Está en la página 1de 1

BASES DO CONCURSO DE SAN VALENTÍN

DO IES GARCÍA BARBÓN


I CONCURSO DE SAN VALENTÍN
“O VERINTÍN”
A biblioteca do IES García Barbón xunto co EDL en colaboración co
profesorado de diversas materias organizan este ano un concurso literario e
visual de San Valentín en que poderán participar o alumnado que o desexe.
Quen queira participar no concurso, pode coller unha tarxeta e
elaborar un pequeno texto persoal e subxectivo, mesmo ilustralo.
Anímate e participa!

BASES:

1.- Pode participar todo o alumnado do Centro de forma individual.

2.- Debe empregar para a redacción dos textos a lingua galega e os textos
serán escritos a ordenador ou con letra lexible.

3.- Modalidades
En verso: texto de non máis de cinco versos.
En prosa: texto de non máis de cinco liñas.

4.- Prazo e lugar de presentación: do 6 ó 28 de febreiro nas urnas


habilitadas na Biblioteca.

5.- Nas tarxetas con forma de corazón irá o texto cun pseudónimo, que se
depositará nunha das urnas. Noutro papel irá o pseudónimo co nome da/o
autor/a e o curso a que pertence e introducirase na outra caixa para garantir
o anonimato.

6.- O fallo do xurado farase público na primeira semana de marzo.

7.- O xurado estará composto por membros da comunidade educativa. Os


mellores traballos serán expostos

8.- Haberá tres premios que consistirán en tres vales de distinta contía para
gastar en material escolar

10. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.

También podría gustarte