¿Ou é
se utilizarían para desviar fondos públicos e ¡Bueno, agora que o Concello
pagar en cartos negros a empregados do non te queixes, é distinto?
concello, constituíndo unha auténtica fraude á que eles ben
avisaron na
Seguridade Social e á Facenda Pública. Nesa
campaña
factura figuraban 4 horas de tenis á semana
electoral de que
cando esa actividade só tiña 1 hora á semana ían cambiar
e ademáis era pagada directamente polos pais moitas cousas!
dos cativos que asistían á clase.
O Partido Popular acusou á concelleira de deportes de
ocultar xustificantes de pago da viaxe á neve para que a
oposición non poidese comprobar que o seu consorte
viaxara gratis a conta dos veciños de Dodro, sen que por
parte do equipo de goberno se xustificara o contrario.

MOCIÓN DO LITORAL: A LEI DOS 500 METROS


En vísperas das últimas eleccións municipais o PSG e o BNG aprobaron no Parlamento de Galicia a “Lei do
litoral”, máis coñecida como a “lei dos 500 metros”, e que supoñía ampliar a zona de protección de costas
en 500 metros dende o deslinde. O Partido Popular opúxose rotundamente a esa lei por ir en contra dos
intereses xerais dos galegos e non reflexar adecuadamente as necesidades de protección que poideran
existir en cada un dos concellos costeiros.
Martiño, e si agora non queren que se aplique
Pero por aquel entón, tanto o BNG como o PSG, defendérona
a lei do litoral, ¿para qué a aprobaron?
como unha lei necesaria para Galicia.
No pleno do pasado mes de agosto, o Sr. Franco do BNG, fixo a E que antes
proposta para que esa lei do litoral (ano e medio máis tarde de conviña, e agora Eu de escenarios non
que o seu partido a votase ó seu favor) non se aplicara en Dodro, non. Son cousas che sei, pero o que sí sei
non vaia ser que nos apliquen os 500 metros no novo PXOM e do escenario é o que decían os vellos.
non quede ningún sitio onde se poida edificar. ¡Primeiro votan político de cada
a favor e logo piden que non se cumpra! ¡Manda carallo! Pero momento,
o esperpento acadou niveis inimaxinables cando o PSG, por medio home.
da súa voceira Ana Mene, vai e di que tamén están a favor de
que non se aplique a lei do litoral en Dodro. ¡Piden que non se ¿E que
aplique a lei que o seu propio partido impulsou e aprobou! decían?
O que
Mentras que na campaña das eleccións municipais tanto o PSG como o cuspe
BNG ocultaron ós veciños os prexuizos que esa lei podía causar, agora, ano para
e medio máis tarde, unha vez que están no poder, piden que non se aplique arriba,
a lei. ¡A mesma lei que votaron a favor, e que dicían que non ía ter repercusións ….
en Dodro! ¿Pode haber maior irresponsabilidade política?
2
Autovía do Barbanza

OBRAS DA AUTOVÍA DO BARBANZA


A realización das obras de desdobramento da Vía Rápida do Barbanza ó seu paso
polo Concello de Dodro está a resultar unha auténtica desfeita. Realmente están a
facer o que queren sen que ninguén lles diga nada, ou se llo dín, está claro o caso
que lle fan: NINGÚN.
As pistas están todas levantadas de pasar os camións por elas, pontes de pedra rotas
por mor dos tractores que van ós regatos a buscar auga, o campo de Lestrove criando
malvas na espera de que se rematen as obras para poder arranxalo (xa veremos
se se arranxa algunha vez), camiños intransitables, en Bexo modifican a carretera
antiga creando un cambio de rasante perigoso onde antes non existía e colocan un
desaugadoiro de case dous metros
de altura embocado directamente
cara unha vivenda particular, en Imo
e Castro quedaron os veciños sen
accesos as súas propiedades no
monte, os túneles da veiga de
Lestrove inúndanse cada vez que
chove, o desaugadoiro de Sar á pista,
en Manselle excúsase de falar xa....

E o equipo de goberno,
mentras,
mira como chove.
Martiño, ¿qué che parece cómo está quedando
Éche unha obra moi ben feita e o o Concello con esto da Vía Rápida?
asfalto é do melloriño que hai.
Pero en Bexo agora quedou un
cambio de rasante moi perigoso
Non home non. Iso é simplemente un que antes non había.
tobogán sen importancia.
E en Manselle, os autobuses teñen
Iso non é problema. En canto non podan que facer corenta maniobras para
pasar, que xa falta pouco, despois xa non irse fora da carretera.
non terán que facer maniobra algunha.
¿E os desaugadoiros
Auga pura do monte que vai regar que arrastran ca auga
as aldeas e as casas dos veciños. todo canto hai?

¿E o campo de fútbol de
Ca iluminación do campo de fútbol de
Lestrove? ¿E a veiga de
Chenlo xa se pode utilizar as 24 horas do
Lestrove cando chova, non
día e xa non fai falla o de Lestrove. E para
se inundará?
as inundacións da veiga vanse dar uns
cursillos de salvamento marítimo en
Servizos Sociais e todo arranxado.
¡Estáche boa a navalla!

3
As pistas “desaparecen”

O NOVO DESLINDE DE DODRO CON PADRÓN NA DEVESA DE LESTROVE


As “obras” que recentemente foron feitas por algunha “alma caritativa” no deslinde do Concello de Dodro
co de Padrón no lugar de A Devesa en Lestrove, veñen a por de manifesto as irregularidades consentidas
polo goberno BNG-PSG con algunhas obras particulares e que demostran a diferencia de trato que teñen
con uns e con outros. A saber:
1) Se o deslinde coincide co terreno levantado por esa “alma caritativa”, resultaría que a pista municipal de Dodro que pasa
por ese lugar estaría ocupada todo este tempo polo Concello de Padrón. ¿Por qué entón o goberno BNG-PSG consinteu que
o Concello de Padrón fixera o saneamento en terreos de Dodro?
2) Se o deslinde é o que realmente existía e existe ata agora, non queda dúbida que o valo de pedra construido nese lugar non
garda o retranqueo mínimo de 3 metros, nin siquera 1 metro.
Martiño, ¿qué é eso de que en
Non home non, non é así. Faise Lestrove non hai que retranquear
o retranqueo pero cunha interpre- si fas un valo pegado a unha
tación progresista. O que se permite pista municipal?
é o retranqueo “cara adiante”.
¿Cómo que para adiante?
Sí, home. Mira, ti primeiro fas o ¿Cómo é iso?
valo. Despois se non che quedan
os 3 metros dende o valo ata o
¡Aaaaaaahhh!
camiño, colles unha máquina
Pero eso xa se facía
excavadora e votas o camiño para
en tempos dos meus
adiante ata que haxa os 3 metros.
avós. Pero non
¡Éche moi fácil e non ten
lle chamaban
complicación algunha!
“retranqueo para
adiante”.
¿E logo
cómo lle
chamaban?
¡Cacicadas!

TODOS OS ALCALDES NO GDR - 25 MENOS O DE DODRO


O Grupo de Desenvolvemento Rural GDR - 25 é unha agrupación Martiño, ¿aínda
de concellos e asociacións dunha determinada zona e é a quedan escobas no
entidade encargada de xestionar os fondos europeos para Non sei, Concello?
desenvolvemento rural. Todos os concellos participantes e logo
nomearon como os seus representantes ó propio Alcalde, ¿por qué A este paso, ata vai
independentemente da cor política que compoñen o goberno o preguntas? quedar sen escoba, e
municipal. Ó parecer, e segundo distintos testimonios nin barrer vai poder o
contrastados con outros alcaldes, na primeira reunión que se noso señor alcalde.
celebrou entre os alcaldes dos concellos participantes, o Sr.
Díaz manifestou que o GDR-25 correspondíalle ó do BNG,
e se non ía o do BNG enfadábaselle.
Foron invitadas todas as asociacións, clubes, agrupacións,
etc., do Concello de Dodro, TODAS, EXCEPTO O PARTIDO
POPULAR DE DODRO. Unha vez máis demostrando o seu
“talante democrático”.

4
PXOM

O BIPARTITO APROBA O PXOM


O venres 17 de outubro foi aprobado o PXOM do Concello de Dodro en pleno extraordinario cos votos
a favor do BNG e PSOE. O Partido Popular tivo coñecemento dese Pleno o martes e o equipo de goberno
non lle suministrou información ata o xoves. O Partido Popular tivo tan só 24 horas para estudar o
PXOM e facer unha valoración, mentras o equipo de goberno fixoo en ano e medio. Ante esta situación
o Partido Popular vese obrigado a absterse na votación, xa que consideramos que sería unha
irresponsabilidade pola nosa parte votar a favor ou en contra das modificacións feitas polo BNG-PSOE
que descoñecemos totalmente.
No mes de abril de 2008 o goberno bipartito chamou ó Partido Popular para celebrar unhas
reunións entre todos os partidos co fin de que entre todos aportaramos ideas que poidesen mellorar
o PXOM. Pero iso durou pouco. Despois da primeira reunión efectiva, o día 23 de abril de 2008, o
Partido Popular foi excluido desas reunións por vontade do BNG e o PSOE. Nesa reunión, foi o Partido
Popular o único que fixo unha proposta seria, e que consistía en suprimir o solo urbanizable de
Lestrove e sustituilo por Área de expansión de Núcleo Rural, co cal se podería facer unha vivenda
en cada unha das parcelas de 600 ou máis metros cadrados. Esta proposta do PP foi recollida polo
BNG-PSOE pero só en parte, xa que deixaron fora moitas fincas nas que non se poderá facer unha
casa porque as calificaron de protección agropecuaria.
Dende o Partido Popular, e sen ánimo de crear unha polémica baldía que obstrúa o procedemento
para a aprobación definitiva e tan necesaria para o noso Concello do PXOM, quixéramos manifestar
que os criterios que predominan no PXOM aprobado non os consideramos os máis axeitados neste
momento e tendo en conta a situación do noso Concello.
Neste PXOM destacan, sobre todo, dúas áreas de solo urbanizable:
O Concello
unha delas situada en Bexo e a outra situada en Tallós, entre a estrada benefíciase
AC-305 e a estrada da Diputación. Na de Bexo tan só hai arredor de para obter
10 parcelas que non contan con edificación e poderíanse construir
ata 57 vivendas, namentras que na de Tallós a capacidade de edificacións propiedades de
chegaría ata as 172 vivendas e veríanse beneficiadas tan só arredor solo, en contra
de 32 parcelas, é dicir, 32 propietarios. Parece ser que o obxectivo de favorecer
de incluir estas dúas zoas de solo urbanizable é que o Concello reciba
unha parte deses terreos de xeito gratuito en canto sexan urbanizados. ós veciños.
Pero, ¿realmente é tan importante que o Concello dispoña de terreos? ¿Non sería mellor suprimir
o solo urbanizable e permitir que en lugar de 32 propietarios como é o caso de Tallós se poidesen
beneficiar 172? E en Bexo, ¿non sería mellor aproveitar esa capacidade de 57 vivendas e permitir
que se beneficiasen 57 veciños? ¿Ou que máis veciños poideran facer unha casa na súa finca?
Dende a nosa opinión, consideramos que na situación actual priorizar ó Concello para que poda obter
determinadas propiedades de solo, en contra de favorecer ó maior número posible de propietarios
non é o máis axeitado. Existen outros camiños para que o Concello poda facerse con terreos para
a instalación dos servizos que precise e non privando ó veciño de facer a casa na súa finca.
Despois da aprobación do PXOM ábrese o período de alegacións que oxalá sirva para incorporar
algunha mellora e permita que este PXOM saia reforzado e co maior apoio popular posible.

5
PXOM

MAPA DO PXOM PARA DODRO

Zona Urbanizable:
52 vivendas

6
PXOM

Polígono
Industrial

Zona Urbanizable:
172 vivendas

7
Aventuras dun alcalde sen Bastón (de mando)

A PREPOTENCIA DOS CONCELLEIROS DO PSOE


E O FEMINISMO DO BNG
No pleno do 31 de outubro, presenciamos un feito por parte dun concelleiro do PSOE que só se pode calificar
de actitude machista, impositiva e falla de respecto. O concelleiro é José Luís Fernández Reboiras, quen ocupando
un cargo público no Concello de Dodro, pensa que este cargo lle da dereito a “impoñerse” ante quen sexa, algo
moi propio da democracia.
A víctima neste caso foi a secretaria do Concello, que no transcurso do pleno Jose Luís Fernández se dirixía a
ela a gritos, de malas maneiras e facendo xestos ameazantes cas mans nestes termos:
“SEMPRE QUE FALO EU SEMPRE MIRAS PARA MIN, XA ESTOU CANSADO ¿VALE?
¡POR FAVOR VOSTEDE LIMÍTESE Ó SEU E PARE DE CONTAR!”
Continuando a gritos con outra serie de “lindezas” que preferimos non mencionar.
O Alcalde en lugar de chamarlle ó orden limitouse a sonreir mofándose para vergoña de todos os que estabamos
presentes e temos un pouco de cordura e educación.
Si estes feitos sorprenderon a case todos os presentes e deixaron ó descuberto quen é o Sr. Fernández, igual
sorprendeu a actitude dos concelleiros do BNG, especialmente a de Victoria Rey, a gran defensora do feminismo
e firme loitadora de calquera actitude machista que supoña a máis mínima agresión física, psíquica ou dialéctica
contra as mulleres.
Victoria Rey, a promovedora das campañas contra a violencia machista e firme defensora da muller, ante o
comportamento do Sr. Fernández non fixo senón baixar a cabeza e quedarse caladiña. En ningún momento
recriminou tal comportamento nin pideu o uso da palabra para rexeitar as formas empregadas polo Concelleiro
de Obras.
Polo contrario, concelleiras e concelleiros do Partido Popular sí lle recriminaron esta actitude ó Sr. Fernández
e solicitaron ó Alcalde que lle quitara o uso da palabra e lle chamara ó orden.
Sr. Fernández: un home non pode nin debe actuar así. Vaia concienciándose de que os tempos cambiaron
e agora as mulleres non van consentir o seu avasallamento.
Sra. Rey: vostede fala moito, pero simplemente fala. Á hora de predicar co exemplo vostede non fai nada.
“Vendese” vostede moi ben Sra. Rey, é o que sabe facer, VENDERSE.

FAN E DIN O QUE LLES DA A REAL GANA


Queremos recoller eiquí as declaracións feitas polo Alcalde, Martiño, ¿o que dixo
Democrático non
Arturo Díaz, e que deixan ver como sempre o seu “talante será, pero éche moi o noso alcalde non
democrático”. é moi democrático,
práctico, que así
non sí?
No pleno do pasado mes de agosto, o Partido Popular preguntou acaba de contado e
de ónde ían saír os fondos que o Concello vai empregar no aforra traballo. Pero, ¿estes non
campo de fútbol de Chenlo, xa que esas cantidades non figuraban eran os que
¡Pero decían do outro
nos orzamentos de 2008, e non estaban previstas. A resposta
ata neso que era un
do goberno bipartito foi ¡¡¡que non sabían a qué cantidades se cacique?
somos
refería a pregunta!!! E ante os intentos por parte do Partido
mellores,
Popular para que aclarasen esta cuestión, o Alcalde retira a home. Non
palabra ó voceiro do Partido Popular e di: “¡Os concelleiros compares!
do equipo de goberno poden contestar o que lles da a real
gana, se non lles gusta é o seu problema!”.
Como poden ver, o Alcalde, é un auténtico exemplo de
“demócrata” e defensor da “transparencia” da xestión pública.
Será que como non o deixan mandar en ningún outro lado,
intenta impoñerse nos plenos mandándonos calar a nós.

8
Facendo “nazón”

OS CARTEIS DO BNG

¿A ti qué
che parece CONTRUÍMOS NACIÓN POLAS “BRAÑAS” DE LESTROVE
a pancarta É moi axeitada.
Paulus? A verdade é
¿A qué que están
está ben? deixando Galicia
como as
Brañas de
Laíño
e a Veiga
de Lestrove:
dentro de nada,
non haberá
quen ande
por elas.

AS DECLARACIÓNS DO TENENTE-ALCALDE
O Partido Popular presentou unha ¿E logo non habería que mellorar o saneamento e a rede
moción para que os fondos do Plan de auga para que todos teñamos os mesmos servizos?
da Deputación para saneamento ¡E volta co saneamento e a rede de
auga!¡Non ves que non se pode estar
e abastecemento de auga se em- ¡Eso sí que está a todo! Se queres xogar de noite no
pregara nas aldeas que carecen ben! Gastan 21 campo de fútbol de Chenlo ou queres
millóns de facer teatro non podes ter saneamento
destes servizos, como Teaio, Devesa, pesetas para a en todo o Concello.¡Hai que saber
Bustelo, Manselle, Bexo, Traxeito, iluminación e o establecer as prioridades!
Pexegueiro, Paizal e Rialiño. saneamento do
campo de fútbol
Como ben sendo habitual, o BNG e o PSG de Chenlo e
VOTARON EN CONTRA porque segundo eles, deixan sen
saneamento e
“aínda non é tan urxente”. E está claro que non auga ás aldeas.
o consideran nada urxente, e senon lean vostedes ¡Está visto que
mesmos as declaracións feitas polo sr. Franco sabedes ben
cáles son as
ós veciños de Teaio: “Non se fará o saneamento prioridades dos
en Teaio este ano, nin siquera nesta lexislatura”. veciños!

9
Economía

MÁIS DE 127.000 EUROS INVERTIDOS NO CAMPO DE FÚTBOL DE CHENLO


A Deputación de A Coruña concedeu a cada un dos concellos que así o solicitaron unha subvención de
ata 60.000 euros para iluminación e complementos os campos de fútbol de herba artificial. ¿E qué fixo
o noso goberno PSG-BNG? Pois pedirlle unha axuda a cada unha das comunidades de montes de 19.000
euros para contratar a iluminación do campo de Chenlo.
Despois de que o PP denunciara estes feitos, foi entón cando ó equipo de goberno lle acordou solicitar
a subvención da Deputación.
O resultado: A maior parte dos concellos da provincia de A Coruña recibiron a subvención por un importe
de 60.000 euros. O Concello de Dodro só recibeu 47.004,73 euros. É decir, “grazas á xestión” do PSG-
BNG, o Concello de Dodro perdeu 13.000 euros da Deputación, e que foron financiados no seu lugar
polos comuneiros de Dodro.
O total das inversións no campo de fútbol de Chenlo suman 127.789 euros (máis de 21 millóns de
pesetas), incluída unha aportación “extraordinaria” do Concello, e que a Dodro lle supuxo 34.489 euros.
Oíches, Martiño, ¿e non será moito meter 21
Qué va, home, qué va! ¡Non ves que agora a nosa
millóns de pesetas no campo de fútbol?
sociedade xira en torno ó fútbol! O mínimo que se
require hoxe en día é ter un bó campo de fútbol.
¿E logo o saneamento, as rúas, os camiños, a
auga, a educación,…?
Quita, quita. ¡Eso agora xa non é urxente, home!
Pois non, pero bueno, como eu sempre xoguei Con esta iluminación xa podemos xogar de noite
polo día, será que non che estou preparado para si queremos, mesmo como o Madrid ou o
estes adiantos. ¿E os 13.000 euros que se Barcelona. ¿Daste conta do adianto que iso supón?
perderon da subvención da Deputación?
¿E eso que é? ¡ Unha limosna comparado
cos cartos que movemos!
¡Carallo para a limosna! ¡Xa me podíades dar unha
limosna desas ó ano que xa non me facía falta a
lei da dependencia do sr. Quintana, que aínda
estou a esperar por ela!

OS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE DODRO


A pesar de que este goberno BNG-PSG do Martiño, ¿e cómo é que o BNG ten
noso Concello debera contar co apoio do máis cartos que o PSG para invertir
Pois moi fácil. ¿Quén ten o
goberno bipartito da Xunta de Galicia, este sendo o Alcalde do PSG?
despacho da Alcaldía?
suposto apoio non ten refrexo nos
O do BNG.
presupostos. As cantidades previstas para ¿Quén cobra máis dos dous?
inversións coinciden cas mesmas cantidades O do BNG.
¿Quén traballa máis?
previstas nos presupostos do último goberno
do Partido Popular, aínda que convén aclarar Eso non cho sei. Sei que Eso case da igual,
cobran, pero traballar… tampouco é tan importante.
e suliñar cómo se distribúen as inversións igual traballan para O que pasa e que mentras
entre o PSG e o BNG. eles, para os veciños un é Alcalde, o outro fai del.
É o que se chama
O BNG xestionaría o 78% das inversións non cho sei.
“delegación de funcións”.
(671.000 euros), mentras o PSOE xestionaría
o 22% restante (188.248 euros). Pois como siga
delegando,
¿Quén dirixe o Concello realmente? calquer día nin
Aínda así non lle chegan que fan a escoba lle
trampas cas subvencións... deixan.

10
Servicios Sociais

A CONCELLEIRA O VICEPRESIDENTE DA XUNTA


VICTORIA REY DE GALICIA, ANXO QUINTANA,
MARIÑO NIN OBRIGA Ó CONCELLO DE DODRO
SEQUERA ESTÁ A DEVOLVER UNHA
CENSADA EN SUBVENCIÓN POR NON
DODRO AXUSTARSE Á LEGALIDADE
O segredo do BNG saleu No mes de febreiro, o Partido Popular solicitou un pleno
extraordinario para pedir responsabilidades ó BNG polo
á luz pública. A Sra. Rey
fraude cometido no uso dos fondos dunha subvención
Mariño, nin sequera votou ó
para xóvenes e que solicitara o anterior goberno do
seu propio partido en Dodro Partido Popular.
nas eleccións municipais do
En lugar de asumir a súa responsabilidade, o único que
ano 2007 e tampouco puido
fixo o BNG foi descalificar ó Partido Popular acusándonos
votar en Dodro nas eleccións de engañar ós vecinos de Dodro. Transcorridos varios
xerais de 2008 porque meses, a verdade sae á luz, e despois das denuncias
non está censada no noso do Partido Popular, Vicepresidencia da Xunta de Galicia,
Concello. A sra. Rey Mariño dirixida polo Sr. Quintana, abreulle un expediente ó
está censada en Santiago de Concello de Dodro por incumprir as condicións da
Compostela e paga os seus subvención concedida, obrigando por primeira vez na
historia do noso Concello a devolver a subvención.
impostos nese Concello.
O PROPIO SR. QUINTANA, DO BNG, OBRIGA Ó
¿Con qué cara se pode pedir CONCELLO DE DODRO A DEVOLVER UNHA
o voto ós vecinos para que SUBVENCIÓN. ¡A FRAUDE COMETIDA POLO BNG DE
a voten a ela sen nin siquera DODRO QUEDA Ó DESCUBERTO E NIN O SR.
estar censada eiquí? QUINTANA É CAPAZ DE TRAGAR CON EL!

¿E qué carallo é eso de que o


Concello ten que devolver unha
Foiche un fallo, home,
subvención?
pensaban que os darriba
no se ían enterar.
¡Manda carallo! ¡Pois tivo que
ser gorda para que os darriba
que tamén son dos seus lla Pero non pasa nada que para
fixeran devolver! a próxima van preparala ben
para que non os collan.
¿Pero eses non eran os que
decían que ían cambiar as Sí,…pero xa che dixen antes
cousas? que o que pasa é que non
dixeron qué cousas e cómo ás
ían cambiar.

11
A contraportada

OS DATOS PERSOAIS DOS VECIÑOS DE


DODRO EN MÁNS DOS CONCELLEIROS
O BNG e o PSG no último pleno de Agosto sacaron adiante co voto en contra do Partido Popular un regulamento
dos datos persoais dos veciños do Concello de Dodro e que lle permite ós concelleiros o acceso a eses datos
sen ningún obstáculo.
¿Qué datos son eses? Pois principalmente os que constan nas oficinas dos Servizos Sociais: enfermidades
que padece unha persoa, ingresos económicos, de quén é a casa na que viven, quén vive con un, cántas
habitacións ten a casa, etc.
Tal e como se aprobou o regulamento, a Concelleira de Servizos Sociais terá acceso ós datos máis íntimos
dos veciños de Dodro sin ter que pedir sequera autorización ó alcalde. Quén padece determinadas
enfermidades por exemplo, qué ingresos hai en cada familia,…etc. Todo iso estará a partir dagora a disposición
da Sra. Rey Mariño.
¿Realmente é necesario que ela dispoña desa información e que poida utilizala sen ter que dar contas a
ninguén do seu uso?
Pero é que aínda hai máis. Para que o resto dos concelleiros non se quedaran atrás, agora co pretexto de
que che podan facer chegar ó teléfono móbil un bando ou a convocatoria dun curso, por poñer un exemplo,
pídenche datos como cál é a túa profesión, o teu estado civil, a qué asociacións pertences, etc. ¿E qué teñen
que ver eses datos para que unha persoa reciba por mensaxe ó seu móbil un bando que calquera pode ler
nun taboleiro? Pois ben, eses datos estarán a disposición de cada un dos concelleiros do PSG e o BNG.
Parece ser que para algúns a democracia e o respesto á intimidade das persoas consiste nun sistema
policial onde os que gobernan poden coñecer a vida completa de cada unha das persoas sen a súa
autorización para despois manexalas ó seu antoxo. ¡Nesto consiste o progreso do BNG e o PSG!
Bos días, María.
Bos días, Xertrudis.
E eu non sabía que ti estabas tomando o Sintrom. E mira que
o teu home con eso da próstata,… claro que así non pode ter
ánimo para ir á leira. E o de teu fillo,.. un home novo como el,
e que esté a tratamento psiquiátrico…¡Vaia por Dios! E claro,
non me extraña que así a túa nora tivera dous abortos,
claro,…¡Qué desgracia! E con esa enfermidade claro que lle
será difícil encontrar un posto de traballo, e por eso vota
tanto tempo no paro, claro… ¡E aínda non sei como vos
arreglades! ¡Porque ti non tes dereito a pensión, e teu home
ten unha pensión das pequenas, e teu fillo e a túa nora con
eses problemas! ¿Sei que foches falar co cura?
Non muller non, o que pasa é que teño unhas boas
amistades políticas e todo se sabe. Pero non te
preocupes que xa falei cas da miña asociación e entre
todas acordamos darche este sobre. ¡Toma, aí tes!
¿E qué ten, cartos?
Non muller, non. É unha invitación para
ir á festa do Sr. Anxo Quintana no ¿E qué me vai dar alí? ¿O
Carballiño. cheque da axuda da
dependencia?
¡Non muller! ¡E que ti non pensas nada máis
que nos cartos! ¡Vaiche dar un discurso Moitas grazas, Xertrudis, pero quén me pon contenta
moi bó e de paso sácache a bailar para que é o meu home dende que casei. Quintana, se quere,
veñas contenta para a casa! que me dé a axuda da dependencia a ver se a cobro
antes de morrer, e ó baile, se acaso, vai ti, que xa
vexo que tes falta de “contento”. E déixoche que teño
que ir traballar. ¡Queda con Deus e o Sr. Quintana!

También podría gustarte