Está en la página 1de 7

LINGUA GALEGA 3º E.P.

CLASES DE PALABRAS
Clases de palabras: substantivos, adxectivos, determinantes, pronomes,
verbos, adverbios, enlaces o nexos..
1. Os substantivos ou nomes: son as palabras que serven para nomea-las
persoas, os animais ou cousas.
Ex: coche, neno, mesa, can, pelo, Miguel, Moaña, lapis, gato, parede, etc.
Os nomes teñen xénero (masculino ou feminino) e número (singular ou plural).
Ex: amigas> xénero feminino , número plural
Clases de nomes:
 Común: serve para nomear calquera ser da mesma clase. Ex: neno, mesa, can,
avión,etc.
 Propio: designa un ser concreto e distíngueo dos demais; os nomes propios
escríbense con maiúscula inicial. Ex: Uxía, Arón, María, Anxo, Moaña, Miño.
 Individual: designa en singular un só elemento. Ex: ovella, libro, nena, peixe.
 Colectivo: designa en singular un grupo de elementos.Ex: bosque, rabaño.
 Concreto: nomea elementos que se perciben a través dos sentidos. Ex: peixe,
chuvia, parede, nube, bolígrafo.
 Abstracto: nomea elementos que non se perciben cos sentidos. Ex: humidade,
alegría, tristeza, tranquilidade.

Cando un substantivo vai con outras palabras dicimos que forman un grupo nominal. EX: o neno
artigo subst.
2. Os adxectivos: son as palabras que nos din como son ou como están as
persoas, os animais ou as cousas.
Ex: guapo, brillante, grande, gordo, elegante, feroz, forte, cariñoso, amable, etc.

Nos grupos nominais, o substantivo pode ir acompañado por adxectivos.


Ex: O home forte
S.N
3. Os determinantes: acompañan ó nome ( van diante) e concordan con el.
Poden ser: artigos (determinados ou indeterminados), demostrativos, posesivos,
indefinidos ou numerais( cardinais : uno, dous, tres, catro, ordinais: primeiro,
segundo,... multiplicativos: dobre, triplo.. e partitivos: medio, tercio, cuarto, quinto,...).
Ex: o neno, un neno, este neno, meu neno, algún neno, tres nenos, Quinto neno.

 OS ARTIGOS van diante do nome e teñen o mesmo xénero e número ca el.


Os artigos determinados acompañan os nomes que se refiren a persoas, animais ou
cousas coñecidas.
Os artigos indeterminados acompañan os nomes que se refiren a persoas, animais ou
cousas non coñecidas.
Artigos determinados Artigos indeterminados
Xénero
singular Plural Singular Plural
Masculino O Os un uns
Feminino A As unha unhas

1
 Contraccións do artigo determinado coas preposicións de , en , a , con , por.

o a os as
DE do da dos das
EN no na nos Nas
A ó (ao) á ós (aos) Ás
CON co coa cos Coas
POR polo pola polos polas

 Contraccións do artigo indeterminado coas preposicións de, en e con:

un unha uns unhas


DE dun dunha duns Dunhas
EN nun nunha nuns Nunhas
CON cun cunha cuns cunhas

 OS DETERMINANTES DEMOSTRATIVOS Son as palabras que acompañan o


nome e indican a distancia que hai entre a persoa que fala e os seres ou obxectos
aos que se refire..
IMPORTANTE: Cando acompañan a un nome son determinantes e cando van no
seu lugar son pronomes. .Ex: Este neno é bo. Este é bo.
Determinante pronome demostrativo

Demostrativos
Distancia Singular Plural
Masculino Feminino Masculino Feminino Neutro
Próxima este esta estes estas isto
media ese esa eses esas iso
Grande ou lonxe aquel aquela aqueles aquelas aquilo
 OS DETERMINANTES POSESIVOS son as palabras que acompañan o nome
para indicar a que persoa ou persoas pertence algo.
IMPORTANTE: Cando acompañan a un nome son determinantes e cando van no seu
lugar son pronomes. .Ex: O meu neno é bo. O meu é bo.
Determinante pronome posesivo
posesivo
Posesivos
Persoa
Singular Plural
Primeira Meu/miña noso nosa Meus/miñas nosos nosas
Segunda Teu/túa voso vosa Teus/túas vosos vosas
Terceira Seu/súa Seus / Súas

 OS DETERMINANTES INDEFINIDOS. Cando non acompañan ó nome son


pronomes.
Indefinidos
Invariables Alguén, algo, ninguén, menos, demais, calquera, nada, máis, cadaquén, cada.
Variables Un (s), unha (s), algún (s), algunha(s) ningún(s), ningunha(s) todo(s), toda(s)
moito(s), moita(s), pouco(s), pouca(s), abondo(s), abonda(s), demasiado(s)
demasiada(s), certo(s), certa(s), outro(s), outra(s) mesmo(s), mesma(s), propio (s)
propia (s), tanto(s), tanta(s), canto(s), canta(s), varios/-as, entrambos/-as, ambos/-
as, tal tales, bastante/-s
2
 OS DETERMINANTES NUMERAIS. Cando non acompañan o nome son
pronomes
Numerais
Cardinais Un, dous, tres ,..,dez,...,dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove,
vinte,vinte e un, vinte e dous..., trinta, corenta, cincuenta, sesenta,
setenta, oitenta, noventa, cen, douscentos, trescentos, catrocentos,
cincocentos, seiscentos, setecentos, oitocentos, novecentos,mil, dous mil
, un billón.
Ordinais 1ºPrimeiro, 2ºSegundo, 3ºterceiro,4º cuarto,5º quinto, 6ºsexto,7º sétimo,
8ºoitavo,9º noveno, 10ºdécimo, 11ºundécimo ou décimo primeiro,
12ºduodécimo ou duodécimo, 13ºdécimo terceiro, 19ºdécimo noveno,
20ºvixésimo, 21ºvixésimo primeiro, 30ºtrixésimo, 40ºcuadraxésimo, 50º
quincuaxésimo, 60ºsesaxésimo, 70ºseptuaxésimo, 80ºoctoxésimo,
90ºnonaxésimo, 100º centésimo, 200º duocentésimo, 300º tricentésimo,
400º cuadrixentésimo, 500º quinxentésimo, 600º sexcentésimo, 700º
septinxentéximo, 800º octinxentésimo, 900º noninxentésimo,1000º
milésimo, 1.000.000º millonésimo.
Multiplicativos Dobre/duplo,-a ; triple/triplo,-a; cuadruple/cuadruplo,-a ;quíntuplo,
séxtuplo, décuplo, cardinal seguido de –veces.
partitivos Medio, tercio. De 4 a 10 os ordinais. De 11 a 99 cardinal -avo

4. Os pronomes persoais son as palabras coas que nomeámo-la persoa que fala
(eu, nós) a que escoita (ti, vós) ou a outros seres (el / ela , eles / elas), sen dici-lo seu
nome, é dicir, van en lugar do nome, substitúeno.
Ex: Eu como pan.

1ª persoa 2ª Persoa 3º Persoa


Singular Eu Ti, el, ela,
Plural Nós, Vós eles, elas

5. Os verbos son as palabras coas que expresamos accións (o que se fai).Cada


verbo ten moitas formas verbais e o conxunto delas é a súa conxugación. Os verbos
teñen tempo (presente, pretérito ou futuro),persoa (1ª, 2ª ou 3ª) e número ( singular,
plural)
EX: escribimos, comerán, soñara, falei, xogaba, saltei, marcharon
Os infinitivo é o nome dos verbos. Os infinitivos poden rematar en –ar, -er, -ir. Ej:
cantar, comer, escribir.

Tempos dos verbos:


 Presente: é o que sucede agora. Ex: como
 Pasado ou Pretéritos: é o que xa sucedeu (antes). Ex: comín
 Futuro: é o que vai a suceder ou pode suceder (despois). Ex: comerei

Cada verbo ten moitas formas verbais e o conxunto delas é a súa conxugación.

As formas verbais indican se a acción a realiza unha soa persoa (singular) Ex: come.
Ou varias persoas (plural) Ex: comeron.
3
As formas verbais tamén indican qué persoa realiza a acción.
 Primeira persoa: eu, nós. Ex : Como (eu)> 1ª persoa singular
 Segunda persoa: ti, vós.Ex: comes (ti ) > 2ª persoa singular
 Terceira persoa: el, ela, eles, elas. Ex: come (el)> 3ª persoa singular.

Os verbos teñen: persoa (1ª , 2ª ou 3ª), número ( singular ou plural), tempo (presente ,
pretérito ou futuro) e conxugación (1ª –ar, 2ª –er, 3ª –ir).

Ex: xogabamos (nós): verbo xogar 1ª conxugación, 1ª persoa , número plural.

6. Os adverbios son clases de palabras que expresan circunstancias de lugar, tempo,


modo, cantidade...
Onde? cando? como? canto?
LUGAR TEMPO MODO CANTIDADE
Aquí, aí, alí, acá, alá, Antes, Agora, despois, Paseniño, amodo, a Máis, menos, todo,
acolá, logo, preto présa
Cerca, preto,lonxe Onte, hoxe,mañá Ben, mal, mellor, peor, Moito, moi, case, algo,
gratis, así, amodo, apenas,
adrede.
Dentro, fora, adiante cedo,axiña, tarde, Tódolos formados en “- Pouco, moito, nada, tan,
Pronto, logo mente” alegremente tanto, xusto
Debaixo, abaixo Sempre, nunca... Bastante, demasiado,
enriba... abondo...

De afirmación (sí, bo, seguro, tamén …) De negación (non, tampouco, xamais) de


desexo (oxalá, así) de dúbida ( quizás , posiblemente, probablemente …) de exclusión,
inclusión o adición (só, unicamente, aínda, incluso, ademais, inclusive, exclusive... de
identidade (mesmo, propiamente …) de exclamación (que, cuanto)

7. Os enlaces son as palabras que unen palabras ou grupos de palabras entre si:
Hai dúas clases de enlaces: Preposicións e conxuncións

 Preposicións: a, agás, ante, após, ata, até, baixo,bardante, cabo, canda, cas,
con ,conforme, consonte, contra, de, deica, dende, desde, durante, en, entre
excepto, fóra, maila ,mediante, menos, onda, para, perante, por,quitando,
sacado, sacando, salvo, segundo, sen, senón, so, sobre, tras, xunta.

 Algunhas conxuncións: e, nin,e mais, ou ,ou...ou, xa...xa, ora...ora, pero, mais,


así e todo, con todo, sen embargo, senón que, porque, entón, onde, non obstante.

4
PARA ANALIZAR MORFOLOXICAMENTE
 Nomes ou substantivos e adxectivos. Poñémolo tipo de palabra que é, seguido do
seu xénero e o seu número.
Ex: Nena: substantivo/nome común xénero feminino, número singular.
Feos: adxectivo cualificativo, xénero masculino, número plural.
 Determinante: Indícase que é un determinante, tipo de determinante, xénero e
número, que sempre vai coincidir co nome ó que acompaña.
Ex: O: determinante artigo determinado, xénero masculino, número singular
 Pronomes: Indícase que é un pronome e de que tipo, logo ponse a persoa e o
número.
Ex: Eu pronome persoal, primeira persoa do singular
 Conxuncións e preposicións: Indícase simplemente que é unha conxunción ou
unha preposición.
Ex: E: conxunción.
A: preposición
 Adverbios: Indícase que é un adverbio e ponse de que tipo.
Ex: aquí: adverbio de lugar.
 Verbos. Poñemos: o verbo en infinitivo, a conxugación á que pertence ese verbo, a
persoa, o número e o tempo no que se atopa. Ex: Comerán. Verbo comer, 2ª
conxugación, 3ª persoa do plural (eles), futuro

Analiza a seguinte oración.


Suxeito predicado

Ese neno lacazán traballou pouco onte na súa casa


V

Ese= Determinante demostrativo, xénero masculino, número singular

Neno= substantivo, nome común, xénero masculino, número singular.

Lacazán= adxectivo cualificativo, xénero masculino, número singular

Traballou= verbo traballar, 1ª conxugación, 3ª persoa do singular (el), pretérito

Pouco= adverbio de cantidade

Onte= adverbio de tempo

Na= contracción da preposición en + o artigo a

Súa= determinante posesivo, xénero feminino, número singular

Casa= substantivo, nome común, xénero feminino, número singular

5
VERBO ANDAR (MODO INDICATIVO)
Presente copretérito (Pretérito Imperfecto) Pretérito (Pretérito perfecto)
Eu ando Eu andaba Eu andei
Ti andas Ti andabas Ti andaches
El/Ela anda El/ela andaba El/ela andou
Nós andamos Nós andabamos Nós andamos
Vós andades Vós andabades Vós andastes
Eles/elas andan Eles/elas andaban Eles/Elas andaron

Futuro Pospretérito (Condicional) Antepretérito(Pret. Pluscuamperfecto)


Eu andarei Eu andaría Eu andara
Ti andarás Ti andarías Ti andaras
El/Ela andará El/ela andaría El/ela andara
Nós andaremos Nós andariamos Nós andaramos
Vós andaredes Vós andariades Vós andarades
Eles/elas andarán Eles/elas andarían Eles/elas andaran

FORMAS NO PERSONALES DO VERBO:Infinitivo andar Xerundio andando Participio andado.


Os verbos que rematan en –ar son da primeira conxugación e conxúganse como andar.

VERBO COLLER (MODO INDICATIVO)


Presente copretérito (Pretérito Imperfecto) Pretérito(Pretérito perfecto)
Eu collo Eu collía Eu collín
Ti colles Ti collías Ti colliches
El/Ela colle El/ela collía El/ela colleu
Nós collemos Nós colliamos Nós collemos
Vós colledes Vós colliades Vós collestes
Eles/elas collen Eles/elas collían Eles/Elas colleron

Futuro Pospretérito (Condicional) Antepretérito(Pret. Pluscuamperfecto)


Eu collerei Eu collería Eu collera
Ti collerás Ti collerías Ti colleras
El/Ela collerá El/ela collería El/ela collera
Nós colleremos Nós colleriamos Nós colleramos
Vós colleredes Vós colleriades Vós collerades
Eles/elas collerán Eles/elas collerían Eles/elas colleran

FORMAS NO PERSONALES DO VERBO:Infinitivo Coller Xerundio collendo Participio collido

Os verbos que rematan en –er son da segunda conxugación e conxúganse como coller.

6
VERBO PARTIR (MODO INDICATIVO)
Presente copretérito (Pretérito Imperfecto) Pretérito(Pretérito perfecto)
Eu parto Eu partía Eu partín
Ti partes Ti partías Ti partiches
El/Ela parte El/ela partía El/ela partiu
Nós partimos Nós partiamos Nós partimos
Vós partides Vós partiades Vós partistes
Eles/elas parten Eles/elas partían Eles/Elas partiron

Futuro Pospretérito (Condicional) Antepretérito(Pret. Pluscuamperfecto)


Eu partirei Eu partiría Eu partira
Ti partirás Ti partirías Ti partiras
El/Ela partirá El/ela partiría El/ela partira
Nós partiremos Nós partiriamos Nós partiramos
Vós partiredes Vós partiriades Vós partirades
Eles/elas partirán Eles/elas partirían Eles/elas partiran

FORMAS NO PERSONALES DO VERBO:Infinitivo Partir, Xerundio partindo, Participio partido


Os verbos que rematan en –ir son da terceira conxugación e conxúganse como partir.

VERBO SER
Presente Copretérito Pretérito Futuro Antepretérito
(Pretérito Imperfecto) (Pretérito perfecto) (Pretérito Pluscuamperfecto)
Eu son Eu era Eu fun Eu serei Eu fora
Ti es Ti eras Ti fuches Ti serás Ti foras
El/Ela é El/ela era El/ela foi El/ela será El/ela fora
Nós somos Nós eramos Nós fomos Nós seremos Nós foramos
Vós sodes Vós erades Vós fostes vós seredes Vós forades
Eles/elas son Eles/elas eran Eles/Elas foron Eles/elas serán Eles/elas foran

VERBO IR
Presente Copretérito Pretérito Futuro Antepretérito
(Pretérito Imperfecto) (Pretérito perfecto) (Pretérito Pluscuamperfecto)
Eu vou Eu ía Eu fun Eu irei Eu fora
Ti vas Ti ías Ti fuches Ti irás Ti foras
El/Ela va El/ela ía El/ela foi El/ela irá El/ela fora
Nós imos Nós iamos Nós fomos Nós iremos Nós foramos
Vós ides Vós iades Vós fostes vós iredes Vós forades
Eles/elas van Eles/elas ían Eles/Elas foron Eles/elas irán Eles/elas foran

Os verbos ser e ir conxúganse de forma especial. Son verbos irregulares.