Está en la página 1de 6

Anexo I.

Produción Audiovisual

BREVE HISTORIA DO CINE E A TELEVISIÓN

1. CINE

As orixes da imaxe en movemento están primeiro na pintura e


despois na fotografía.

A mediados do século X o matemático árabe Alhacén deixa constancia


de experimentos co que se dará en chamar a Cámara Escura, o
antecedente directo da cámara fotográfica.

En 1829 Joseph Plateau presentou o que sería o antecedente do


cinematógrafo, para demostrar a súa teoría da “persistencia
retiniana”: unha imaxe estática permanece na retina humana unha
décima de segundo antes de desaparecer por completo, o ollo
humano ve con unha cadencia de dez imaxes por segundo, que se
superpoñen na retina e o cerebro enlázaas coma unha soa imaxe
visual, móbil e continua. Está teoría será fundamental para o
desenvolvemento da técnica cinematográfica.

1
Por Manuel M. Suárez
Anexo I. Produción Audiovisual

A partir de aquí vemos ao longo do tempo diferentes inventos para


crear a ilusión de movemento na imaxe estática como o
Traumatropo, Zootropo, Flipbook ou folioscopio,..

Foi en 1890, cando Thomas Alva Edison presenta o Kinetoscopio.

2
Por Manuel M. Suárez
Anexo I. Produción Audiovisual

En 1895 considerase o inicio do cine, coa presentación por parte dos


irmáns Lumiére do cinematógrafo, máquina capaz de filmar, copiar e
proxectar imaxes en movemento.

Con está máquina os irmáns Lumiére dedicáronse a filmar escenas


cotiáns en forma de curtametraxes, coma “A chegada dun tren a
estación de Ciotat”, cos que obtiveron un éxito rotundo entre o
público que acudía en masa a contemplar incrédulo tal fenómeno.

Pero será Georges Mélies o que lle da ao cinematógrafo unha nova


dimensión, ao empezar a incluír elementos de fantasía e a falsear a
realidade en memorables películas coma “Viaxe a Lúa” (1902).

A partir de aquí empezaron a xurdir notables cineastas coma


D.W.Griffith, que foron introducindo e perfeccionando coa súa
inventiva novos elementos cinematográficos, creando cada vez
imaxes en movemento máis espectaculares.

Coa I Guerra Mundial o cine viu freada a súa evolución, rexurdindo


con forza a partir de 1919 co cine expresionista alemán de Robert
Wiene, introducindo novas técnicas como a cámara en movemento,
ou o cine revolucionario soviético de Eisenstein e Pudovkin,

3
Por Manuel M. Suárez
Anexo I. Produción Audiovisual

transmitindo unha gran intensidade na pantalla coa mestura de varias


secuencias de feitos simultáneos.

En 1926 Warner Bross introduce unha innovación revolucionaria con


“El cantante de jazz”: o son, éxito do cal pronto cambiou toda a
tecnoloxía coa que se traballara ata o momento.

A imaxe en cor; aínda que os seus primeiros intentos datan de 1906,


tivo que esperar ata a “Feira da Vaidade” de Rouben Mamoulian en
1935. Durante a década dos 40 utilizouse sobre todo para unha serie
de musicais clásicos da MGM, pero a partir dos 50 xeneralizouse o
seu uso, relegando ao branco e negro a películas de baixo presuposto
ou experimentais.

Despois da II Guerra Mundial coa estandarización da televisión o cine


tivo unha gran caída de audiencia, que tentaron paliar ofrecendo máis
espectáculo con maior tamaño da imaxe: O formato panorámico, que
se mantería ata os nosos días, con diferentes variacións.

4
Por Manuel M. Suárez
Anexo I. Produción Audiovisual

2. TELEVISIÓN

A historia do desarroio da televisión foi en esencia a historia da busca


dun dispositivo adecuado de exploración de imaxes, para poder ser
enviadas a través dunha rede de conexións estable o longo de todo o
mundo.

Coa entrada do século XX é Constantin Perskvi o primeiro en


experimentar coa idea de enviar imaxes dun punto a outro, mediante
rudimentarios sistemas mecánicos. Estes sistemas serán desenvoltos
por John Logie Baird en UK
e Édouard Belin en Francia o
longo dos anos 20, sendo a
BBC a primeira en transmitir
imaxes pestanexantes en
1924. Pero serán os
norteamericanos en 1930 os
que tomaran a dianteira na
evolución tecnolóxica da
televisión co tubo de imaxe, comercializado por Marconi, pasando do
sistema mecánico de Baird ao sistema electrónico, que establece as
bases de toda a expansión da televisión analóxica que se veu dando
ata finais de século:
1939: RCA presenta en Estados Unidos o seu sistema de TV
comercial.
1940: Guillermo González Camarena patenta un Sistema
Tricromático Secuencial de Campos.
1951: Primeiras transmisións da televisión en cor.
1963: Realizase a primeira transmisión de TV vía satélite.
1979: Ted Turner conecta 1.350 sistemas de cable para crear a
cadea CNN.
1989: Impleméntanse outros servizos á televisión como o
teletexto.

5
Por Manuel M. Suárez
Anexo I. Produción Audiovisual

1993: Establécense en Estados Unidos as bases para o


desenvolvemento da televisión en Alta Definición.

Dende principios do século XXI, veuse dando a transición da


televisión analóxica a TDT (Televisión Dixital Terrestre), propulsado
pola estandarización da tecnoloxía dixital na produción. En España
cerrouse o período de transición a TDT en Marzo de 2010.

6
Por Manuel M. Suárez

También podría gustarte