Nº 26 OUTONO 2008
A Xanela
Revista cultural das Mariñas
Nº 26 OUTONO 2008
COLABORACIÓNS
Gabriela Rodríguez, Geni, Marta Dacosta, Paulo Martínez Lema, Víctor Tizón, Fernando de Castro Branco,
Eduardo Olímpio, Susete Viegas, António José Queirós, João de Castro Nunes, Manuel Dans, Xosé Mª
Veiga Ferreira, Juan Sobrino Ceballos, Xesús Torres Regueiro, Antón Fafián Porto, Moncho do Orzán,
Xosé Lois Sobrino e Baraxeiro.
DESEÑOS FOTOGRAFÍAS
Víctor Tizón, Sabela Arias, Luis Otero Veiga, Dans, Arquivo familia Suárez Picallo e
Arquivo Eira Vella
COORDENA
Suso Torres MAQUETA
Equipo Xerri
IMPRIME
Lugami, Artes Gráficas. Betanzos D.L.
C - 1696 / 96
Permítese e agradécese a reproducción, citando a procedencia. A.C. EIRA VELLA. Edificio das Antigas Escolas do Asilo, baixo.
O noso E-mail: eiravellabetanzos@yahoo.com
A Xanela 1 Praza doOutono
Mestre José
2008 Dapena. BETANZOS 15300. GALICIA.
ACTIVIDADES DA A.C. EIRA VELLA Fe de erros: MISCELANEA
Mostra “Irmáns Suárez Picallo”
No pasado nº 25, da Primavera, atopamos
Entre o 20 e o 31 de outubro tivo lugar na
varios erros: Na páxina 15, o artigo de Manuel B.
sala de exposicións do antigo edificio do Arquivo
Dans, “Os Dans, un clan das Mariñas”, non debería
do Reino a mostra elaborada pola Comisión Irmáns
levar o encabezamento LENDAS e si ONOMASTICA
Suárez Picallo sobre estes dous relevantes
ou outro similar.
persoeiros galegos fillos da vila de Sada.
Nas páxinas centrais dedicadas a Álvarez
Asimesmo, o día da inauguración celebrouse unha
Blázquez, aparecen grallas como “nomorar” por
charla a cargo de Marisa Naveiro, Francisco Pita e
namorar no poema “O merlo poeta”, e “atada” por
Manuel Pérez, membros da devandita comisión,
atado no poema “A cometa”.
sobre as actividades desenvolvidas e a
Con todo, o erro máis grave atópase na
personalidade dos dous irmáns nacionalistas de
páxina 4, nos poemas de Marta Dacosta do seu
esquerda, Ramón e Xohán Antón. Tamén se
libro inédito Cinza que levan os títulos “(1971)” e
proxectou un documental sobre a figura de Ramón
“(1972)”, onde se produciu un lamentábel erro na
Suárez Picallo.
maquetación dos mesmos que nos obriga a
repetilos neste número como desagravio á autora
A Guerrilla Antifranquista Galega. e beneficio dos leitores.
Centenario de “Foucellas” (1908-2008) As nosas desculpas.
Nos días 23, 24 e 25 de outubro levaronse a
cabo actos de homenaxe á Guerrilla Antifranquista Agradecementos:
Galega en Curtis, Ordes e Betanzos, que contaron A todos os anunciantes (locais comerciais,
coa presencia dos fillos de “Foucellas” e da filla de empresas e entidades) pola súa fidelidade e axuda.
Ponte, así como de “Quico”, antigo guerrilleiro do Á Deputación Provincial da Coruña pola
Bierzo. Aproveitando o centenario do mítico “Fou- súa axuda económica para a edición dos dous
cellas” o máis lendario e popular dos guerrilleiros números da Xanela deste ano 2008.
galegos, homenaxeouse aos que loitaron na guer-
rilla contra o Franquismo e a todas as persoas que Intercambios:
foron mortas, sofriron prisión, tortura, desterro ou A Xanela intercámbiase con outras
represalias. publicacións culturais. O noso enderezo:
As actividades estiveron organizadas pola A.C. Eira Vella
Praza do Mestre José Dapena
CRMH da Coruña; a A. C. Obradoiro da História, Antigas Escolas do Asilo, Baixo.
de Ordes, e a A. C. Eira Vella de Betanzos. Rema- 15300. Betanzos
taron cun roteiro polos lugares vencellados a “Fou-
cellas” (nacemento, veciñanza, caída, prisión), un Víctor Tizón
festival poético-musical e unha cea.
En novembro, os actos de homenaxe tive-
ron continuación en Betanzos cunhas Xornadas de
Cinema os días 18, 19 e 20. Proxectáronse as
películas “A guerra dos avós”, de Oscar Galansky,
“Bandoleiros ou guerrilleiros”, de José A. Sanmartín
e Alfredo García, e “A cidade da selva”, de Helena
Villares e Pilar Pérez.
Abride a xanela
Abride a Xanela,
deixade que entre,
faremos espazo
para que pouse os seus soños
e cando se vaia
quedarán…
porque xa serán nosos,
así que abride a xanela
e deixade que entre,
nós faremos espazo.
Gabriela
Pechade a xanela
Pechade a xanela
xa abonda.
Pechade a xanela
xa é suficiente.
Pechade a xanela
xa non toleo por ela.
Que non entre o aire
que as estrelas pasen de longo.
Pechade a xanela
non quero que marche... sen min.
Princesiña que engaiolas o meu ansiado sono
naiciña que has de acollerme.
Geni
(1971) (1972)
[...]
ou ti a lagoa
[...]
rachar, miña turba, miña fraga de donda turba, megálito, rachar e [...]
Susete Viegas
E a lagartixa rastejando,
recusando o círculo da cauda decepada.
ILUSTRACIÓN:
SABELA ARIAS Eduardo Olímpio
Manuel B. Dans
SENSIBILIDADE VEXETAL
No albor do séc. XX os investigadores xa po-
suían aparellos capaces de medir o que, ata en-
tón, se pensaba era unha crenza relixiosa: a aura,
ou campo de enerxía que rodea aos seres hu-
manos. Nos anos 30, os profesores Burr e North-
rop descubriron que as árbores non só tiñan aura,
senón que o seu radio e potencia eran excepcio-
nais. Posteriormente demostrouse que cando se
ameazaba unha árbore, a súa aura sufría al-
teracións, e, do mesmo xeito, vigorizábase diante
dunha presencia amigable. Os nosos devancei-
ros carecían desta tecnoloxía, pero coñecían ben
a realidade da árbore como unha conciencia sen-
sible, tal e como nolo amosa a tradición: en moi-
tos lugares do país, despois da cea de Noiteboa,
o dono da froiteira que non dera froitos no verán
botábase a ela, dicindo, “Aquí estamos. Heite cor-
tar”. Outro veciño, que facía de avogado,
O Concello de Sada decidíu dedicar o presente Betanzos e dunha parte das Mariñas. Alí os restos
ano 2008 aos irmáns Ramón e Xohán Antón dos irmáns repousarán xuntos e serán un ponto
Suárez Picallo, beneméritos e ilustres fillos da de referencia permanente na nosa memoria
veciña vila mariñá. Os descendentes do zoqueiro coletiva.
de Veloi e da Escribana terán por fin o Para min Ramón Suárez Picallo foi, con
recoñecemento do seu pobo ao abeiro do Castelao, a figura política galega máis sobranceira
centenario do nacemento do irmán máis novo, da primeira metade do século XX. E falamos de
Xohán Antón, que se cumpriu en xullo de 2007. política en clave de liberación social e de soberanía
Unha serie de actos, xa escomezados do país. Porque dos outros políticos, dos que
meses atrás, tiveron continuidade no mes de traballaron por e para unha España asoballadora
outubro: conferencias, charlas e mesas redondas, e afogadora de pobos e culturas, tivemos galegos
exposición itinerante, roteiro, edición de libros dabondo en todo tempo e situación política, para
recollendo artigos e textos de Ramón, e a a nosa desgraza. Deles non veu nin vai vir
repatriación dos restos deste dende o cemiterio ningunha luz para a caduca Iberia nin para a nazón
bonaerense da Chacarita. Ramón expresara no de Breogán. Por non falar do xeneral-ísimo que
exilio o desexo de ser enterrado no Fiunchedo. É figura nas listas de gobernantes criminais da
este, quizá, o único lugar que se viu libre da historia contemporánea e que nos tivo aferrollados
desaforada especulación urbanística dos últimos por case catro décadas.
anos promovida polos anteriores gobernantes De non mediar a rebelión militar e a guerra
locais de extrema dereita (o retrato de Franco civil, ou de ter esta outro resultado, Ramón estaba
presidía, con provocación e aleivosía, o despacho chamado a ser o grande dirixente de masas dun
do anterior e case vitalicio alcalde). Dende o Partido Galeguista que estaba a aproximarse a elas
Fiunchedo óllase e domínase a pracidez da ría de na xeira da Fronte Popular, na que estaba inmerso
Foucellas
Manuel Miragaia
CRMH DA CORUÑA, A.
C. OBRADOIRO DA
HISTÓRIA DE ORDES,
A. C. EIRA VELLA DE
BETANZOS
FOTOS: DIVERSOS PARTICIPANTES
O panorama musical da música independiente amosa de cando en vez sorpresas agradables, mesturas,
fusións ou revisións de clásicos que á súa vez seguramente tamén o sexan cando pase o tempo necesario
para que a sociedade lles dea o valor preciso. Noutras ocasións formacións alonxadas xeográficamente
beben das mesmas influencias e co seu xeito de reinterpretar as mesmas podemos ver como a música
segue a ser a linguaxe universal por excelencia. Neste número daremos conta de tres novidades, dúas
norteamericanas e outra lucense.
O NARIZ DE FIZ é unha nova achega do poeta e crítico Miro Villar ao campo da
literatura infantil. O presente relato acadou o V Premio de Literatura Infantil e
Xuvenil “Pura e Dora Vázquez” que apadriña e edita a Deputación Provincial de
Ourense. As ilustracións son de Lola Lorente. A través de 15 capítulos (o libro
ten 116 páxinas) asistimos ás aventuras deste rapaz que conta cun nariz especial.
SINAIS NA AREA. Escritos sobre arte recolle unha serie de traballos do poeta
e crítico de arte Xulio Valcárcel sobre o mundo das artes plásticas,
nomeadamente a pintura, a fotografía e a escultura. Reflexión e diálogo, enfoques
plurais arredor dun feixe de creadores de ben diferentes estéticas e
representativos da plástica galega actual: Erias, Dieuzaide, Muíño, Branca Silva,
Gómez-Chao, Fidel Vidal, Pepe Galán, Díaz Fuentes, Xavier Muíños, Jesús
Núñez, Vila, Quique Vázquez, Man, Morquecho...
Tienda multimarca
ESTANCO
Valdoncel, 91
(Ponte Nova)
Tel. 981 770201
BETANZOS
FERRETERÍA
José Luis
BUTANO
Na mesma Porta da Vila
Plaza Alfonso IX, 10 Plateiros, 1 · BETANZOS
Teléfono 981 770952 · BETANZOS
A Xanela 27 Tels. 981 770410 - 981 772661
Outono 2008
Betanzos B E T A N Z O S
Rúa da Pescadería, 2
LIBRERÍA PAPELERÍA
Tel. 981 77 26 72 · Fax 981 77 47 34
15300 BETANZOS (A Coruña) Rúa do Rollo, 32 · 15300 BETANZOS (A Coruña)
Tel. 981 772649 · E-mail: libreriadonin@mundo-r.com
FERRETERÍA R/ Valdoncel, 16
ROQUE
15300 BETANZOS
Teléfono 981 774798