Está en la página 1de 63

GALICIA 360

Galicia, terra de deportistas


Unidade 2. Galicia, terra de deportistas
0. Como funciona esta unidade?

0.1. Axuda

1. Introdución

1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3!

1.2. Obxectivos

2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita

2.1. Deportistas a remollo

2.2. Lido e feito. Comprensión oral

3. Debullando a lingua. Gramática

3.1. A substantivación do adxectivo

3.2. A colocación do adxectivo

3.3. Os graos do adxectivo

4. Con boa letra. Expresión escrita

4.1. As relacións de parentesco. Fórmulas de saúdo e despedida

4.2. Describir obxectos, estancias e servizos

5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega

5.1. Coñecendo a Ana Peleteiro

5.2. As rías de Galicia

6. Proba de lume

6.1. Pero antes... Galego ConCurso!

6.2. Avalíate

6.3. Preparámonos para o CELGA 3

6.4. Amplía

6.5. Na Rede
0. Como funciona esta unidade?

0.1. Axuda

Menú

A unidade está estruturada en


apartados e subapartados. Podes
acceder a eles a través do menú
lateral.

Tamén podes acceder ao apartado


anterior e seguinte a través das
frechas laterais.

Dentro de cada apartado, preme


nas frechas da parte inferior para
visitares os diferentes
subapartados.
Actividades de reforzo

En cada sección hai actividades de reforzo non avaliables. Estas actividades


axúdanche a aprenderes os contidos da unidade. Hai diferentes tipos de
actividades, pero todas teñen uns elementos comúns.

Acceso ás actividades dun


bloque. Podes ver a
actividade que queiras
pulsando en cada unha
delas.
Botón de comprobar. Envía a
túa resposta.
Reintentar. Se a túa resposta
for incorrecta, podes facer a
actividade de novo.
Intentos. Nas actividades de
reforzo tes tres intentos.
Lámpada. De esgotares os
tres intentos e non marcares
as respostas correctas, podes
ver as respostas
da actividade.

Ollo! Presta atención ás palabras que precisan maiúscula inicial nas


actividades de escritura.
Avaliación

Na última sección hai un bloque de 10 actividades.

Estas actividades son avaliables. Para aprobares a unidade tes que realizar
correctamente oito preguntas.

Tes un único intento por actividade para resolveres a avaliación. Unha vez
rematada, podes ver as solucións pulsando en "Revisar" e na lámpada de cada
actividade.

Lembra que para completares a unidade tes que realizar todas as actividades
de reforzo e visitar todos os apartados e subapartados.

Recursos
da unidade

Na parte superior dereita


podes ver a versión para
imprimir da unidade.
Tamén podes buscar
palabras.
O buscador amosa as
seccións onde aparece a
palabra procurada. Se
pulsares nunha sección,
poderás ver a palabra que
pescudaches resaltada en
cor.
1. Introdución

1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3!

A lingua dun pobo é o seu sinal


de identidade, canle de
comunicación e de
coñecemento, e Galicia é
posuidora dunha lingua propia:
o galego.

Neste curso en liña presentámosvos as pautas e contidos para acadar as


competencias lingüísticas que vos axuden a superar as probas do Celga 3.
Preténdese que as persoas que realicen este curso poidan desenvolverse sen
moitas dificultades en contextos nos que o galego sexa lingua de estudo, traballo e
interacción.

(1) (2)

A través de dez unidades, compartiremos con vós un pouco máis da nosa terra, da
nosa lingua e da nosa realidade social, cultural, económica e etnográfica.
Percorreremos as paisaxes de Galicia, falaremos de ciencia en galego,
coñeceremos un pouco máis do noso deporte e saborearemos a nosa
gastronomía… Sen esquecernos de gozar coa nosa arte, literatura, música e cine.

Queres seguir a aprender máis da nosa lingua? Vén con


nós!
Mira quen nos vai axudar a saber máis de galego… Imos
aló!
Compañeiro de traballo de Compañeira de traballo de
Sabela. Paulo.
Traballa como enfermeiro Traballa como animadora social
nunha residencia de maiores. nunha residencia de maiores.
É de Muros, pero a súa familia É de Vigo pero traballa en
paterna é de Burela. Traballa en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela. Está preparando oposicións ao
Gústalle moito ler e viaxar. ensino secundario.
Gústanlle moito os deportes.

Obxectivos (1)

O obxectivo do curso é adquirir as habilidades de comprensión e


expresión oral e escrita para conseguir un nivel de Celga 3 en
competencia lingüística, cun alto grao de corrección normativa.

A persoa que aprobe este exame vai posuír un nivel de galego que lle
permitirá dominar distintas situacións de comunicación, tanto a nivel
social como laboral ou educativo.

Estrutura (2)

Paralelamente, cada unidade conta con apartados dedicados ao


estudo da gramática e á ampliación do léxico, así como un espazo
para a autoavaliación despois de estudar cada unidade. Deste xeito,
quen realice este curso en liña de galego contará cun apoio
complementario para poder presentarse con maiores garantías aos
exames do Celga 3, avaliados pola Dirección Xeral de Política
Lingüística.
1.2. Obxectivos

Obxectivos da unidade

Coñecer algunhas das figuras do deporte galego de maior relevancia na


actualidade.
Ler unha noticia e ser capaz de extraer a información fundamental dela
Profundar no léxico galego, especialmente naquel xenuíno ou
diferencial respecto do castelán.
Analizar o funcionamento do adxectivo e coñecer algúns aspectos da
súa flexión e comportamento no texto.
Coñecer as relacións básicas de parentesco entre as persoas.
Aprender fórmulas comúns de saúdo e despedida, en diferentes
rexistros e contextos de uso.
Analizar os trazos característicos do texto descritivo e realizar a
descrición dunha persoa, obxecto ou situación.
Adentrarse na realidade sociocultural galega e valorar algúns dos seus
persoeiros máis salientables.
2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita

2.1. Deportistas a remollo

Galicia conta con deportistas de altísimo nivel en moitas disciplinas. Así e todo,
unha grande parte das nosas figuras mundiais está vinculada coa auga. Con case
1500 km de costa, era visto... Deportes como o piragüismo, a navegación
deportiva ou o remo contan con algúns dos mellores expoñentes a nivel estatal;
precisamente no remo encontramos a raíña das tradicións acuáticas na nosa terra:
as traíñas, embarcacións empregadas antigamente para a pesca da sardiña.

Porén, ímosche presentar un deporte un chisquiño máis moderno, aínda que


tamén conta con practicantes de grande éxito entre a nosa xente: o surf.

1. Le a seguinte noticia.

Unha promesa do surf e estudante de deces


Tras acadar un bronce na primeira das probas Rip Curl, Martina Álvarez aspira a
conseguir unha posición na final europea
Carla Elías. Ferrol, 23/04/2018

Subiu por primeira vez a unha táboa de surf con só cinco anos e agora, oito
despois, pasa máis horas do día dentro da auga que fóra. «Ía a moitas
actividades e un verán a miña nai apuntoume a surf, encantoume, e xa seguín
no inverno», lembra Martina Álvarez Fernández (Ferrol, 2005). Con trece
anos converteuse decontado nunha promesa galega deste deporte que xa
despunta fóra das nosas fronteiras. De feito, acaba de quedar terceira da súa
categoría a pasada fin de semana na primeira das probas do Rip Curl
Gromsearch, celebrada na praia vasca da Area. A fase nacional deste
campionato celébrase, ademais de en Euskadi, en praias de Cantabria e
Asturias, e o certame ten como fin último descubrir os mellores surfeiros e
surfeiras europeas menores de 16 anos.

Con esta proba Martina inicia a tempada e


ponse como obxectivo chegar á final
europea. «Este ano vou participar nas tres
probas nacionais e gustaríame conseguir
un posto na final europea. Se adestro
duro nunca se sabe, oxalá», destaca. Hai
un ano e medio comezou a prepararse co
seu adestrador Pablo Romeu, do Prado
Surf Escola, co que deu un chimpo de
calidade nas súas competicións. «Adestro
duro para seguir mellorando, estou
bastante motivada co meu adestrador
Pablo Romeu, que me axuda moito»,
agradece.

Como é a vida dunha adolescente que se dedica ao deporte de elite? «Nin eu


propia sei como é que compaxino todo», chancea. E é que estuda no IES
Ferrol Vello e adestra todo o tempo que lle deixan as clases. «Por exemplo,
adestro os luns, mércores, xoves e venres, o martes non porque teño clase á
tarde, e o sábado dobre sesión. Seis baños á semana, vivo na auga», explica.
Nada máis terminar de comer colle a súa táboa e vai á praia que toque para
mellorar a súa técnica, mais non descoida os seus estudos. «Volvo á casa,
dúchome, fago os deberes e estudo. E saco todo sobresaíntes, eh!», salienta
orgullosa. E, aínda por riba, compaxínao coa súa outra paixón, o baile, que
practica polo serán. «Pero vouno deixar xa o ano que vén porque non podo
con todo», recoñece.

Aínda que con tan só trece anos xa despunta a nivel nacional, Martina ten os
pés no chan e non descoida os seus estudos, xa que tamén lle gustaría
estudar unha carreira. «Se se puidese vivir do surf encantaríame, pero son
consciente de que é algo súper difícil. Gustaríame compaxinalo e estudar
arquitectura ou bioloxía mariña, pero no futuro supoño que cambiarei de
idea», chancea.

A peor cara deste deporte é o pouco tempo que lle deixa para quedar cos
seus amigos, explica. «Teño unha amiga que fai natación, pero ten un horario
bastante normal. Nisto nunca se sabe nin cando chegas nin cando volves. E
case nunca quedo porque nunca teño tempo. Só teño tempo libre os
domingos, e ao final teño que estudar», recoñece.

A súa praia fetiche, Doniños

De ter que quedar con só unha praia da comarca, Martina non dúbida, e elixe
o areal de Doniños como o seu escenario de adestramentos fetiche.
«Gústame moito o tipo de ondas que ten, é o que máis me gusta. Ten forza,
abren todas, é cómodo e case sempre hai ondas», describe.

Palmarés

Con tan só trece anos atesoura importantes medallas no surf. O ano pasado
quedou campioa do circuíto galego sub-18, campioa galega sub-16 e
subcampioa do Open de Razo, entre moitas. E este ano, ademais do terceiro
posto no primeiro Rip Curl, gañou a primeira proba do circuíto galego, en
Bastiagueiro, nas categorías sub-16 e sub-14.

Tradución e adaptación da noticia « Una promesa del surf y estudiante de


dieces
[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2018/04/23/promesa-
surf-estudiante-dieces/0003_201804F23C8991.htm]».
La Voz de Galicia. 23/04/2018

Bloque 1 de actividade… 1
2. Verdadeiro ou falso?

Martina leva trece anos practicando surf.

Verdadeiro Falso
Tras a primeira proba no areal vasco, Martina aínda vai
competir noutras tres probas estatais.

Verdadeiro Falso
Os únicos días en que Martina non adestra son os domingos e
os martes.

Verdadeiro Falso
Ás mañás, Martina tamén practica un pouco de baile, aínda que
pensa deixalo por falta de tempo.

Verdadeiro Falso
A moza ferrolá gustaría de estudar unha carreira: arquitectura
ou bioloxía mariña.

Verdadeiro Falso

3. Relaciona cada palabra da noticia anterior coa súa definición.

En sentido figurado, calquera cousa Elite


que constitúe un obxecto de
desexo fundamental.
Chancear

Nun breve espazo de tempo.


Chimpo

Burlarse, facer bromas.


Fetiche

Conxunto das persoas máis


Decontado
notables dunha colectividade.

En sentido figurado, acción e efecto


de pasar dunha situación a outra
sen transición.
2.2. Lido e feito. Comprensión oral

4. Escoita a entrevista a Carlos Prieto no programaTardes de lecer.

(3)

Bloque 2 de actividade… 1

5. Escolle a resposta correcta das opcións de cada pestana.

Carlos Prieto é un adestrador lucense, responsable da preparación,


entre outros, de Adrián Raña . Para el, o adestramento de

deportistas é unha afección en que inviste moito tempo ao


longo do día. Ademais, a súa chegada temperá ao tríatlon permitiulle
anticipar algúns dos problemas que adoito se experimentan nesta

disciplina. Para el, o realmente importante son as vivencias e

por iso prefire tomar decisións meditadas . Así e todo,


só ten unha receita para superar os momentos difíciles:
a perseveranza .

Búscaas!

Se descoñeces o significado dalgunha palabra, busca no


dicionario en liña da Real Academia Galega.

Entrevista (3)

Locutora: Bo día e, un día máis, grazas por estaren á escoita en Tardes


de lecer! Hoxe temos connosco a Carlos David Prieto, un lucense que
adestra algúns dos nosos mellores triatletas, como o pontevedrés
Pablo Dapena, campión do mundo de tríatlon de longa distancia, ou o
cinco veces campión do mundo, o ferrolán Javier Gómez Noya.
Carlos Prieto: Bo día! É un pracer.
Locutora: Non podo evitar preguntarllo, como se aprende a adestrar?
Non é casualidade que vostede traballe con expoñentes tan
destacados...
CP: Cando tes bos atletas é máis doado que os resultados aparezan.
Si, hai que dominar unha serie de coñecementos científicos, eu son
licenciado en Ciencias do Deporte, mais ao final debes velo como un
traballo no que estás a pensar todas as horas do día: cando estás na
casa, cando estás a conducir... Absórbete porque che gusta, e ás veces
esqueces que é un traballo porque che encanta, mais éo.
Locutora: No seu caso, ademais dos coñecementos académicos,
sobresae a súa experiencia persoal.
CP: Eu tiven a sorte de ser das primeiras persoas en practicar tríatlon
en Galicia. Puiden ver como evolucionou, que tipo de atletas ían
chegando a el, cales eran os problemas que máis aparecían entre os
seus practicantes... Fun tomando datos de campo que moitas veces
me axudaron a tomar decisións a tempo e previr cousas que xa vira
hai vinte anos, ou guiar un proceso de mellor maneira.
Locutora: É difícil repartir sis e nons segundo a situación? Motivar e
ter que frear, de ser o caso, un atleta?
CP: A maioría de decisións tómanse en conxunto. Non creo que impor
as cousas sexa algo bo. Ás veces hai que cambiar no momento,
acordar ideas, sesións...
Locutora: Tamén á elite hai que lle tirar das orellas?
CP: Non adoita ser necesario, non. A xente como Javi, Pablo ou
Chente o que lles sobra é motivación. É imposible que fagan de
menos. Por iso chegan onde están. Claro que é imposible estar
motivado sempre, algún día non o estás e tes que adestrar igual. É
pura constancia, saber que é o teu traballo. É a única forma de
permanecer na elite.
Locutora: Iso serve para todo! Paréceche escoitar unha canción
motivadora agora, desas que levantan....

O texto está tomado e traducido dunha entrevista orixinal de La Voz.


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/poio/2018/07/27/
libros-aportan-conocimientos-vivencias-solo-
tuyas/0003_201807P27C6996.htm
[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/poio/2018/07/27
/libros-aportan-conocimientos-vivencias-solo-
tuyas/0003_201807P27C6996.htm]
3. Debullando a lingua. Gramática

3.1. A substantivación do adxectivo


As engrenaxes da lingua

O adxectivo

O adxectivo é unha clase de palabra que expresa unha calidade do substantivo ao


que acompaña. No plano sintáctico, a súa función é normalmente secundaria,
como modificador do núcleo dunha frase nominal.

A selección feminina de fútbol gaélico acadou o campionato europeo na cidade


francesa de Lorient.

Porén, é relativamente frecuente que os adxectivos se comporten como


substantivos, polo que adquiren a función primaria na oración (núcleo), no lugar da
función secundaria (modificador). Este proceso coñécese co nome de metábase
[http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?
op=ver&id=42495&opcion=entrada&entrada=metábase]:

A selección galega xogou un grande encontro na final contra a selección gala.


Porén, as galegas tiveron que agardar até a prórroga para derrotaren as
francesas.

Existen varios tipos de substantivación, pero un dos máis frecuentes é o que se


produce por elipse do substantivo, de xeito que o adxectivo pasa a desenvolver a
súa función:

cigarro puro = puro


barco veleiro = veleiro

O xeito máis común de realizar a substantivación é mediante a anteposición do


artigo ao adxectivo:

Fixeron o necesario para venceren.

Bloque 1 de actividade… 1
1. Repara nos seguintes adxectivos substantivados e escribe ao
seu carón o substantivo que foi elidido no proceso, da mesma
maneira que no exemplo:

Exemplo: un diario < un periódico diario

Uns vaqueiros

O retrovisor

Un móbil

Un acoirazado

Unha postal

Unhas pasas
3.2. A colocación do adxectivo

Normalmente, o adxectivo vai posposto ao substantivo (unha moto nova, a súa


curmá favorita). Porén, no galego existe a posibilidade de o colocar antes ou
despois deste, o que ofrece moitas posibilidades expresivas.

As engrenaxes da lingua

O adxectivo

A colocación do adxectivo anteposto ou posposto ao substantivo pode implicar


mudanzas de significado:

home pobre (sen cartos) / pobre home (infeliz)


escritora nova (de pouca idade) / nova escritora (de obra recente)
rapaz grande (mangallón) / grande rapaz (de moita valía)

Ás veces, unha mesma palabra pode comportarse como adxectivo ou substantivo


segundo a posición que ocupe dentro da frase:

unha profesora moza (adxectivo: de pouca idade) /


unha moza falangueira (substantivo: muller de pouca idade)

En xeral, existen dúas clases de adxectivos cualificativos, segundo a súa


colocación respecto do substantivo:

Adxectivos especificativos

Colócanse despois do substantivo, conferíndolle un carácter máis obxectivo:

os piragüistas galegos
unha conversa interminable

Adxectivos explicativos

Colócanse antes do substantivo, co que se consegue resaltar a calidade


posuída polo substantivo. As calidades que achegan estes adxectivos
acostuman ser máis subxectivas:

o seu canso camiñar


unha humilde contribución
Bloque 2 de actividade… 1 2

2. A seguir reproducimos as dúas primeiras estrofas do poemaOs


pinos, de Eduardo Pondal, institucionalizado como himno
galego na Lei de símbolos de 1984. Repara na expresiva
colocación dos adxectivos e escolle a afirmación que mellor se
axuste ao poema, de acordo coa teoría que vés de estudar. En
cursiva, as formas non normativas.

Que din os rumorosos, Do teu verdor cinxido


na costa verdecente, e de benignos astros,
ao raio transparente confín dos verdes castros,
do prácido luar...? e valeroso clan,
Que din as altas copas non des a esquecemento
de escuro arume harpado da inxuria o rudo encono:
co seu ben compasado, desperta do teu sono,
monótono fungar...? fogar de Breogán.

Texto adaptado da edición de Manuel Ferreiro, en De Pondal aos


Pinos.
Ed. Laiovento, 2007.

Letra orixinal do poema do himno galego según os estudos de Manuel


Ferreiro
[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2007/09/02/peticione
s-cambiar-letra-
himno/0003C5680CD2D4A6BC830116EE8C0FEA559F.htm].

No poema predominan os adxectivos especificativos,


porque as calidades que se resaltan dos substantivos son
obxectivas.

No poema predominan os adxectivos explicativos, porque


o importante para o autor é mudar o significado de certos
substantivos.

No poema obsérvase unha posición alternante dos


adxectivos ao longo do texto, de xeito que se potencian as
calidades achegadas por algúns deles.
3. Escolle os sinónimos axeitados para os seguintes adxectivos
tirados do poema Os Pinos, das opcións que se che ofrecen nas
pestanas:

plácido:
xardesco apracible gostoso
monótono:
aburrido pándego aborrecido
benigno:
benevolente propicio correúdo
valoroso:
cocainas denodado afouto

cricas varudo brioso


rudo:
basto lanzal agreste ríspeto

4. Repara novamente nas dúas estrofas d’Os Pinos e procura un


caso de substantivación do adxectivo. Despois, escribe a túa
resposta explicando como se realiza a dita substantivación.
3.3. Os graos do adxectivo

O adxectivo pode presentar unha calidade en tres niveis ou graos: positivo,


comparativo ou superlativo.

Grao positivo Grao comparativo Grao superlativo

Compara a intensidade que


Expresa unha calidade sen Expresa a calidade en grao
dous substantivos posúen
comparala nin intensificala. máximo ou mínimo.
dunha calidade.

(1) Unha atleta moi veloz.


(2) Unha atleta velocísima.
Esa atleta é tan veloz como
Unha atleta veloz. (3) Unha atleta veloz veloz.
unha centella.
(4) A atleta máis veloz do
campionato.

Superlativo absoluto:
Comparativo de igualdade: O substantivo posúe unha
Uxía é tan veloz como Xiana. calidade nun grao superior.
Vémolo nos casos 1, 2 e 3.
Comparativo de
inferioridade: Superlativo relativo:
Uxía é menos veloz que A calidade que se lle atribúe
Xiana. ao substantivo é de maior
grao en relación a un grupo.
Comparativo de Por iso tamén recibe o nome
superioridade: de comparativo de
Uxía é máis veloz que Xiana. excelencia.
É o caso 4.

As engrenaxes da lingua

O adxectivo
Comparativo

O grao comparativo precisa dunha clase de palabras específica para a súa


formación: as conxuncións e as locucións comparativas. O seu uso atende a
unhas regras particulares que cómpre ter en conta para construíres a
comparación correctamente. Olla:

No comparativo de igualdade, alterna o uso das conxuncións como e coma:

Coma emprégase cando o segundo termo da comparación é un


pronome persoal (min, ti, nós, elas...):

É tan espelida coma min.

Como emprégase cando o segundo termo da comparación é un verbo:

Non é tan difícil como dis.

No resto dos casos, é indistinto usar como ou coma, aínda que se


recomenda utilizar como por harmonía coa estrutura do comparativo
portugués, que carece da conxunción coma.

No comparativo de superioridade ou inferioridade, alterna o uso de ca, que e


do que:

Ca emprégase cando o segundo termo da comparación é un pronome


persoal (eu, min, ti, nós, elas...):

É máis/menos espelida ca ela.

Do que emprégase cando o segundo termo da comparación é un verbo:

É máis/menos doado do que comentaran.

Que emprégase no resto dos casos:

Vive máis/menos desafogada que a súa irmá.


Superlativo

Por outra parte, o grao superlativo presenta dúas tipoloxías, como xa vimos.

O superlativo absoluto pode formarse de dúas maneiras:

Acrecentando un sufixo intensificador: -ísimo/a ou -érrimo/a, de


carácter máis culto:

velocísimo, quentísimo, celebérrimo

ou un prefixo co mesmo valor: super-, hiper-, arqui-... :

superatenta, hiperenfadado, arquimillonarias

Mediante outras palabras, como os adverbios moi e ben ou adverbios


rematados en –mente:

moi frecuente, ben alta, extremadamente eficaz

e mesmo reduplicando o adxectivo:

Ese can é pillabán pillabán.

O superlativo relativo constrúese consonte a seguinte estrutura:

artigo + comparativo de superioridade/inferioridade + de/entre +


segundo termo da comparación

A piragüista máis rápida de toda a súa serie.


Formacións específicas

Ademais, algúns adxectivos presentan formacións específicas para o


comparativo e o superlativo, vestixios das formas antigas latinas:

Positivo Comparativo Superlativo

bo mellor óptimo

malo peor pésimo

grande maior máximo

pequeno menor mínimo

alto superior supremo

baixo inferior ínfimo

5. Escoita a conversa entre Sabela e Paulo sobre un deporte que ten a Sabela
engaiolada.
(4)

Bloque 3 de actividade… 1

6. Completa os enunciados cos distintos graos do adxectivo que


se che piden, empregando as palabras e expresións que vés de
escoitar na conversa.

Se non podo deixar de pensar en algo, estou: (adxectivo en grao


superlativo absoluto sintético)
wwwwwwwwwwwwwwwwwwwwww.

Se son unha persoa moi simpática ou inspiro simpatía, son:


(adxectivo en grao superlativo absoluto analítico)
wwwwwwwwwwwwwwwwwwwwww.

Se prefiro o balonmán ao fútbol direi que: o balonmán é


(comparativo de superioridade)
wwwwwwwwwwwwwwwwwwwwww.

Se creo que o golf precisa menos esforzo que a natación direi


que: (comparativo de inferioridade) o golf é
wwwwwwwwwwwwwwwwwwwwww a natación.

Se algo é de superior calidade respecto doutra cousa, daquela é:


(comparativo específico)
wwwwwwwwwwwwwwwwwwwwww.

Se quero dicir que unha persoa ten unha intelixencia superior,


podo dicir que é: (comparativo de igualdade)
wwwwwwwwwwwwwwwwwwwwww.
Diálogo Sabela e Paulo (4)

Paulo: Que che pasa, Sabeliña, que non quitas a vista do móbil? Ti
tamén caíches na adicción dos zombis tecnolóxicos, ou?
Sabela: Boh, sae de aí! É que fun cunha amiga hai un par de semanas
vela adestrar no campo de fútbol e fiquei abraiada! Agora non podo
deixar de buscar vídeos e noticias. Estou atrapadísima!
Paulo: E logo?, nunca foras a un campo de fútbol? Cousas veredes...
Sabela: Que non é iso, ho! Non era fútbol fútbol...
Paulo: Xa, sería fútbol-ping pong...
Sabela: Es ben pándego, rapaz! Digo que non era o fútbol ao que
estamos acostumados. Era fútbol gaélico.
Paulo: Aaaah! Fútbol gaélico! Xa sei... non é ese que semella unha
mestura de rugby e fútbol? A que son listo como un allo?
Sabela: Ummm. Si, máis ou menos. Mais a min pareceume moito máis
interesante. Non sei... máis dinámico e vivo. Un deporte realmente de
conxunto. E para min, máis duro que o fútbol tradicional.
Paulo: Pois se ti o dis... E iso practícao alguén?
Sabela: Que se o practica alguén? Pero rapaz, que somos campioas de
Europa!
Paulo: Vaites, vaites!
Sabela: O-que-oes! Mira, mira, le:
Paulo: “A selección feminina galega de Fútbol Gaélico acada o título
nos EuroGames 2018, o primeiro campionato de seleccións europeas
que se celebra e que contou, xunto co equipo galego, cos conxuntos
nacionais de Bretaña, Francia, Alemaña e Gascuña.” Vaia, pois si que
somos bos... ou... mellor dito, boas... di aquí tamén que os rapaces
quedaron subcampións, mais as rapazas fóronche as mellores.
Sabela: Iso é, se fose pan, sacábasmo da boca!
4. Con boa letra. Expresión escrita

4.1. As relacións de parentesco. Fórmulas de saúdo e


despedida

1. Le o seguinte correo electrónico e, a seguir, realiza as actividades


propostas:

De: paulo.figueiras@teumail.gal

Para: sabela.farinha@teumail.gal

Asunto: Fin de semana na casa do meu curmán


Ola, Sabela! Como che vai?

Escríboche porque me anda na cabeza unha proposta que non me deu tempo a che
comentar a última vez que nos vimos... non eran horas xa ;) Nun par de semanas teño
que achegarme a Burela por cuestións familiares xa que meu avó non che anda moi
alá dos xeonllos e mais da cadeira, coido que loguiño o han ter que operar... A miña
avoa, pola contra, é coma o peixe branco!, como din pola Mariña, a muller vai todas
as semanas a pilates e non apaña nin unha triste catarreira!... hahaha. Daquela,
pensei que nos podiamos mover un pouco pola zona e quizais visitar o barco
boniteiro que hai na vila. Disque é unha reprodución xeitosa de todo! Mira que vou
veces por alá no ano e podes crer que non o dei visitado aínda?

Despois dunhas poucas visitas desas “obrigadas” podemos ir tomar algún petisco...
por xeitos de probarmos o bonito non ha ser! :D

Sempre que vou por aló fágolle un pequeno recoñecemento a meu avó e dedícolle
uns cantos cumprimentos á avoa, que se deixa querer... Despois farei a rolda
habitual: a uns cantos metros da súa casa viven meus tíos paternos co fillo máis
novo, que ficou con eles para os axudar cos labores da casa. Nunha aldea cercana
teño dúas curmás, en cadansúa casona, eh!, non vaias pensar... non che andan con
lerias na miña familia. E xa en Burela mesmo vive a miña irmá, Xela, co meu cuñado e
as tres fillas. Concretamente, a maior, Iria, é a miña afillada. Sonche como o perello
esas tres nenas!, dá gana de comelas a bicos!

O caso é que outro curmán meu, que vive durante o ano en Xixón pois casou cunha
empresaria asturiana, ten un apartamento de luxo precisamente en Burela, mais
como só vai no verán e nos levamos moi ben desde nenos acostuma pedirme que lle
mire a casa, para lla ventilar e todo iso. Como hai confianza, sempre me di que quede
alá a durmir e así lle dea un pouco de “vida” ao piso.

Ben sei que non te aviso con moita marxe, mais quizais teñas a fin de semana libre
e... non sei... anímaste?

Un bico grande,
Paulo

Bloque 1 de actividade… 1
Repara na estrutura do correo electrónico e identifica as seguintes
partes:
emisor, destinatario, resumo do contido (asunto), saúdo e despedida.

3. Localiza todas as referencias de parentesco familiar que


aparecen no texto.

Como se fai?

O correo electrónico é un servizo que permite enviar e recibir información en


diferentes formatos (texto ou hipertexto
[http://www.digatic.org/gl/node/5209], imaxe, documentos, vídeo etc.) a
través da Rede. As súas características principais son a simultaneidade
(pódeselle enviar información a varias persoas usuarias a un mesmo tempo) e
a inmediatez (as mensaxes son enviadas e recibidas nun curto espazo de
tempo).

En certa maneira, o correo electrónico vén sendo a versión moderna da carta


e por iso comparte con ela certas semellanzas. Porén, o particular formato do
texto electrónico esixe coñecer algunhas peculiaridades do correo-e:
Canto á estrutura xeral, o correo-e é moi semellante á carta, a non ser porque
o correo dispón dun asunto que facilita coñecer o tema ao que se refire a
mensaxe antes de abrila. Este elemento consiste nun enunciado breve no que
se concreta, de maneira sinóptica, o contido do correo.

Respecto do tipo de linguaxe empregada nos correos, cómpre distinguir entre


correos persoais e correos formais. Os primeiros son aqueles que lles
diriximos a persoas coñecidas ou familiares (os cales poden aceptar mellor a
abreviación característica das mensaxes electrónicas). Os formais están
dirixidos a persoas con quen non temos ese grao de proximidade. Estes deben
redactarse nun rexistro coidado, cunha ortografía estándar (isto é, sen
empregar a “escrita silábica”: déixot q m digas iso xla mañá) e sen abusar dos
recursos de abreviación.

Saúdos e despedidas

Nos correos electrónicos, da mesma maneira que nas cartas, cómpre manter
tamén unha estrutura máis ou menos fixa para abrir e pechar o texto, por iso
debemos enmarcar o contido do dito correo cun saúdo e unha despedida.
Estas fórmulas de cortesía serán máis ou menos formais conforme o esixir o
contexto comunicativo. Repara:
contexto formal contexto informal

saúdo despedida saúdo despedida

Atentamente
Benquerida amiga:
(Atte.); Como che vai? Un bico!
Benquerido amigo:
Saúdos

Prezado/Estimado Sr.:
Abur! /
Prezada/Estimada Un cordial saúdo Ola!
Adeus!
Sra.:

Sr.:
Atte. Moi boas! Deica outra!
Sra.:

(5) (6)

Bloque 2 de actividade… 1
4. Repara nas seguintes situacións e indica a fórmula máis
axeitada para saudar e despedirse no correo electrónico.

Saudar o reitor da Atte.


Universidade.
Ola!
Despedirte da presidenta da
ANPA do colexio da túa filla.
Prezado Sr.:

Despedirte da persoa
Estimada Sra.:
responsable do servizo de
telefonía que tes contratado.
Un cordial saúdo,
Saudar a xerente dunha
empresa coa que mantedes Un bico!
relacións comerciais na túa
compañía.
Benquerida
amiga:
Saudar unha compañeira da
túa empresa, que ocupa un
alto cargo similar ao teu.

Saudar a dona da clínica de


fisioterapia á que acodes
desde hai cinco anos.

Despedirte da túa sobriña


pequena.
O uso non sexista da lingua (5)

Nun contexto formal é frecuente que teñamos de enviar un correo a


unha persoa descoñecida (nun primeiro contacto cun servizo, cunha
administración etc.). Neste caso, as fórmulas de saúdo adoitan
condensarse en formas dobres, na mesma liña inicial:

Estimado/a Sr./Sra.:

Como podes ver, despois dun saúdo deben colocarse dous puntos e
non coma, que é un uso inadecuado transvasado do inglés. Porén, os
dous puntos non se colocan cando xa hai outro signo de puntuación
no final do enunciado, a non ser que sexa o punto da abreviatura,
como no exemplo anterior:

Como che vai?


Eu estou moi ben. Cóntoche (...)

Non deas a esquecemento... (6)

O descoñecemento do funcionamento xeral do correo-e pode


provocar que os datos da nosa conta se vexan comprometidos, o cal
se traduce en molestos envíos de correo lixo
[http://www.digatic.org/gl/spam] (spam) ou correos fraudulentos
[http://www.digatic.org/gl/node/5354] (phishing).
Para evitar estes problemas, cómpre coñecer algunhas
funcionalidades específicas do correo electrónico, como a copia
carbón (cc) ou a copia carbón oculta
[http://www.digatic.org/gl/node/10008] (cco), e tamén ter en conta
algúns consellos [http://www.edu.xunta.es/portal/alertavirus] sobre
o tratamento de correos dubidosos.

Tampouco debemos esquecer que cando accedamos á nosa conta de


correo desde unha computadora pública é mellor facelo nunha
navegación privada ou, ao finalizar, asegurármonos de borrar o
historial de navegación.
4.2. Describir obxectos, estancias e servizos

Bloque 3 de actividade… 1

5. Para acabar de convencer a Sabela, Paulo decidiu mandarlle un


anexo cunha breve descrición da casa do seu curmán e mais
unhas cantas fotos. Repara ben no texto e escribe os
adxectivos que resultan subxectivos ou valorativos.

O apartamento do meu curmán é fabuloso. Está nun sexto


andar, o último do bloque de vivendas, e está situado nunha
zona bastante elevada da vila. Ten vistas ao mar e é moi solleiro.

A entrada é pequena, porque en realidade non lle fai falta máis.


Ten tres cuartos moi espazosos, cunha decoración moderna e
incluso atrevida (xa verás un cadro de Lugrís que teñen
pendurado no cuarto principal, vas alucinar). A cociña é de
deseño, cun equipamento completísimo e electrodomésticos de
último modelo. A neveira é desas que che piden unha ducia de
ovos se estás quedando sen eles; sabes o que che digo, non si?
Trebellos futuristas!.... Todo novo do trinque.

Ademais dun cuarto de baño para invitados, o cuarto principal


ten outro con cabina de hidromasaxe e todas as comodidades
imaxinables. Cando vou directo do traballo desde Compostela
non perdo a oportunidade de gozar vinte minutos desa marabilla
dos nosos tempos!
Tamén ten un estudio moi riquiño, un sitio tranquilo e acolledor
para traballar que usan cando traen algunha lea pendente de
Xixón. Así e todo, a miña estancia favorita é o salón-comedor. É
grande grande, e ten unha televisión desas 4K, con son
“envolvente” (seica), onde poño uns documentais de natureza
da BBC que lle mercara en Londres ao meu curmán hai un par
de anos. Verás cando vexas o mundo mariño en
ultradefinición.... aínda hai xente que foi ao mar toda a vida e
nunca ollou así o fondo. Abofé!

O sofá é comodísimo, a decoración, abraiante... teno todo! E


aínda por riba, podo gozar dunha “modesta” solaina desde a que
hai unhas vistas preciosas. Un almorzo aí e cámbiache a cara
para unha semana, creme!

Non podo esperar a que o vexas!

6. Finalmente, Paulo e Sabela decidiron visitar o famoso barco boniteiro


burelao. Eis a información que conseguiron encontrar na web da
Concellaría de Turismo:

O noso barco museo representa, como símbolo, unha homenaxe e un testemuño


da vida da xente do mar.

Realízase a montaxe da ponte, equipo propulsor, auxiliar e aparellos


radioeléctricos no porto de Burela, e finaliza o día 24 de maio de 1968. O valor
total do buque ao termo da súa construción é de 3 550 000 ptas. (21 350 €).

O Reina del Carmen tivo durante os seus 30 anos de vida activa algúns cambios,
tales como a pintura do casco, que naceu sendo de cor branca e no ano 1992 é
pintado de cor vermella. Tamén mudan o motor principal e o motor auxiliar,
ademais dalgunha reforma de mantemento.

O Reina del Carmen sae por primeira vez do porto de Burela o día 27 de xuño de
1968 para realizar a súa primeira costeira do bonito en augas do océano Atlántico
na zona das Illas Azores. A súa tripulación estaba formada por 14 navegantes, que
durante os 20 ou 25 días que duraba unha marea mantiñan unha relación laboral,
social e humana, desenvolvida dun xeito moi intenso e especial polas condicións
espaciais e sanitarias que hoxe se poden contemplar en toda a súa orixinalidade no
barco museo.

Durante os seus 30 anos de vida profesional tamén se dedicou á pesqueira do


peixe espada, da pescada e do bocareu. Todas estas especies poden observarse
tamén no interior da neveira do barco.

Termina a vida profesional do barco na súa derradeira singradura, realizada desde


o porto de Santander ao de Burela o día 27 de setembro de 1998. É nese
momento cando comeza a súa “nova vida”.

Burela foi o porto boniteiro máis importante do Cantábrico e mesmo de España


durante todo o século XX e isto nunha vila como Burela, tan ligada ao mar, non
podía pasar desapercibido, xa que lembrarmos o pasado reforza o noso futuro.

Información traducida e adaptada da páxina Burela Turismo


[http://www.turismoburela.org/barco_museo.php]

Bloque 4 de actividade… 1

7. As descricións adoitan construírse con formas verbais do modo


indicativo, nomeadamente do presente, do pretérito e do
copretérito. Procura no texto todas as formas verbais
conxugadas que aparezan neses tres tempos e clasifícaas
escribindo antes o tempo.
8. Outra das características da descrición consiste no uso de
adxectivos cualificativos, tanto obxectivos como valorativos.
Clasifica os seguintes adxectivos do texto.

propulsor intenso Adx. obxectivo


Adx. obxectivo
importante
auxiliar Adx. obxectivo Adx. obxectivo

especial Adx. obxectivo espaciais


Adx. obxectivo
radioeléctricos
Adx. obxectivo desapercibido
Adx. obxectivo
branca Adx. obxectivo
sanitarias
vermella Adx. obxectivo Adx. obxectivo
principal Adx. obxectivo profesional
Adx. obxectivo
laboral Adx. obxectivo
última Adx. obxectivo
social Adx. obxectivo
nova Adx. obxectivo
humana Adx. obxectivo
ligado Adx. obxectivo

Como se fai?

As descricións

De comparares o texto sobre o barco boniteiro co texto de Paulo sobre o


apartamento do seu curmán, decataraste de que no primeiro predomina a
obxectividade, pois o que se pretende é describir un obxecto (neste caso con
moita historia) de maneira fiel á realidade. Pola contra, na descrición de Paulo os
adxectivos valorativos son maioría, pois estes empréganse cando o que se
pretende é dar unha opinión persoal sobre o elemento descrito.
Bloque 5 de actividade… 1

9. Escoita a conversa entre Sabela e Paulo sobre a visita ao barco


boniteiro de Burela. Despois, pica nesta ligazón
[http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/31646/barco-
museo-boniteiro-reina-del-carmen-?
langId=gl_ES&ctre=75&tp=13] e realiza unha breve descrición
do dito barco e da túa “visita” virtual, facendo fincapé naqueles
aspectos que máis che chamaron a atención (ou nos que
menos).

(7)
Diálogo Sabela e Paulo (7)

Sabela: Que che pareceu a visita, logo? Desde que saímos apenas
pronunciaches palabra.
Paulo: Pois... a verdade é que estou aínda algo perplexo.
Sabela: E logo?
Paulo: Non che sei, fiquei tremendamente impactado. Foi entrarmos e
deseguida me veu á cabeza unha foto que recordo ben das miñas
visitas a Burela cando era noviño. A miña avoa ten unha foto do seu
pai, o meu bisavó, no salón da casa, na sala de máquinas dun
boniteiro, con todos eses aparellos e pancas... e sentín unha sensación
moi difícil de explicar: transporteime a aquela foto, como se estivese
vivindo o momento xusto en que se tirou a instantánea...
Sabela: Vaia!, si que che deu forte!
Paulo: A verdade é que mesmo sentín un pequeno calafrío...
Sabela: Iso é que tes algo de mariñeiro correndo polas veas... mira que
se te trabucaches de profesión...
Paulo: Vai ti saber...
Sabela: Pois a min o que máis me impresionou foron os camarotes,
especialmente ese onde había varias camas perfectamente aniñadas.
Non podía parar de pensar no duro que tiña que ser pasar alí tantas
noites e, dalgunha maneira, na convivencia tan estreita que haberías
de levar.
Paulo: E que me dis da cociña? Imaxinas o que podería ser preparar
unha cea nunha noite de treboada? A min víñame á cabeza esa
escena do filme dos irmáns Marx, cando o camarote se vai enchendo
de xente mentres lles serven a comida...
Sabela: Pois nada, Pauliño, haberá que subir unha boa crítica á visita
na Rede...
Paulo: Xa me tardabas! Aaaai, a tecnoloxía e Sabela, tal para cal,
maragota e media.
5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega

5.1. Coñecendo a Ana Peleteiro

1. Le o seguinte texto e despois fai as actividades.

O rendemento e a alimentación van


da man. Cada vez, a conciencia é
maior. Tamén a formación que
reciben os e as deportistas. Non
todas as disciplinas esixen o mesmo. E
non todo o que beneficia unha persoa
serve para que outra mellore. A
maioría de clubs e federacións
integran xa especialistas en nutrición
que asesoran de forma personalizada.

A comida, para a atleta Ana Peleteiro (Ribeira, 1995), unha das grandes xoias do
deporte galego, chegou a converterse nun problema. «Cando me tocaba competir,
deixaba de comer. Pasaba fame. Comía o mínimo para tentar rebaixar o máximo
de peso. Despois, tiña efecto rebote. Baixaba catro quilos para a proba e, cando
volvía comer, subía seis». Calquera especialista levaría as mans á cabeza. No seu
desprazamento a Madrid, para concentrarse na Blume, comezou a súa deriva.
«Viña de casa da miña nai, cunha dieta coidada e alí volvinme tola. Fóiseme o peso.
Non me privaba dunha carne, un arroz con leite, unha xelatina... e despois
pasábame factura. Mesmo o notaba na pel. Saíanme moitos grans».
Menos graxa
Co cambio de hábitos, Peleteiro perdeu graxa corporal e o seu peso non sofre
drásticas oscilacións. A súa dieta componse de hidratos, proteínas, moita verdura
e algunha decisión froito das súas sensacións. «O día de competición sempre
como carne con ensalada; o día que comín peixe, competín fatal». Fai sempre o
seu propio pan. «Con fariña integral, sal, fermento e auga. Ás veces bótolle noces,
pasas...». Tamén as súas sobremesas. E recita a receita do seu último biscoito
caseiro: «Fariña de espelta, un ovo, un dátil, un plátano e uvas pasas». Na súa
mesa, parece, xa non hai volta atrás. «Non é por moda, nin sequera pensando só
en competir, é por saúde a longo prazo», confesa.

Os resultados avalan o cambio de hábitos


Ana Peleteiro xa ve a plusmarca española de triplo salto, en poder da rioxana
Carlota Castrejana desde o ano 2007. Teno moi preto, a nove centímetros, logo
de asinar un concurso impecable no último Campionato de España, establecendo
unha nova marca persoal en 14,55 centímetros, marca dos campionatos
(esnaquizando a marca de 14,36 metros que tiña Castrejana desde o ano 2008) e
que foi, ademais, récord galego absoluto.

Peleteiro, no seu segundo curso con Iván Pedroso, vive a mellor tempada da súa
vida. Primeiro colgou o bronce no Mundial de Birmingham e desde entón
colecciona marcas persoais. No recente europeo de Berlín, onde acadou o bronce,
converteuse na primeira galega cunha medalla a nivel continental.
Tradución e adaptación da noticia «El pan que amasa Ana Peleteiro»
[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2018/09/06/pan-amasa-ana-
peleteiro/00031536257507776201907.htm]
La Voz de Galicia. 07/09/2018

Bloque 1 de actividade… 1

2. Indica se as seguintes afirmacións sobre a vida de Ana Peleteiro


son verdadeiras ou falsas.

a. Ana Peleteiro posúe a mellor marca española de triplo salto de


todos os tempos.

Verdadeiro Falso
b. A ribeirense controla estritamente a súa alimentación e xa non
consome carne.

Verdadeiro Falso
c. O cambio de alimentación que Ana experimentou na Blume
incidiu positivamente na súa preparación física.

Verdadeiro Falso
d. Un dos caprichos que Ana pode darse é gozar da repostaría
caseira.

Verdadeiro Falso
e. Unha das condutas alimentarias que máis beneficiou a Ana foi
abandonar os refrescos.

Verdadeiro Falso
f. Os produtos baixos en graxa son esenciais na alimentación de
Ana Peleteiro.

Verdadeiro Falso
3. Completa as seguintes definicións con palabras extraídas do
artigo:

a. Masa branda e transparente que se obtén ao cociñar e deixar


coagular froita enteira.

b. Masa de fariña que leveda o pan. wwwwwwww

c. Marca conseguida nun evento deportivo en relación a outros


do mesmo tipo.

d. Persoa que non pode deixar de facer certas accións.

e. Proporción moi pequena dun líquido que cae.

f. Mirar fixamente.
5.2. As rías de Galicia

4. Le o seguinte texto.

As rías galegas constitúen un


dos ecosistemas mariños de
maior diversidade biolóxica do
planeta e conforman unha das
peculiaridades da xeografía de
Galicia. Estes longos brazos de
mar que penetran na terra
definen a paisaxe e a
idiosincrasia de Galicia, que
atesoura ao longo dos seus
1498 quilómetros de costa
máis de 700 praias cunha A Ría de Vigo é a que está máis ao sur das Rías
cultura milenaria sempre
Baixas.
vinculada ao mar.

As rías deben o seu nome ao xeógrafo e xeólogo alemán Ferdinand von


Richthofen. O factor determinante da formación das rías galegas foi a subida do
nivel do mar como consecuencia da fusión da auga dos polos.

Tradicionalmente, as dezaseis rías galegas divídense en Rías Baixas e Rías Altas,


segundo a súa posición respecto de Fisterra como punto máis occidental de
Galicia. As Rías Baixas son seis, son as máis antigas (formáronse hai 110 millóns de
anos) e crean suaves areais que convidan ao acougo. As Rías Altas son dez e son
moito máis novas («só» teñen 24 millóns de anos). As súas praias son abertas e
bravas, expostas á acción do mar.

Á diferenza dun fiorde, que é profundo e de abas salagres


[https://academia.gal/dicionario/-/termo/salagre] provocadas por un glaciar, unha
ría designa un val dun río costeiro alagado pola elevación do nivel do mar.

Pero as rías de Galicia tampouco son iguais ás do resto do mundo. Isto débese ao
afloramento costeiro, polo que as augas profundas do Atlántico, frías e ricas en
nutrientes, desprazan mar adentro as augas superficiais da ría, o que explica tanto
a alta produtividade como a calidade dos seus mariscos.

Traducido e adaptado do artigo


[http://www.turismo.gal/docs/mdaw/mzax/~edisp/turga301764.pdf?
langId=es_ES] da páxina www.turismo.gal.
Bloque 2 de actividade… 1

5. Completa o seguinte texto coa palabra axeitada, de acordo coa


información que vés de ler.

A costa galega está composta por dezaseis rías, nove na costa

norte e cinco na costa sur. Delas, as de máis recente formación

son as Rías Altas , que contan 84 millóns de anos menos. Con

todo, a súa formación débese ao mesmo proceso: o derretemento

dos polos e a consecuente subida do nivel do mar.


Aínda que en aparencia unha ría semella similar a un fiorde, a
formación deste débese a un glaciar e presenta abas con

grande inclinación e abundantes desniveis. As rías formáronse, pola

contra, a partir de antigos vales costeiros que foron anegados polo

mar.
O clima galego está caracterizado polas abondosas chuvias e as

temperaturas calorosas , aínda que existan diferenzas entre o

norte e o sur, e entre a costa e o interior.


6. Proba de lume

6.1. Pero antes... Galego ConCurso!

Imos agora repasar algúns dos contidos que vimos na unidade. Para iso, mira este
fragmento de vídeo, pertence á serie Galego ConCurso.

Agora fai as seguintes actividades relacionadas co vídeo.

Galego ConCurso 1
1. Escoita de novo o vídeo se o precisas e a continuación
completa as oracións seguintes co substantivo en plural
correcto.

a. Os adxectivos wwwwwwwwwwwwwww. son intrínsecos;


forman parte da calidade do obxecto ou do que estou
definindo.
b. Os adxectivos wwwwwwwwwwwwwww. achegan matices
diferentes ás calidades intrínsecas do obxecto.
6.2. Avalíate

Autoavaliación

Mostrámosche a continuación algunhas actividades para


avaliarte. Dispós dun intento para superar cada actividade.

1. Escoita este texto da unidade e completa os enunciados coa


palabra axeitada.

a. O barco boniteiro burelao constitúe unha homenaxe á vila


mariñá e é wwwwwwwwwwwwwwwwww da súa historia
mariñeira.

b. O wwwwwwwwwwwwwwwwww total do buque foi de máis


de tres millóns das antigas pesetas.

c. Despois de vinte e catro anos desde a súa botadura, o casco do


barco foi pintado wwwwwwwwwwwwwwwwww.

d. A pesar de ser un barco boniteiro, tamén capturaba peixe


espada, wwwwwwwwwwwwwwwwww.

e. Tras wwwwwwwwwwwwwwwwww anos de actividade, a


derradeira wwwwwwwwwwwwwwwwww do buque, en
wwwwwwwwwwwwwwwwww de 1998, simboliza o pasado
glorioso de Burela como porto boniteiro máis importante do
wwwwwwwwwwwwwwwwww durante o século XX.
2. Na seguinte listaxe ofrecémosche algunhas definicións de
palabras do texto anterior que poden funcionar como
substantivos ou como adxectivos. Relaciona cada acepción
coas palabras.

a. profesional
adx. Que produce unha impresión agradable á vista.
subs. Peixe de tamaño grande e xeralmente de cor azul escura
prateada.

b. profesional
adx. Que é o máis importante.
subs. Persoa que concede un poder respecto do seu apoderado.

c. profesional
adx. Que serve como complemento.
subs. Persoa que axuda na organización ou desenvolvemento dunha
actividade, xeralmente realizando labores secundarios.

d. profesional
adx. Relativo ou pertencente á costa, á beiramar.
subs. Período temporal de pesca dalgúns peixes.

e. profesional
adx. Relativo ou pertencente á pesca.
subs. Dique ou presa construídos no curso dun río, desde onde se
pesca ou coa que se desvía a auga para poder pescar.

f. profesional
adx. Que exerce un oficio remunerado.
subs. Persoa que practica unha actividade de forma habitual.

g. profesional
adx. De cor clara.
subs. Ficha do xogo do dominó que non ten puntos nunha das súas
metades.
3. Relaciona cada imaxe co termo que a designa.

bocareu

pescada

bonito

peixe
espada

sardiña

ollomol
robaliza

peixe sapo
4. Algunhas palabras galegas están presentes no castelán (ás
veces con lixeiros cambios), mais sen compartiren o mesmo
significado. Esta curiosa relación aparente establécese entre
“falsos amigos”. Repara nas palabras que aparecen a seguir
(unha de cada parellla está presente na unidade) e selecciona a
acepción que lles é acaída. As acepcións están adaptadas do
DRAE [https://academia.gal/inicio].

estudio Que ten moita lonxitude ou que


dura máis do que esperado.
estudo
Paga dun empregado/a por
traballar fóra do seu centro.
alagado

Esforzo intelectual para


afagado
comprender algunha cousa.

largo
Recipiente redondo e coa boca
ancha, usado para cociñar.
longo
Local onde traballa un profesional.
ola
Que recibe adulación.
onda

Elevación producida polo vento na


dieta superficie do mar, río ou lago.

axuda de Que está cuberto de auga.


custo

Réxime alimentario seguido por un


ou varios individuos.

Que ten moita extensión.


5. Procura nas letras desordenadas dous adxectivos de grao
positivo e catro de grao superlativo absoluto.

Adxectivos positivos:
1. d - a - s - o - a - u:
.
2. e – e - l – v – n- a – t:
.

Adxectivos superlativos absolutos:


1. l – e – x – e – i – r – u – p – s – o – i – r:
.
2. i – i – i - p – s – m – e – n – s – a – t - a:
.
3. t – i – c- h – p – r – r – t – c -o -e – i – i:
.
4. b – r – o – c – l – e – m – o – e – r - i – e:
.

6. Ordena as oracións e escribe as estruturas comparativas que se


che indican. Escribe as maiúsculas e minúsculas correctas.

Exemplo. Comparativo de excelencia (superlativo relativo):

a. da clase. / é / Uxía / nova / a máis: Uxía é a máis nova da clase.

Comparativo de inferioridade
1. resultaron / comentaras. / do que / Os teus amigos / menos
serios

Comparativo de igualdade

2. tan amable / A doutora / como / estivo / de costume.

Comparativo de superioridade

3. nós. / contestaron / máis certeiras / ca / Elas

.
7. Escolle a estrutura axeitada para escribir un correo electrónico
á redacción dun xornal en que lle achegues unha carta á
dirección co fin de que a publiquen.

1. Saúdo + agredecemento pola lectura + pedimento


de publicación + despedida

2. Saúdo formal + corpo do texto + pedimento de


publicación + despedida

3. Saúdo formal + corpo do texto + pedimento de


publicación + despedida + agradecemento pola
lectura

8. En cada unha das seguintes secuencias de adxectivos hai un


que non debería estar aí: ben son todos valorativos agás un,
que é obxectivo, ben á inversa. Identifícao!

A B

capaz patrimonial

displicente colonial

lacazana cenital

engaiolante lanzal

pícara confidencial

afiado ilegal

testán marcial

apracible
9. Le a seguinte descrición deste cadro
[http://4.bp.blogspot.com/-
ipVLZAGFHuM/UUwIy1UrVcI/AAAAAAAABHM/ZbPwGAhaE-
Q/s1600/Lugris+cuarto.jpg] do artista galego Urbano Lugrís e
clasifica os adxectivos que aparecen sinalados nel.

No cadro pode verse unha estancia de corte señorial valorativo


dunha casa que, pola decoración, semella da clase alta ou media-alta.
En aparencia, pode ser un estudio ou unha sala de estar.

O conxunto ofrece unha visión repleta valorativo de elementos

que remiten ao mundo mariño valorativo : cadros, obxectos


decorativos, libros, etc. En primeiro plano, aparece unha mesa de
traballo que, como todo o mobiliario da estancia, está construída con
madeiras nobles. Sobre ela, repousa un vetusto valorativo libro de

contido literario valorativo , aberto pola páxina que remite ao


Leviatán, monstro mariño, descrito na Biblia , no Libro de Xob, que
simboliza o caos das augas hostís á vida. Lixeiramente apoiado
valorativo , vese tamén un telescopio e a un lado, unha mesa

clásica co globo terráqueo valorativo insertado, un obxecto hoxe


en día de coleccionista.

A estancia, inzada de referencias históricas (os cadros, os libros dos


andeis da libraría...) e mariñeiras (a pipa de almafí, o curioso
valorativo astrolabio etc.) ofrece un conxunto harmonioso, aínda

que ateigado valorativo de obxectos que desvían a atención a

múltiplos puntos daquela: o impoñente valorativo carillón, o vello

valorativo quinqué, a solemne valorativo cadeira de brazos, os

planos enrugados valorativo , as maquetas e elementos


pendurados do teito e das paredes..., todos eles nunha representación
perfecta dun pasado virado ao mar como elemento vivificador.
10. Escoita de novo esta audición da unidade e indica se os
enunciados son verdadeiros ou falsos.

a. Sabela cóntalle a Paulo a súa primeira experiencia nun campo


de fútbol.

Verdadeiro Falso
b. A expresión “vaites, vaites”, que emprega Paulo, emprégase
para indicar aprobación e interese.

Verdadeiro Falso
c. Sabela explícalle a Paulo como é o fútbol gaélico, aínda que el
xa ten algo de idea sobre este deporte.

Verdadeiro Falso
d. Ambas as seleccións galegas, tanto a feminina como a
masculina, chegaron á final do campionato.

Verdadeiro Falso
e. Paulo retrúcalle con retranca a Sabela porque ela se ofende con
facilidade.

Verdadeiro Falso
6.3. Preparámonos para o CELGA 3

CELGA 3
Neste apartado poderás realizar unha proba
similar ás que has afrontar nos exames oficiais.
Traballarás coa parte escrita, aínda que tamén
deberás desenvolver unha oral. Podes acceder a
toda a información sobre os exames no Portal
da Lingua Galega [http://www.lingua.gal/o-
galego/aprendelo/celga-3], alén de
consultar probas [http://www.lingua.gal/o-
galego/aprendelo/celga-3/modelos-de-
exame] doutras convocatorias.

Proba escrita 1
Dirixes a actividade dun novo centro deportivo municipal da cidade.
Para dar a coñecer o dito centro entre a cidadanía do barrio, decides
poñer en marcha unha campaña de captación de abonados/as entre
as familias con fillos e/ou fillas. Para iso, vas difundir un escrito en
que presentas unha serie de actividades dirixidas ao público infantil.
No teu escrito, de 300 palabras, debes:

Incluír unha presentación xeral do centro e da súa liña de


actuación.
Explicar a relación de actividades que o teu centro vai ofrecer
para nenos e nenas, cunha breve descrición.
Propoñer unha das actividades, como a máis innovadora e
atractiva de todas elas.
Indicarlles cales son as cuestións formais para inscribirse:
horarios, idades ás cales se orientan os cursos, prezos...

Podes inspirarte nesta web [https://www.multiusos.net/deporte-e-


fitness/actividades-para-nenos/] para concibir e organizar o teu
escrito.
6.4. Amplía

Ampliación 1

1. Navegando pola rede deches coa web do Proxecto Apego


[http://apego.gal/].

Escribe un correo electrónico para solicitar información na Concellaría


de Normalización [http://apego.gal/quen-somos/] sobre como
realizar a inscrición e que actividades che poden ofrecer.
6.5. Na Rede

Ligazóns interesantes

A continuación, propoñémosche unha serie de ligazóns interesantes:

Teoría

O adxectivo cualificativo
[http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_ad
x_01.html?
orix=mor&tema=mor_adx_01.html]
O grao do adxectivo (con actividades
interactivas)
[https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
sites/espazoAbalar/files/datos/13672336
47/contido/ODE_retrato/retrato/o_grao_d
o_adxectivo.html]
A descrición
[https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
sites/espazoAbalar/files/datos/13672336
47/contido/ODE_retrato/retrato/a_descri
cin.html%20]
A carta
[http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesor
amento/documentos/carta.html]

Textos

O barco boniteiro (1)


[https://museos.xunta.gal/gl/barco-
boniteiro]
O barco boniteiro (2)
[http://www.turismo.gal/buscador-global?
langId=gl_ES&q=barco+boniteiro]

Recursos

Dicionario RAG
[https://academia.gal/dicionario]
Dicionario Digalego
[http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/i
ndex.php]
Tradutor online
[http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPu
blico/traducir/index]
Pronuncia [http://ilg.usc.es/pronuncia/]
Digatic [http://www.digatic.org/]

Créditos
© La Voz de Galicia, S.A. [https://www.lavozdegalicia.es/]
Estes materiais foron supervisados pola Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de
Galicia.

Autora e autor dos contidos: Mercedes Pacheco Vázquez e David Paz


Lafuente.

Dirección do proxecto e dixitalización dos contidos por Netex Knowledge


Factory S.A. 2018 [http://www.netexlearning.com/editoriales/].