Está en la página 1de 31

O ESTATUTO BÁSICO DO

EMPREGADO PÚBLICO

Real Decreto Lexislativo 5/2015,


de 30 de outubro

1
MÓDULO 1

MARCO
NORMATIVO
DA FUNCIÓN
PÚBLICA

2
MÓDULO 1- MARCO NORMATIVO
DA FUNCIÓN PÚBLICA

 1.1. O factor humano nas organizacións públicas


 1.2. Clases de empregados públicos.
 Funcionarios de carreira.
 Funcionarios interinos.
 Persoal laboral.
 Persoal eventual.
 1.3. Regulación constitucional.
 1.4. Distribución constitucional de competencias.
 1.5. Lexislación básica.
 1.5.1. Estatuto básico do empregado público.
 1.5.2. Lei Orgánica de Liberdade Sindical.
 1.5.3. Lei de Órganos de Representación, Determinación das Condicións de
traballo e Participación do Persoal ó servizo das Administracións Públicas.
 1.5.4. Lei de incompatibilidades do persoal ó servizo das Administracións
Públicas.
 1.6. Lexislación autonómica.

3
MÓDULO 1- MARCO NORMATIVO DA
FUNCIÓN PÚBLICA

OBXECTIVOS:

 Coñecemento da presenza do factor humano nas


Administracións Públicas e o seu significado
 Diferenciación dos distintos tipos de empregados
públicos
 Estudo da regulación constitucional da Función
Pública e a distribución competencial Estado-CCAA nesta
materia
 Estudo do marco normativo básico: o Estatuto Básico
do Empregado Público e outras normas básicas.
 Aproximación á lexislación galega en materia de
Función Pública.

4
1.1. O FACTOR HUMANO NAS
ORGANIZACIÓNS PÚBLICAS.
O factor humano nas organizacións públicas é a base na que se sustenta a Administración.
Vexamos un esquema onde podemos observar a diferente presenza do mesmo dependendo do
tipo de organización pública ante a que nos atopemos:

FACTOR HUMANO

Representación
Designación Exercicio da
de intereses de
democrática súa profesión
colectivos específicos

Empregados Públicos
Deputados Colexios Nun sentido amplo, o emprego público
Senadores Profesionais ou a función pública é o conxunto de
Membros TC Sindicatos medios humanos de que dispoñen as
Membros CGPJ Administracións e entidades públicas
ONG
para o cumprimento dos seus fins
ao servicio da comunidade
5
1.2. CLASES DE EMPREGADOS
PÚBLICOS
Podemos distinguir catro clases de empregados públicos en función do tipo
de relación que os une coas Administracións Públicas:

EMPREGADOS PÚBLICOS

PERSOAL FUNCIONARIO PERSOAL FUNCIONARIO PERSOAL PERSOAL


DE CARREIRA INTERINO LABORAL EVENTUAL

Para a cobertura de vacantes cando non sexa posible con


persoal funcionario de carreira

Para a substitución transitoria dos titulares dos postos

Para a execución de programas de carácter temporal

Por exceso ou acumulación de tarefas por prazo máximo de


seis meses dentro dun período de doce

6
1.2. CLASES DE EMPREGADOS
PÚBLICOS.
Constitucionalmente (artigo 103 CE) establécese que o réxime xeral na función pública será o funcionarial, e que a
condición de funcionario adquírese en virtude de nomeamento legal, non dun contrato, de xeito que a nota
caracterísitica da relación "normal" entre a Administración e os seus empregados é que sexa unha relación de carácter
estatutario, suxeita a Dereito Administrativo, vinculada en cada momento ao que establezan as leis e regulamentos
que lles son aplicables.
No caso do persoal laboral a relación é unha relación contractual suxeita a Dereito Laboral o que supón un vínculo
completamente distinto que da lugar á consolidación dos dereitos recollidos nos diferentes contratos

FUNCIÓN PÚBLICA

Persoal Laboral Persoal Funcionario

Dereito Laboral Dereito Administrativo

Contrato de traballo Nomeamento

Dereitos adquiridos Sen dereitos adquiridos


7
1.3. REGULACIÓN CONSTITUCIONAL.
Á hora de estudar o marco normativo da Función Pública, temos que acudir en
primeiro lugar á Norma Fundamental, a Constitución Española de 1978, que no seu
Título IV trata do Goberno e da Administración e, dentro deste, adica algúns dos seus
artigos á Función Pública, e concretamente no seu artigo 103.3 establece :

Artigo 103.3 CE

A lei regulará o estatuto dos funcionarios públicos,


o acceso á función pública de acordo cos principios de mérito
e capacidade, as peculiaridades do exercicio do seu dereito
á sindicación, o sistema de incompatibilidades
e as garantías para a imparcialidade
no desempeño das súas funcións.

8
1.3. REGULACIÓN CONSTITUCIONAL.

Polo tanto, a Constitución Española no seu artigo 103, apartado 3,


establece unha reserva de lei para :

- O estatuto dos funcionarios públicos que conterá os seus dereitos


e deberes
- O sistema de acceso á Función Pública, que responderá ademais
aos principios de mérito e capacidade
- As peculiaridades do dereito á sindicación dos funcionarios
públicos
- O seu sistema de incompatibilidades e as demais garantías de
imparcialidade

Esto significa que todas estas materias regularanse por norma con rango
formal de Lei, sen que poidan ser reguladas por norma regulamentaria.

9
1.4. DISTRIBUCIÓN CONSTITUCIONAL
DE COMPETENCIAS.
Ademais, na Constitución Española regúlase a distribución de competencias en materia de
Función Pública. Así, o seu artigo 149, atribúe á competencia exclusiva do Estado determinadas
materias, entre as que están as bases do réxime estatutario dos funcionarios. A Comunidade
Autónoma de Galicia, de acordo co artigo 28.1 do seu Estatuto de Autonomía, ten asumido o
desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación estatal, nos termos que esta estableza,
nesa mesma materia (réxime estatutario dos seus funcionarios):

Distribución competencial
Comunidades
Estado Autónomas
Artigo 149.1.18 da Artigo 28.1 do
Constitución Española Estatuto de Autonomía

O Estado ten competencia É competencia da Comunidade


exclusiva para regular as Autónoma de Galicia
bases do réxime estatutario o desenvolvemento lexislativo
dos seus funcionarios e a execución da lexislación
estatal en materia de réxime
estatutario dos funcionarios
10
1.4. DISTRIBUCIÓN CONSTITUCIONAL
DE COMPETENCIAS.
Pero… ¿qué entendemos por bases do réxime estatutario dos funcionarios?

Bases do réxime xurídico dos funcionarios

Son, segundo o TC, os


A definición do básico non queda
criterios xerais de regulación
dun sector do ordenamento BASES á libre disposición do Estado
xurídico ou dunha materia para evitar deixar sen contido ou
xurídica que deben ser inconstitucionalmente recortadas
comúns a todo o Estado as competencias autonómicass

Art. 149.1.13 CE

Art. 149.1.17 CE

Art. 149.1.18 CE
11
Bases do réxime estatutario dos
funcionarios
 O art. 149.1.18 CE establece como competencia exclusiva do Estado a
determinación das bases do réxime xurídico das AAPP e do réxime estatutario dos
seus funcionarios, que en calquera caso garantizarán aos administrados un
tratamento común diante delas.

 En canto ó concepto de bases, son, segundo o Tribunal Constitucional,


criterios xerais de regulación dun sector do ordeamento xurídico.

 Como consecuencia deste precepto, xurdiu a Lei de Medidas para a Reforma


da Función Pública 30/84, de 2 de agosto, que na actualidade sustituise case na súa
totalidade polo Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado inicialmente por Lei
7/2007, de 12 de abril. Actualmente está en vigor o Real Decreto Lexislativo 5/2015,
de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do
Empregado Público. Esta é unha norma básica que contén aquelo que é común ao
conxunto dos funcionarios de todas as Administracións Públicas, mais as normas
legais específicas aplicables ao persoal laboral ao seu servizo.

 En desenvolvemento deste Estatuto Básico, o lexislador estatal e o das


Comunidades Autónomas, no ámbito das súas respectivas competencias, haberán de
aprobar ou modificar as leis de función pública das súas Administracións.

12
1.5. LEXISLACIÓN BÁSICA
As principais normas estatais que constitúen estas bases do réxime
estatutario dos funcionarios son as seguintes:

LEXISLACIÓN BÁSICA

Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o


texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público(EBEP)

Lei Orgánica 11/1985 , de 2 de agosto, de Liberdade Sindical

Lei 9/87, de 12 de xuño, de Órganos de representación, determinación


das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das
Administracións Públicas

Lei 53/1884, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao


servizo das Administracións Públicas
13
1.5.1. O Estatuto Básico do
Empregado Público.

 O Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) é a norma


que establece as bases do réxime estatutario dos empregad@s
públic@s, aplicándose ao persoal funcionario e no que proceda ao
persoal laboral ao servizo de distintas Administracións Públicas,
entre elas a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

 Como norma básica debe ser respectada polas leis que se diten
no seu desenvolvemento

 NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA A NORMA QUE


SE TEN DITADO EN DESENVOLVEMENTO DO EBEP É A LEI
2/2015, do 29 de abril, DO EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA
(EN ADIANTE LEPG)

14
1.5.1. O Estatuto Básico do
Empregado Público.
ESTRUTURA O Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP)
estructúrase nos seguintes Títulos:

TÍTULO I OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN

TÍTULO II CLASES DE PERSOAL AO SERVIZO DAS AAPP

TÍTULO III DEREITOS E DEBERES. CÓDIGO DE CONDUCTA


DOS EMPREGADOS PÚBLICOS

TÍTULO IV ADQUISICIÓN E PERDA DA RELACIÓN DE SERVIZO

TÍTULO V ORDENACIÓN DA ACTIVIDADE PROFESIONAL

TÍTULO VI SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

TÍTULO VII RÉXIME DISCIPLINARIO


TÍTULO VIII COOPERACIÓN ENTRE AS
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
15
Título I Obxecto e ámbito de
aplicación
O Estatuto Básico aplícase ao persoal funcionario e no que
proceda ao persoal laboral ao servicio das seguintes
Administracións Públicas:

A Administración Xeral do Estado.


As Administracións das Comunidades Autónomas e das
Cidades de Ceuta e Melilla.
As Administracións das Entidades Locais.
Os Organismos Públicos, Axencias e demais Entidades de
dereito público con personalidade xurídica propia, ligadas
ou dependentes de calquera das Administracións
Públicas.
As Universidades Públicas.

16
Título II Clases de persoal ao servizo
das Administracións Públicas
O Estatuto Básico define as clases de empregados públicos –
persoal funcionario de carreira, persoal funcionario interino,
persoal laboral e persoal eventual- regulando a nova figura
do persoal directivo

Este último está chamado a constituir no futuro un factor


decisivo de modernización administrativa, posto que a súa
xestión profesional sométese a criterios de eficacia e
eficiencia, responsabilidade e control de resultados en
función dos obxectivos.

17
Título III Dereitos e deberes. Código
de conducta dos empregados públicos

O Estatuto Básico inclúe unha lista de dereitos básicos e


comunes dos empregados públicos, diferenciando para os
funcionarios de carreira o dereito á inamobilidade na súa
condición.
Tamén introduce unha regulación xeral dos deberes básicos
dos empregados públicos, fundada en principios éticos e
regras de comportamento, que constitúen un auténtico
código de conducta.

18
Título IV Adquisición e perda da
relación de servizo
A condición de funcionario de carreira obténse polo cumprimento sucesivo
dos seguintes requisitos:
a) Superación do proceso selectivo.
 b) Nomeamento polo órgano ou autoridade competente, que se
publicará no Diario Oficial correspondente.
 c) Acto de acatamento da Constitución e, no seu caso, do Estatuto de
Autonomía correspondente e do resto do Ordeamento Xurídico.
 d) Toma de posesión dentro do prazo establecido

Son causas de perda da condición de funcionario de carreira:


 a) A renuncia á condición de funcionario.
 b) A perda da nacionalidade.
 c) A xubilación total do funcionario.
d) A sanción disciplinaria de separación do servicio que tivere carácter
firme.
 e) A pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial
para cargo público que tivere carácter firme.

19
Título V Ordenación da actividade
profesional
A planificación dos recursos humanos nas Administracións Públicas terá
como obxectivo contribuir á consecución da eficacia na prestación dos
servizos e da eficiencia no uso dos recursos económicos dispoñibles
mediante a dimensión axeitada dos seus efectivos, a súa mellor
distribución, formación, promoción profesional e mobilidade.

As Administracións Públicas estructurarán a súa organización mediante as


Relacións de Postos de Traballo.

Os funcionarios agrupáranse en corpos, escalas, especialidades e outros


sistemas que incorporen competencias, capacidades e coñecementos
comúns. Os corpos e escalas clasifícanse, de acordo coa titulación esixida
para o acceso ós mesmos, en grupos. Có novo sistema educativo e o
proceso de reordenación das titulacións universitarias, o Estatuto Básico do
Empregado Público introduce a clasificación en tres grandes grupos, cos
seus subgrupos, establecendo un grupo A, con dous subgrupos A1 e A2; un
grupo B e un grupo C, tamén con dous subgrupos (C1 e C2).

20
Título VI Situacións administrativas

En materia de situacións administrativas, o EBEP simplifica


e reordena a regulación actual, establecendo un conxunto
de reglas comúns para todos os funcionarios de carreira.

Así a todo, recoñece a posibilidade de que, por lei das


Comunidades Autónomas, se poidan introducir supostos
distintos, segundo ás súas necesidades.

21
Título VII Réxime disciplinario

En canto ao réxime disciplinario, o Estatuto, de


conformidade co seu carácter básico, limítase a ordenar os
principios ós que debe someterse o exercicio da potestade
pública respecto dos empregados públicos, tipificando as
infraccións moi graves e amplía o abanico de posibles
sancións.

Polo demais, remítese á lexislación que, no seu


desenvolvemento, diten o Estado e as Comunidades
Autónomas no ámbito das súas respectivas competencias.

22
Título VIII Cooperación entre as
Administracións Públicas
 No seu Título Final establécense os órganos e instrumentos de cooperación entre as
Administracións Públicas que, sen merma da súa respectiva autonomía,
considéranse esenciais para garantir a coherencia e comunicación do sistema de
emprego público no seu conxunto. Óptase neste caso por suprimir o Consello
Superior da Función Pública, dada a escasa operatividade que tiña este órgano e
porque as funcións das que se lle dotou no seu momento xa foron substituidas na
práctica pola actividade dos órganos de coordinación entre o Estado e as
Comunidades Autónomas e polas Mesas de Negociación e outras canles de
participación das organizacións sindicais. Na Conferencia Sectorial correspondente e
na Comisión de Coordinación do Emprego Público prevese a presencia dunha
representación da Administración Local, que de feito integra na actualidade
aproximadamente a carta parte dos empregados públicos.

 A maior autonomía de que cada Administración debe dispoñer para a ordenación e


xestión do seu persoal, nos términos deste Estatuto, debe ser complementada por
unha cooperación mais intensa entre todas elas, coa intención de resolver os
numerosos problemas comúns, en beneficio dos ciudadáns e do conxunto dos
empregados públicos.

23
1.5.2. A Lei Orgánica de Liberdade
Sindical 11/1985, de 2 de agosto.
De acordo con esta norma, debemos facer a seguinte distinción:

 Funcionarios sen dereito de liberdade sindical:

 . Os membros das Forzas Armadas


 . Os Institutos Armados de carácter militar (Garda Civil)
 . Os Xuíces, Maxistrados e Fiscais

 Funcionarios con dereito á liberdade sindical:

 Funcionarios excluidos da Lei Orgánica de Liberdade Sindical


 Funcionarios do Corpo Nacional de Policía
 Funcionarios dos Corpos de Policías Autonómicas
 Funcionarios dos Corpos de Policías Locais

 Funcionarios incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei Orgánica de


Liberdade Sindical: Nela recollense algunhas peculiaridades do exercicio do dereito de
sindicación dos funcionarios públicos como a capacidade dos sindicatos mais representativos
para participar na determinación das condicións de traballo nas AAPP a través dos
procedimentos de consulta e negociación.

24
1.5.3. Ley 9/1987, de 12 de xuño, de Órganos
de representación, determinación das
condicións de traballo e Participación do
persoal ao servizo das AA.PP.

Os Órganos de representación do persoal ao servizo das


Administracións Públicas regulábanse na Lei 9/1987, de 12
de xuño de Órganos de Representación, Determinación das
Condicións de Traballo e Participación do Persoal ao Servizo
das AAPP. O EBEP derogou esta lei, pero establece que en
tanto se determine o procedimento electoral xeral,
manteranse con carácter de normativa básica
determinados artigos da Lei 9/1987.

25
1.5.4. Lei 53/1984, de 26 de
decembro, de Incompatibilidades do
Persoal ao servizo das AA.PP.

O réxime de incompatibilidades do persoal ao servizo das AAPP


atópase regulado na Lei 53/1984, de 26 de decembro de
Incompatibilidades de Persoal ao servizo das AAPP.

A regra xeral é que o persoal no ámbito de aplicación desta Lei


non poderá compatibilizar as súas actividades co desempeño dun
segundo posto de traballo, cargo ou actividade no sector público,
salvo nos supostos previstos na mesma, e tampouco co exercicio
de calquer cargo ou profesión, público ou privado, que poida
empecer ou menoscabar o estricto cumprimento dos seus
deberes ou comprometer a súa imparcialidade ou independencia.

26
1.6. LEXISLACIÓN AUTONÓMICA
No plano autonómico, na Comunidade Autónoma Galega, hai tres normas
fundamentais en materia de Función Pública:

LEXISLACIÓN COMUNIDADE AUTÓNOMA GALICIA

ESTATUTO DE AUTONOMÍA GALEGO

LEI DE EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA

CONVENIO COLECTIVO ÚNICO PARA O PERSOAL LABORAL


DA XUNTA DE GALICIA

27
Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, pola
que se aproba o Estatuto de Autonomía
de Galicia.

 Artigo 28. [Desenvolvemento lexislativo e execución.


Materias]. É competencia da Comunidade Autónoma
Galega o desenvolvemento lexislativo e a execución da
lexislación do Estado nos termos que a mesma estableza,
das materias seguintes:

1. Réxime xurídico da Administración Pública de Galicia, e


réxime estatutario dos seus funcionarios
……

28
Lei 2/2015, do 29 de abril de 2015,
do Emprego Público de Galicia
 Este texto substitúe o Texto Refundido da Lei da Función Pública de
Galicia, que se aprobara mediante o Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de
marzo.

 No exercicio da súa potestade de autoorganización que faculta á


Comunidade Autónoma para estruturar, establecer o réxime xurídico e
dirixir e fixar os obxectivos da función pública galega tense ditado a Lei
2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia

 Ten por obxecto a regulación do réxime xurídico da función pública galega


e a determinación das normas aplicables a todo o persoal ao servizo das
AAPP incluídas no seu ámbito de aplicación, en exercicio das
competencias atribuídas á Comunidade Autónoma de Galicia no seu
estatuto de autonomía e en desenvolvemento do EBEP.

29
Lei 2/2015, do 29 de abril de 2015, do
Emprego Público de Galicia
Con respecto ao seu ámbito de aplicación, regulado no artigo 4, a
LEPG establece un marco común para o emprego público de todas
as AAPP ás cales se estenden as competencias lexislativas da
Comunidade Autónoma de Galicia

A LEPG aplícase ao persoal funcionario e, no que proceda, ao persoal laboral ao servizo de:

a) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

b) As entidades locais galegas

c) As entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas


na letra a) do artigo 45 da LOFAXGA, Lei 16/2010, do 17 de decembro (Organismos autónomos,
Axencias públicas autonómicas, Entidades públicas empresariais e Consorcios autonómicos)

d) As entidades públicas instrumentais vinculadas ou dependentes das entidades locais galegas

e) As universidades públicas galegas


30
Convenio Colectivo único para o persoal
laboral da Xunta de Galicia

Por Resolución de 20 de outubro de 2008, dispónse a


inscripción no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia,
do Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de
Galicia.

Este convenio colectivo establece e regula as normas polas que


se rexerán as relacións de carácter xurídico-laboral entre a Xunta
de Galicia e o persoal que, suxeito á lexislación laboral, preste os
seus servizos baixo a súa dependencia e a dos seus organismos
autónomos.

31

También podría gustarte