Está en la página 1de 3

Bibliocervo 19/20

Saudando polo mundo!


Cando saudamos a unha persoa, facémolo para diixirnos a ela, cando a
atopamos pola rúa, na escola, na libraría… Cada unha de nós ten a súa
maneira de saudar e pode cambiar moito dunhas zonas do planeta a
outras…

Sabíades que…?
Aos franceses, encántalles dar bicos, sobre
todo aos habitantes de París e das zonas do
norte de Francia, que adoitan dar catro
bicos acompañanados dun “Bonjour, ça
va?”. Se, pola contra, nos decantamos por
saudar aos habitantes do sur francés,
teremos que “faire attention” (ter coidado)
porque son máis dados a dar tres bicos…

Algo máis lonxe de nós, na India,


empregan o termo “Namaste”, de orixe
sánscrito, que se traduciría como
“respecto a ti” e acompáñase dun xesto
no que se xuntan as mans pegadas ao
queixelo e se fai unha pequena
reverencia inclinando un pouco a
cabeza. Este xesto, emprégano tanto
para encontros coma para despedidas,
así como cando se realizan prácticas de ioga. Esta fermosa palabra significa
“o meu espíritu honra e respecta o teu”.

En Nova Zelanda, as tribus maorís


empregan o “Hongi” para saudarse e
fano frotando o nariz entre as dúas
persoas que se saúdan. Para esta tribu, o
“Hongi” significa “compartir a
respiración”, polo que, cando un
Bibliocervo 19/20

visitante chega á illa e os maorís o reciben, fanlle formar parte da súa tribu
dándolle a benvida, pero tamén lle outorgan a gran responsabilidade de
formar parte da vida maorí.

Se nos imos a Xapón, teremos que


saudar sen ter contacto físico xa que
aos xaponeses e as xaponesas non lles
gusta tocar á persoa que saudan. Para
iso, realizan unha pequena inclinación
de cabeza acompañada cun sorriso e
procuran dar sempre unha primeira
boa impresión.

Agora que coñecemos un pouquiño máis como se saúda noutros países do


mundo, propóñovos facelo a vindeira semana para celebrar o día da Paz e
da non violencia. Vamos a comezar o luns ao estilo francés; o martes,
empregaremos o “Namaste”; o mércores, farémolo co “Hongi” e o xoves
á maneira xaponesa, parécevos?

BIBLIOCERVO.2

Webgrafía:
https://america.france.fr/es

https://universohindu.com/

https://red-viajes.com/

https://www.periodistaenjapon.com/
Bibliocervo 19/20

También podría gustarte