gal
Desde 1936 a literatura galega deixa de existir durante máis dun decenio. A actividade literaria desprázase para
Latinoamérica, onde os nosos exiliados manteñen viva a cultura galega.
A partir dos 50 un grupo de mozos incorpora á narrativa novos motivos e novas técnicas, son os integrantes
da Nova Narrativa Galega (estudada noutro tema): intención innovadora e desexo de ruptura formal coa
tradición narrativa. O máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín. Outro autor que comezou coa Nova Narrativa
Galega foi Carlos Casares (Vento ferido, Cambio en tres), pero as súas mellores novelas son posteriores e de
feitura moito máis clásica. As Letras Galegas de 2017 están dedicadas a Carlos Casares.
(416 palabras)
Cómpre personalizar a resposta para non reproducir exactamente o tema tal e como aquí figura: cambiar
palabras, a orde, introducir algún dato novo, etc. Hai que evitar que o corrector se encontre cunha resposta igual
a moitas outras.
Non se considerarán correctas as respostas que consistan nunha mera listaxe de autores e obras. Valorarase o
tratamento, no tema escollido, dos seguintes elementos:
• Información sobre o contexto: acontecementos históricos, grupos, influencias, iniciativas, tendencias, etc.
• Información acerca dos principais autores/as dun período ou corrente. Esta non só debe facer referencia ás
obras máis importantes senón tamén aos trazos que caracterizan cada un dos autores/as.
• Información acerca do que un grupo, autor/a ou época supuxeron na historia da literatura galega.
Como extensión orientativa podemos establecer unhas 400 palabras, aproximadamente. Cómpre non obstante ter
en conta que neste caso a extensión pode ser moi variable dependendo de que o alumnado opte por unha
redacción máis desenvolvida ou máis esquemática.
Versión máis longa (811 palabras), axeitada para unha redacción esquemática:
Desde 1936 a literatura galega deixa de existir durante máis dun decenio. No exilio publícanse A Esmorga, de
Blanco Amor ou Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.
Principais liñas:
1.Continuación da prosa da Xeración Nós: Carballo Calero, autor da primeira novela de posguerra, A xente
da Barreira, 1951.
2.Realismo fantástico: Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha literatura que mestura elementos culturalistas de
orixe árabe (Simbad), greco-latina (Orestes) ou nórdica (Merlín) con recursos da cultura popular.
3.Realismo popular: Ánxel Fole. O popular ascende á categoría de culto a través dun texto que nunca se afasta
do relato oral, da xeografía luguesa, da lingua dialectal.
4.Realismo social: Eduardo Blanco Amor. Situadas no Ourense (Auria) de principios do s. XX, plasman a vida
das clases obreiras ou marxinais, denunciando as inxustizas que padecen.
5.Realismo rural: Xosé Neira Vilas. As penurias da vida labrega, non exentas de denuncia.
6.A Nova Narrativa Galega da man dos autores máis novos, como Méndez Ferrín ou Carlos Casares, unha
prosa totalmente diferente e moderna.
Na década dos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega , xorde un grupo de mozos que incorpora á
nosa narrativa novos motivos e novas técnicas relatoras, son os integrantes da Nova Narrativa Galega
(estudada noutro tema): intención innovadora e desexo de ruptura formal coa tradición narrativa.
O autor máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín (1938), cunha obra moi variada e moi relacionada entre si,
formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, con forte presenza de
violencia e elementos políticos tratados de forma alegórica. O crepúsculo e as formigas (1961) é un conxunto de
relatos nos que deforma a realidade facéndonos dubidar se o que narra é real ou imaxinario.
Outro autor que comezou coa Nova Narrativa Galega foi Carlos Casares (1941-2002), pero as súas mellores
novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica. Nesta corrente inscríbense o libro de relatos Vento
ferido (1967) e a novela Cambio en tres (1969). As Letras Galegas de 2017 están dedicadas a Carlos
Casares.
Non se considerarán correctas as respostas que consistan nunha mera listaxe de autores e obras. Valorarase o
tratamento, no tema escollido, dos seguintes elementos:
• Información sobre o contexto: acontecementos históricos, grupos, influencias, iniciativas, tendencias, etc.
• Información acerca dos principais autores/as dun período ou corrente. Esta non só debe facer referencia ás
obras máis importantes senón tamén aos trazos que caracterizan cada un dos autores/as.
• Información acerca do que un grupo, autor/a ou época supuxeron na historia da literatura galega.