Está en la página 1de 49

GALICIA 360

Ciencia en Galicia
Unidade 1. Ciencia en Galicia
0. Como funciona esta unidade?

0.1. Axuda

1. Introdución

1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3!

1.2. Obxectivos

2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita

2.1. Un pouco de ciencia. Comprensión escrita

2.2. Tardes de lecer. Comprensión oral

3. Debullando a lingua. Gramática

3.1. Os substantivos

3.2. Os substantivos: xénero e número

4. Con boa letra. Expresión escrita

4.1. Expresar estado de ánimo e carácter das persoas

5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega

5.1. Na compaña de Jorge Mira

5.2. Reserva da Biosfera de Lugo, unha ruta pola natureza

6. Proba de lume

6.1. Pero antes... Galego ConCurso!

6.2. Avalíate

6.3. Preparámonos para o CELGA 3

6.3. Amplía

6.4. Na rede
0. Como funciona esta unidade?

0.1. Axuda

Menú

A unidade está estruturada en


apartados e subapartados. Podes
acceder a eles a través do menú
lateral.

Tamén podes acceder ao apartado


anterior e seguinte a través das
frechas laterais.

Dentro de cada apartado, preme


nas frechas da parte inferior para
visitares os diferentes
subapartados.
Actividades de reforzo

En cada sección hai actividades de reforzo non avaliables. Estas actividades


axúdanche a aprenderes os contidos da unidade. Hai diferentes tipos de
actividades, pero todas teñen uns elementos comúns.

Acceso ás actividades dun


bloque. Podes ver a
actividade que queiras
pulsando en cada unha delas.
Botón de comprobar. Envía a
túa resposta.
Reintentar. Se a túa resposta
for incorrecta, podes facer a
actividade de novo.
Intentos. Nas actividades de
reforzo tes tres intentos.
Lámpada. De esgotares os
tres intentos e non marcares
as respostas correctas, podes
ver as respostas
da actividade.

Ollo! Presta atención ás palabras que precisan maiúscula inicial nas actividades
de escritura.
Avaliación

Na última sección hai un bloque de 10 actividades.

Estas actividades son avaliables. Para aprobares a unidade tes que realizar
correctamente oito preguntas.

Tes un único intento por actividade para resolveres a avaliación.

Lembra que para completares a unidade tes que realizar todas as actividades
de reforzo e visitar todos os apartados e subapartados.

Recursos
da unidade

Na parte superior dereita


podes ver a versión para
imprimir da unidade.
Tamén podes buscar
palabras.
O buscador amosa as
seccións onde aparece a
palabra procurada. Se
pulsares nunha sección,
poderás ver a palabra que
pescudaches resaltada en cor.
1. Introdución

1.1. Benvidas e benvidos ao Celga 3!

A lingua dun pobo é o seu sinal


de identidade, canle de
comunicación e de
coñecemento, e Galicia é
posuidora dunha lingua propia:
o galego.

Neste curso en liña presentámosvos as pautas e contidos para acadar as


competencias lingüísticas que vos axuden a superar as probas do Celga 3.
Pretendemos que as persoas que realicen este curso poidan desenvolverse sen
moitas dificultades en contextos nos que o galego sexa lingua de estudo, traballo e
interacción.

(1) (2)

A través de dez unidades, compartiremos con vós un pouco máis da nosa terra, da
nosa lingua e da nosa realidade social, cultural, económica e etnográfica.
Percorreremos as paisaxes de Galicia, falaremos de ciencia en galego,
coñeceremos un pouco máis do noso deporte e saborearemos a nosa
gastronomía… Sen esquecernos de gozar coa nosa arte, literatura, música e cine.

Queres seguir a aprender máis da nosa lingua? Vente con


nós!
Mira quen nos vai axudar a saber máis de galego… Imos
aló!
Compañeiro de traballo de Compañeira de traballo de
Sabela. Paulo.
Traballa como enfermeiro Traballa como animadora social
nunha residencia de maiores. nunha residencia de maiores.
É de Muros, pero a súa familia É de Vigo pero traballa en
paterna é de Burela. Traballa en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela. Está preparando oposicións ao
Gústalle moito ler e viaxar. ensino secundario.
Gústanlle moito os deportes.

Obxectivos (1)

O obxectivo do curso é adquirir as habilidades de comprensión e


expresión oral e escrita para conseguir un nivel de Celga 3 en
competencia lingüística, cun alto grao de corrección normativa.

A persoa que aprobe este exame vai posuír un nivel de galego que lle
permitirá dominar distintas situacións de comunicación, tanto a nivel
social como laboral ou educativo.

Estrutura (2)

Paralelamente, cada unidade conta con apartados dedicados ao


estudo da gramática e á ampliación do léxico, así como un espazo
para a autoavaliación despois de estudar cada unidade. Deste xeito,
quen realice este curso en liña de galego contará cun apoio
complementario para poder presentarse con maiores garantías aos
exames do Celga 3, avaliados pola Dirección Xeral de Política
Lingüística.
1.2. Obxectivos

Obxectivos da unidade

Comprender e redactar textos científicos.


Aprender termos científicos.
Coñecer científicas e científicos galegos.
Sintetizar un texto escrito e oral.
Aprender substantivos colectivos e os seus significados.
Aprender a formación do plural dos substantivos compostos.
Coñecer substantivos con oposición de xénero que implica cambio de
significado.
Aprender substantivos que se usan só en plural.
Saber como expresar estados de ánimo.
Aprender a describir o carácter das persoas.
Saber máis de Jorge Mira.
Coñecer a Reserva da Biosfera de Lugo.
2. Lido e feito! Comprensión oral e escrita

2.1. Un pouco de ciencia. Comprensión escrita

1. Le o seguinte texto de Jorge Mira e despois fai as actividades.

A esperanza de vida aumentou


moitísimo no mundo occidental ao
longo do século XX. Nesa sociedade,
o noso país ocupa un lugar
privilexiado porque a súa esperanza
de vida é duns 83 anos para as
mulleres e 77 para os homes. En
consecuencia, medra a porcentaxe de
poboación da terceira idade. Tales
circunstancias conducen ao
florecemento de traballos científicos
dedicados ao estudo das condicións
de vida dos nosos maiores.

Entre eles están os encamiñados a descubrir que factores do estilo de vida axudan
a construír o que poderiamos chamar unha “reserva mental” para os nosos últimos
anos de vida. Por “reserva mental” referímonos a un aumento da plasticidade
cerebral, uso compensatorio de rexións cerebrais alternativas e un
enriquecemento do sistema vascular cerebral; factores todos que exercen unha
función protectora contra o nacemento dunha das pragas sanitarias neste tramo
de idade: as demencias.

Ata agora analizáranse os papeis da


actividade física, a educación e as
condicións sociais. Pero acábase de
descubrir hai pouco en Canadá un
novo factor protector para as mentes
dos maiores, algo que as persoas
galegas coñecemos moi ben: o
bilingüismo. Científicas e científicos
da Universidade de Toronto atoparon
que o bilingüismo parece atrasar os
síntomas da demencia. Xa sabían que
o uso e dominio de dúas linguas ao
longo da vida aumenta a capacidade
de atención e as capacidades de
coñecemento en rapaces e en
adultos, e tentaron ir máis aló.
Examinaron os datos de diagnóstico
de 184 pacientes que asistiran á súa
rede de centros, 132 afectados de
alzhéimer e os 52 restantes doutras
demencias senís. 91 eran
monolingües e 93 bilingües, que
abarcaban ata 25 linguas diferentes.

En ciencia, cando unha persoa quere buscar o efecto dun parámetro, necesita
comparar grupos con igualdade de condicións no resto dos aspectos. Para
garantiren que as condicións de partida dos dous grupos que se contrastaron eran
homoxéneas examinaron condicións de educación, ocupación e, sobre todo, de
estado das súas capacidades cognitivas. Con iso mediron que o grao de
deterioración tiña un nivel parecido nos dous conxuntos. Unha vez garantidas as
mesmas condicións para os dous grupos, chegou a hora de buscar datos
diferenciais. Un deles foi, por suposto, ver a que idade se iniciara a demencia senil.
E aí veu a sorpresa: no grupo monolingüe, a idade media de inicio da demencia
senil fora aos 71,4 anos, mentres que no grupo bilingüe a media era aos 75,5. (...)
É dicir, demostraron que a condición bilingüe nunha persoa está a proporcionarlle
un efecto protector de atraso do inicio do alzhéimer e outras demencias senís, un
efecto que, segundo moitas e moitos especialistas, non é superado por ningún
fármaco con tal contundencia.

Este traballo súmase a moitos outros que indican todo tipo de beneficios mentais
para aquelas persoas que dominan máis dunha lingua, unha habelencia que
indiscutiblemente debe ser fomentada e que á maioría dos galegos nos vén dada
de seu.

«O bilingüismo protexe a nosa saúde», A ciencia no punto de mira, Jorge Mira


[http://webspersoais.usc.es/persoais/jorge.mira/].
Auga Editora (Adaptación)
Bloque 1 de actividade… 1

2. Despois de ler o texto de Jorge Mira, indica se son verdadeiras


ou falsas as seguintes afirmacións.

a. Enténdese por “reserva mental” unha diminución da


plasticidade cerebral e un uso desnivelado das rexións cerebrais
alternativas.

Verdadeiro Falso
b. A plasticidade cerebral non protexe contra as demencias.

Verdadeiro Falso
c. O bilingüismo parece atrasar os síntomas da demencia.

Verdadeiro Falso
d. En ciencia, cando se quere buscar o efecto dun parámetro
cómpre comparar grupos con igualdade de condicións no resto
dos aspectos.

Verdadeiro Falso
e. O dominio de dúas linguas non aumenta a capacidade de
atención pero si as capacidades de coñecemento.

Verdadeiro Falso
f. En España, a esperanza de vida dos homes é superior á das
mulleres.

Verdadeiro Falso
g. A poboación da terceira idade cada día diminúe máis no noso
país.

Verdadeiro Falso

3. Extrae as ideas principais do texto nun pequeno resumo e logo


compárao co que se propón.
2.2. Tardes de lecer. Comprensión
oral

(3)
Bloque 2 de actividade… 1

4. Selecciona as oracións correctas. Escoita de novo o audio se o


precisas.

A resonancia magnética basea o seu funcionamento na


astrofísica magnética.

Hai resonancias magnéticas abertas.

O normal é que unha resonancia dure unha media hora.

Na resonancia un potente campo magnético cambia a


posición dos núcleos dos átomos do corpo.

Pacientes con marcapasos ou válvulas cardíacas artificiais


non deben facer unha resonancia.

A resonancia non utiliza ondas magnéticas no seu


funcionamento.
Búscaas!
Se descoñeces o significado dalgunha palabra, busca no
dicionario en liña da Real Academia Galega.
Tardes de lecer (3)

Locutor: Benvidas e benvidos a Tardes de lecer, onde falamos un día


máis de ciencia e avances tecnolóxicos. Hoxe veremos que son as
resonancias magnéticas e como funcionan. Váinolo explicar a doutora
Antía Veiga. Bos días, doutora.
Doutora: Bos días.
Locutor: A tecnoloxía avanzou moito nos métodos de diagnóstico e a
resonancia magnética é un dos fundamentais…
Doutora: Si, é certo. É un dos grandes inventos no campo da
medicina, permite visualizar se algo non funciona ben no noso
organismo… Ver imaxes moi claras das estruturas internas do corpo.
Locutor: Como funciona?
Doutora: Basea o seu funcionamento nunha serie de fundamentos
físicos do magnetismo. Non utiliza raios X, senón ondas magnéticas…
Un grande imán electromagnético xera un campo magnético moi
potente que cambia a posición dos núcleos dos átomos do corpo,
provocando ondas de radio.
Locutor: E as imaxes… como chegan a nós?
Doutora: Un aparello receptor capta os sinais e un ordenador
transfórmaos en imaxes.
Locutor: Como é a proba?
Doutora: A proba faise tombado nunha padiola dentro dun aparello
parecido a un túnel, que é o imán electromagnético… Escoitaremos
ruídos fortes, como golpes dun martelo. O normal é que dure 45 ou
60 minutos.
Locutor: E os que temos claustrofobia?
Doutora: Non tedes problema. Aínda que a maioría das máquinas son
pechadas, hai abertas, indicadas para as persoas con claustrofobia. O
máis molesto é estar quieto durante bastante tempo nun espazo tan
reducido.
Locutor: Todo o mundo pode facer unha resonancia magnética?
Doutora: En principio si… pero os pacientes con marcapasos ou
válvulas cardíacas artificiais non deben facela e tampouco as mulleres
embarazadas, pero ás veces o beneficio da proba supera o risco.
Locutor: Pois moitas grazas, Antía Veiga, polas súas explicacións. Na
seguinte hora falaremos con María Fernández sobre alimentación.
3. Debullando a lingua. Gramática

3.1. Os substantivos

1. Sabela e Paulo regresan ao traballo despois dunha longa fin de semana de


ponte. Sabela cóntalle ao seu compañeiro os seus descubrimentos
lingüísticos. Escoita a súa conversa.
(4)

Unha longa fin de semana de ponte (4)

Paulo: Bos días! Que tal de fin de semana?


Sabela: Moi boas! Esgotada pero xenial! Fun á granxa duns amigos en
Arzúa. Teñen vacas e fan queixo.
Paulo: Boa zona e bos queixos!
Sabela: Deliciosos. Ademais de comer aprendín moito dos labores do
campo… E palabras novas!
Paulo: E logo?
Sabela: Descubrín que non é o mesmo unha leira ca un leiro ou unha
palleira ca un palleiro. Hai diferenzas de tamaño. Ti sabíalo?
Paulo: Ai, Sabeliña! Abofé! Iso sábeo todo o mundo que naceu ou que
traballa no rural. Pero claro… como ti es da cidade…
Sabela: Déixate de lerias!
Paulo: E onde traballabas na agra ou no agro?
Sabela: Rite, rite…
Paulo: E fixeches queixo?
Sabela: Non, traballei a terra cun sacho, recollín madeira e metín gran
en sacos.
Paulo: Non paraches!
Sabela: E paseei moito. Fun ver unha carballa enorme!
Paulo: A próxima ponte tes que vir a Burela e saberás máis do mundo
do mar!
Bloque 1 de actividade… 1 2 3 4

2. Seica Sabela aprendeu novas palabras, a ver se ti tamén sabes


resolver este exercicio. Emparella as imaxes coa palabra
correspondente. Traballarás cos substantivos con oposición de
xénero que implica diferenza de significado.

Froito Poza Saca Pozo

Ría Froita Río Saco


3. Escolle para cada parella de palabras o cambio de significado
que implique a súa variación de xénero.

Leiro / leira
Diferenza de tamaño

Palleiro / palleira
Diferenza de tamaño

Lago / laga
Diferenza de tamaño

Madeira / madeiro
Diferenza de tamaño

Agra / agro
Diferenza de tamaño

Gran / gra
Diferenza de tamaño

4. Selecciona as oracións correctas e traballa cos substantivos


colectivos.

Un conxunto de Un conxunto de
videiras é unha viña. parentes é unha recua.

Un conxunto de peixes Un conxunto de


é un cardume. soldados é unha tropa.

Un conxunto de Un conxunto de celas


actores e actrices é de cera é un panal.
unha asemblea.
5. Escoita este audio e a continuación completa as oracións
seguintes co substantivo en plural correcto.

a. O caranguexo pilloulle o polgar coas súas wwwwwwww.


b. Tivérono que levar en wwwwwwww porque rompeu unha
perna.
c. A miña irmá tiña unhas wwwwwwww moi profundas porque se
deitara ás seis da mañá.
d. Non podo co corpo! Teño unhas boas wwwwwwww despois da
clase de educación física.
e. Os nenos non podían co riso polas wwwwwwww que lles facía
o seu pai.
f. A casa estaba toda en wwwwwwww . A escuridade era total.
g. A médica mandoume facer unha análise de wwwwwwww.
6. Identifica as seguintes imaxes e logo escribe a palabra en plural.
Todas son palabras compostas.

Os Os

As Os

Os Os / As

As
3.2. Os substantivos: xénero e número

Nas actividades anteriores traballaches distintos tipos de substantivos en relación


coas súas particularidades ao respecto do xénero e o número. Imos agora lembrar
a parte teórica.

As engrenaxes da lingua

O substantivo

Substantivos compostos

Nos substantivos compostos que están formados por unha soa palabra
a flexión de plural só se fai no último elemento: lavalouza/lavalouzas,
beirarrúa/beirarrúas…
Nos substantivos compostos nos que o segundo elemento é un
monosílabo,
o plural faise en –les: ollomol/ollomoles, chuchamel/chuchameles…
Nos substantivos compostos que teñen un nexo que pon en relación as
dúas bases só flexiona o primeiro elemento: ferro de pasar/ferros de
pasar, cabalo do demo/cabalos do demo, arco da vella/arcos da vella…
Nos substantivos compostos que se escriben separados, a flexión de
plural faina cada un deles segundo lle corresponde polas regras
gramaticais: garda civil/gardas civís, porco bravo/porcos bravos, gato
montés/gatos monteses…
Nos substantivos compostos que están formados por substantivo +
substantivo, nos que o segundo actúa como se fose un adxectivo, só
flexiona o primeiro elemento: café teatro/cafés teatro, escola
obradoiro/escolas obradoiro, decreto lei/decretos lei…
Nos substantivos compostos formados por un verbo como primeiro
elemento e outro elemento calquera, só flexiona o segundo elemento:
bulebule/bulebules, vaivén/vaivéns…
Nos substantivos compostos que se separan cun guión, só ten flexión
de número o segundo elemento: maníaca-depresiva/maníaca-
depresivas…

Ollo!
Hai determinados substantivos compostos que só teñen unha forma tanto
para singular coma para plural: o/os limpabotas, o/os paraugas, o/os abrelatas…
Substantivos sen oposición de número

O uso lingüístico determina que algúns substantivos non presenten oposición


de número. Así, hai substantivos que só teñen a forma en plural, e que polo
tanto só se usan en plural. Algúns exemplos serían: olleiras, lentes, témporas,
víveres…

Substantivos colectivos

Os substantivos colectivos son aqueles que, posuíndo unha estrutura de


singular, nomean un conxunto indeterminado de seres ou obxectos. Teñen
inherente a idea de pluralidade sen necesidade dun morfema que o exprese.
Algúns exemplos serían: xentío, rabaño, bandada, niñada, vaixela, frota…

Substantivos con oposición de xénero que implica diferenza de


significado

Hai casos nos que un cambio de xénero no substantivo implica un cambio de


significado. O cambio de significado pode supoñer:

Diferenza de tamaño: agro/agra, horto/horta.


Diferenza de forma: zoco/zoca , barco/barca.
Diferenza de cantidades (individual/colectivo): ovo/ova, leño/leña.
Diferenza de obxectos: caldeiro/caldeira, zapato/zapata.
Distinción entre río e comarca: o Ulla/A Ulla, o Arnoia/A Arnoia.
Distinción entre instrumento e instrumentista de sexo masculino: a
trompeta (instrumento)/o trompeta (músico). No caso de que a trompeta
sexa de sexo feminino non existirá esa distinción: a trompeta
(instrumento)/a trompeta (música).
4. Con boa letra. Expresión escrita

4.1. Expresar estado de ánimo e carácter das persoas

1. Paulo está preocupado. Escoita a súa conversa con Sabela.


(5)

Bloque 1 de actividade… 1 2

2. Escoita de novo a conversa e selecciona as palabras para


expresar estado de ánimo negativo que din os personaxes.

Alegre Ausente Optimista

Pensativo Deprimido Sociable

Preocupado Aberto Pechado

Calado Tristeiro Nervioso


3. Observa as imaxes e identifica o estado de ánimo que
representan.

xenreira • pesimismo • preocupación • tristura • ledicia

4. Coas palabras da actividade anterior inventa unha oración para


cada estado de ánimo. Non ten por que incluír o estado de
ánimo ou adxectivo dese estado.
Paulo está preocupado (5)

Sabela: Paulo, que tes? Hai días que non estás alegre, non pareces ti.
Paulo: É que non estou para lerias, Sabela.
Sabela: Por iso estás tan calado e pensativo?
Paulo: Si, estou preocupado… É o meu irmán… está deprimido e
ausente… e non sei que lle pasa.
Sabela: Non será mal de amores?
Paulo: Non, oh! El está feliz con Uxía. Véxoo nervioso e tristeiro ao
mesmo tempo. Non sei se terá problemas no traballo. Pero como é
tan pechado en si mesmo, nunca conta nada.
Sabela: Xa sabes que é moi introvertido e reservado.
Paulo: Xa o sei… non é tan sociable coma min. Somos moi distintos.
Sabela: Coma a auga e o viño! Ti es aberto, alegre, optimista e
comunicativo.
5. Con voz propia. Cultura e sociedade galega

5.1. Na compaña de Jorge Mira

1. Le a seguinte entrevista a Jorge Mira e despois fai as actividades.

Jorge Mira Pérez (Baio, A Coruña,


1968). Doutor en Física pola USC, con
Premio Extraordinario, é catedrático
de Electromagnetismo na Facultade
de Física desta universidade.
Investigador de sona, destaca tamén
como divulgador do saber científico e
como colaborador habitual da
Televisión de Galicia e do xornal La
Voz de Galicia. É responsable do
programa ConCiencia, iniciativa de
divulgación científica que se
desenvolve coa participación de
diferentes Premios Nobel. No ano
2010 publicou o seu primeiro libro: A
Jorge Mira, Baio. A Coruña, 1968 ciencia no punto de Mira (Auga
Editora).

Juan Granados: Como é que un catedrático de Física pode ser, ao mesmo tempo,
campión de Galicia de bailes de salón, traer a Santiago de Compostela unha figura
internacional como Stephen W. Hawking, ser catequista ou mesmo converterse nun
personaxe mediático na TVG?

Jorge Mira: Todo vén do mesmo, da curiosidade innata á personalidade do


científico, máxime cando un se dedica a algo tan troncal como é a Física, da que
parten todas as pólas do saber, como ben se ve no caso dos Premios Nobel, onde
hai físicos que levaron o galardón en Medicina; en Química; en Economía; mesmo
Sajarov, Premio da Paz, era físico; Echegaray, Premio en Literatura como se sabe,
tamén era físico. Con isto quero dicir que un físico pode varrer para onde lle pete
e meter o nariz en todas as partes.
Eu mesmo levo neste momento cinco liñas diferentes de investigación: os
dieléctricos, a evolución no tempo de galego e castelán a través dun modelo de
ecuacións diferenciais —que amosa a decadencia evidente do noso idioma en
tanto non mellore o seu status, que é o modo en que percibe a súa importancia o
falante. A terceira liña ten que ver co estudo da artrite infantil e o seu efecto a
nivel mandibular. A cuarta é moi práctica, a procura de aparellos de uso no fogar,
estamos deseñando un prototipo, unha especie de fonendoscopio que permite ver
como está sendo o teu consumo eléctrico. E hai unha quinta liña dedicada ao
estudo de visualizacións da teoría da relatividade.

J. G.: Que me podes contar da visita de Hawking, un home que para min representa o
triunfo da intelixencia e da vontade…

J. M.: Foi un privilexio que viñese, rexeita o 99 % das ofertas que lle chegan e aquí
veu cun billete low cost. É un home tirado nunha cadeira que non pode moverse, é
imposible estar peor ca el, toma 70 pílulas ao día, malia isto ten un enorme desexo
de vivir.

Adaptación da entrevista
[http://www.edu.xunta.gal/eduga/361/entrevista/jorge-mira-perez] de Juan
Granados, director de EDUGA

Bloque 1 de actividade… 1
2. Indica se as seguintes afirmacións sobre Jorge Mira son
verdadeiras ou falsas.

a. É doutor en Física, colaborador da Televisión de Galicia e


campión de Galicia de bailes de salón.

Verdadeiro Falso
b. Di que todas as pólas do saber parten das matemáticas.

Verdadeiro Falso
c. É o responsable do Programa de divulgación científica
ConCiencia.

Verdadeiro Falso
d. Conseguiu traer a Santiago de Compostela a Stephen W.
Hawking.

Verdadeiro Falso
e. Investiga a evolución no tempo do galego e castelán a través
dun modelo de ecuacións diferenciais.

Verdadeiro Falso
f. Deseñou unha turbina de gran tamaño.

Verdadeiro Falso
g. Estudou o deseño dun xeito de fonendoscopio para comprobar
o consumo eléctrico.

Verdadeiro Falso
Un anaco de Galicia

Ciencia en Galicia

O Programa ConCiencia
[http://www.usc.es/gl/curso
s/conciencia/]
segue a consolidar o seu
prestixio e a súa condición
de referente na proxección
pública da ciencia.

Entre os obxectivos deste programa de divulgación científica están:

A divulgación científica a cargo de Premios Nobel, Premio Abel e


Medalla Fields.
Proxectar a imaxe de Santiago de Compostela como foco universal do
pensamento.
Servir de nexo que pon en relación persoeiros de máxima relevancia
científica e os/as investigadores/as da USC.

Bloque 2 de actividade… 1
3. Entra nesta [http://www.usc.es/gl/cursos/conciencia/] ligazón
do Programa ConCiencia e emparella os científicos convidados
co ano en que viñeron a Santiago de Compostela.

Harald zur Hausen 2007

Peter D. Lax 2009

Serge Haroche 2011

Sheldon Lee Glashow 2013

Eric Allin Cornell 2014

Roger David Kornberg 2017


5.2. Reserva da Biosfera de Lugo, unha ruta pola natureza

A provincia de Lugo conta co


maior número de reservas de
Galicia: Reserva da Biosfera
Terras do Miño, Reserva da
Biosfera dos Ancares Lucenses
e Montes de Navia, Cervantes
e Becerreá, e Reserva da
Biosfera do Río Eo, Oscos e
Terras de Burón. A
continuación imos dar un
paseo pola Reserva Terras do
Miño.

Sei hai unha reserva da biosfera en España onde a auga é a protagonista absoluta
dos seus ecosistemas e hábitats, esa é a Reserva da Biosfera Terras do Miño,
primeira reserva declarada en Galicia, en 2002, que ocupa o 39% da provincia de
Lugo. Lugo, a capital da provincia, está incluída nela.

A reserva representa un mosaico de lagoas, charcas, turbeiras e espazos naturais


de grande interese biolóxico, constituíndo hábitats apropiados para un número
importante de especies endémicas, raras e en perigo de extinción. As aves
acuáticas, con 40 especies habituais e 22 accidentais ou divagantes, son o grupo
de vertebrados máis abundante que aparece na Terra Chá, corazón da reserva.
O Centro de Interpretación Terras do Miño, o Mazo de Santa Comba, o Conxunto
Etnográfico da Fervenza e a cerámica de Bonxe, entre outros exemplos, amosan a
riqueza etnográfica e oleira existente no territorio. Solo, auga e lume fúndense
para dar acubillo á olería máis antiga coñecida en Galicia. A reserva inclúe gran
número de xacementos arqueolóxicos, ben de carácter funerario ou defensivo. Da
época romana hérdase a muralla de Lugo, construída entre os anos 260 e 310 e
declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2000. Ademais,
numerosas construcións de carácter relixioso e civil son testemuñas do patrimonio
acumulado durante os séculos.
Natureza, cultura, historia, lenda e tradición danse cita nestas terras de pedra e
auga bañadas polo Miño, pai de todos os ríos galegos.

Ficha técnica
[http://terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/conoce/fichas/galicia/Ficha%2520tec
nica%2520RB%2520Terras%2520do%2520Mino.pdf] Terras do Miño, Laura
Vázquez Janeiro.
Deputación de Lugo (Adaptación)

Bloque 3 de actividade… 1

4. Agora terás ti que describir un sitio de Galicia que coñezas.


Non esquezas situalo correctamente na provincia que lle
corresponda.
5. Une cada columna coa resposta correcta.

Foi declarada Cerámica de Bonxe


Patrimonio da
Humanidade en 2000.

Aves acuáticas
Foi a primeira reserva
da biosfera declarada en
Galicia.
Murallas de Lugo

Capital incluída na
Reserva da
Terras do Miño
BiosferaTerras do Miño.

Olería típica da Reserva


Lugo
Terras do Miño.

Son os vertebrados
máis numerosos na
reserva.
6. Proba de lume

6.1. Pero antes... Galego ConCurso!

Neste apartado vas avaliarte, pero antes imos repasar algún dos contidos desta
unidade. Para iso, mira este fragmento de vídeo. Pertence ao programa Galego
ConCurso.

Agora fai as seguintes actividades relacionadas co vídeo.

Galego ConCurso 1
1. Selecciona a resposta correcta. Que tipo de substantivos están
repasando?

Propios

Compostos

Colectivos

2. Escoita de novo o vídeo se o precisas e a continuación


completa as oracións seguintes co substantivo en plural
correcto.

a. Varios músicos compoñen unha wwwwwwwwwww.


b. Moitos soldados fan unha wwwwwwwwwww.
c. Un conxunto de illas é un wwwwwwwwwww.
d. Doce ovos fan unha wwwwwwwwwww.
e. Un conxunto de abellas fai un wwwwwwwwwww.
f. Moitas ovellas xuntas fan un wwwwwwwwwww.
g. Un conxunto de barcos fai unha wwwwwwwwwww.
h. Un conxunto de pitiños fai unha wwwwwwwwwww.
6.2. Avalíate

Autoavaliación

Mostrámosche a continuación algunhas actividades para


avaliarte. Dispós dun intento para superar cada actividade.

1. Escoita o audio do apartado 1 e completa coa palabra correcta.

A avanzou moito nos métodos de


.

A resonancia permite se algo


no noso organismo.

Hai resonancias magnéticas , indicadas para as persoas


con claustrofobia.

Os con marcapasos ou
artificiais non deben facela e tampouco as mulleres
, pero ás veces o beneficio da proba supera o
.
2. Selecciona as oracións correctas.

Seu pai é moi agarimoso, sempre rifa os fillos e non lles dá


bicos.

Alédase polos progresos do seu veciño, non é nada


envexoso.

Está ferida, a morte do seu amigo deixouna traumatizada.

A fin de semana sentinme moi leda, estaba agoniada pola


reunión do luns.

É tan tímido que sempre está avergoñado por todo.

Cada día está mellor e máis tranquila, séntese esgotada


polas discusións coa súa filla.
3. Mira as imaxes e relaciona cada definición coa correcta
escollendo os números adecuados.

Construción destinada a desprazarse sobre a auga, 1


impulsada polo vento, por remos ou por rodas ou
hélices movidas por un motor.
Embarcación pequena, movida a remo, utilizada 1
para pescar ou navegar nos ríos e transportar
persoas ou mercadorías.
Recipiente con aro, cilíndrico ou máis ancho pola 1
boca ca polo fondo e de distintos materiais que se
usa para conter ou transportar líquidos, lixo etc.
Recipiente cerrado ou depósito onde se quenta a 1
auga para a calefacción ou para que funcionen as
máquinas de vapor.
Peza de calzado que cobre o pé ata o nortello, 1
xeralmente de coiro e con sola, con ou sen cordón.
Peza que, ao rozar nun mecanismo móbil, serve 1
para frear un vehículo.
4. Identifica as imaxes agora escribindo a palabra sen artigos.

5. Une cada substantivo colectivo coa súa definición correcta.

Conxunto de maceiras Constelación

Conxunto de cans Frota

Conxunto de illas Pomar

Conxunto de estrelas Enxame

Conxunto de castiñeiros Arquipélago

Conxunto de barcos Canzada

Conxunto de abellas Souto


6. Traduce ao galego as oracións. Escribe maiúscula ou minúscula
onde corresponda.

a. Los cafés teatro estuvieron muy de moda en los años veinte.

.
b. En esa mueblería hay varios muebles bares bien bonitos.

.
c. Compraron dos sofás cama para la casa de la aldea.

.
d. En el lago había multitud de libélulas.

7. Escolle a serie correcta.

b. Parasois / quinta feiras / vaivéns

c. Vacalouras / tenentes alcaldes / porcos espiños

d. Capitáns xerais / mobles bares/ medias noites

a. Claraboias / baixos relevos / chuchameis

8. Completa as oracións co adxectivo axeitado.

a. Nunca ve a botella media chea, el non pode evitar ser


wwwwwwwww .

b. Ela é moi wwwwwwwww ,nunca fala dos seus problemas.

c. A túa amiga fala con todo o mundo, non sabía que fose tan
wwwwwwwww .

d. É unha wwwwwwwww porque sempre quere o que teño eu.

sociable • envexosa • pesimista • reservada


9. Escoita de novo a conversa entre Sabela e Paulo do apartado 3
e indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.

a. Paulo e o seu irmán son moi parecidos.

Verdadeiro Falso
b. O irmán de Paulo é moi comunicativo e aberto. Non ten
segredos para ninguén.

Verdadeiro Falso
c. Paulo leva días un pouco tristeiro e preocupado.

Verdadeiro Falso
d. Sabela sabe que Paulo é unha persoa alegre e optimista por
natureza.

Verdadeiro Falso
e. Normalmente, Paulo é unha persoa pouco faladora.

Verdadeiro Falso
10. Mira este vídeo [http://www.crtvg.es/informativos/o-fisico-
galego-jorge-mira-defende-a-necesidade-do-cambio-horario-
estacional] e resume o que pensa Jorge Mira do debate sobre o
cambio do horario estacional.

a. Non defende o cambio de horario estacional.

Verdadeiro Falso
b. Pensa que estamos no fuso horario incorrecto.

Verdadeiro Falso
c. Vai integrar unha comisión designada polo Goberno para
estudar a reforma da hora oficial.

Verdadeiro Falso
d. Pensa que a estabilidade de Europa precisa dunha unidade
horaria.

Verdadeiro Falso
e. Se finalmente se lle pon fin ao cambio de hora, cre que o
horario de inverno sería o máis racional para Galicia.

Verdadeiro Falso
6.3. Preparámonos para o CELGA 3

CELGA 3
Neste apartado poderás realizar unha proba
similar ás que has afrontar nos exames oficiais.
Traballarás coa parte escrita, aínda que tamén
deberás desenvolver unha oral. Podes acceder a
toda a información sobre os exames no Portal
da Lingua Galega [http://www.lingua.gal/o-
galego/aprendelo/celga-3], alén de
consultar probas [http://www.lingua.gal/o-
galego/aprendelo/celga-3/modelos-de-
exame] doutras convocatorias.

Proba escrita 1

Traballas dende hai algún tempo para unha revista sobre medio
ambiente. Mira este vídeo [https://youtu.be/EBtgkcLl9-c?
list=PLvqf7RWlnA4DX2f7vGdpB86_crxOjRhbS] e toma todas as
notas que precises para redactar un artigo, de 300 palabras, no que
debes:

Explicar que é a CEMMA e a que se dedican.


Contar algún dos casos salientables de actuación.
Salientar os proxectos actuais que están a levar a cabo.
Dar a túa opinión sobre por que é importante que existan este
tipo de organizacións.
6.3. Amplía

Ampliación 1

1. Traduce este pequeno texto científico.

La resonancia es una técnica relativamente novedosa en el uso


diagnóstico de las lesiones mamarias. Su principal objetivo es ayudar a
determinar la estadificación del cáncer de mama. En lesiones malignas,
permite obtener una situación de las dos mamas (para detectar
también lesiones satélites), y con esa información, el cirujano o
cirujana decide qué técnica utilizar. Aunque en la actualidad la
mamografía es la única técnica aceptada para el cribado de cáncer de
mama en la población femenina (complementada en determinadas
ocasiones con la ecografía), la resonancia magnética realizada con
contraste paramagnético ha emergido con fuerza como una técnica
muy útil en ciertos casos de patología mamaria. Es la técnica de
elección para el estudio de la integridad de los implantes mamarios.
Además es la técnica de imagen con mayor sensibilidad para la
detección de cánceres infiltrantes, próxima al 100%.
6.4. Na rede

Ligazóns interesantes

A continuación, propoñémosche unha serie de ligazóns interesantes:

Gramática

Normas ortográficas e morfolóxicas do


idioma galego
[https://academia.gal/documents/10157/
704901/Normas+ortogr%25C3%25A1ficas
+e+morfol%25C3%25B3xicas+do+idioma+
galego.pdf]

A ciencia en Galicia e Jorge Mira

GCiencia [https://www.gciencia.com/]
Jorge Mira Pérez
[https://twitter.com/jorgemirausc] (Twitter)
Caderno da crítica
[https://cadernodacritica.wordpress.com/
2011/01/24/a-ciencia-no-punto-de-mira-
de-jorge-mira/]
Jorge Mira Pérez (Voz de Galicia)
[https://www.lavozdegalicia.es/firmas/jorg
e-mira-perez]

Reservas da Biosfera de Lugo:

Terras do Miño (Deputación de Lugo)


[http://terrasdomino.deputacionlugo.org/]
Os Ancares Lucences
[http://osancareslucenses.deputacionlugo.
org/es/]
Turismo Galicia
[http://www.turismo.gal/recurso/-
/detalle/38036/rio-eo-oscos-e-terras-de-
bouron?langId=es_ES&tp=1&ctre=10]
Créditos
© La Voz de Galicia, S.A. [https://www.lavozdegalicia.es/]
Estes materiais foron supervisados pola Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de
Galicia.

Autora e autor dos contidos: Mercedes Pacheco Vázquez e David Paz


Lafuente.

Dirección do proxecto e dixitalización dos contidos por Netex Knowledge


Factory S.A. 2018 [http://www.netexlearning.com/editoriales/].

También podría gustarte